Balea Cultural
Sobre Andrei Tarkovski, dialéctica e a revolución do cinema

Considerado “reaccionario” para un  bloque, “non suficientemente comercial” para o outro, Tarkovski foi director soviético en plena Guerra Fría. Viviu un deses tempos que supoñen unha ruptura por necesidade tendo que moverse entre areas movedizas.

Tarkovsky
Andrei Tarkovsky. Fonte da foto: erizo.org


BALEACULTURAL.NET
9 feb 2019 13:00

“Cando a película non é un documento, é un soño. É por iso que Tarkovski é o máis grande de todos. Toda a miña vida marteleei as portas dos cuartos onde Tarkovski se move tan naturalmente e só nalgunhas ocasións logrei entrar.”
Ingmar Bergman.

Polo xeral, calquera ruptura cos cánons preestablecidos adoita rexerse polo que en termos hegelianos se entende como a lei de transformación do cuantitativo ao cualitativo: pinchar un carballo non implica destruír integramente a carballeira, mais por contra de talar todas as árbores si se induce a íntegra eliminación do ecosistema e, en consecuencia, a posterior perda do significante orixinal, —xa non existe tal carballeira—. Esta lei, como toda a dialéctica, aplícase a calquera fenómeno que se desenvolve na sociedade e por suposto ao cinema.

Hai un antes e un despois da “nouvelle vague” no xeito no que entendemos o cinema, tanto na forma como no contido, se é que esa distinción academicista tivo algún día sentido. Ese antes e despois veu da man dunha bastante prolífica produción de diferentes colegas do Cahiers du Cinema: Godard, Varda, Truffaut, Rohmer… Foron moitos os que implicaron, no seu conxunto, a emerxencia dunha cosmovisión inédita respecto aos formatos do celuloide tradicional. E isto induciu un cinema cualitativamente novo.

Balea Cultural
Pasolini, o poeta que facía películas
O xenio comprometido que morreu por amor a unha sociedade que odiaba, que quería salvar e que o matou.
Alén de etiquetar as correntes estéticas inéditas con nomes e apelidos, a superación dos formatos tradicionais cara a novas formas non deixa de ser un reflexo das mudanzas no contexto sociopolítico e persoal —o que é un pleonasmo— dos creadores. Calquera manifestación artística é unha representación discursiva, un relato e, como tal, a sociedade consume cultura cando sente que ese discurso explica ou explora algunha das súas inquedanzas ou emocións. A arte non deixa de ser iso: a exploración do ser humano polo ser humano, en todas as súas formas.

O fantástico é que, de cando en vez, unha serie de acontecementos históricos entran en resonancia para materializar unha desas superacións artísticas sen precedentes, cristalizando nunha única obra ou nun único artista: todo iso foi para o cinema Andrei Tarkovski.

O soviético, férreo católico idealista —en total antagonía co mundo sociopolítico soviético, indomablemente ateo e materialista— representa unha contradición dialéctica permanente na súa propia vida e na súa propia obra. Así entendía o proceso creativo e a coherencia artística, tal como deixou claro nalgunha ocasión: Un artista debe expresarse a si mesmo na vida real do mesmo xeito que expresa o seu traballo. Non debe facer una cousa cunha man e outra coa outra. Hoxe en día parece ser de bo ton que cando te consideras a ti mesmo un artista leves unha dupla vida. Unha persoa fala e tenta representar a súa propia visión da vida no seu traballo, mais logo compórtase de xeito contraditorio ao que defendeu. O que este artista está dicindo na súa obra é entón hipócrita. Teño a impresión de que este caso é o da maioría dos modernos. Iso fai que o seu traballo sexa pouco claro e incluso perigoso. Hai xente que traballa como un parasito na sociedade”.

Para Tarkovski un filme asemellábase máis a un poema que a unha novela

Tarkovski foi quen de crear un novo formato cinematográfico, á vez que atacaba con precisión ao cinema concibido como unha simple extensión ao terreo audiovisual da literatura. Para o realizador unha película asemellábase máis a un poema que a unha novela –quizais pola influencia do seu pai, o poeta Arseni Tarkovski–. Así, aposta por non empregar as estruturas narrativas canónicas da novela nas súas tramas e rexeita a tendencia habitual nos directores coetáneos de facer adaptacións de novelas ao cinema. En consecuencia, pula polo uso de tramas non totalmente definidas ou unívocas e que non se codifican nun argumento unidireccional cunha mensaxe omnisciente. O exemplo por excelencia desta postura é a súa película quizais máis coñecida Stalker: un home (o “stalker”) tenta levar a un escritor e un físico frustrados á “Zona”, unha área restrinxida polo goberno debido a súa perigosidade. Neste lugar ubícase unha habitación que é capaz de cumprir os desexos máis profundos e inconscientes de quen queira que se introduza nela. En ningún momento do filme téntase explicar porque existe tal lugar nin se tenta encorsetar a trama a unha explicación racional. Ese é traballo do espectador.

O trío do Stalker —co escritor e co físico— pode representar a tríada dialéctica da confrontación entre o mundo das artes, representado polo escritor en busca de inspiración, que se adoita identificar coas tendencias máis impulsivas, afectivas e emocionais do ser humano, contra o mundo das ciencias, simbolizado polo físico que se caricaturiza por rexirse de dinámicas máis racionais, lóxicas e matemáticas. O Stalker, coma home de fe —no sentido amplo do termo— exerce de síntese superadora da devandita confrontación. Fusiona ambos os mundos nunha única concepción universal do coñecemento e a natureza humana. A esta concepción chégase mediante a excursión á Zona e, en particular, coa chegada á habitación que simboliza o elemento principal da evolución dialéctica: o tempo.

Para Tarkovski o filme debe ficar incompleto, o espectador debe ser o único que, mediante a interpretación persoal, poda completar a obra

Claro que tamén pode ser que esa sexa a miña particular leitura do filme. Velaí a principal característica de Tarkovski e que implica unha superación sen precedentes no xeito de facer cinema. A subxectividade do espectador ao ver un filme sempre existiu, mais antes de Tarkovski ao final sempre primaba o relato que o realizador pretendía comunicar. Co director soviético todo iso é cuestionado e agora o foco é a interpretación do espectador en lugar da visión do realizador.

Tarkovsky 2
Fotograma de ‘Stalker’, 1979.
Para Tarkovski prima máis evocar sensacións e pensamentos no que ve, que dar unha versión subxectivizada e sumisa á súa visión da realidade. Así, defende que o filme debe ficar “incompleto” sendo tan só o espectador o único que, mediante a interpretación persoal, pode completar a obra. Deste xeito Tarkovski, en tan só sete longametraxes, produciu infinitas realidades revolucionarias e posiblemente máis leninistas do que el nunca foi quen de imaxinar.

Nunha mirada inxenua o director semella ser un simbolista coma Parajanov, que tenta evocar relatos metarrelixiosos ou incluso místicos en todas as súas metraxes. Porén, lonxe diso Tarkovski sempre se amosou inimigo da metáfora visual por considerala ordinaria e limitante, nese intento de non subxectivización da obra. Así o amosou no seu ensaio cinematográfico Esculpir o tempo, onde afirma: “Un poeta é aquel que emprega unha única imaxe para expresar unha mensaxe universal.”

Sinala incluso deficiencias morais ou éticas do ser humano, que ben se poderían identificar con elementos de actualidade que definen a cultura neoliberal

Así e todo, en todos os seus filmes si existen certas constantes. Tanto a nivel técnico: metraxes moi longos e planos estáticos, un coidado excepcional do son, o emprego da auga nunha gran cantidade de esceas… Como a nivel contido: persoaxes frente a un debate moral ou ético, afectivamente abatidos e onde existe sempre un suxeito místico na trama —xa sexa o pintor de retablos en Andrei Rublev, o stalker, o solitario Domenico en Nostalghia ou o propio alterego de Tarkovski autorrepresentándose en O Espello—. Obsesionado permanentemente pola incredulidade, o cinismo e a desconfianza que para el caracterizaban o mundo contemporáneo, toda a súa obra —se ben incompleta para ser rematada polo espectador no sentido anterior— comparte unha mensaxe de perda de fe que el percibía na sociedade e que vai alén do conceito relixioso. Deste xeito sinala incluso deficiencias morais ou éticas do ser humano, que ben se poderían identificar con elementos de actualidade que definen a cultura neoliberal, que mercantilizan e frivolizan coas emocións e cos sentimentos do xénero humano.

E é que ás veces, aínda que aparentemente o artista non o sexa, a súa obra si pode resultar subversiva. Tarkovski foi quizais un deses directores que, aparentemente “apolíticos”, tiñan unha mensaxe substancialmente revolucionaria, quizais máis incluso do que el mesmo consideraba. Isto é debido a esa intencionalidade na forma de non subxectivizar o cinema ao seu propio relato da realidade. Tarkovski amosa así, por certo, que forma e contido son intrínseca e substancialmente o mesmo.

Os responsables de Propaganda da URSS tomaban medidas simplistas como prohibir un concerto de Pink Floyd ou non permitir a Tarkovski presentar os seus filmes no festival de Cannes

Outro claro exemplo de que a obra tarkovskiana supón unha vangarda revolucionaria amósase ante o maltrato recibido polo goberno revisionista, comandado por Brezhnev, na época post-estalinista. Ao mesmo tempo no que os responsables de Propaganda tomaban medidas simplistas como prohibir un concerto de Pink Floyd na URSS, ao realizador non lle era permitido presentar os seus filmes no festival de Cannes. Estas foron unhas pésimas decisións estratéxicas que, lonxe de crear un suxeito político antagónico ao liberalizado mundo occidental, favoreceron un hermetismo cultural que viña xa preñado de fracaso. Isto era así porque en lugar de disputar a loita ideolóxica-cultural, negábase a confrontación dialéctica máis alá das fronteiras soviéticas polo espazo político anticapitalista. Xa que logo, isto resultaba nunha incapacidade total para revertir a proto-neoliberalización da Europa dos anos 80. Mentres, no outro bloque, o mundo occidental si considerou ser un suxeito activo alén dos Montes Urais. A derrota ideolóxica na Guerra Fría estaba preto e lonxe quedaban xa as acertadas análises políticas que gañaban batallas en Stalingrado e que entenderían a Tarkovski coma artista, —enxeñeiro da alma humana—.

Unha das medidas máis perniciosas que o revisionismo acometeu contra a obra de Tarkovski foi o seu intento de acurtar a metraxe dos seus filmes, alegando que así sería máis sinxelo comprender a trama —pensando que ese era o obxectivo do seu cinema—.Argumentábase que as súas fitas eran demasiado longas e crípticas polo que non poderían ser comprendidas por tódolos públicos. O que os brezhnevianos non comprendían era que o elemento principal na técnica cinematográfica de Tarkovski era precisamente o tempo, pois esa intencionalidade de rexeitar as estruturas narrativas do cine clásico materialízase particularmente no uso temporal. En todos os filmes de Tarkovski son constantes as metraxes longas, con planos secuencia de ata 20 minutos, —exemplos son o comezo de Nostalghia ou a inclusión na Zona de Stalker—. Dese xeito, Tarkovski crea o espazo afectivo-emocional da escena que permite a intrusión do espectador coma creador de modo natural. Frente a esta situación, o soviético escribe a Brezhnev pedindo unha menor regulación no seu cinema e, ante a negativa, o artista toma finalmente o camiño da disidencia. Esta decisión anúnciaa nunha rolda de prensa en Italia, mentres rodaba Nostalghia xunto ao histórico guionista Tonino Guerra. Por suposto, o cine de Tarkovski seguiu a ser mutilado e censurado no mundo occidental. Tal como ilustra a súa irmá Marina Tarkovski á axencia EFE: "Andréi pensou que lle sería máis fácil traballar en Occidente, mais equivocouse. En Occidente tamén había restriccións e estas eran económicas”.

As pretensións intelectuais ás que quería chegar Tarkovski no celuloide tampouco respondían á arte rentable do capitalismo

A súa pegada como cineasta foi sempre así ideoloxizada. Ben por “anticomunismo”, frente o revisionismo soviético dos oitenta —que xa pouco entendía de movementos de vangarda e pecaba dun curtopracismo xa moi “laissez faire”, coma posteriormente se demostrou—. Ou ben polos capitalistas, posto que as pretensións intelectuais ás que quería chegar Tarkovski no celuloide tampouco respondían a unha “arte rentable”, a esperada pola concepción mercantilizada do cinema no mundo capitalista. Tarkovski non facía blockbusters. Así foi que Sacrificio, o seu último filme, case non viu a luz: topou financiamento “in extremis” en Suecia e con limitacións de produción.

Unha visión máis global da súa obra no contexto xeopolítico da Guerra Fría coloca a Tarkovski nun terreo escabroso, sempre entre areas movedizas, ben por “reaccionario” para un bloque ou por “non ser suficientemente comercial” para o outro. Algo que aconteceu xa desde o comezo da súa carreira, pois incluso a súa ópera prima A infancia de Iván (que paradoxalmente foi unha adaptación dun relato de Bogomólov) foi duramente criticada tras gañar o León de Ouro en Venecia. Malia ser un filme antifascista cun posicionamento claro co Exército Vermello, as críticas de sectores da esquerda foron feroces, tildando o filme de propaganda estalinista. Isto non só aconteceu no mundo soviético senón tamén nas esferas culturais italianas, nas que se estaba comezando a xestar o posterior eurocomunismo do PCI mediante figuras coma a de Berlinguer. A crítica afirmaba que a película revelaba certo “esteticismo burgués edulcorado”. Ante tal situación Sartre saiu na defensa da obra de Tarkovski. Esta crítica adiantábase quizais trinta anos a unha maneira particularmente mediocre de entender a arte e que non deixa de ser un antecedente da caída do bloque socialista.

E é que Tarkovski, coma director soviético na etapa histórica da Guerra Fría, interesado en preguntas alén a xeopolítica, viviu un deses tempos que supoñen unha ruptura por necesidade, máis que por vontade e que quizais aínda hoxe non entendemos adecuadamente. Ou quizais si. O que é seguro é que revolucionou o xeito de facer, entender e sentir o cinema. Reaccionario ou revolucionario, farei modestamente uso das licenzas tarkovskianas e deixarei ese xuízo moral ao lector.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Literatura
Ensayo Qué (no) puede un cuerpo
Algunas novedades editoriales y tendencias audiovisuales sugieren retornos de modos de entender lo inhumano que fueron característicos de la neoliberal década de los 80.
gonzalo
9/2/2019 20:23

Se A Infancia de Iván está baseada nun conto de Bogomólov, Solaris nunha novela de Stanislaw Lem e Stalker nunha novela dos irmáns Strugatski está difícil soster que Tarkovsky "rexeita a tendencia habitual nos directores coetáneos de facer adaptacións de novelas ao cinema". Tres das súas sete películas o están.

Polo demáis bo artigo.

2
0
#30425
12/2/2019 11:17

Non estou dacordo. É sostible en tanto en canto tan só A infancia de Iván é unha adaptación estricta á novela de Bogomólov. Solaris e Stalker tan só tomaron como inspiración o espazo das novelas pero non son unha reproducción "copia" do relato das correspondentes novelas. De feito para Stalker, Tarkovski falara cos irmáns Strugatski para facer algo propio. Eles daban toda unha explicación da Zona debida á una distopía por unha invasión alieníxena e Tarkovsky non estaba interesado en seguir o relato orixinal da novela.
É diferente empregar o mesmo da contexto da novela que "contar" a novela no filme. Polo que, nese sentido, si se sostén. Tarkovski non adaptaba novelas, coma moito empregaba as súas esceas.

0
0
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Violencia machista
Violencia institucional Un observatorio registra en un año más de un centenar de casos de violencia institucional contra las mujeres
El Observatorio de Violencias Institucionales Machistas, creado hace un año, recoge 117 casos de violencia institucional contra las mujeres, la mitad de ellos cometidos por el sistema judicial.
México
Recursos naturales Los “millonarios del agua” aumentan el estrés hídrico de México
Bancos españoles y grandes corporaciones obtienen beneficios del agua ante un Estado que incumple su obligación de garantizarla. Más de un millón de viviendas en México se abastecen de forma recurrente por servicios de entrega privada de agua.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.