Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito

De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood. Antes de que o mero entretemento fose sinónimo de contidos e de formas alienantes, existiron filmes como Casablanca.

Casablanca 1
Fotograma de Casablanca (Michael Curtiz, 1942). Foto: Silver Screen Collection
5 may 2019 11:22

Adoita ser unha ardua tarefa taxar a calidade dos clásicos do cine. Os canons de contido e, sobre todo, de forma, mudaron moito nestes 77 anos que nos separan da estrea de Casablanca, mito entre os mitos da sétima arte. A cinematografía é a modalidade artística máis embrionaria de todas, e como cómpre esperar dunha esfera de só un século de historia, derrubou infinidade de fronteiras, evolucionando a pasos axigantados. Por iso á hora de xulgar un clásico atópase un coa obriga de establecer un complicadísimo equilibrio entre a valoración do que Casablanca supuxo na súa época e o xeito no que envelleceu ao longo das décadas.


Un documento histórico

A rodaxe de Casabanca tivo lugar poucos meses despois do momento que relata, polo que conta cun enorme valor histórico. O filme sitúanos na metrópole marroquí de Casablanca a finais de 1941, en pleno contexto da II Guerra Mundial. O que a día de hoxe coñecemos como Francia ficara dividida en dous territorios: a Francia ocupada por Alemaña e a Francia de Vichy, en teoría independente mais colaboracionista cos nazis na praxe. Todas as colonias francesas, entre as que se conta o Protectorado de Marrocos, estaban controladas polo réxime de Vichy. Neste belixerante contexto, Casablanca funcionaba como refuxio de aqueles que viñan fuxindo do nazismo; mais saír non era tan sinxelo como entrar.

A película non é só unha plasmación das condicións materiais da época na que foi filmada, senón tamén un transmisor en contra do nazismo. Rodada ao longo de 1942, nun contexto de rápida expansión alemá ao longo de toda Europa, os aliados da 2ª Guerra Mundial -na produción colaboraron tamén diversos países europeos opostos ás potencias do eixo- incluíron diversos elementos de carácter universal; o máis coñecido de todos, os refuxiados en Casablanca entoando A Marsellesa como símbolo de liberdade.

Casablanca 2
Fotograma de Casablanca (Michael Curtiz, 1942). Foto: Silver Screen Collection
Pero Casablanca, a pesar dos privilexios que lle outorga o feito de ter sido gravada no devandito momento histórico, non está exenta de inexactitudes contextuais que poden chegar a deturpar o ambiente representado. Amósasenos Casablanca como unha cidade tradicional, case terceiromundista, mais en realidade a metrópole daquela década xa sufrira unha fonda europeización, ao funcionar como porto industrial e comercial de Marrocos. Por outra banda, á hora de analizar a sociedade afectada pola contenda, só se pon o foco nunha clase determinada. Achegásenos o ollo á pequena burguesía fuxida do seu país, mais en ningún momento se lle amosa ao espectador que a Casablanca tamén chegaron refuxiados de clase obreira; tamén pasa completamente desapercibida a poboación nativa marroquí.

A simboloxía detrás de Casablanca

Rick Blaine (Humphrey Bogart), exiliado estadounidense, é o dono do bar máis popular da cidade. Coñecido pola súa maña para os negocios, por manter a mente fría e atender unicamente aos intereses económicos, Rick enfrontarase a unha grande contradición cando o membro da resistencia checa Victor Laszlo (Paul Henreid) busca a súa axuda para fuxir da Gestapo: Laszlo precisa saír de Marrocos coa súa muller Ilda (Ingrid Bergman), que fora amante de Rick antes da guerra.

Podemos observar a clara compoñente simbólica do filme: a personaxe de Bogart representa a Estados Unidos nesta primeira parte da II Guerra Mundial, cando a potencia se debatía entre entrar na contenda belixerantemente ou simplemente ficar como observadora, como un monicrequeiro dos países en guerra que move os seus fíos en materia económica e armamentística atendendo aos seus intereses xeopolíticos.

A personaxe de Bogart representa a Estados Unidos nesta primeira parte da II Guerra Mundial

E é aquí tamén onde chegamos ao dilema no que todos os puntos temáticos do filme conflúen, e ao debate moral que sostén o filme: que prevalece, a dignidade e o deber concidadán ou o amor e a felicidade persoal? Preséntase unha contraposición cos flash-backs ao París aínda non ocupado polos nazis, que amosan un mundo íntimo e feliz para Rick e Ilsa, mais a fantasía remata abruptamente cando vemos aos tanques entrar na cidade; o mundo está víndose abaixo.

A pesar de seguir a estrutura dun romance paradigmático no cinema da época, o desenlace racha co canon de Hollywood. A guerra separou os dous amantes, e agora Rick ten a oportunidade de ignorar o seu compromiso coa resistencia nazi e quedarse co amor da súa vida; porén, a parella remata separada porque hai algo máis importante: derrotar á Alemaña Nazi.

Casablanca 2
Fotograma de Casablanca (Michael Curtiz, 1942). Foto: Michael Ochs Arquives

Ideoloxía do soño americano en Hollywood

Ao Hollywood dos anos 40 podémoslle achacar moitas derivas, como a simpleza fotográfica, as poucas ansias de innovación formal ou a persistente edulcoración da posición política e do modelo de vida estadounidense. Pero entre toda esta produción ianqui, que tería o seu inmediato sucesor no cine fondamente anticomunista da Guerra Fría, aparecen de vez en cando os grandes expoñentes do estilo clásico de Hollywood, Casablanca entre eles.
É nesta falta de pretensión no coidado e requintado estético onde se atopan os verdadeiros mitos do celuloide americano. Cando a verdadeira finalidade era o entretemento da audiencia, sen que iso se traducise na extrema simplificación de forma e contido co único obxectivo de alienar ás masas. Por iso mesmo, a pesar de todos os cambios que viviu o mundo e a cinematografía nestas case oito décadas, Casablanca segue a considerarse todo un referente do cine americano.
Balea Cultural
O día que mataron a Laura Palmer
O 8 de abril de 1990, a televisión mudou para sempre: 35 millóns de persoas viron desde as súas casas o episodio piloto de Twin Peaks.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cine
Lucía Delgado y Tábata Cerezo “Las escenas de intimidad van mucho más allá del sexo”
Lucía y Tábata son coordinadoras de intimidad, es decir, se ponen al servicio de una historia audiovisual para acordar, delimitar, construir escenas que pueden suponer situaciones de especial vulnerabilidad a los actores y actrices.
Cine
Cine Recuperar la memoria de las mujeres a través de una película clásica sobre la historia de Palestina y Líbano
La Mostra Internacional de Films de Dones de Barcelona proyecta una copia restaurada de ‘Leila y los lobos’, un viaje en clave de ficción por la memoria colectiva femenina y feminista en el Oriente Próximo.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.