Balea Cultural
Cine e Cómic: as artes condenadas a entenderse

As adaptacións do cómic ó cinema son cada vez máis numerosas e relevantes, feito que ven acompañado de certas semellanzas chave contextuais, de linguaxe e significación que fan que sexan medios irmáns.

Do cómic ao cinema Marvel
The Avengers de Marvel: da banda deseñada á grande pantalla.
baleacultural.net
14 oct 2018 13:00

A semana do 4 de outubro estreouse Venom (Ruben Fleischer, 2018), o novo filme que sae desde Marvel, desta volta con críticas bastante divididas. O fenómeno cinematográfico actual máis continuado é sen dúbidas (a pesar do traballo de Disney sobre Star Wars) o Universo Cinematográfico Marvel, sacando entre dúas e tres películas ó ano, cunha venda de entradas que soe ser sobresaínte, e cunha crítica cada vez máis positiva. A súa clásica competidora no mundo da banda deseñada, DC, está tamén a intentar reproducir ese éxito no cinema, de momento sen resultados. Non é casualidade que o maior éxito do cine mainstream na última década veña do mundo do cómic, xa que ambos están, a niveis de linguaxe e traxectoria, máis perto do que poidamos pensar.

As adaptación ó cine desde o cómic, paradoxalmente, nacen a través da compañía hoxe en día menor neste mundo, DC Comics, con recoñecidas adaptacións de Superman ou Batman durante as décadas dos 70 e dos 80. Mais onde é máis interesante poñer o énfase e naquelas adaptacións que non veñen do mundo dos superheroes. Temos que ter en conta filmes dos anos 90 como As Tartarugas Ninja (1990), O Corvo (1994) ou Men in Black (1997); nos 2000, Sin City (2005), 300 (2006) e Watchmen (2009), e nos últimos anos con Scott Pilgrim contra o Mundo (2010), A Vida de Adèle (2013), ou Kingsman (2013). O cómic non só invadiu o cinema, senón o audiovisual en xeral, con producións televisivas coma The Walking Dead, The End of The F***ing World ou Preacher; incluso certos autores están a facer camiño en ambas as artes, cos exemplos de Frank Miller, Joss Whedon ou mesmo Carlos Vermut. O Estado español non escapa deste fenómeno con filmes coma Mortadelo e Filemón (2003) , Zipi e Zape (2013) ou a próxima estrea de Superlópez (2018).

Balea Cultural
Marvel Studios, a nova forma de entender as superproducións
Nunca na historia de Hollywood o obxectivo foi facer boas películas senón películas que vendan (aínda que isto non sexa incompatible). As críticas a este modelo son obvias e moitas veces xustificadas.
E é que estes dous medios teñen moito en común, comezando pola condición da narración gráfica e secuencial de ambas, que se fai máis palpable na banda deseñada, e que se esvae no cinema ata dar esa sensación de movemento. A viñeta e o plano teñen un funcionamento moi parecido con respecto á estrutura xeral da narración, semellándose tamén en cuestións de perspectiva ou composición, e non só nese primeiro nivel de significación (o denotativo). A través da montaxe, presente nos dous medios, ambos poden alcanzar un segundo nivel (o connotativo), máis profundo, onde se crea o subtexto, característica inherente a estas dúas artes. Incluso o proceso creativo é semellante, ao ter que traballar guión e historia en favor da imaxe, aínda que evidentemente o cine ten un mundo enteiro engadido que é o son. Incluso na preprodución dun filme hai, ata certo punto, que pasar polo cómic a través da elaboración do storyboard, onde se realiza un esquema gráfico de cada plano que sirva de axuda técnica posterior.
Storyboard Spiderman
Storyboard feito para Spiderman 2 (San Raimi, 2004).
A evolución de cada medio tamén se desvela como similar en canto a que ambas artes naceron como entretemento case de feira, situación que cos anos foron deixando atrás para instalarse na gran sociedade: entendo a época dos anos 20 e 30 de Hollywood e a idade de ouro dos cómics, nos 40 e nos 50. Despois disto as dúas teñen un punto de inflexión que levan as súas respectivas linguaxes un paso máis aló, coma poden ser Citizen Kane (Orson Welles, 1941) e Contrato con Deus (Will Eisner, 1978). Posteriormente a evolución e ramificación destes medios é infinita en canto a xeitos de narrar ou temas tratados.

Dáse un paradoxo bastante interesante con estas adaptación que non tratan os superheroes de forma central, xa que a maioría de obras orixinais, no cómic, nacen dun entorno mais ben independente, que a través dos anos gañan fama ata que algunha produtora decide probar sorte no cinema con elas, xa dentro do mundo mainstream.

O exemplo máis claro neste senso pode ser o filme 300 que deu a coñecer a Zack Snyder –lembremos que é unha das mentes tras o Universo Cinematográfico de DC–, que segue a ser a adaptación cinematográfica dun cómic non superheroico con máis recadación. Neste filme produciuse unha simbiose que resalta todas as similitudes entre as dúas artes. A intención dos dous autores –Frank Miller no cómic, Snyder no cinema– é a mesma, polo que as narrativas converxen ata case facérense iguais en certas partes do filme, buscando unha expresividade centrada na imaxe: na montaxe rítmica tanto de viñetas coma de planos como na busca da acción e o espectáculo.

Viñeta e plano calcados en 300
Comparación entre viñeta e plano cinematográfico en 300.
Zack Snyder é unha figura moi interesante dentro desta relación entre o cine e o cómic, porque a súa carreira se centrou neste tipo de filmes, e pode servir para exemplificar o que é unha boa adaptación –coma a nomeada 300– como para falar do que é unha mala adaptación, a que poderíamos entender que é Watchmen.

Aclaremos aquí que unha boa adaptación non ten por que significar unha identificación total en canto á historia, planos, narrativa, personaxes ou universo, senón que vai mais aló: fala da narrativa, da intencionalidade, dos temas que trata unha historia. Watchmen, de Alan Moore, é clave na historia do cómic, sendo referenciado como o mellor da historia para moitos expertos. Aquí non existe a simbiose da que falamos anteriormente, xa que as formas de narrar de cada autor son diametralmente diferentes. Alí onde Alan Moore é puro guión, fondo, ritmo progresivo, historias paralelas e misturadas, con numeroso subtexto e mala uva, Zack Snyder desvirtúa a historia e fai o que fai sempre: tende ao épico, ao visual, a unha narrativa máis directo e clara, con menos complexidade e uns personaxes máis planos. Directamente desfaise de subtramas, personaxes e incluso da intención estética e narrativa do cómic, mudando o final e os temas dos que fala.

Cor de Watchmen
Comparación da cor entre o cómic e o filme de Watchmen.
Dalgunha maneira pódese concluír que esa clarividencia de 300 foi ata casual e non froito dun traballo de adaptación consciente. Simplemente Frank Miller e Zack Snyder converxeron nunha única dirección, mentres que á hora de abordar a Alan Moore, o resultado segundo este “soaba a vermes regurxitados”. A película resultante, aínda que poida resultar algo pedante, é digna: un produto mainstream dixerible pero que se queda lonxe da significación do Watchmen cómic, un diagnóstico que se repite en moitas adaptacións de cómic posteriores. É importante diferenciar unha boa adaptación dunha boa película nacida do universo dun cómic.

Parece que o futuro segue deparándonos este camiño converxente a partir de adaptacións, xa que a tendencia é facer cada vez máis. É curioso como na historia intrínseca da adaptación cinematográfica do cómic podemos dicir que estamos en plena idade de ouro, co boom do cinema de superheroes coa alegre e espectacular Marvel. Mais isto pode estar chegando á súa fin. Os grandes superheroes (Iron Man, Thor, Capitán América, Hulk…) parecen estar chegando ás súas últimas películas, e o relevo que vai chegando, aínda que de momento contan cun ímpetu baseado na especificación de temáticas —Black Panther dentro da cultura negra, Spiderman para un público máis xoven, os Gardiáns da Galaxia no humor—, a recepción do relevo sen as grandes figuras claves amósase máis incerto. Se nos fixamos no cómic, houbo unha época tras esta idade de ouro de confusión e baixón na industria, ata que chegaron os temas sociais dos X-Men e as historias adultas de DC nos 70. Esta evolución por parte de DC estase a tentar, con resultados de momento nefastos, mentres que en Marvel non hai visos dunha grande mudanza na liña editorial. A fórmula parece que se puidese esgotar a medio prazo, e non sería estraño comezar a ver reboots coma os que xa sufriron Spiderman (dúas veces), os X-Men ou os 4 Fantásticos, con resultados irregulares.

O seguinte paso neste senso podería ser buscar que esa innovación narrativa que hai nos cómics orixinais, se desenvolva cara a un filme que conserve ese risco, e non que se adapte ao método comercial da época que lle toque. Mais para iso, hai que esperar, e ver como se move esta estraña e fermosa relación.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Costas
Costa A ría de Arousa, ao bordo do colapso ecosistémico
A principal produtora de marisco de Galiza afronta unha crise sen precedentes; o impacto da contaminación actual e a de potenciais industrias como Altri ou a reapertura da mina de Touro poñen en perigo o sector do mar.
Medio ambiente
Medio ambiente A Xunta desoe a oposición social e dá luz verde ambiental á celulosa de Altri e Greenalia
O informe da administración galega, gobernada polo PP de Alfonso Rueda, conclúe que a proposta é “ambientalmente viable” e pasa por alto as decenas de miles de alegacións presentadas, así como a contestación social.
Crisis climática
Meteorología adversa ¿Las borrascas son cambio climático? La dificultad de adscribir un fenómeno al aumento de las temperaturas
Solo se puede afirmar que un fenómeno ha sido causado por la crisis climática en términos probabilísticos y los estudios que arrojan estas conclusiones tardan meses en publicarse, cuando ya ha pasado el interés sobre el suceso.
Tribuna
Tribuna Ladróns de luva branca no Parlamento
As traballadoras e traballadores da CRTVG pagaremos os efectos dunha lei antidemocrática que nos retira algunhas das poucas ferramentas que tiñamos para defendérmonos e esixir respecto pola misión de servizo público que a corporación ten encomendada.

Últimas

Historia
Descifrando a historia As 4.000 cigarreiras da Coruña: a primeira folga de mulleres na historia de Galiza
O 7 de decembro de 1857, as mulleres da Real Fábrica de Tabacos iniciaron unha revolta polos seus dereitos que fixo historia no imaxinario do sindicalismo galego.
Congreso de los Diputados
Congreso Sumar hace malabares con el debate de la defensa y apunta contra la “izquierda frívola”
El grupo que lidera Yolanda Díaz se reacomoda al compás de los nuevos hitos en la geopolítica, no sin contradicciones y con Podemos en colisión. Desde el PSOE advierten que será un debate “no de semanas sino de meses”.
Gasto militar
Gasto militar Militarismo, disuasión y cultura de paz
¿Qué garantías plantea la UE y sus Gobiernos para que ese plan de rearme masivo no haga escalar aún más las amenazas y desafíos a los que pretende dar respuesta?
Más noticias
Tribuna
Tribuna Mercadona, ¿la cocina de tu casa?
La comida preparada en manos de grandes supermercados gana terreno y amenaza nuestra alimentación en pro de la cocina industrial. El autor responde a Juan Roig, presidente de Mercadona, quien asegura que dentro de unos años no habrá cocinas.
Tribuna
Tras el 8M Feminismo sindical para transformar el mercado laboral
El informe de CCOO muestra que los problemas habituales en el empleo, la negociación colectiva y la brecha salarial desde el punto de vista de las mujeres se están cronificando.
Argentina
Argentina Balas de goma contra jubilados e hinchas
Las hinchadas de varios equipos de fútbol argentinos, enfrentadas entre sí por sus colores, participaron juntas en la concentración de los jubilados que acabó con una fuerte represión por parte de la policía.
El Salto Radio
El Salto Radio Fallece Juana Orta, la memoria de la mujer trabajadora
El pasado 8 de Marzo fallecía Juana Orta y las señales de hoy escriben en el aire su nombre. Una mujer cuya vida ha estado indisolublemente ligada a la historia de los movimientos sociales, sindicales y políticos de Andalucía.
Palestina
Cisjordania Después del desplazamiento masivo, se asienta la ocupación militar en Yenín y Tulkarem
Cada vez son más comunes los testimonios de personas que se arriesgan a entrar al campo de refugiados para tratar de alcanzar sus casas y recuperar las pertenencias que dejaron atrás cuando fueron forzados a huir.

Recomendadas

Feminismos
Feminismos As mulleres galegas ocupan o segundo posto de menor retribución por hora de todo o Estado español
A súa precariedade maniféstase na contratación temporal, oportunidades limitadas de promoción e acceso limitado a postos de dirección. A desigualdade estrutural afecta especialmente ás traballadoras do sector primario, onde permanecen invisibles.