Balea Cultural
Marvel Studios, a nova forma de entender as superproducións

Nunca na historia de Hollywood o obxectivo foi facer boas películas senón películas que vendan (aínda que isto non sexa incompatible). As críticas a este modelo son obvias e moitas veces xustificadas.

Imaxe promocional vía Reddit
Imaxe promocional Marvel. Foto: Reddit
BALEACULTURAL.NET
12 may 2018 11:46

Coa recente saída nos cinemas de Infinity War, o último filme de Marvel Studios, os críticos máis avispados déronse conta dunha realidade que para ben ou para mal, xa é imposible de parar: a todos os niveis, o Universo Cinematográfico de Marvel (MCU, polas súas siglas en inglés) é o Star Wars da nosa era. Xa non só no de crear expectación como case ningunha outra saga é capaz de facer e ir superando en cada nova entrega algún récord de venda en taquilla. A comparación con Star Wars é porque ambas produccións, á súa maneira, están mudando o xeito de entender e facer blockbusters, e con iso, o cinema.

O sinxelo é dicir que o MCU fixo populares os superheroes, pero vai moito máis alá diso. Filmes de superheroes taquilleiros xa existían antes da consolidación de Marvel Studios como o titán que é, como as de XMen de Bryan Singer ou as de Spiderman de Sam Raimi. Marvel Studios non só saca os seus personaxes das páxinas de cómics, tamén a forma de entender as súas historias. Mentres unha saga de películas tradicional se compón dunha serie de entregas na que precisas a anterior necesariamente para comprender a seguinte, nos cómics non. O sinxelo é entender que ao ler unha historia sobre calquer personaxe, esta existe nun valeiro, que gardará coherencia narrativa co resto do seu universo pero non moito máis, e non. O máis probable é que aparezan cameos doutros personaxes e incluso algúns arcos acaben entremisturados cos do protagonista. Non son as obras máis profundas, e se aparece un personaxe que o lector non coñece, tarda pouco en saber quen é. O caso é que o ideal é ler todas as liñas argumentais que unha editorial como Marvel ou DC vai publicando para entender o seu universo. E finalmente, cada ano polo xeral, faise un evento, un crossover de varios números onde todas as liñas argumentais que se levan publicando ese ano, converxen para dar fin e reiniciar todas as historias. E así funciona exactamente Marvel Studios

O ideal é ler todas as liñas argumentais que unha editorial como Marvel ou DC vai publicando para entender o seu universo

Por exemplo: pódese ver Black Panther nun vacío ignorando o resto do MCU, pero o ideal para entender ao completo a historia e as referencias é ter visto Capitán América: Civil War antes, por ser a cinta que introduce o personaxe. É para ver esta non só necesitas ver a anterior de Capitán América, O Soldado de Inverno, se non a anterior dos Vengadores, A era de Ultrón... Moitas veces estes filmes son case unha introdución ou unha transición, un paso cara a algo máis grande. O valor cinematográfico no sentido tradicional é escaso e moitas veces, pero non vai diso. O que están a facer é construir todos os alicerces do que, nas dúas horas e media que dura Infinity War, non daría tempo.

Cando chega o evento, neste caso Infinity War, tanto Marvel como os directores o cargo dan por suposto que coñeces a todos os personaxes que se te mostran en pantalla. Que xa sabes que o Capitán América é considerado un criminal, que Peter Parker é o pupilo de Tony Stark e que os Gardiáns da Galaxia xa son un grupo estable. Levan case 10 anos explicándoche as historias destes personaxes, é hora de que chegue o seu desenlace. E cando chega o momento de xuntar 10 anos de historias, hai que dalo todo. Ten que ser épico con maiúsculas. Non pode haber momento de calma nin tempo para máis desenvolvemento de personaxes. Este é realmente o filme con valor de todo o que se leva construído.

Rodaxe de ‘Infinity war’ vía Marvel Studios.
Imaxe da rodaxe de Infinity War. Imaxe: Marvel Studios

As críticas a este modelo son obvias e moitas veces xustificadas. Primeiro porque cando se paga por unha entrada de cinema, espérase como mínimo un produto competente e cunha estrutura básica narrativa -é dicir, introdución, nó e desenlace- non un adianto do que vai suceder en posteriores entregas. Á saída de moitas pelis de Marvel Studios, a sensación é de ter pagado case por un tráiler do seguinte filme dos Vengadores, que é o importante. Se ben ese pensamento está xustificado, hai que entender que Marvel quere contar historias que doutro xeito non sería posible. Non podes pretender establecer máis de vinte arcos de personaxes interesantes nunha soa película, nin podes pretender no formato dunha serie gastar os orzamentos dos que gozan calquera destas superproducións.

A outra crítica habitual ao modelo é a liberdade creativa. Todo este universo está estruturado non só para manter unha coherencia narrativa común a todos os filmes, se non que teñen que contar con certos elementos estéticos e tonais comúns. A fama que existe sobre isto é que Marvel corta moito as ás aos seus directores para que non poidan facer o que queiran, para que os filmes sigan sentíndose parte dun grande todo. O caso máis sonado foi o de Edgar Wright, o director orixinal de Ant-Man, que rematou deixando o proxecto porque dicía que sentía que non ía dirixir o filme que el quería. Se ben este punto de vista segue a ser lóxico, ten que entenderse tamén a posición de Marvel de querer aspirar a ese grande conxunto cinematográfico. Pérdese moito valor a nivel artístico, pero gañase a nivel narrativo (e económico).

Lamentarse de que os filmes de superheroes non conten con demasiado valor cinematográfico é superfluo. Nunca na historia de Hollywood o obxetivo foi facer bós filmes senón filmes que vendan (aínda que isto non sexa incompatible). 

Con Internet tan masificado coma hoxe, vívese na era da inmediatez e Marvel sábeo

E fica un último punto polo que Marvel consolidou esta fórmula de entender unha saga, tan distinto do tradicional: é o paso lóxico para maximizar os beneficios. Hoxe en día para ter un éxito en taquilla garantido, hai que invertir unhas cifras totalmente desorbitadas. A forma de asegurarse ese beneficio non é só facelo con franquicias coñecidas, senón facelo con historias que funcionen, sen necesidade de ser na orde cronolóxica na que van saíndo na grande pantalla. Esta fórmula xa está totalmente implantada e todos queren sumarse ao carro. As películas de Warner Bros protagonizadas polos superheroes de DC Comics ou Star Wars -os spin-offs da súa saga principal- e outras moitas que quedan. Hai que asumir que non se pode acusar de copia nin intento de nada, senón que simplemente o resto de productoras xa se deron conta (quizás tarde e mal) que a fórmula de Marvel é o paso lóxico para facer taquillazos a día de hoxe.

Con Internet tan masificado coma hoxe, vívese na era da inmediatez e Marvel sábeo. Saben que a xente vai comentar cada pequeno avance de calquera dos seus filmes, saben que non se vai falar doutra cousa en Twitter a fin de semana da estrea. Porque levan construíndo durante dez anos un universo. Con películas mellores e piores, pero unha historia global de personaxes que ano tras ano, voltan ás pantallas para continuar cos seus arcos. Star Wars foi a primeira saga cinematográfica en popularizar os universos extendidos, convertilo na forma para o consumo de masas foi papel de Marvel Studios.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.