Balea Cultural
David Fincher, a ovella negra de Hollywood

Sorprende que a industria cinematográfica norteamericana non confíe en David Fincher, un dos mellores directores a día de hoxe. Parece que a factura de calidade dos seus filmes non lles compensa ás grandes produtoras. Nos últimos anos o cineasta atopou en Netflix un espazo con menos limitacións creativas das que lle impoñen os grandes estudos de Hollywood.

David Fincher Balea Cultural
Fotograma de O club da loita (1999), de David Fincher.
30 mar 2019 14:00

A día de hoxe, David Fincher é recoñecido como un dos mellores directores de cine nortamericanos das últimas décadas, cunha filmografía na que destacan filmes como Seven (1995), O club da loita (1999) ou A rede social (2010). O seu marcado estilo caracterizado polo perfeccionismo absoluto á hora de encadrar os planos, de mover a cámara, de dirixir as actuacións ou de iluminar os sets fan dos seus traballos obras recoñecibles desde o primeiro momento.

Sen embargo este recoñecemento, que o director ten máis que gañado por parte da crítica e mesmo do público, non ven acompañado polo da propia industria. Son xa bastantes as ocasións nas que Fincher e as grandes compañías produtoras, as coñecidas como majors, viviron desencontros que remataron en numerosos proxectos cancelados antes de comezar as rodaxes. O recoñecemento a Fincher tampouco lle chegou nas galas anuais de premios nas que, ao longo das décadas, soamente gañou un Globo de Ouro e un BAFTA polo seu traballo de realización en A rede social.

Acostuma a dicirse que os desencontros entre Fincher e a industria están aí desde o comezo da súa carreira, debido á accidentada produción da película Alien 3 (1992), non embargantes por aquel entón Fincher xa levaba case dez anos traballando como director, mais no mundo dos videoclips. A diferencia do seu debut cinematográfico, esta primeira etapa do realizador norteamericano foi especialmente satisfactoria. O propio Fincher asegurou que os vídeos musicais para el foron o que un areeiro de xogos infantís pode ser para un neno: un espazo no que tiña liberdade para poder probalo todo.


Videoclip da canción Only, de Nine Inch Nails, dirixido por David Fincher.

Os vídeos musicais para Fincher foron o que un areeiro de xogos infantís para un neno: un espazo no que tiña liberdade para poder probalo todo

No ámbito das longametraxes, o panorama é moi diferente. A medida que se van incrementando os orzamentos das producións cada vez resulta máis complicado manter o control creativo dun proxecto, xa hai cada vez máis xente que pode comezar a sentir medo por ter invertido mal seus cartos. Isto, para un cineasta caracterizado polo seu perfeccionismo e por querer controlar cada detalle, era un problema.

Tras unha mala experiencia durante a dirección da súa primeira película, Fincher mesmo chegou a plantexarse abandoar o mundo do cine. Sen embargo todo esto mudou co seu segundo traballo cinematográfico, o xa clásico thriller Seven. A partires desta película xa quedou patente todo o que David Fincher era capaz de ofrecer como director.

O coidadísimo apartado visual do filme ía moito máis alá dunha simple fachada, cunha planificación audiovisual exemplar en cada secuencia, aínda se se trata dunha simple conversación nun despacho. A constante sensación de ansiedade e agobio que transmite a película, así como o feito de non ter tomado o camiño fácil e filmar un filme sobre un asasino en serie no que apenas se ve ningún asesinato son evidencias de que Fincher era un realizador moi capaz, que non se guiaba polas convencións.

A partir de Seven tamén ficarían marcadas en boa medida as temáticas habituais das películas de David Fincher. Se ben o director non escribe seus propios guións, é evidente que elixe aqueles proxectos nos que formar parte con moito coidado, e neles acostuman a aparecer ideas nihilistas, temáticas escuras e rara vez concluirán nun happy ending. En concreto a cuestión dos asasinos en serie foi especialmente recurrente, notablemente en Zodiac (2007), Os homes que non amaban as mulleres (2011) ou a serie Mindhunter (2017).

David Fincher Balea Cultural 2
Fotograma de Seven (1995), de David Fincher.
Con todo, a filmografía de David Fincher non se limita soamente aos thrillers. Filmes como O curioso caso de Benjamin Button (2008) ou A rede social son mostras de como é capaz de adaptar seu estilo a todo tipo de historias. Se ben o primeiro foi especialmente exitoso en termos de recadación, a segunda foi quizáis o filme de Fincher mellor recibido por Hollywood.

Este recoñecemento non sorprende, xa que A rede social adéntrase no xénero dos biopics, tan querido pola industria, con grande mestría, dotando de grande personalidade a un xénero habitualmente moi formulaico. Mais nesta ocasión o xenial guión de Aaron Sorkin e a dirección de David Fincher foron capaces de crear un producto único de enorme calidade. Non cabía dúbida ao ver esta película que se tiña diante era o cinema de Hollywood na súa máxima expresión.

Parece que a factura de calidade dos seus filmes non lles compensa ás grandes produtoras

Por iso sorprende que a industria cinematográfica norteamericana semelle non confiar plenamente en Fincher, a pesar de ter amosado xa durante décadas que é dos mellores directores facendo cine a día de hoxe. Parece que a factura de calidade dos seus filmes non lles compensa ás grandes produtoras ao non ofreceren completa liberdade creativa. Nos últimos anos o cineasta semellou atopar en Netflix un espazo con menos limitacións creativas das que lle impoñen os grandes estudos cinematográficos.

Fincher lanzou a primeira serie orixinal de Netflix, House of Cards (2013), acaba de estrar Love, Death + Robots (2019) unha nova serie de animación da que é productor executivo e actualmente atópase dirixindo novos episodios de Mindhunter. Pode ser que o video on demand sexa o novo areeiro que atopou Fincher para poder seguir creando con maior liberdade.

Balea Cultural
Vídeo musical: A arte esquecida

O vídeo musical leva ocupando practicamente dende o seu nacemento un curioso espazo situado entre o spot publicitario e o vídeo-arte. Considerado un xénero audiovisual menor polo seu carácter promocional, e ao mesmo tempo sendo referente na innovación e na experimentación propias do vídeo-arte ou do cinema máis vangardista.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Palestina
Ocupación israelí Miles de personas se manifiestan en Madrid contra el genocidio en Palestina
La organización cifra en 50.000 las personas asistentes a la convocatoria unitaria de todas las organizaciones que forman la Rescop, a la que se han sumado cientos de colectivos ciudadanos con una voz común: Muévete por Palestina.
México
Recursos naturales Los “millonarios del agua” aumentan el estrés hídrico de México
Bancos españoles y grandes corporaciones obtienen beneficios del agua ante un Estado que incumple su obligación de garantizarla. Más de un millón de viviendas en México se abastecen de forma recurrente por servicios de entrega privada de agua.
Opinión
Opinión Cinco ideas decrecentistas frente al apagón
El autor de ‘La espiral de la energía’ (Libros en Acción, 2014) reflexiona sobre las lecciones que se pueden extraer del corte de suministro eléctrico del pasado 28 de abril.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Análisis
Energía El apagón de la liberalización: cómo el mercado eléctrico ha fallado a la ciudadanía
La liberalización no ha cumplido ninguna de sus promesas y ha generado riesgos estructurales para la economía, el medioambiente y la cohesión social
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Más noticias
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Energía
Juan Bordera “En la crisis energética, el tecnooptimismo es mesiánico y juega a favor de Trump"
El diputado en Les Corts se pronuncia sobre el apagón del pasado lunes y carga contra la forma en la que se están implantando las renovables. También señala el peligro de que el sentimiento antirrenovable cale entre la población.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.