Balea Cultural
E3 2018: Do avance técnico á covardía política

O GamerGate non xurdiu da casualidade, xurdiu na industria dos videoxogos que, pese a ter unha historia curtísima, é dos nichos de conservadurismo máis grandes de toda a produción cultural actual. Os consumidores miran con reticencia calquera crítica desde o feminismo, a esquerda ou calquera avance fóra do puramente técnico.

Convención de videoxogos E3
Imaxe da convención de videoxogos E3. Foto: Polygon
BALEACULTURAL.NET
16 jun 2018 10:17

Aínda que a xente interesada en política coñece o movemento ultradereitista Alt-Right –a súa base en Internet, o perigoso que é e como tivo un papel clave na vitoria electoral de Donald Trump– a maioría descoñece un dos seus antecedentes clave e igual de perigoso, aínda que a menor escala: o movemento GamerGate.

O GamerGate, como a Alt-Right, xurdiu en foros como 4Chan ou Reddit. Foi un movemento organizado de carácter homófobo, racista e, sobre todo, misóxino e machista. Xurdiu en verán de 2014 a través dunha falsa polémica ao redor dunha desenvolvedora independente de videoxogos. Zoe Quinn, a desenvolvedora en cuestión, supostamente subornara con relacións sexuais a un dos redactores de Kotaku (o famoso portal de noticias de videoxogos) a cambio de notas positivas no seu xogo. O acoso non se fixo esperar e comezaron non só contra ela, se non contra os que dubidaban da “versión oficial” que o GamerGate propugnaba. Críticas feministas, desenvolvedores independentes ou incluso portais de noticias de videoxogos que decidían non cubrir estes feitos eran atacados baixo un falso mantra repetido ata a saciedade que dicía: “En verdade é sobre a ética no xornalismo de videoxogos”.

O obxectivo non foi nunca mellorar o medio, senón que os videoxogos seguisen sendo ese club de mozos onde todo seguira igual. Nun momento que parecía que o medio se estaba abrindo a outras fronteiras, chegou a primeira onda de conservadores dixitais. O GamerGate pasou e, aínda que moita da xente que o apoiou cambiou radicalmente de opinión respecto ao tema, sentou a base de que un movemento organizado en Internet ten un potencial político demoledor. E case ninguén na industria o recoñeceu nunca.

E3 Imaxe 2
Foto: GameSpot
O doce de xuño, a empresa xaponesa Nintendo emitía a súa conferencia, sendo así a última de toda feira do E3. Para os alleos ao medio, o E3 é por moito a maior convención de videoxogos que se realiza cada ano. Celébrase en Los Ángeles e acoden milleiros de persoas mentres outros millóns se conforman con velo en directo en plataformas como Twitch e YouTube. As principais empresas fan os seu anuncios de cara aos seguintes anos e as escasas caras recoñecibles e encomiadas do medio fan aparición para comentar en que están traballando. É un espectáculo millonario para unha industria que move billóns de dólares só nos Estados Unidos. Se facemos a similitude co cinema, o acontecemento de igual envergadura sería Cannes ou os macrofestivais onde o máis insigne da disciplina anuncia o que está por vir. Con substanciais diferenzas.

Un dos momentos máis soados e celebrados do Festival de Cannes de 2018, foi cando a actriz Asia Argento falou na súa clausura de que foi violada polo produtor Harvey Weinstein. Non foi a única, pero si a máis visible de todas as voces que lembraron na cidade francesa un dos acontecementos fundamentais na industria cinematográfica de 2017 e 2018. Un feito que marcaría un punto de non retorno en Hollywood respecto a como actuar fronte aos abusos sexuais dentro deste mundo.

O chamado Efecto Weinstein foi chamado así cando moitas actrices, directoras e demais profesionais do sector se atreveron a falar dos abusos que se cometeran contra elas, facendo así que outras moitas se atreveran a falar doutros acosadores, aos que por presión a Academia de cinema estadounidense acabou apartando. Isto marcou o ton de posteriores acontecementos, como a entrega dos Globos do Ouro, os Óscar e o xa citado Festival de Cannes, onde se recalcou o actual compromiso de Hollywood por perseguir e expulsar a todas estas persoas.

Unha reportaxe de Le Monde denunciaba que os empregados de Quantic Dream vivían non só con condicións laborais pésimas, senón nun continuo ambiente de vexación por parte dos seus xefes

Mentres tanto, o mundo dos videoxogos non estaba exento deste tipo de polémicas. En outubro de 2017 Dave Ballard, ex-empregado de Naughty Dog –desenvolvedora de videoxogos ligada a Sony e á firma Play Station– denunciou por Twitter que sufrira abusos sexuais por parte dun dos seus superiores. Á hora de comunicarllo á empresa, lonxe de ser tratado o tema, foi despedido argumentando que “o seu traballo deixara de ser necesario”. Meses máis tarde, unha reportaxe do xornal francés Le Monde denunciaba que os empregados de Quantic Dream –outra desenvolvedora ligada a Sony e a Play Station– vivían non só con condicións laborais pésimas, senón nun continuo ambiente de vexación por parte dos seus xefes, incluíndo insultos racistas e homófobos. Do director da desenvolvedora e dos títulos máis insignes desta, David Cage, comentouse que era especialmente duro coas mulleres, coas que tiña actitudes que rozaban o acoso.

A reacción de Quantic Dream foi emitir un comunicado desmentíndoo todo. Sony incluíu a Le Monde nunha lista negra para que non recibise máis facilidades para analisar os xogos da empresa e cubrir as noticias relacionadas con esta. A reacción da comunidade consumidora e produtora de videoxogos cal foi? Detroit: Become Human, o xogo que publica este ano Quantic Dream, saíu o mes pasado sendo un éxito de vendas. Naughty Dog abriu a conferencia de Play Station no E3 –con gran xúbilo– co tráiler da segunda parte do seu aclamado The Last of Us.

E3 foto 3
Foto: VG247
O GamerGate non xurdiu da casualidade, xurdiu nunha industria que pese a ter unha historia curtísima, é dos nichos de conservadurismo máis grandes de toda a produción cultural actual. Os consumidores miran con reticencia calquera crítica desde o feminismo, a esquerda ou en xeral calquera avance fóra do puramente técnico. Queren que o seu nicho siga existindo tal cal está. Se miras as noticias dos feitos anteriormente comentados, nos casos nos que non se insulta a vítima abertamente, chancéase ou ironízase. Ningún consumidor toma isto en serio porque ningún profesional o fai. Keza MacDonald publicou en The Guardian que os videoxogos non están aínda preparados para un #MeToo, pero desde logo produce impotencia ver como estas persoas seguen campando ás súas anchas, moitas veces entre aplausos e ovacións.

Neste E3 non houbo ningunha palabra sobre estes casos sucedidos deste a anterior feira. Non houbo sequera comentarios de apoio a compañeiros da empresa Bethesda, que a finais do 2017 sufriu o acoso de toda a tropa da Alt-Right. No seu xogo Wolfenstein II: The New Colossus –que ten unha mensaxe marcadamente antifascista– fixeron unha campaña con lemas como “No more nazis” que, por algún motivo, resultaron molestos. Trátase de non ceder a chantaxes e seguir íntegros, por moito que isto pode repercutir nas vendas finais do teu xogo.

Os videoxogos non están aínda preparados para un #MeToo, produce impotencia ver como os acosadores seguen campando ás súas anchas, moitas veces entre aplausos e ovacións.

Toda esta covardía vese perfectamente ilustrada nunhas declaracións insultantes que ocorreron neste mesmo E3. Nunha entrevista co portal de noticias de videoxogos Polygon, o director de The Division 2 (un dos buques insignia nesta feira da empresa francesa Ubisoft) falaba e defendía como o xogo non contiña contido político. Para entendernos: o xogo está baseado nun proto-guión do popular escritor Tom Clancy. Mentres as películas baseadas en libros de Clancy nunca ocultaron a súa ideoloxía (o daniña ou non que sexa é outro debate) en Ubisoft vense obrigados a contestar que o xogo é completamente apolítico, aínda que esta entrevista conteña frases como: “Aínda que no xogo te ergas en armas contra un goberno corrupto, non hai contido político”. Este medo a decantarte cun bando, sempre te vai posicionar co hexemónico, que neste caso é o ultra-nacionalismo, o machismo e o racismo. Os portais de noticias de videoxogos xa tomaron bando cando fora o GamerGate. É hora de que o fagan as empresas e artistas dos xogos dos que falan. É fundamental se o videoxogo quere avanzar como medio artístico.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
#18809
16/6/2018 10:24

Un dos problemas que existen no mercado de videoxogos hoxe en día, olvidando ultra dereitistas e trolls, é que dende a esquerda tamén se ten que rexeitar como se están a levar a cabo as mensaxes feministas nas historias que se contan. Explícome:

En xogos como o citado The last of us a figura da muller empodérase, introducindo unha relación homosexual con naturalidade, e iso é algo moi pouco común. Hoxe en día a industria está chea de xogos que introducen a mulleres só para cubrir o cupo feminista e que non lles reprochen ser machistas, conseguindo persoaxes introducidas de forma incoherente, innecesaria e moitas veces non reflexando a realidade. Un claro exemplo é o famoso Andrómeda, que causou furor hai uns meses pola incompetencia do equipo de animación, pero outro problema que presentaba era unha serie de persoaxes femininas e relacións non heteronormativas incriblemente superficiais.

Nese aspecto non hai que deixarse levar por contradecir aos trolls e aos ultradereitistas en todo. Hai que pedir que haia mulleres nos xogos, pero non de calqueira forma e como cupo obrigado polo mercado.

1
0
Estados Unidos
Extrema derecha Trump anuncia un campo de concentración para 30.000 migrantes en Guantánamo en el 80 aniversario de Auschwitz
La estrategia de llevar la detención de migrantes a territorios lejanos, opacos y sin garantías de derechos también ha sido la opción elegida por la Unión Europea en el último año.
Salario mínimo
Pacto bipartito Trabajo y sindicatos acuerdan la subida del salario mínimo en 50 euros sin el apoyo de la patronal
Díaz anuncia un acuerdo con los sindicatos que llevará al Congreso de Ministros de forma “inminente” la propuesta del Ministerio de Trabajo. Los sindicatos proponían una subida de 66 euros y la patronal, de 34 euros.

Últimas

Crisis climática
Parlamento Ciudadano Climático Un jurado popular ciudadano para combatir la crisis climática y el retroceso democrático
En un momento crítico para la democracia y la acción climática, cinco organizaciones medioambientales reunieron en el Congreso de los Diputados a científicos, actores sociales y asambleístas para impulsar un Parlamento Ciudadano Climático Permanente.
Ayuntamiento de Madrid
Convenio colectivo Las cuidadoras ganan a Almeida: Madrid anuncia nuevos pliegos con la subida salarial pactada
Las trabajadoras de cuidados seguirán en huelga dado que “no hay nada tangible”. El anuncio afectaría a 12.000 personas empleadas por el Ayuntamiento, pero no a las 2.000 trabajadoras más convocadas a la huelga que trabajan para la Comunidad.
Madrid
Justicia El fiscal general del Estado, en el alambre, declara como investigado ante el Supremo
Álvaro García Ortiz acude al alto tribunal a explicar su versión de las filtraciones denunciadas por el entorno de la pareja de Isabel Díaz Ayuso. Es la primera vez que un fiscal de su categoría declara como investigado.
Lavapiés
Madrid Lavapiés gana un asalto a la organización fascista Hacer Nación
La empresa en la que se iban a organizar unas jornadas con figuras de la extrema derecha europea ha confirmado que comunicó a Hacer Nación que no le cedía su espacio.
Más noticias
Pensiones
Revalorización de las pensiones Los pensionistas no se fían y salen a la calle tras el rechazo al decreto ómnibus
La Unidad de Acción de Madrid convoca a manifestarse este viernes 31 frente a la sede del PP tras la “posición negativa de la derecha ultranacionalista, sea española o catalana”.
Energías renovables
Energías renovables en Madrid El Centro Cultural Palomeras quiere ser autosuficiente, los préstamos de sus vecinos pueden conseguirlo
Una universidad pública y una cooperativa de energías renovables lideran el proyecto de préstamos que quiere convertir en autosuficiente al histórico centro educativo vallecano, y que busca reunir 150.000 en financiación ciudadana a un interés ético.
Opinión
Opinión No es Poder Popular todo lo que reluce
VV.AA.
No hay alternativa capaz de cambiar este sistema que no hable claramente de socialismo y de clase trabajadora
Israel
Sionismo Maccabi - Baskonia: no colaboremos con la banalización del mal
El partido de basket en Gasteiz es una oportunidad de oro para mostrar nuestra determinación a no contribuir al blanqueamiento del Estado genocida de Israel, oponiéndonos decididamente.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Sin materiales, sin protección adecuada y sin financiación: los bomberos de Madrid denuncian “abandono”
La contaminación de los equipos de protección de cinco bomberos en un incendio en una nave de reciclaje hace levantar de nuevo la voz de los sindicatos, que ya tienen denunciada ante el TSJ de Madrid, la falta de financiación.

Recomendadas

Laboral
Laboral Investigada unha rede empresarial que explotaba a 82 migrantes nunha granxa de Lugo
Polo de agora, tres persoas responsables da granxa de Begonte centran as investigacións da Garda Civil. As 82 persoas explotadas vivían nun hotel de Ordes (A Coruña) que non tiña sequera licencia de hostalaría.
Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Medio rural
Reportaxe As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
A falta de servizos básicos no rural é a primeira pedra no camiño de quen quere vivir e desenvolver os seus proxectos fóra da cidade. Aínda así, o rural galego atópase á cabeza en canto a titularidade feminina respecto á media do Estado español.