Balea Cultural
Jonas Mekas (1922-2019): breves momentos de beleza

Cineasta experimental, escritor, poeta, exiliado, obreiro. O director lituano Jonas Mekas, falecido o pasado 23 de xaneiro, deixou para a posteridade anos de material que fixeron da súa vida a súa obra fílmica, topando na cámara a pluma do seu diario persoal. Aos 96 anos de idade seguía activo, viaxando e filmando, inspirando a outros, novos e vellos: sempre aberto e xeneroso, a súa morte despediu unha forma de ollar única.

Jonas Mekas
Mekas coa súa cámara Bolex de 16mm. Retrato por Boris Lehman.
BALEACULTURAL.NET
16 feb 2019 12:30

A noticia emocionoume bastante, aínda hoxe sinto unha mistura rara entre pena e gratitude. Ler o seu lúcido Diario de Cine ou o sobrecolledor libro Ningún lugar a onde ir e ver os seus filmes cheos de persoas —persoas reais que amaba e das que se preocupaba, non só como personaxes ou suxeitos—, foron unha axuda moral para min e máis xente. Penso que poucos cineastas me convidaron tanto a coller unha cámara entre as mans e a querer capturar momentos.

Balea Cultural
‘Thelma’: lesbianismo, relixión e superpoderes

Son moitas as películas que nos amosaron o illamento, a represión, a dificultade de sentirse diferente ou non encaixar nun determinado ambiente que te atrae e te atemoriza ao mesmo tempo. Poucas son capaces de ir tan lonxe na súa proposta como esta Thelma de Joachim Trier.

Estes días estivo a circular, nos muros dos seus seguidores, o seu Manifesto contra o centenario do cinema (1996) onde ensalzaba o valor das filmacións pequenas fronte ás superproducións. Alí escribía: “Nestes tempos nos que todo o mundo ansía ter éxito e vender, eu quero brindar por aqueles que sacrifican o éxito social pola busca do invisible, do persoal, cousas que non reportan diñeiro, nin pan, e que tampouco che fan entrar na historia contemporánea, na historia da arte ou en calquera outra historia. Eu aposto pola arte que facemos os uns para os outros, como amigos.”

O seu concepto de cinema non pode separarse da idea de facer cinema como unha comunidade social. A dimensión artística de Jonas Mekas non pasa só pola creación, senón pola implicación con outros autores, inspirando as súas prácticas artísticas e colaborando en proxectos con eles. Dalgún xeito, o que fixo Mekas foi tomar toda a cadea de produción nas súas mans. Foi creador, distribuidor, crítico e programador, entre outras moitas cousas. Decisivamente foi un grande cineasta, mais o seu maior legado será o seu traballo cooperativo e divulgativo ao servizo do cinema de vangarda.

Jonas Mekas 2
Mekas e o seu irmán Adolfas na Filmmakers' Cooperative (1962). Fonte: www.artslant.com
En 1944 Jonas Mekas e seu irmán Adolfas, son recluidos durante meses nun campo de traballos forzados da Alemaña nazi. Ao rematar a guerra, ambos irmáns abandonan a súa Lituania natal para exiliarse a Estados Unidos, establecéndose en Brooklyn, New York. Dúas semanas despois da súa chegada, Jonas toma prestado diñeiro para mercar a súa primera cámara Bolex de 16mm e comeza a rexistrar momentos da súa vida: o primeiro paso antes de converterse nunha das figuras da vangarda do cinema máis respectadas e recoñecidas. Alí estivo ao fronte dunha nova onda cinematográfica chamada New American Cinema, onde o acompañaron personalidades como Andy Warhol, John Cassavetes ou a nai do cinema undergound Maya Deren: persoas que proclamaban a súa oposición fronte o sistema hollywoodense de facer películas.

O seu concepto de cinema non pode separarse da idea de facer cinema como unha comunidade social

A influencia que tivo Jonas Mekas na vida artística e cultural da cidade é incalculable: polos filmes que fixo, mais tamén pola axuda que prestou na divulgación dos filmes doutros. Como crítico de cinema —nos anos 50 e 60, nas páxinas da súa revista Film Culture ou do Village Voice, ao carón de nomes como Stan Brakhage ou Shirley Clarke— destacou a obra, normalmente ignorada ou incluso despreciada, de cineastas “experimentais” non-narrativos, totalmente á marxe de todas as convencións. Mekas foi fundamental na loita contra a censura de películas queer de Jack Smith e Jean Genet, chegando a ser arrestado pola súa proxección. Sempre acompañado de Adolfas Mekas —falecido en 2011 e tamén cineasta—, fundou Filmmakers’ Cooperative, a primeira cooperativa de cineastas independentes e que máis adiante se convertiría na Anthology Film Archives: un impagable traballo de catalogación, conservación e exhibición de películas de todo tipo. “Así como nós gardamos todos os tipos de arte do pasado, deberíamos tamén gardar e preservar o cinema”, explicou nunha ocasión.

Como cineasta, Jonas Mekas era o verdadeiro “home da cámara”, case unha encarnación do home soñado por Dziga Vertov. Filmaba constantemente, coas súas cámaras súper 8 ou de 16mm, máis tarde en vídeo. Filmaba sen pensar necesariamente en filmes —aspectos da vida cotiá, da súa, dos seus amigos, das rúas neoiorquinas—. Despois de dúas películas (Guns of the Trees e The Brig), que a pesar de integraren a corrente independente vixente a comezos dos anos 60 eran aínda relativamente “convencionais”, sentouse por primeira vez na mesa de montaxe co obxectivo de ordenar todo o material que filmara desnde a chegada aos Estados Unidos. Isto deu, en 1969, a magnífica Walden – Diaries, Notes & Sketches, que praticamente erixe o xénero diarístico, un cinema en primeira persoa, cámara en man, montaxe en libre asociación e voz en off para dotar de poética o retrato dunha cidade e duns amigos (de Brakhage e Gregory Markopoulos a John Lennon e Yoko Ono, pasando pola Velvet Underground e Carl Dreyer). Ao longo dos anos 70, o material acumulado foi xerando máis películas, como Lost, Lost Lost onde Mekas describe o seu ánimo como inmigrante en New York, ou Reminiscencias dunha viaxe a Lituania recollendo o seu regreso xunto ao seu irmán a Lituania en 1971.

Jons Mekas 3
Mekas, Walden, 1969, Window flower, 16mm film. ©2012 Jonas Mekas. The Kennedy family on their holiday in Montauk, New York, 1972.16mm film. ©2012 Jonas Mekas
Jonas Mekas emprega metraxe rodada por el mesmo e experimenta con ela independentemente do tempo, do material ou do formato. En No camiño, de cando en vez, vislumbrei breves momentos de beleza (2000), tan longa coma o título —onde nada pasa máis do que a vida—, Mekas utilizou material gravado ao longo de 50 anos. Posiblemente o título que mellor resume a súa vida e o seu credo artístico.

Mekas foi fundamental na loita contra a censura de filmes queer de Jack Smith e Jean Genet

Co dixital, nos últimos anos, a produción de Mekas fíxose máis regular e era frecuente a estrea de novos filmes seus, alguns con material contemporáneo, outros montando imaxes do seu inmenso arquivo persoal, como é o caso da belísima Outtakes from the Life of a Happy Man (2012). Entre outros proxectos, como a correspondencia fílmica en 2011 co cineasta catalán José Luis Guerín, en 2007 fixo o video-diario 365 Day Project: 365 días durante os cais estreou un vídeo online cada 24 horas na súa páxina de internet, como mostra do seu interese polas novas posibilidades técnicas e narrativas do cinema. Precisamente na súa web poden recuperarse grande parte dos seus diarios fílmicos ata novembro de 2018.

A partir das súas memoria Jonas Mekas desenvolveu un punto de vista peculiarísimo, elaborando unha obra fundamental na que observou a vida cotiá propia e a dos seus para que aprendésemos a atopar beleza no común e no mundano. Mais o seu verdadeiro cometido estaba en amosar e dar a coñecer as obras doutros. Chamárono por iso “o padriño”: o padriño da vangarda neoiorquina. Un alcume que gañou grazas a construir toda unha infraestrutura para apoiar filmes que non se amosaban nas salas comerciais. “Quitarémoslle o cinema á industria e darémosllo aos fogares. Ese é o verdadeiro sentido do que chamamos cine underground”, díxolle nunha ocasión a Pasolini

Ninguén máis ten un lugar como ese para min como cineasta. Grazas a Mekas, chegamos a comprender a necesidade íntima e comunitaria do cine, que tamén está construíndo este mundo social. Non hai distinción entre a vida e o cine, entre a arte e a nosa experiencia de pasar a vida. Agradecemento eterno por tanta beleza, poesía, coherencia e convicción, Jonas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
EL SALTO RADIO Podcast familiar Caleidoscopio, episodio 26: Y... ¡Acción! (Segunda parte)
Los pequeños colaboradores y colaboradoras nos cuentan cómo sería su película ideal, cuánto creen que tardarían en grabarla... y cómo imaginan que sería su estreno.
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.
El Salto Radio
El Salto Radio Peinando canas 3: ¡Vamos al cine!
En el tercer capítulo de esta serie dedicada al colectivo sénior destacamos el trabajo de El Parlante, entidad organizadora del festival La Gran Pantalla.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.