Balea Cultural
OT 2018, Benditas Feridas

En OT 2018 nós, os galegos, polo menos gañamos a Sabela e a súa voz, que é fogar, e que lle lembrou a España que tamén se pode cantar en galego en ​prime time.

OT 2018
Imaxe dunha Gala de Operación Triunfo 2018. Fonte: TVE
BALEACULTURAL.NET
19 ene 2019 12:00

OT 2018 comezou cos peores augurios posibles. Que se era demasiado cedo, que se Gestmusic só quería gañar cartos rápido, que o formato tiña que descansar, que era imposible que saíra unha xeración tan boa de novo. Ben, si e non. O formato, desde logo, precisaba dun descanso, sobre todo tendo en conta que a maioría dos concursantes de 2017 nin sequera tiñan case un single no mercado. As ansias de continuar o éxito precipitaron o programa a unha espiral de desilusión e esgotamento, que se reflectiu en termos dunha menor repercusión social, e dunha menor audiencia.

Balea Cultural
C. Tangana molaba máis cando era Crema?

É interesante preguntarse canto daquel rapaz do underground madrileño hai ainda nos temas alternativos á súa carreira con Universal, ou nos seus actos fóra da música.

O fracaso enxergábase. Os concursantes aínda que lindos e bos cantantes, non tiñan o carisma necesario, ou mesmo a audiencia aínda non dixerira aos anteriores. A fórmula de OT para remontar isto? Acentuar o máximo posible a parte de reality do formato, supeditando —aínda máis— a música a esa parte. Xerar polémica, para que se falase do programa, aínda que fose mal, quer dicir, autolesionarse buscando atención. Como cantaba a doce voz galega do programa, Sabela Ramil: “Benditas as feridas deste amor”. Bendita a relación entre OT e a súa audiencia, que salvou ao formato da decadencia absoluta.

O morno e o cheiro a vello do programa compensouse o ano pasado pola revolución a nivel social dos concursantes e a grande xestión do 24 horas. Este ano o que fixo flotar a OT foi a relación de amor/odio entre o programa e a audiencia. ​Os seguidores do programa non fixeron máis que ir a contracorrente do programa todo o tempo. ​Cada vez que na Academia acontecía (provocábase artificialmente) algo impactante, a audiencia “non-seguidora” voltaba darlle fama ao formato grazas á crítica, mentres que os seguidores de verdade contestaban co poder que tiñan e da maneira que podían.

Que tipo de trucos seguiron en Operación Triunfo para manter o interese? Reforzaron de xeito esaxerado os poucos concursantes que se consideraban “válidos” pola banda da dirección do formato: desde o reparto de temas ata a posta en escena das actuacións, e incluso os vídeos previos de repaso semanal na gala que pasaban de ser trailers cinematográficos nalgúns casos a amosar como algúns concursantes estaban frustrados, queixándose ou sen traballar (cousa que seguindo o 24 horas demostrábase falso). Estas mecánicas non se fixeron de xeito fluído e máis ou menos orgánicas —como o ano pasado senón ao besta e con moi mala fe, de xeito que calquera se podía dar conta e romper esa ilusión de igualdade e xustiza. Esta forma de actuar acadou o seu punto máis baixo con aquela foto de Brisa Fenoy de xuíza onde o programa semellaba ter escollido nominados con antelación.

Os seguidores do programa non fixeron máis que ir a contracorrente do programa todo o tempo

Isto foi algo que repercutiu na xente que sigue o programa. E estes contestaron a través do apoio en redes sociais e no programa mesmo, no que se podía elixir un “favorito” innominable cada semana. Nesta edición só un concursante (de dez oportunidades) repetiu como tal. Isto non se debeu a que realmente o apoio estivese dividido, senón que todos os seguidores do programa se puñan dacordo para votar a un diferente cada semana pola razón que fose, en contra do que o programa “sutilmente” lles dicía. Dous casos semellan paradigmáticos: María e Sabela.

María era unha xoia para o programa, mais saíulles rebelde. A amiga das Hinds chegaba como a punky do formato, mais revelouse como unha das concursantes con máis personalidade e visión sobre o que programa quería facer dela. As súas actuacións “Voy en un Coche” e “Amorfoda” son as actuacións da edición que máis discrepancias xeran. Foi protagonista do caso “mariconez”, onde quería mudar un cacho homófobo dunha canción de Mecano: algo ao que os autores da mesma se negaron e outras figuras da época criticaron. Que fixo a xente que sigue OT? Facela favorita.

Sabela semellaba ser a rapaza que ía pasar sen pena nin gloria polo programa. Ata que se espiu ante a audiencia e vimos que tiña a Galicia nas cordas vocais. E esta revelación —máis aló da relevancia a nivel galego— namorou a moita xente máis. Sobre o traballo e transparencia subiu a súa popularidade. Mais era un axente incómodo para o formato. Non tiña un estilo moderno, non tiña un aspecto icónico e aínda por riba cantaba en galego. Todo mal. O remedio foi basicamente darlle os peores temas que se lle ocorrían á dirección do programa. De novo, a audiencia respondeu. Cada vez que lle daban lixo para cantar o apoio medraba, conseguindo facela favorita na, quizá, peor actuación que tivo no programa. Quedou cuarta sen ser nin top 10 en seguidores de Instagram ou reproducións de Youtube, cantando na semifinal por Rosalía –a que non vai a Coachella– e na final por Ugía Pedreira.

Este “reaccionismo” da audiencia tamén tivo un efecto negativo sobre algúns concursantes. Foi curioso como desta volta, ao ser a segunda edición, o fanatismo xa existía desde os castings, e algúns dos (aínda non) concursantes acumulaban máis seguidores que outros de OT 2017 antes de comezar o reality. É dicir, non existían esas semanas de adaptación xeral, nas que o programa ten que ir vendo por onde levar a cada un. En OT 2018 xa sabían de onde tirar e a quen explotar.

Que aconteceu? Natalia Lacunza (Eilan Bay en Youtube, onde tiña cancións con máis de 100.000 reproducións, “anónima”?) foi a sobreprotexida do programa, dándolle os mellores temas, ou os máis actuais desde o comezo: era de Iruña como xa sabemos quen é realmente unha das mellores concursantes. Pero ulía todo mal. Tiña (ten) un potencial incrible, mais o programa traballaba tan descaradamente ao seu favor que doía a comparación. Ela cantou por Rosalía —a que si vai a Coachella— sen ter que elixila, por exemplo. Nunca a nominaron, incluso cando deixaba frío a todo o mundo todo eran boas verbas. E déronlle catro deces na valoración final, cando ela non se chama Amaia. Que pasou? Que ficou terceira e non a deixaron medrar e contar a súa propia historia no formato.

Por outra banda, Miki. O seu seguimento e favoritismo foi semellante por parte do programa, o que pasa é que onde Natalia si sobresaía tamén ao cantar, el non. Sucedíanse actuacións regulares sen que desde o programa ou o profesorado lle desen toques serios de que non estaba a facelo ben. E de regalo, sorte á hora de saír favorito, sorte á hora de ser salvado polas compañeiras, e sorte(?) ao darlle tres cancións de 17 totais para Eurovisión. Que pasou? Ficou ás portas da final, odiado por grande parte do público e coas súas seguidoras cansas dun rapaz que non paraba de xerar inxustizas internas na evolución do programa.

Mais aló de todo o descrito, había unha especie de falta de ilusión e gañas postas no formato. Os concursantes funcionaban (si, defendo o casting). Eran bos, daban contidos. Mais o resto non ía ao seu favor. Todo o que pasaba nas clases soaba a visto: e o despido de Itziar Castro en favor dos Javis, non fixo máis que acrecentar a sensación. E si, a partir deles melloraron as actuacións, curiosamente a partir da mesma gala na que tamén comezaron a despegar as actuacións en OT 2017. Os fallos técnicos eran habituais (de realización en “La Llorona” de Alba Reche, de iluminación no “Negro Caravel” de Sabela, de son no “Somos” de final de programa...) Incluso o solvente Roberto Leal semellaba non acabar de estar cómodo cos novos concursantes, faltaba Roi. En cada visita a plató dos ex-concursantes, a cara de Roberto iluminábase, topando o que el unha vez chegou ser.

A sombra de OT 2017 foi moi longa. Como dixemos, porque non lle deixaron tempo ao seu sol para marchar. Rara era a semana que non aparecía algún exconcursante para subir o nivel de nostalxia. Por non dicir que cada momento importante de OT 2018 —curiosamente— parecían coincidir con momentos importantes da carreira musical real dos de OT 2017, dando oportunidade para promocións e etcétera, ata o punto que na gala de Nadal de OT 2018, a metade de actuacións foron de OT 2017.

De momento temos Eurovisión, cuns temas que non levantaron grandes paixóns

Gañou un rapaz, fillo de migrantes nixerianos que se chama Famous, e que canta e baila moi ben, ao mesmo tempo que semella non ser capaz de xuntar cinco palabras seguidas sen se rir de xeito nervioso (Amaia, estas aí de novo?). Sendo un dos mellores concursantes, a dinámica retorcida do programa xogou ao seu favor. As favoritísimas da edición, Alba Reche e Natalia, foron impulsadas en forma de parella polos fans —e o propio programa— de maneira tan esaxerada que levaron ao fastío a calquera que vise o programa ata tal punto de votar ao rapaz por ir á contra. De novo, a audiencia a contracorrente do que propuña o programa.

O formato semellaba que podía descansar un ano, mais RTVE xa confirmou a OT 2019, e vai a continuar a sacudir unha piñata que parece que cada vez da menos caramelos e máis xoguetes rotos. De momento temos Eurovisión, cuns temas que non levantaron grandes paixóns. Nós, os galegos, polo menos gañamos a Sabela e a súa voz —que é fogar— e que lembrou a España que tamén se pode cantar en galego en ​prime time.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Música
Música Apoteòsic Muguruza
Barcelona, Palau Sant Jordi. 24 de enero de 2025.
Música
Nakar “¿Quién puede permitirse ir por la vida en plan nihilista y pensando que no hay mañana? Nosotras no”
La banda donostiarra Nakar no se conforma con reflejar el espíritu de la época. Lo invoca para tratar de arrancarlo de las garras del derrotismo con su pospunk electrónico y pasional.
A Catapulta
A Catapulta Poesía, música e sobremesas
O dúo Columna Vegana conxuga na súa proposta o humor, a poesía, o social e a intimidade compartida
#29323
19/1/2019 11:50

A Sabela, que puxo algo de paz entre isolos e reintegratas, que boa a rapaza. Non lin toda a repor porque é mogollón de texto para "OT" e prefiro deixar o tempo de leitura noutros temas. A serio, dá algo de coudsa ver que a xente se poña tan sisuda cun talent show reseso e que lle preste bastante máis importancia da que ten. Ena final, pois ben, xa o di o refrán castellano: "qantes negro que gayego"

0
1
Estados Unidos
Extrema derecha Trump anuncia un campo de concentración para 30.000 migrantes en Guantánamo en el 80 aniversario de Auschwitz
La estrategia de llevar la detención de migrantes a territorios lejanos, opacos y sin garantías de derechos también ha sido la opción elegida por la Unión Europea en el último año.
Salario mínimo
Pacto bipartito Trabajo y sindicatos acuerdan la subida del salario mínimo en 50 euros sin el apoyo de la patronal
Díaz anuncia un acuerdo con los sindicatos que llevará al Congreso de Ministros de forma “inminente” la propuesta del Ministerio de Trabajo. Los sindicatos proponían una subida de 66 euros y la patronal, de 34 euros.

Últimas

Crisis climática
Parlamento Ciudadano Climático Un jurado popular ciudadano para combatir la crisis climática y el retroceso democrático
En un momento crítico para la democracia y la acción climática, cinco organizaciones medioambientales reunieron en el Congreso de los Diputados a científicos, actores sociales y asambleístas para impulsar un Parlamento Ciudadano Climático Permanente.
Ayuntamiento de Madrid
Convenio colectivo Las cuidadoras ganan a Almeida: Madrid anuncia nuevos pliegos con la subida salarial pactada
Las trabajadoras de cuidados seguirán en huelga dado que “no hay nada tangible”. El anuncio afectaría a 12.000 personas empleadas por el Ayuntamiento, pero no a las 2.000 trabajadoras más convocadas a la huelga que trabajan para la Comunidad.
Madrid
Justicia El fiscal general del Estado, en el alambre, declara como investigado ante el Supremo
Álvaro García Ortiz acude al alto tribunal a explicar su versión de las filtraciones denunciadas por el entorno de la pareja de Isabel Díaz Ayuso. Es la primera vez que un fiscal de su categoría declara como investigado.
Lavapiés
Madrid Lavapiés gana un asalto a la organización fascista Hacer Nación
La empresa en la que se iban a organizar unas jornadas con figuras de la extrema derecha europea ha confirmado que comunicó a Hacer Nación que no le cedía su espacio.
Más noticias
Pensiones
Revalorización de las pensiones Los pensionistas no se fían y salen a la calle tras el rechazo al decreto ómnibus
La Unidad de Acción de Madrid convoca a manifestarse este viernes 31 frente a la sede del PP tras la “posición negativa de la derecha ultranacionalista, sea española o catalana”.
Energías renovables
Energías renovables en Madrid El Centro Cultural Palomeras quiere ser autosuficiente, los préstamos de sus vecinos pueden conseguirlo
Una universidad pública y una cooperativa de energías renovables lideran el proyecto de préstamos que quiere convertir en autosuficiente al histórico centro educativo vallecano, y que busca reunir 150.000 en financiación ciudadana a un interés ético.
Opinión
Opinión No es Poder Popular todo lo que reluce
VV.AA.
No hay alternativa capaz de cambiar este sistema que no hable claramente de socialismo y de clase trabajadora
Israel
Sionismo Maccabi - Baskonia: no colaboremos con la banalización del mal
El partido de basket en Gasteiz es una oportunidad de oro para mostrar nuestra determinación a no contribuir al blanqueamiento del Estado genocida de Israel, oponiéndonos decididamente.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Sin materiales, sin protección adecuada y sin financiación: los bomberos de Madrid denuncian “abandono”
La contaminación de los equipos de protección de cinco bomberos en un incendio en una nave de reciclaje hace levantar de nuevo la voz de los sindicatos, que ya tienen denunciada ante el TSJ de Madrid, la falta de financiación.

Recomendadas

Laboral
Laboral Investigada unha rede empresarial que explotaba a 82 migrantes nunha granxa de Lugo
Polo de agora, tres persoas responsables da granxa de Begonte centran as investigacións da Garda Civil. As 82 persoas explotadas vivían nun hotel de Ordes (A Coruña) que non tiña sequera licencia de hostalaría.
Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Medio rural
Reportaxe As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
A falta de servizos básicos no rural é a primeira pedra no camiño de quen quere vivir e desenvolver os seus proxectos fóra da cidade. Aínda así, o rural galego atópase á cabeza en canto a titularidade feminina respecto á media do Estado español.