Balea Cultural
Os premios Oscar Mayer

O martes 22 de xaneiro soubéronse os nomeamentos aos premios Oscar do 2019. O 25 de febreiro celebrarase a gala que no 2018 contou coa menor audiencia de toda a súa historia. Eis un dato clave que explica moitas das decisións que tomou a Academia nesta ocasión.

Oscars
Logotipo dos Premios Oscar. Academy of Motion Picture Arts and Sciences.
BALEACULTURAL.NET
26 ene 2019 12:00

Un ano máis os Oscar. Os premios de cinema máis mediáticos de toda a industria cinematográfica. Alfombra vermella, estrelas por todas as partes e semanas falando sobre as curiosidades da gala. É tradicional a mención especial para ás polémicas nos medios, para as pugnas entre filmes. Unha noite de auto celebración da industria onde os gañadores das diferentes categorías alcanzan un pequeno lugar na particular historia dos premios e no imaxinario colectivo. Mais lamentablemente esta edición ten un cheiro a vinagre que bota para atrás. Non é que o café estea sen edulcorar, é que directamente esqueceron mercar a cunca.

Esta mesma semana puidemos saber os nomeamentos aos premios, cuxa gala se celebrará o 25 de febreiro. O ano pasado foi a edición con menor audiencia de toda a historia e ese é un dato clave para entender as razóns das decisións que tomou a Academia nesta ocasión. Máis tarde volveremos a ese dato mais polo de agora, falaremos das oito nomeadas a mellor filme: Black Panther, O vicio do poder, Green Book, Bohemian Rhapsody, A Star is Born, A Favorita, Infiltrado no KKKlan e Roma. Unha listaxe cando menos sorprendente.

O primeiro nome que chama a atención —e incluso asusta— é a inclusión de Black Panther. Cabe sinalar que en total foron sete os nomeamentos que recibiu a película de Ryan Coogler, aínda que ningún premio importante máis aló da xa mencionada. A película non cumpre o nivel nin de lonxe para estar nomeada á mellor película, e máis se temos en conta o ano tan prolífico que foi o 2018.

Oscars 1
Fotograma de Black Panther (Ryan Coogler).
É a primeira vez que unha película de superheroes entra na batalla polo mellor filme e podo incluso entender que a Academia queira dar un recoñecemento a este xénero que tantos cartos da á industria cinematográfica, mais desde logo había mellores opcións. Avengers: Infinity teríao máis merecido, mais a resposta a esta envurullada está nun filme xa incluído noutra categoría: Spiderman: un novo universo. Esta obra está nomeada a mellor película de animación e sen dúbida merece máis. Moito máis.

A presencia de Infliltrado no KKKlan tamén semella inexplicable. Non é unha mala película mais tampouco destaca especialmente en ningún dos seus apartados, polo que parece un nomeamento de cotas debido á súa temática. A obra de Spike Lee posiciónase claramente a favor da liberación racial e é ese o único motivo polo que se atopa na listaxe.

Onde está Hereditary, para moitos a mellor película de terror da década?

Os premios nos últimos anos tomaron un cariz preocupante. A súa forma de compensar discriminacións raciais do pasado é asegurar a presenza de persoas racializadas nos premios, custe o que custe e sen pasar un filtro de calidade. Esta discriminación positiva (e selectiva, xa que se trata dun director con grande fama) non lle fai nada ben ao cinema nin aos propios premios. Están inmersos nunha deriva de onde parece que vai ser complicado que se retorne. Do nomeamento de Spike Lee ao premio ao mellor director, mellor nin falamos.

Bohemian Rhapsody ven de colleitar o premio ao mellor filme dramático nos Globos de Ouro, unha afirmación tan sorprendente como certa. A obra sobre a histórica banda Queen funciona e é apracible de ver, mais soamente acontece isto porque se basea nun sentimento de nostalxia e conta cun guión bastante tramposo. Tampouco da o nivel.

Oscars 2
Fotograma de Bohemian Rhapsody (Brian Singer).
Iso si, os líderes en nomeamento son menos sorprendentes, e menos mal. A Favorita de Yorgos Lanthimos e Roma de Alfonso Cuarón. Nada que obxectar. Dúas películas tan diferentes como relevantes que teñen en común ser merecedoras a practicamente calquera das categorías. É destacable que, de cumprirse as predicións, Roma será o primeiro filme de fala non inglesa en triunfar nos Oscar. Tamén demostra, xunto cos dous nomeamentos de A Balada de Buster Scruggs, o poder que Netflix ten na industria cinematográfica. Boa proba disto é a súa recente incorporación á MPAA, a patronal que aglutina aos grandes estudios de Hollywood.

Como todos o anos, áchanse ausencias de todos os tipos. Onde está Hereditary, para moitos a mellor película de terror da década? Onde se topan outros grandes filmes como Viuvas ou First Man? Aínda que quixesen facer unha homenaxe ao blockbuster sen meter tanto a pata, obras como Misión Imposible 4: Fallout son sensiblemente mellores que as elixidas.

Polo visto, a Academia non fixo ouvidos xordos á polémica co último filme de Damien Chazelle. Os Oscar non son tan progres como parece

Especialmente sanguento é o caso da película de Damien Chazelle —premiado ao mellor director fai dous anos por La La Land—. First Man probablemente sexa o seu filme con pior nivel, mais desde logo supera con creces a algun dos nomeados a mellor filme. Se destaco este caso non é porque teña especial predilección por ela, senón porque a súa ausencia na listaxe nada ten a ver cos seus defectos.

O filme narra a difícil empresa de Neil Armstrong para chegar á lúa. Protagonizada por Ryan Gosling, parecía ter todos os ingredientes para triunfar, polo menos nos Estados Unidos. Mais foi salpicada pola polémica. Na metraxe non se vía a famosa escena da bandeira estadounidense sendo cravada. Isto provocou un linchamento contra obra e foi tomado como un ataque á patria por moitos sectores nos Estados Unidos. O conflito foi tal que o presidente Trump tamén se sumou ás críticas. Entre os defensores da cinta estiveron a propia familia de Armstrong, ao que citou Gosling para dicir que, chegar a lúa “foi un logro da humanidade, non estadounidense”. Polo visto, a Academia non fixo ouvidos xordos a este tema e First Man non está en ningún dos premios principais. Os Oscar non son tan progres como parece.

Oscars 3
Fotograma de First Man (Daniel Chazelle).
A clave para entender este comportamento errático por parte da Academia non é —polo menos non soamente— pura estupidez. O elemento importante xa foi escrito máis enriba e é que o ano pasado foi a edición menos vista da historia. Antes diso, a gala levaba varios anos a acumular caídas. Cada vez os premios importan menos e precisan voltar enganchar a audiencia, polo que os criterios deixan de ser cinematográficos para pasar a ser comerciais.

Black Panther é o filme de superheroes que recadou máis cartos na historia: máis de 1.300 millóns de dólares. Bohemian Rhapsody case chega aos 800 e A Star is Born aos 400. Ademais, o factor racial do que falamos antes e a nostalxia do filme da banda de Freddy Mercury, xogan ao favor de alcanzar a máis público. O pano do teatro rachou e soamente se ve unha organización desesperada, que non para de perder beneficios e notoriedade.

Tentando ser atractivo, o único que conseguiu a organización foi desprestixiarse aínda máis

Por aportar algúns datos, O ano pasado os dous filmes con maior recadación eran Dunkerke e Get Out e ningunha chegaba aos douscentos millóns no momento dos nomeamentos. E aínda así, son películas que xa no seu momento foron discutidas pola súa presenza. Fai dous anos o único dos chamados taquillazos foi La La Land. As diferencias con este ano son abismais.

Os premios Oscar non relocen. Perderon o pouco brillo que lles quedaba en pos de ganar notoriedade dunha forma que atenta contra o propio cine. A celebración tornouse en funeral. Tentando ser atractivo, o único que conseguiu a organización foi desprestixiarse aínda máis e semellarse ao meme do Señor Burns cun gorro tentando ser moderno. Os premios Oscar pasaron a ser os premios Oscar Mayer, e como na famosa marca de salchichas a premisa é clara: vender, vender e vender.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
EL SALTO RADIO Podcast familiar Caleidoscopio, episodio 26: Y... ¡Acción! (Segunda parte)
Los pequeños colaboradores y colaboradoras nos cuentan cómo sería su película ideal, cuánto creen que tardarían en grabarla... y cómo imaginan que sería su estreno.
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.
El Salto Radio
El Salto Radio Peinando canas 3: ¡Vamos al cine!
En el tercer capítulo de esta serie dedicada al colectivo sénior destacamos el trabajo de El Parlante, entidad organizadora del festival La Gran Pantalla.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.