Balea Cultural
O principio da fin dos prexuízos sobre o reguetón

Este 2018, o artista colombiano J Balvin lanzou o seu terceiro álbum, Vibras. Con el pasou algo, como mínimo, divertido: por vez primeira, toda a crítica profesional atreveuse a falar ben do reguetón. Este xénero músical chegou, por fin, ao mainstream.

Reguetón_1
Portada do álbum Vibras, de J Balvin. Discográfica Universal Latin.
7 jul 2018 10:45

Nos primeiros anos deste século pasaba algo curioso nas discotecas máis típicas do Estado Español: convivían no mesmo lugar grupos como Los Suaves con artistas como David Bisbal, Wisin & Yandel ou Mago de Oz. A dos 2000 foi, como mínimo, unha década curiosa en todos os sentidos. As boy band deixaron de existir, así como o grunge e o britpop, e os nervios estaban a flor de pel pois non se sabía quen podería ocupar todo ese lugar que agora se estaba a liberar. No rock e no indie chegaron os Arctic Monkeys, The Strokes e The Libertines. Grupos que tiñan algo que dicir tendo en conta os seus antepasados máis británicos (exceptuando os Strokes), mais a súa música non chegou, ou non tanto, ás discotecas. Nelas había un novo rei, capaz de desbancar ás mellores ofertas do rock, do pop ou da electrónica. Tratábase dun estilo que aínda non era tan coñecido, e que a día de hoxe é imposible non coñecer: o reguetón chegaba con forza e cunha capacidade única para encher locais.

O reguetón naceu en América Latina, derivando ritmos do reggae e incluíndo elementos da electrónica. Dende aí, exportouse sobre todo aos Estados Unidos e ao Estado español. Pronto resultou imposible non coñecer a Pitbull, Daddy Yankee ou Don Omar. E, con todo, a súa popularidade veu cun nivel crítico sen precedentes, e que por fin parece estarse a disipar. Cantos de nós escoitamos, se é que non o dixemos no seu día, que o reguetón era unha merda, e á hora de buscar argumentos os retractores escudábanse no machismo?

Os problemas de machismo que se dan no reguetón déronse noutros estilos musicais, e séguense a dar. Non se trata de ningunha excepción nun mundo idílico no que todo funciona, senón todo o contrario: ninguén está libre de impregnarse da sociedade na que vive.

Dende os seus comezos, o estilo musical levou canda si unha eterna visión do xénero racista e xenófoba. Así, onde triunfaban outros estilos como o rap, o pop, ou o rock, a eterna visión do xénero foi negativa. Ningún deses estilos, e sendo concretos, ningún estilo musical, vén libre do que o rodea. Así, nunha sociedade patriarcal, as letras de calquera estilo musical están cheas dese machismo que tanto se lles criticou aos artistas latinos, cunha clara razón escura detrás.

Moitas veces tenta darse a idea de que o rexeitamento do reguetón pola sociedade era total, e que ela era a primeira en rexeitar o estilo musical. Xuntábanse as reaccións en contra de todos os pequenos grupúsculos musicais que existiran sempre, e ademais, para reforzar esta idea, os indies rexeitábanos. Os metaleiros, tamén. Con todo, as discotecas estaban cheas de xente escoitándoo cada sábado á noite. Ninguén quería o reguetón, salvo todo o mundo.

Reguetón_2
Fotograma do videoclip de Perdedores del Barrio. Canción de Kaydy Cain.

Non obstante, a realidade mostraba que un rexeitamento moito maior producíase polos medios de comunicación especializados en música, os cales evitaban na súa totalidade expresarse de maneira positiva cara ao xénero, mostrando, á parte dunha eterna superioridade moral, ese racismo e xenofobia que antes mencionamos. Cando os medios de comunicación cultural teñen tanta forza como para rexeitar un estilo musical de maneira tan xeneralizada, resulta evidente que non é posible facelo sinalando unha simple motivación puramente obxectiva. De verdade non existiu nada que se poida etiquetar baixo a etiqueta de reguetón decente ata o de agora?

Este 2018, o artista colombiano J Balvin lanzou o que é xa o seu terceiro álbum, Vibras. Con el pasou algo, como mínimo, divertido: por vez primeira, toda a crítica profesional se atreveu a falar ben do reguetón. Chegou, por fin, ao mainstream. Balvin serviuse para isto dun álbum cunha densidade maior do que se habituaba a escoitar, e ofreceu un disco do máis atrevido no que figuraban artistas de diferentes subxéneros do pop e do rythm and blues como Anitta, Carla Morrison e, a artista máis coñecida deste xeracional flamenco novo, Rosalía. Incluíndo voces con máis sonoridade e permitíndose diferenciar do resto, ademais de sumar elementos deses estilos musicais para a obra final, o traballo de J Balvin volveu á crítica do seu lado, sendo imposible para eles obviar a evidencia de que o reguetón era un xénero musical máis, con moito que ofrecer.

Reguetón_3
Fotograma do videoclip de Machika. Canción de J Balvin, Jeon e Anitta.

Ademais disto, non se podería explicar gran parte do álbum sen pensar no fenómeno trap actual, pois moitos dos elementos musicais que utiliza o colombiano no álbum están moi preto dos ritmos que este estilo utiliza, e non só iso, senón que coincide en que o fenómeno trap é un dos máis estendidos entre as clases populares, contando este último con algo que o reguetón, como xa dixemos, non contou: a similitude e as raíces do trap están, en parte, no rap, que dende hai xa un tempo conta co favor da crítica, e o mesmo pasou co trap.

Cando falamos de etiquetar música co termo post, debería este significar un cambio verdadeiro na creación musical, e non un intento de continuar inconscientemente rexeitando un estilo musical por cuestións raciais.

Cancións que se encadean, sinxelos pegadizos, bases cunha produción impecable ou artistas invitadas de calidade son todos os detalles que fan que o disco de J Balvin sexa, de verdade, un bo álbum. Con todo, á hora de lanzarse a facer a crítica do álbum volven os mesmos medos a identificar o traballo do colombiano como o que é: un disco de reguetón. Así, á hora de falar de Vibras, atoparemos a crítica condescendente co reguetón, falando de como J Balvin superou os límites deste e, incluso, creou un novo xénero, un post-reguetón que vén salvar un estilo musical que nunca tivo nada que ofrecer.

A realidade é diferente: Vibras ten dentro da súa obra temas como Mi Gente (que chega tras unha encantadora e ben producida canción do mesmo nome que o álbum) ou Peligrosa, na que non só aparecen artistas como Wisin & Yandel ou Willy William, senón que fan o que levan toda a vida facendo: puro reguetón. Noutras cancións, os ritmos collen unha liña máis derivada cara ao reggae, mais segue sen irse das raíces do estilo musical. O mesmo pasa coa inclusión de elementos máis electrónicos, que non se vai tampouco do que é e foi o reguetón. Cando falamos de etiquetar música co termo post, debería este significar un cambio verdadeiro na creación musical, e non un intento de continuar inconscientemente rexeitando un estilo musical por cuestións raciais.

J Balvin, Fuego Becky G, Kaydy Cain ou Bad Bunny son artistas que están dando unha nova visión positiva a un xénero, mais non están creando un novo. Os problemas de machismo que se dan no reguetón déronse noutros estilos musicais, e séguense a dar. Non se trata de ningunha excepción nun mundo idílico no que todo funciona, senón todo o contrario: ninguén está libre de impregnarse da sociedade na que vive. Con todo, as cousas están a cambiar, e cada vez é máis fácil ver xente que antes rexeitaría o reguetón, e hoxe lanzarse a bailalo tamén. A era de rexeitar un estilo musical con escusas estase a acabar, e debemos ser conscientes do mundo no que vivimos. O reguetón, gústelles ou non a certos individuos cunha superioridade moral destacable, é música. E está moi vivo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
#20049
8/7/2018 11:14

Boa colun! Lembransa forta a dos primeiros 00. Eu curaba, entre outras, poñendo copas en locais da costa e ese convívio entre músicas era choqueiro mas divertido. E as primeiras críticas o reguetón. Daquela, coma o de agora vía algo de clásismo nesa denuncia do machismo, pero é que o reguetón sempre me pareceu unha merda porque, hominomejodas, é chicún-chicún nada mais. E letras parvas de todo. Non absurdas,non. Parvas. O último que escoitei era mais tirando a trap e máis do mesmo: aburridísimo, plano, refuxiado no revival esaxerado da roupa dos noventa e imitando a vida nas cidades dos USA (que ben!). O reguetón é música mala que non medrou, aínda para nada mais que eu escoitase. Vou ver se este disco vale a pena ou é o medo dos críticos a perder a columnita-visibilidade-mi-opinión-aún-importa. Parabéns de novo.

4
1
Migración
Migracións A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo aviso. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Laboral
Cuidados Las empleadas domésticas avanzan en sus derechos con una herramienta de prevención de riesgos
Aunque Trabajo ha contado con su participación, algunas organizaciones se preguntan quién inspeccionará esta evaluación y cuándo estarán en el régimen general de trabajadores.
Trabajo doméstico
Opinión Prevención10, la herramienta de evaluación de riesgos en el empleo de hogar
La evaluación no se va a realizar al menos en una cuarta parte de los hogares, en los que la trabajadora interna no tiene papeles. Para esas mujeres la herramienta es una cortina de humo, una operación de propaganda sin más.
Crisis climática
Captura de carbono Los espejitos de colores de la captura de CO2: la mayor planta del mundo no cubre sus propias emisiones
Una investigación ha revelado que la empresa suiza Climeworks, que desde el 2021 apuesta por la captura de CO2 del aire como “solución tecnológica” a la crisis climática, emite más gases de efecto invernadero de los que sus ventiladores atrapan.

Últimas

La vida y ya
La vida y ya La primera vez
Nos confirmaron lo que ya intuíamos pero no supimos hacer. Lo única regla importante es romper el silencio.
Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Argentina
Argentina Argentina, un año y medio después de Milei
Este investigador profundiza en las claves de la victoria de Milei, las principales medidas de Gobierno, el sustancial apoyo que tiene y sus perspectivas a medio plazo.
Más noticias
Opinión
Opinión Y ahora les duele Gaza: Europa ante el genocidio
Europa no ha dejado de vender armas a Israel, ni de recibir su tecnología militar; sin embargo, ahora no sabe cómo salvar al país de sus propios impulsos autodestructivos.
Madrid
Madrid Más de 200.000 personas salen a la calle contra el “abandono deliberado” de la sanidad pública madrileña
Madrid se enfrenta a la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas reclamando mejoras en Atención Primaria, en las urgencias extra hospitalarias, en los equipos de salud mental y exigiendo más pediatras.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Opinión
Opinión Sentido y senilidad
La senilidad que he estado viendo en la industria cinematográfica no se limita a la edad de ciertos directores. Es algo mayor que eso, se ha convertido en una manera de pensar, en un fenómeno cultural.

Recomendadas

Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda KKR y el negocio del ladrillo: de vender pisos en territorios ocupados a gestionar las viviendas de la Sareb
Desde 2022, el fondo proisraelí KKR es el encargado junto a Blackstone de gestionar la cartera residencial del banco malo. En verano vencen sus contratos y los fondos presionan para seguir sacando rédito del patrimonio público.
Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.