Balea Cultural
Satoshi Kon, o prestidixitador da animación

Satoshi Kon expón no seu cinema unha visión da realidade moi singular: cotiá á vez que estraña, incómoda, profunda. Un mundo do que non se pode escapar nin en soños. Cada plano no seu cine dá unha información tremenda e está meticulosamente pautado.

Satoshi kon 3
Fotograma de Paprika
BALEACULTURAL.NET
24 nov 2018 12:21

No primeiro contacto que tiven con Satoshi Kon era demasiado pequeno para entendelo. Unha idol xaponesa metíase a actriz tentando dar un avance na súa carreira e entón sucedían cousas estrañas que no seu momento non souben definir. As consecuencias foron que eu, adolescente de 14 anos e en plena efervescencia de hormonas, tiven pesadelos durante semanas. Perfect Blue chegara á miña vida. Nese momento non podía nin sequera escoitar cantas veces máis vería esa marabilla audiovisual.

Esa é a obra coa que debutou Satoshi Kon como director e, ao meu xuízo, a súa mellor obra. Despois virían Millenium Actress, Tokio Goodfathers, a serie de televisión Paranoia Agent e a longametraxe Paprika. Kon é un dos grandes nomes da animación xaponesa aínda que é posible que se non se está familiarizado con ela, de primeiras non soe. Pero a que Inception de Cristopher Nolan e Black Swan de Darren Aronofsky si? Os dous directores máis recoñecidos do século vinte e un en occidente. Logo falarei máis do tema pero débenlle moito ao xaponés. Algún diría que demasiado.

A famosa Inception de Cristopher Nolan non é máis que unha versión simplificada ata a saciedade e incriblemente peor de Paprika.

O de Kon é un cinema complicado dun xeito deliberado, que lle permite indagar nos puntos máis escuros e complicados do ser humano. Unha das claves do director é resolver as imaxes que vai mostrando dun xeito non habitual, é dicir, tenta escapar todo o posible dos clichés para que o espectador se sinta incómodo. Do mesmo xeito, prescinde de planos que presenten as secuencias e lles dea contexto. Deste modo consegue que o espectador non saiba en que liña temporal está, ou incluso se o que ven corresponde á imaxinación dos protagonistas. O coñecemento que teña o espectador do cinema vese polo tanto nun estado de cuestión. Logra que se teña a mesma información que o personaxe, sempre privado por algún motivo.

Os personaxes protagonistas en Kon son predominantemente femininos. Os masculinos son sempre secundarios e presentan un cariz totalmente negativo, no que as actitudes patriarcais afloran dun xeito brutal. Por outra banda, sempre tenta profundar psicoloxicamente a un nivel impresionante. Ademais, os trastornos mentais e como lle afectan ao individuo son unha constante. Tamén se observa na súa obra un existencialismo recorrente, que baña moitas das súas películas.

Satoshi kon 2
Fotograma de Perfect Blue

No aspecto no que o director xaponés destaca especialmente é a montaxe. Kon constrúe o seu estilo a través do que adoita ser a excepción. As súas transicións son tan elaboradas que fai do match cut (planos unidos a través da acción ou tema que se trata) a norma. Noutras ocasións utiliza elementos cun gran grao de experimentación. Deste xeito, rompe tanto o tempo como o espazo. Ademais, a nivel narrativo fai que o espectador en moitos momentos se sinta perdido, aspecto que fai tan especial o seu cinema.

Volvendo á influencia no cinema occidental, a historia é bastante interesante. A famosa Inception non é máis que unha versión simplificada ata a saciedade e incriblemente peor de Paprika. Ambas as dúas parten da mesma premisa: a tecnoloxía avanzou o suficiente para que se inventase un aparato para entrar nos soños. A partir de aquí calquera parecido –máis aló dos planos clonados por Nolan- é pura coincidencia.

Compre preguntarse se é posible coller a Satoshi Kon, un dos mestres da animación, e extrapolalo á imaxe real con éxito.

Ambas as dúas películas teñen unha protagonista feminina. En Paprika a muller é forte e en todo momento toma as súas propias decisións, mais en Inception esta é levada da man dun home que en todo momento está a decidir por ela dende un punto de vista de pseudotitor. Por outra banda, as tramas son completamente diferentes. A película de Nolan é dende o seu argumento unha puñalada á obra orixinal de Kon. A inclusión dunha historia de ladróns que elimina todo rastro de existencialismo é a primeira decisión que fai de Inception unha obra menor.

Se as obras de Satoshi Kon se caracterizan por tomar ao espectador por unha persoa intelixente, no caso de Inception é ao contrario. Moreas e moreas de diálogos para explicar unha trama xa de por si simplificada. É ir en contra do propio cinema, un medio no que por definición prevalece a imaxe. Tamén se representa dunha maneira moi basta os soños. En Paprika hai caos, o chan móvese, todo é imprevisible. En cambio, na obra do inglés todo sucede coma se fose a vida real pero sen selo. Tampouco hai ningún tipo de confusión sobre o que está acontecendo en cada momento, non é unha representación onírica en ningún caso. Christopher Nolan colleu unha obra de culto e transformouna en algo efectista que, por suposto, foi un éxito nos salóns de billetes.

O caso de Darren Aronofsky é aínda máis curioso. Mercou os dereitos de Perfect Blue para, en principio, facer unha versión live action. Isto non aconteceu pero permitiulle copiar plano por plano unha escena en Requiem For A Dream no que a protagonista está nunha bañeira e remata berrando desatando todas as súas frustracións baixo a auga.

Balea Cultural
Cine e Cómic: as artes condenadas a entenderse
As adaptacións do cómic ó cinema son cada vez máis numerosas e relevantes entre dous medios irmáns.

En 2011 sae á luz Black Swan. A protagonista é Nina –a de Perfect Blue chámase Mima-, unha bailarina de ballet á que se lle dá a oportunidade para facer unha grande obra. Nese momento comezan a ocorrer sucesos estraños. Va que vos soa de algo? Hai que apuntar neste momento o cambio cualitativo que é implícito a este cambio de argumento. As Idol no Xapón son consideradas algo parecido a unhas deusas da feminidade, seres puros, castos e idealizados. Pasar a ser actriz como foi o caso de Mima ten implicacións por si mesmo que Black Swan simplifica. Non está exenta de crítica ao descoñecido para moitos mundo do ballet, pero si da gran crítica social que fai Kon do seu círculo.

Como era esperado, Black Swan é moito máis simple que a película na que se basea. Esteticamente é moito máis bonita, con números de baile de bela factura, pero todo o xogo da montaxe que ten Kon non está en ningures. Ademais, segue outras trazas argumentais da película xaponesa pero non a explota do mellor xeito. De novo, a versión occidental non iguala á orixinal.

Pero hai que preguntarse se sequera iso é posible. Se coller a Satoshi Kon, un dos mestres da animación, e extrapolalo á imaxe real se pode facer con éxito. O director aproveita todo o potencial do seu medio. Isto vese reflectido en que todas as súas obras están entre as mellores películas da historia da animación xaponesa. Kon morreu en 2010 por mor dun cancro de páncreas. Faleceu sen que ninguén puidese recrear unha obra súa dun xeito digno.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Migración
Migracións A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo aviso. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Laboral
Cuidados Las empleadas domésticas avanzan en sus derechos con una herramienta de prevención de riesgos
Aunque Trabajo ha contado con su participación, algunas organizaciones se preguntan quién inspeccionará esta evaluación y cuándo estarán en el régimen general de trabajadores.
Trabajo doméstico
Opinión Prevención10, la herramienta de evaluación de riesgos en el empleo de hogar
La evaluación no se va a realizar al menos en una cuarta parte de los hogares, en los que la trabajadora interna no tiene papeles. Para esas mujeres la herramienta es una cortina de humo, una operación de propaganda sin más.
Crisis climática
Captura de carbono Los espejitos de colores de la captura de CO2: la mayor planta del mundo no cubre sus propias emisiones
Una investigación ha revelado que la empresa suiza Climeworks, que desde el 2021 apuesta por la captura de CO2 del aire como “solución tecnológica” a la crisis climática, emite más gases de efecto invernadero de los que sus ventiladores atrapan.

Últimas

La vida y ya
La vida y ya La primera vez
Nos confirmaron lo que ya intuíamos pero no supimos hacer. Lo única regla importante es romper el silencio.
Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Argentina
Argentina Argentina, un año y medio después de Milei
Este investigador profundiza en las claves de la victoria de Milei, las principales medidas de Gobierno, el sustancial apoyo que tiene y sus perspectivas a medio plazo.
Más noticias
Opinión
Opinión Y ahora les duele Gaza: Europa ante el genocidio
Europa no ha dejado de vender armas a Israel, ni de recibir su tecnología militar; sin embargo, ahora no sabe cómo salvar al país de sus propios impulsos autodestructivos.
Madrid
Madrid Más de 200.000 personas salen a la calle contra el “abandono deliberado” de la sanidad pública madrileña
Madrid se enfrenta a la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas reclamando mejoras en Atención Primaria, en las urgencias extra hospitalarias, en los equipos de salud mental y exigiendo más pediatras.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Opinión
Opinión Sentido y senilidad
La senilidad que he estado viendo en la industria cinematográfica no se limita a la edad de ciertos directores. Es algo mayor que eso, se ha convertido en una manera de pensar, en un fenómeno cultural.

Recomendadas

Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda KKR y el negocio del ladrillo: de vender pisos en territorios ocupados a gestionar las viviendas de la Sareb
Desde 2022, el fondo proisraelí KKR es el encargado junto a Blackstone de gestionar la cartera residencial del banco malo. En verano vencen sus contratos y los fondos presionan para seguir sacando rédito del patrimonio público.
Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.