Balea Cultural
‘This is America’ e a necesidade de inmiscirse socialmente

Ao centrar a mirada no artista e o seu séquito, non vemos todo o que está a pasar detrás deles. Vehículos da policía ardendo, a morte personificada a cabalo, disturbios, xente sendo perseguida... Todo o que se tenta ocultar está aí, á vista, aínda que nos obriguen a mirar cara outro lado.

This is America
26 may 2018 11:43

Ao redor de 1832, Thomas D. Rice gañaba o pan como artista. De feito, rematou por converterse nun dos actores de teatro máis recoñecidos da súa época, sendo o seu xénero favorito o menestrel. O principal atractivo deste espectáculo, a día de hoxe, debería resultar, sen dúbida algunha, noxento: vestido con farrapos e sombreiro e zapatos rotos, pintaba a súa cara e as súas mans de negro, interpretando o personaxe que despois se convertería nun dos caracteres máis recoñecibles do espectáculo estadounidense do século XIX: Jim Crow. Os seus números distaban de poder ser definidos como respectuosos, pois na figura da personaxe materializáronse moitos dos estereotipos cara aos negros que os brancos estadounidenses foran acumulando dende os comezos do escravismo moderno nas Américas. Jim Crow era vago e estúpido. Menos que un ser humano. A idea da súa inserción na sociedade era, simplemente, irrisoria. Para 1838, o termo Jim Crow era utilizado con regularidade como termo ofensivo nas discusións coloquiais.

A cousa non quedou aí, pois a influencia que Daddy Rice e o seu espectáculo tiveron na sociedade estadounidense ramificáronse cara a todos os ámbitos desta. Leis estatais e locais estadounidenses relacionadas estritamente coa segregación racial en todo tipo de cuestións públicas, comezadas durante a Reconstrución estadounidense —finalizada a Guerra Civil—, foron chamadas coloquialmente como “Leis Jim Crow”. Así mesmo, e nun ámbito puramente cultural, sería imposible imaxinar que unha película coma O Nacemento Dunha Nación fose creada sen que existise un precedente como Jim Crow, pois nela téntase, dende unha perspectiva branca, e con actores brancos pintados con carbón, explicar que todos os males estadounidenses foron culpa dos negros e que a Reconstrución foi posible gracias ao Ku Klux Klan.

A principios deste 2018 anunciouse que Childish Gambino, así coma o seu selo discográfico, Wolf + Rothstein, firmaran un acordo para formar parte da familia de RCA, outro selo estadounidense que contaba xa no seu cadro de persoal con artistas como D’Angelo, Justin Timberlake, Miguel ou Sia e que, ademais, pertencía a Sony Music. O cambio —e o novo contrato, de maior cantidade económica seguro— supuña un recoñecemento indirecto do talento que o artista californiano mostrara no seu terceiro disco, Awaken, My Love!, onde deixara a un lado os seus intentos de ser un artista de hip hop famoso e substituíra trap e rap de dubidosa calidade por neosoul e psicodelia, e firmou temas tan positivamente criticados como Redbone ou Me and Your Mama.

Ademais disto, sabíase xa que Donald Glover, persoa detrás de dito alcume musical, formaría parte da familia de Star Wars interpretando a Lando Calrissian e que habería unha nova e segunda temporada da súa premiada serie, Atlanta, da que non só era actor principal, senón tamén guionista e director. Sen dúbida, a expectación polo que o artista podería facer agora estaba máis alta que nunca e, aproveitando a súa participación como invitado musical e presentador do emblemático programa estadounidense Saturday Night Live, estreou ao mesmo tempo que esta o videoclip do seu novo tema, e do que a estas alturas parece xa imposible non ter oído falar, This Is America.


Musicalmente, This Is America ten dúas partes fortemente marcadas entre elas. Ao comezar este escoitamos melodías pop e folk, que recordan ás apegadizas e inocentes composicións que Rostam Batmanglij levou ao son do grupo neoiorquino Vampire Weekend. Por detrás, un Young Thug cun autotune moito máis fino, agudo e melódico do habitual fai os coros. As letras chaman ao baile e á festa, igual que a gastar moitos cartos na evasión da realidade creada polos medios de comunicación. Por outra banda, Childish Gambino decide non quedar con esta versión edulcorada da realidade, senón que decide, a golpe de trap, criticar a sociedade en que vive. Tras os versos de alegría e baile, Donald Glover rompe a melodía da canción a grito de “This is America, don’t catch you slippin’ now” (Esto é América, que non te colla despistado) e, tras repetir isto no retrouso, continúa a cantar baixo a nova base do tema. Agora, co ton escuro, Childish Gambino fala de racismo, e contra o consumismo. Das súas verbas saen críticas á falta de recursos nas clases baixas, da dependencia ás drogas que se crea nos barrios máis pobres da sociedade estadounidense, e de como a delincuencia é unha das únicas saídas que moitos atopan para solucionar as súas vidas.

Childish Gambino decidiu aproveitar a súa posición privilexiada para lanzar unha mensaxe chea de contido político e ideoloxía, e dunha calidade técnica exemplar.

Para completar a súa crítica, Childish Gambino resucitou a figura de Jim Crow como unha das metáforas principais do videoclip deste tema e, xunto Hiro Murai, deron unha lección de como os videos promocionais dunha canción, tal e como defendiamos neste blogue fai unhas semanas, poden non só ser arte, senón que ademais poden mostrar unha ideoloxía claramente contra hexemónica. Así, trasládanos no vídeo a un almacén practicamente baleiro. Nunha cadeira, o guitarrista Calvin the Second comeza a tocar os primeiros acordes da canción. Tras el aparece Childish Gambino, sen camiseta, espeluxado e coa barba sen arranxar, coma unha versión moderna de Jim Crow. Déixase levar como un tolo sen raciocinio cara ao guitarrista e, cando estamos coas miradas nos seus extravagantes bailes, mételle un tiro na testa ao guitarrista, que agora está coa cara tapada.

Mentres seguimos confusos polo que acabamos de ver, a segunda parte da canción, xa comentada, entra a completar a escena xusto tras o disparo. Gambino segue a bailar de maneiras igual de ridículas que antes, coma se tentase evitar que o espectador puxese a mirada noutra cousa que non fosen as súas danzas. Ao pouco, catro estudantes únense a bailar con el. Polo camiño, seguindo isto, esquecémonos de dúas cousas: o primeiro, é que deixamos indirectamente de facer caso ás letras do seu tema, moitas veces animadas a isto polo propio Childish Gambino, que sarcasticamente nos anima a velo bailar. Por outra banda, ao centrar as nosas miradas no artista e o seu séquito, non vemos todo o que está a pasar detrás deles. Vehículos da policía ardendo, a morte personificada a cabalo, disturbios, xente sendo perseguida... Todo o que se tenta ocultar está aí, á vista, aínda que nos obriguen a mirar cara outro lado.

A que definimos como primeira parte da canción volve de novo tras o primeiro discurso de realidade de Childish Gambino. Agora, no mesmo almacén, un coro gospel de dez persoas —que ben poderían estar representando aos nove asasinados e ao ferido na masacre da igrexa de Charleston— canta alegremente, coordinando o seu baile. De novo seguindo a estela de Jim Crow, Donald Glover entra á escena e se lle contaxia a felicidade do orfeón. Móvese, sorrindo e bailando, ata o primeiro plano das pantallas e unha vez alí entréganlle unha AK-47 que utiliza para asasinar a todos os que están no seu fondo. Volve o trap, a dureza nas palabras, e o caos ao fondo da pantalla. Ao deixar a arma, e o mesmo pasou na primeira ocasión que disparou, esta é deixada con delicadeza sobre un pano de tea vermello, símbolo do respecto que Estados Unidos creou sobre as armas por riba dos negros. E se ben podemos entrar noutro debate respecto á tenencia das armas, entendemos o por que deste símil.

Hai outro detalle máis, e é que dentro do caos reinante na escena, vemos como un grupo de xente de color, vestidos igual que os que acompañan a Donald Glover, coa boca tapada e o móbil en man, observa dende unha posición de altura todo o que está a pasar. Aquí, Gambino e Murai sinalan coa maior claridade posible unha das mensaxes máis claras que podemos sacar do vídeo: todos, na sociedade, somos partícipes do que está a pasar. A nosa mobilización e participación activa nela é necesaria, pois é tarefa nosa que as cousas cambien a mellor.

This Is America foi a primeira canción que Childish Gambino lanzou dende que a súa fama se volveu verdadeiramente internacional, pois a fama de Atlanta e a súa elección como actor de Lando Calrissian chegaron despois de Awaken, My Love!. Tendo en conta que todos os ollos ían estar postos no seguinte traballo que lanzase, decidiu aproveitar a súa posición privilexiada para lanzar unha mensaxe chea de contido político e ideoloxía, e dunha calidade técnica exemplar. A día de hoxe, a súa mensaxe chegou a millóns de persoas. Sen dúbida, estamos ante unha das creacións audiovisuais máis espectaculares do 2018.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Costas
Costa A ría de Arousa, ao bordo do colapso ecosistémico
A principal produtora de marisco de Galiza afronta unha crise sen precedentes; o impacto da contaminación actual e a de potenciais industrias como Altri ou a reapertura da mina de Touro poñen en perigo o sector do mar.
Medio ambiente
Medio ambiente A Xunta desoe a oposición social e dá luz verde ambiental á celulosa de Altri e Greenalia
O informe da administración galega, gobernada polo PP de Alfonso Rueda, conclúe que a proposta é “ambientalmente viable” e pasa por alto as decenas de miles de alegacións presentadas, así como a contestación social.
Crisis climática
Meteorología adversa ¿Las borrascas son cambio climático? La dificultad de adscribir un fenómeno al aumento de las temperaturas
Solo se puede afirmar que un fenómeno ha sido causado por la crisis climática en términos probabilísticos y los estudios que arrojan estas conclusiones tardan meses en publicarse, cuando ya ha pasado el interés sobre el suceso.
Tribuna
Tribuna Ladróns de luva branca no Parlamento
As traballadoras e traballadores da CRTVG pagaremos os efectos dunha lei antidemocrática que nos retira algunhas das poucas ferramentas que tiñamos para defendérmonos e esixir respecto pola misión de servizo público que a corporación ten encomendada.

Últimas

Historia
Descifrando a historia As 4.000 cigarreiras da Coruña: a primeira folga de mulleres na historia de Galiza
O 7 de decembro de 1857, as mulleres da Real Fábrica de Tabacos iniciaron unha revolta polos seus dereitos que fixo historia no imaxinario do sindicalismo galego.
Congreso de los Diputados
Congreso Sumar hace malabares con el debate de la defensa y apunta contra la “izquierda frívola”
El grupo que lidera Yolanda Díaz se reacomoda al compás de los nuevos hitos en la geopolítica, no sin contradicciones y con Podemos en colisión. Desde el PSOE advierten que será un debate “no de semanas sino de meses”.
Gasto militar
Gasto militar Militarismo, disuasión y cultura de paz
¿Qué garantías plantea la UE y sus Gobiernos para que ese plan de rearme masivo no haga escalar aún más las amenazas y desafíos a los que pretende dar respuesta?
Más noticias
Tribuna
Tribuna Mercadona, ¿la cocina de tu casa?
La comida preparada en manos de grandes supermercados gana terreno y amenaza nuestra alimentación en pro de la cocina industrial. El autor responde a Juan Roig, presidente de Mercadona, quien asegura que dentro de unos años no habrá cocinas.
Tribuna
Tras el 8M Feminismo sindical para transformar el mercado laboral
El informe de CCOO muestra que los problemas habituales en el empleo, la negociación colectiva y la brecha salarial desde el punto de vista de las mujeres se están cronificando.
Argentina
Argentina Balas de goma contra jubilados e hinchas
Las hinchadas de varios equipos de fútbol argentinos, enfrentadas entre sí por sus colores, participaron juntas en la concentración de los jubilados que acabó con una fuerte represión por parte de la policía.
El Salto Radio
El Salto Radio Fallece Juana Orta, la memoria de la mujer trabajadora
El pasado 8 de Marzo fallecía Juana Orta y las señales de hoy escriben en el aire su nombre. Una mujer cuya vida ha estado indisolublemente ligada a la historia de los movimientos sociales, sindicales y políticos de Andalucía.
Palestina
Cisjordania Después del desplazamiento masivo, se asienta la ocupación militar en Yenín y Tulkarem
Cada vez son más comunes los testimonios de personas que se arriesgan a entrar al campo de refugiados para tratar de alcanzar sus casas y recuperar las pertenencias que dejaron atrás cuando fueron forzados a huir.

Recomendadas

Feminismos
Feminismos As mulleres galegas ocupan o segundo posto de menor retribución por hora de todo o Estado español
A súa precariedade maniféstase na contratación temporal, oportunidades limitadas de promoción e acceso limitado a postos de dirección. A desigualdade estrutural afecta especialmente ás traballadoras do sector primario, onde permanecen invisibles.