Blog Salto de Carro
Onde importa grazas a ti

Coa túa subscrición anual e domiciliada ao Salto levas unha bandeirola reivindicativa e decorativa
Campaña promo donde importa galego
26 abr 2023 14:00

Hai uns meses lanzamos unha campaña que parecía unha serie de terror. Se estades a ler isto é porque a historia acabou ben, mellor do que era razoable esperar. Grazas por iso. Hoxe estamos nun momento distinto e moitas cousas cambiaron, poderíase dicir, sen esaxerar, que case todo, porque desde entón estamos inmersas nun proceso de cambio que fará do Salto un proxecto moito máis útil, sólido e resistente. Desde xaneiro -moitas xa o notariades- cambiamos a nosa revista, que pasou a ser trimestral, con máis páxinas, máis seccións, contidos máis coidados e unha imaxe renovada. Esa renovación da revista levaba asociada unha actualización da web, a nosa ferramenta con máis impacto e visibilidade. Desde mediados de marzo lanzouse a revisión completa que fixemos e que culminou cun deseño web máis limpo, un sistema de maquetación mellorado e unha flexibilidade que nos permite adaptar a portada e todo o resto da páxina de inicio ás necesidades de cada momento.

Non adoitamos falar moito disto, pero tantas mudanzas na cara visible do proxecto e o aumento de subscricións obrigáronnos -e xa facía falla- a mellorar o noso sistema de xestión interna. É decir, todas esas tarefas invisibles sen as cales as revistas non chegan ás casas, as noticias non se poden publicar e as luces non se acenden. Agora temos un sistema de xestión de subscricións intuitivo e fácil de usar -que xa é moito máis que o que tiñamos- e un programa de administración, contabilidade, fiscalidade e loxística integrado, modular e de software libre que grazas a certos automatismos descargou peso das costas da área de administración.

Fixemos grandes cambios estruturais e agora dispoñémonos a ampliar o persoal, mellorar as condicións salariais das persoas que traballamos no proxecto e outros plans a medio prazo

Ata aquí os grandes cambios estruturais que fixemos ou estamos a terminar de facer. Mais unha vez que temos todo iso pronto, temos que comezar a sacarlle proveito...como? enchéndoo de contidos interesantes, útiles, transformadores, é dicir, o mesmo de sempre, pero mellor.

Para comezar, imos ampliar o noso persoal das edicións territoriais no Salto Andalucía e no Salto Madrid (vai chegar o noso día, precisamos ser máis subscritoras), e tamén contrataremos a dúas persoas máis, unha para a área de vídeo e outra para promoción. No apartado laboral melloramos, sempre de forma insuficiente, as condicións salariais de todo o persoal, un persoal no que non hai nin xefes, nin xefas, nin xerarquías e todas cobramos o mesmo. Ademais, a partir de maio, O Salto Radio vai empezar a emitir 24 horas ao día, cunha grella moito máis completa, programas novos e algúns clásicos. E temos máis plans a medio prazo: un proxecto de edición de libros, máis formación ou melloras para as socias, das que informaremos máis adiante.

E todo isto para que? pois para o de sempre pero mellor: para ter máis incidencia, para poder informar das cousas que outros medios non informan porque non poden ou porque non queren, para seguir sen receber publicidade do Ibex35 ou publicidade electoral, sen contidos patrocinados e para seguir facendo un xornalismo situado ao carón da xente, onde realmente importa, pase o que pase. Como xa sabes, en maio hai eleccións municipais. Son unhas eleccións importantes que van marcar a pauta para as xerais de final de ano. Desde O Salto queremos facer unha aposta informativa forte, unha cobertura especial que poderás seguir na nosa web e nas nosas redes e onde apostaremos por novos formatos en vídeo e na nosa canle de Twitch, entre outras cousas.

Para que toda esta aposta sexa sostible a medio e longo prazo marcámonos un obxectivo moi ambicioso: chegar ás 10.000 subscricións

Mais para que toda esta aposta sexa sostible a medio e longo prazo temos que seguir ampliando a nosa base de subscritoras e lectoras, é dicir, necesitamos unha vez máis o apoio da nosa comunidade, de todas as persoas que xa nos acompañades. Esta vez pretendemos acadar un obxectivo moi ambicioso, chegar ás 10.000 subscricións. Iso permitiríanos finalizar todos os cambios que xa vos contamos e consolidar as apostas que fixemos.

Por iso pedímosche varias cousas, primeiro que nos leas, que nos vexas en Twicth e Youtube e nos escoites na Radio, iso sempre será gratuíto e aberto para todas. Tamén podes axudarnos a difundir os nosos contidos alá onde creas que poden ser útiles. Se podes, e aínda non o fixeches, que fagas unha subscrición e se xa estás subscrito que mellores o teu tipo de subscrición ou lle regales unha subscrición a alguén próximo. Por riba, coa túa subscrición anual e domiciliada léevas unha bandeirola reivindicativa e decorativa.

Para poder seguir estando onde importa, onde máis falta fai, onde máis lles doe, pase o que pase.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sorteo
Sorteo Teatro contra el antigitanismo machista
Participa en nuestro sorteo para socias de El Salto hasta el 23 de julio y llévate una de las cinco entradas dobles que sorteamos para la función del miércoles 30 en el Teatro del Barrio.
Promociones
Promociones Apúntate a la Escuela de Activismo Económico y paga la mitad por ser socia de El Salto
Descubre cómo transformar las relaciones económicas para hacerlas justas, democráticas, feministas y respetuosas con los límites del planeta en el segundo grupo de la sexta edición de esta formación en modelos económicos alternativos.
Promociones
Promociones Del disturbio a la depredación capitalista: lecturas estivales para despertar conciencias
Con descuento para socias de El Salto, nuestras recomendaciones para este verano son dos obras que abordan cómo y por qué la lucha de clases es más necesaria que nunca.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.