Imaxes e reflexións da folga polo clima en Compostela

Gran afluencia, críticas aos abusos do sistema capitalista e chamamento á responsabilidade global. Collemos a cámara e a gravadora para acompañar a mobilización polo clima.

27S Compostela portada
Elena Martín O Salto Galiza Pablo Santiago Manifestación por el clima en Santiago de Compostela.

Folga polo Clima é o nome baixo o que millóns de persoas se mobilizaron onte para protestar contra o cambio climático en todo o mundo. En Compostela, unhas 4000 persoas saíron a rúa nunha manifestación que tiña unha sensación diferente a outras: nesta, un gran número de asistentes eran menores de idade esixindo cambios inmediatos no mundo para que o seu futuro xa non sexa mellor ou peor, se non que polo menos exista.

A xente máis nova ten claro que non teñen culpa do que acontece, pero si que van ser os que presionen aos gobernos para que lle dean a volta a unha situación que empeza a ser unha cuestión de vida ou morte. A nosa xuventude está preparada para loitar polo seu futuro, e ten claro que o sistema actual está na base da sobreexplotación do planeta ata a súa extenuación. Falamos con algunhas das asistentes a esta manifestación.

27S Compostela
Ampliar
María é peregrina, de Murcia: "“Hai que se mobilizar. Encántame isto que está acontecendo, toda a xente nova collendo forza para unha cousa tan importante como é o tema do cambio climático. Para min é unha cuestión de coidar á nai común que temos que é a Terra. Na actualidade hai un problema grandísimo cos plásticos, os diluvios como os que se deron na miña rexión, en Murcia... Eu son xeóloga e vexo que está todo patas arriba: están dándose fenómenos naturais onde nunca se deran antes. E esa é a parte que se ve, a evidente, hai tamén unha que non se ve que son as enfermidades que están rebrotando, por exemplo. Pero eu creo que sempre estamos a tempo, ata o último momento, para cambiar as cousas, para mellorar.”

Araceli (á esquerda) ten 16 anos: "O planeta está morrendo polo que hai que colaborar no que se pode para que non acabemos tan mal. Espero que non sexa demasiado tarde, pero pode que xa o sexa."
27S Compostela
Ampliar
Noela: "O sistema económico, que tamén favorece o patriarcado, contribúe en gran medida á destrución do planeta. Estou aquí porque vou facer o que estea nas miñas mans para mudar a situación, vou protestar todo o que poida, pero tampouco me vou facer ilusións porque estamos moi mal"

27S Compostela 1
Ampliar
Gabriela: “Moito nos din a nós que separemos o lixo e así, pero despois ás grandes empresas pouco lles importa canto contaminan ou non. As grandes empresas penso que deberían, ademais de deixar de explotar xente, deixar de producir con plásticos. Pero penso tamén que os consumidores deberían deixar de mercarlles tamén. No momento no que nós deixemos de comprar, eles saberán tamén que teñen que facer cambios, pero se seguimos consumindo como se nada, evidentemente todo vai seguir igual. Hai que facerlles boicot. Se queres comprar comida, pois mellor vai ao mercado de abastos e así”

A manifestacion arrincou no Matadoiro e ademais da maioritaria participación de xente nova, tamén participaron colectivos como Mina Touro-O Pino NON, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, ADEGA ou Greenpeace Galicia.
Albert, de 12 anos: "Estamos aquí para ter un futuro mellor e crecer sans, para non medrar rodeados de contaminación. O goberno ten que contribuír para que se eliminen os plásticos, diminuír o uso de petróleo..."
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...