“A Catapulta” arrinca 2024 coa visita do poeta e escritor Fran Alonso no seu noveno capítulo

Ademais dunha ampla obra literaria, Fran Alonso tamén é director de Edicións Xerais. O programa póderase seguir en directo en Twitch e Youtube o luns 15 de xaneiro a partir das 19:30.
12 ene 2024 06:00

“A Catapulta”, o programa sobre poesía do Salto Galiza nas plataformas Twitch e Youtube, inicia 2024 recibindo o luns 15 de xaneiro a visita de Fran Alonso, escritor e poeta con máis de 30 libros publicados de diferentes xéneros, desde poesía ata literatura infantil. Unha das características da súa obra literaria é a innovación e a hibridación con outras artes e formatos, como poden ser a música, o audiovisual e diferentes medios dixitais. Na actualidade, Fran Alonso é o director de Edicións Xerais.

No programa “A Catapulta”, ademais de coñecer máis en profundidade a labor de poetas e persoas vinculadas á poesía, fálase sobre a súa situación e do seu día a día, dun xeito distendido e relaxado. Pódese seguir en directo nas canles de Twitch e Youtube de El Salto. Posteriormente quedará dispoñible para revisión nestas dúas canles e tamén está en formato podcast a través da web do Salto.

Está conducido polo poeta Samuel L. París. Ata a data contou coas visitas de Nuria Vil; Lúa Mosquetera; X.M. Xespi; Bratzantifa; Branca Trigo e Alfredo Vázquez, de Edicións Malafera; Lupe Blanco; Diego Horschovski e Daniel Landesa que podes ver ou escoitar nesta ligazón

A Catapulta
O poeta Daniel Landesa, protagonista no oitavo episodio de A Catapulta
Os diferentes dispositivos da Catapulta estíranse ata límites inexplorados ata a data coa visita de Daniel Landesa, escritor e membro fundador do colectivo poético Poetas da Hostia.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...