24 oct 2024 06:00

Arte plástica, música, electropoesía... Parece non existir disciplina coa que Luix Kaf, poeta e creador coruñés, non experimentara. A súa obra flúe entre diferentes especialidades, sempre cunha marcada vontade de conexión cos demais. E cando se lle pregunta sobre futuros proxectos, albisca máis aventuras: “Un xogo de rol, unha ópera...”.

A Catapulta, o programa sobre poesía que dirixe e conduce Samuel L. París, recibe a visita de Luix no seu décimo sexto episodio. Coñecemos como foron os seus primeiros pasos na arte e na poesía, a súa participación en proxectos como o Comando Esbardalle ou a súa experiencia organizando o Festival Ao Compaz Saumede.


Como cada episodio do programa, tamén pode escoitarse en formato podcast, tanto en Ivoox como en Spotify.

No vindeiro mes de novembro poderase gozar de actuacións de Luix Kaf na Acéfala da Coruña o 14 de novembro compañado de Triptaminax, no evento Aviso de Bomba en Ferrol o venres 15 e, de novo na Coruña, o 16 de novembro no Festival La Disidencia.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...