Edicións Malafera, o vindeiro luns en “A Catapulta”, o programa de poesía do Salto en Twitch e Youtube

O programa póderase seguir en directo o luns 12 de xuño ás 19.30. Estará conducido polo poeta Samuel L. París e conta tamén con versión en podcast.
9 jun 2023 18:00

“A Catapulta”, o programa mensual do Salto Galiza nas plataformas Twitch e Youtube, contará o luns 12 de xuño coa participación de Branca Trigo e Alfredo Vázquez de Edicións Malafera. Ademáis do seu traballo editorial falaremos de micros abertos, canles de Youtube de divulgación, obra propia, etc.

No programa “A Catapulta”, ademais de coñecer máis en profundidade a labor de poetas e persoas vinculadas á poesía, fálase sobre a súa situación e do seu día a día, dun xeito distendido e relaxado. O programa tamén conta cunha axenda mensual de eventos poéticos para non perder nada do que está a se mover no mundo da poesía galega.

Ademais de poder seguir o programa en directo, puidendo interactuar durante a emisión a través do chat de Twitch e Youtube, cada episodio queda dispoñible para revisión nestas dúas canles e tamén está dispoñible en formato podcast posteriormente a través da web do Salto. Desde hai unhas semanas, A Catapulta tamén se escoita dentro da programación de El Salto Radio, a emisora online de El Salto.

“A Catapulta” está conducida polo poeta Samuel L. París e contou nas súas tres primeiras entregas coas poetas Nuria Vil, Lúa Mosquetera e X.M. Xespi.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...