A Catapulta
A Catapulta recibe o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez
A Catapulta alcanza o seu episodio 12 coa visita de Cesáreo Sánchez Iglesias, poeta e presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Esta entidade, fundada en 1980, conta con máis de 500 socias e socios a quen defende, orienta e visibiliza.
Ao longo do episodio, Cesáreo Sánchez e Samuel L. París conversaron sobre a misión da AELG, os logros acadados ao longo dos seus anos de actividade e os principiais retos que afronta, como son a profesionalización ou a falta de apoios institucionais.
A Catapulta é o noso programa sobre poesía dirixido e conducido por Samuel L. París. Cada emisión pode seguirse en directo ou verse en diferido nas canles de Twitch e Youtube de El Salto. Tamén pode escoitarse en formato podcast.
O próximo episodio emitirase en directo o vindeiro luns 13 de maio ás 19.30h e contará coa presenza do editor Paco Macías, de Edicións Positivas.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!