A Catapulta
Lúa Mosquetera visita o luns 17 “A Catapulta”, o programa do Salto en Twitch e Youtube
“A Catapulta”, o programa mensual do Salto Galiza nas plataformas Twitch e Youtube, contará o vindeiro luns coa visita da poeta e da multifacética Lúa Mosquetera. A artista de Miño é recoñecida en todo o Estado polos seus recitais e actuacións, pola súa obra escrita e por estar detrás de numerosas iniciativas artísticas e culturais, como o evento poético “Non quero rosas” vinculado ao Festival Loro Facu.

No programa “A Catapulta”, ademais de coñecer máis en profundida a labor de poetas e persoas vinculadas á poesía, fálase sobre a súa situación e do seu día a día, dun xeito distendido e relaxado. O programa tamén conta cunha axenda mensual de eventos poéticos para non perder nada do que está a se mover no mundo da poesía galega.
Ademais de poder seguir o programa en directo, puidendo interactuar durante a emisión a través do chat de Twitch e Youtube, cada episodio queda dispoñible para revisión nestas dúas canles e tamén está dispoñible en formato podcast posteriormente a través da web do Salto.
Velaí a ligazón ao YOUTUBE.
Velaí a ligazón ao TWITCH.
“A Catapulta” está conducida polo poeta Samuel L. París e estreouse o pasado mes de marzo coa visita da poeta Nuria Vil.
A Catapulta
A Catapulta 01x01: Nuria Vil
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!