A Catapulta
Quico Valeiras, corazón ao servizo da poesía
O pulso que percorre a Quico Valeiras (quico) mantén a este carballiñés nunha constante relación de agarimo e dor coa poesía. Agarimo e cariño a unha forma na que encontra as ferramentas axeitadas para dar saída a unha voz única no sistema literario galego. E tamén dor, si, polo respecto e coidado que ten con cada pegada que deixa gravada neste mesmo sistema.
O poeta, con formación en Filosofía e que no 2020 recibiu o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, conta cunha intensa e interesantísima obra poética. Nela abundan as hibridacións con outras artes e apréciase unha vontade de renovación e de experimentación.
A conversa do episodio 14 da Catapulta, o noso programa sobre poesía dirixido e conducido por Samuel L. París, detívose en diferentes aspectos vencellados ao seu labor creativo, á súa relación co universo editorial e coa súa propia obra.
Ademais de seguir a emisión en directo de cada episodio do programa nas canles de Youtube e Twitch de El Salto, A Catapulta tamén pode escoitarse en formato podcast.
Logo dun breve descanso, o programa retomará as súas emisións despois do verán.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!