A regueifeira Lupe Blanco visita o martes 19 A Catapulta, o noso programa sobre poesía

O programa póderase seguir en directo o vindeiro martes 19 de setembro ás 19.30. Está conducido polo poeta Samuel L. París e conta tamén con versión en podcast.
15 sep 2023 11:30

“A Catapulta”, o programa sobre poesía do Salto Galiza nas plataformas Twitch e Youtube, contará o vindeiro martes coa visita da regueifeira Lupe Blanco. A artista de Coristanco vén de acadar por segundo ano consecutivo o título de Mellor Regueifeira da Galiza no Festival Espalla Rimas de Carballo e, ademais, tamén realiza unha gran labor divulgadora e formativa desta forma de improvisación poética oral galega.

No programa “A Catapulta”, ademais de coñecer máis en profundida a labor de poetas e persoas vinculadas á poesía, fálase sobre a súa situación e do seu día a día, dun xeito distendido e relaxado.

O programa pódese seguir en directo, puidendo interactuar durante a emisión a través do chat de Twitch e Youtube, e posteriormente quedará dispoñible para revisión nestas dúas canles e tamén está en formato podcast a través da web do Salto.

“A Catapulta” está conducida polo poeta Samuel L. París e xa contou coas visitas de Nuria Vil, Lúa Mosquetera, X.M. Xespi, Bratzantifa e mais Branca Trigo e Alfredo Vázquez, de Edicións Malafera.

A Catapulta
A Catapulta 01x01: Nuria Vil
O Salto Galiza comeza a súa andaina nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio
A Catapulta
A Catapulta 01x02: Lúa Mosquetera
O Salto Galiza comeza a súa andaina nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio
A Catapulta
A Catapulta 01x03 X.M. Xespi
O Salto Galiza continúa a súa andaina co seu programa de poesía galega nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio.
A Catapulta
A Catapulta 01x04 Edicións Malafera
O Salto Galiza continúa a súa andaina co seu programa de poesía galega nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio.
A Catapulta
A Catapulta 01x05 Bratzantifa
O Salto Galiza continúa a súa andaina co seu programa de poesía galega nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio. A Catapulta volve tensar os seus mecanismos co grupo ferrolán Bratzantifa. O programa vai regresar en setembro.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...