Chile
Catro voces narran a represión chilena

O pasado 6 de outubro Chile rebentou por asfixia social. O detonante foi unha subida das pasaxes do metro, tan só avisada con dous días de antelación. A desconformidade ante tal abafamento económico ocasionou unha violenta represión por parte de militares e Carabineros, que rematou nunha forma de loita xa coñecida anteriormente en Chile: caceroladas contra violación dos dereitos humanos.

Manifestacións Chile
Mobilizacións contra Piñera en Chile. Foto: Adonis Ignacio Mora Caro

No momento do golpe de Estado de Pinochet, a violencia representou un mecanismo avasalador da sociedade. A estratexia, co ingrediente fundamental da represión militar, levada a cabo naquel entón era parte da aplicación da “doutrina do shock”. Tratábase de manter a sociedade aplacada, desarticulando as protestas e os actos de rebeldía das clases traballadoras e subversivas. Isto forma parte da historia que se construíu neste país a partir do golpe de Estado de Augusto Pinochet, e posterior ditadura militar. Sen embargo, este 2019, parece que a historia se volve repetir.

No ano 2018, por estas datas, a rutina chilena aparentaba normalidade. En plena rexión metropolitana os buses comezaban a marchar cheos de xente traballadora a partir das seis da mañá, e incluso dende antes. As seis liñas de metro existentes comezaban a funcionar co seu horario normal. En toda esta rutina palpábanse certos detalles de comportamento social, e a tensión da xente era o que se facía notar maioritariamente. Ao final todo obedece a un patrón de conduta, a un sistema, e no caso chileno era moi doado sucumbir a el. A mercantilización e a privatización da maioría de recursos e servizos chilenos, propio da doutrina económica neoliberal, ocasionou un proceso no que os buses e o metro deixaron de funcionar con normalidade, e comezou o que a cidadanía denominou ‘evasión masiva’, movemento iniciado por estudantes que se basea en non pagar o billete de metro como protesta, e que dexenerou na destrución de estacións de Metro.

DEMOCRATICAMENTE DIFERENTE

O 19 de outubro, o presidente da República de Chile, Sebastián Piñera, anunciou o estado de emerxencia, seguido da toma de medidas excepcionais: decrétase toque de queda e os militares, acompañados dos Carabineros de Chile, son mobilizados nas rúas para disolver toda posible manifestación pacífica. Nese momento comezan a se producir denuncias de múltiples vulneracións dos dereitos humanos.

Alexis Polo é estudante de último ano de Xornalismo. A súa nai estivo vinculada á resistencia do Frente Patriótico Manuel Rodríguez durante o pinochetismo, algo que favoreceu a conciencia crítica deste rapaz. Con 22 anos está a participar nas manifestacións diarias que percorren Chile dende o pasado 16 de outubro. Por exercer o seu dereito a manifestarse recibe tres perdigóns, dos cales, dous lle rozaron, e un lle impactou nunha perna. Alexis comenta que “a violencia estatal é desproporcionada nunhas manifestacións que participan activamente familias enteiras, dende menores a xente anciá”. O seguinte vídeo amosa a esencia de cada persoa de Chile, que agora mesmo está empurrando a liña da xustiza social.


A pesar de que se derrogou a subida do pasaxe de metro por mor da presión social, a resposta opresora do Estado chileno supuxo o xermolo dun movemento social fundamentado na unión e na solidariedade de todo chile. Pero se algo está claro é que a violencia chama a máis violencia. As seguintes palabras de Alexis Polo —ou Polo como as persoas o coñecen comunmente— reflexan a mentalidade que inunda ao país: “isto busca que sexamos protagonistas dunha correcta axenda social, e da petición da dimisión de Sebastián Piñera, que tristemente non vai chegar”. As peticións do pobo encamiñáronse cando os políticos despertaron e perfilaron un plebiscito paliativo desta convulsa situación para o vindeiro mes de abril de 2020. A pesar disto as manifestacións , a xente na rúa, e a represión das autoridades continúa.

Alexis non é o único que se opina desta maneira. Mariano Reyes —residente ao norte de Santiago, na comuna de Quilicura, xornalista e traballador en Radio Cooperativa— atópase nestes momentos nunha situación complexa: exercer de xornalista para un medio chileno, ademais de facer uso dos seus dereitos como cidadán. Ten que cubrir aquilo que a axenda do medio lle marca, pero a nivel persoal afirma que “nas manifestacións destes últimos días hai un sentimento de unión, de que todos queremos protestar, de que todos temos a mesma situación de indignación pero á vez de empoderamento, e eu son parte diso”. Mariano, agora máis ilusionado, tamén é testemuña directa desde o brote deste movemento, e cando pensa no caos e na represión inicial, faino utilizando a palabra “medo”. A súa ilusión nótase cando expresa que “agora as autoridades non saben como actuar”, e que, a pesar das carencias informativas do resto de medios de comunicación, el seguirá saíndo á rúa e facendo o seu traballo da mellor maneira posible.

Reclamas Chile
'Reclamas' dos manifestantes en Chile. Foto: Adonis Ignacio Mora Caro

Violación

A palabra “brígido” é un chilenismo que se utiliza para facer referencia a unha situación que xera impacto. Matías Montenegro, nestes momentos estudante de Xornalismo de último ano e graduado en Historia na Universidade de Santiago de Chile, utilízaa para describir o que hoxe en día asolaga Chile, e non ten inconveniente en ser claro: “Isto entendese coma unha revolución cunha participación masiva; xente que nunca saíra á rúa a manifestarse e que sempre tivera unha vida política bastante inactiva, saíu e apoiou este movemento pensando no futuro de Chile”. A maioría de xente que saíu á rúa fíxoo de xeito pacífico: familias enteiras utilizaron cazos, culleres de madeira e cánticos como principais armas. Sen embargo a violencia usouse de xeito abusivo por parte das forzas de seguridade; e a palabra clave que utilizou Matías para explicalo foi “brígido”.

Tanto Alexis Polo como Matías Montenegro coincidiron ao detallaren que, “nenos e nenas, xunto aos seus pais, tamén eran partícipes nestas marchas, as autoridades procederon a cubrir de lacrimóxenas a todo o mundo por igual, a disparar ao corpo, atropelar a xente, etc”. Pero a postura de Alexis e Matías non coincide por casualidade, senón porque é unha realidade, da cal Mariano Reyes comenta que o que viu realmente “foi unha represión diferente e máis forte das que estamos acostumados: manifestacións pacíficas inmediatamente dispersadas polas forzas especiais. A diferencia principal é que nesta ocasión, non houbo tanta crítica por parte da poboación cara os manifestantes, xa que é unha loita necesaria polo ben común; o estoupido social foi correspondido pola maior parte da poboación”.

Chegados a este punto é necesario amosar o balance realizado polo Instituto Nacional de Dereitos Humanos, onde se representan as cifras do que as anteriores testemuñas narran, e así mesmo, onde se deixa claro por que se trata dunha situación de violación dos dereitos humanos. Nunha democracia, non podería existir unha represión tan forte que chegara a secuestros, violencia sexual, disparos a manifestantes, etc., pero en Chile está sucedendo, e desta maneira o mostra o INDH:

Cadro represión chile
Fonte: Instituto Nacional de Derechos Humanos

Non houbo un só núcleo onde a xente se concentrara. As diferentes estacións de metro das comunas de Santiago de Chile –os lugares máis convulsos en manifestacións– e demais rúas estiveron ocupadas continuamente por persoas críticas coa axenda social do goberno de Piñera. Deste xeito a intervención das autoridades era complicada de levar a cabo. Por este motivo, Matías Montenegro explicou que “as forzas especiais de Carabineros alí onde ían cargaban con todo e contra todo, dando lugar a unha represión nunca antes vista na democracia chilena”.

Neste contexto é importante facer referencia a que esta violación dos dereitos humanos, non so foi motivada polo réxime militar ou polo toque de queda establecido; senón tamén pola ampla cantidade de agresións físicas feitas polas forzas de seguridade actuando con abuso de poder. En respaldo estas palabras, está a declaración de Alexis Polo, quen afirmou ver camións sen patente de onde baixaban Carabineros para deter xente, foi tamén testemuña de denuncias por tortura de xente que foi abandonada na rúa polas forzas de seguridade, berrando coa cara ensanguentada “torturáronme, os Carabineros acábanme de torturar” , ou mesmo ver a Carabineros vestidos de civil realizando detencións, algo completamente ilegal.

“Aquí non estamos vendo unha represión, senón unha constante violación dos dereitos humanos.”

Cambio de óptica

Laura Ledo e unha rapaza galega que o pasado mes de agosto comezou a súa andadura como estudante de convenio bilateral en Santiago de Chile. Laura estivo presente neste Chile frustrado coas políticas estatais e enfrontado coa represión. Ela ve a situación desde unha óptica diferente, desde a perspectiva dunha persoa estranxeira que non se esperaba que tal cousa pasara. Cando comezou o toque de queda, Laura viuno como “unha política impensable e esaxerada” . Así mesmo comparou o que estaba sucedendo cunha ditadura. A súa estancia en Chile estalle servindo para ver a fatiga da xente, cuestión que resultou ser un agravante decisivo: uns salarios moi baixos, cunhas malas condicións laborais, son o sustento principal da sociedade para un alto custo de vida.

Unha vez máis, como testemuña presencial desta situación, Laura comentou que “en realidade non me esperaba que isto chegase tan lonxe, posto que en España, sóbennos a luz, a auga, e o transporte entre outras, e non nos manifestamos por nada. Sen embargo neste movemento social implicouse todo Chile”. Esta rapaza galega, estudante do dobre grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, a piques de finalizar, é tamén crítica coa actuación dos medios; mesmo afirmou que a desinformación e a manipulación son constantes dentro da axenda mediática de cada noticiario, pero non só en medios chilenos, senón tamén nos españois, que tratan este tema coma unha “protesta por unha subida nas pasaxes de metro, sen entender o máis importante desta revolta: o contexto do país e a fatiga da cidadanía”.

A CUARTA VOZ
A mellor maneira de finalizar é engadindo as palabras de Eduardo Tejada, quen ademais de ser partícipe en cada manifestación realizada nas pasadas semanas, ve a situación que inunda este país desde a súa perspectiva de cidadán chileno é graduado en Ciencias Políticas e Relacións Internacionais. Esta cuarta voz, proporciona as seguintes palabras sobre o que está sucedendo:

“Chile erosionou nestas ultimas semanas a nivel de todas as idades, de todas profesións e oficios. Nas marchas da rúa pódese apreciar unha diversidade enorme, tanto étnicas, como sexuais; de todo. É unha loita transversal, unha loita para todos non só para algúns, ante o incerto panorama de abuso dunha clase política ineficiente que, ao longo da democracia, nunca prestou atención ás demandas e aos intereses sociais.

Mobilización Chile_2
Mobilización contra o goberno neoliberal de Piñera. Foto: Adonis Ignacio Mora Caro

O empoderamento que teñen as leis en Chile ampara as actuacións das autoridades. Sempre houbo unha cultura da represión para manter un velo de ignorancia na cidadanía, fundamentado -en termos políticos- na antiga división de esquerda e dereita. Pero hoxe en día demostrouse que as protestas non son pola esquerda ou pola dereita, senón pola unidade do pobo, polos dereitos, pola igualdade, pola saúde, a educación ou a libre determinación dos pobos. En resumo, por unhas garantías básicas que foron totalmente mercantilizadas, produto da actual constitución, creada durante a ditadura. Por iso o pobo sae á rúa, para ser protagonistas nunha nova constitución que se adapte ás nosas necesidades."

 


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Represión
Represión Una marcha reclama la liberación de los seis de Zaragoza tras un año en prisión
Organizaciones como Amnistía Internacional han expresado su preocupación por este caso, apuntando a posibles vulneraciones de derechos y al aumento de la represión de la protesta social.
Catalunya
Represión El 65% de los casos de violencia institucional en Catalunya se archivan sin que se complete la investigación
El informe sobre violencia institucional de Irídia, expone que en 32 de 49 casos de violencia institucional la causa se archivó sin que se realizarán al completo las diligencias de investigación que el Tribunal Constitucional considera correctas
Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.
Galicia
Galicia Cuidar sin derechos: la lucha de las trabajadoras en las residencias privadas de Galicia salta a la huelga
Sin tiempo ni medios para ofrecer unos cuidados adecuados, alertan de una situación insostenible en los centros y denuncian la privatización de un servicio a costa del bienestar de las personas mayores y dependientes.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Francia
Francia Militantes e intelectuales exigen la absolución de Anasse Kazib, perseguido por su apoyo a Palestina
El Estado francés utiliza el tipo penal de “apología del terrorismo” para perseguir a personalidades y colectivos que han mostrado su apoyo a Palestina y su repulsa al genocidio cometido por Israel.
Medio ambiente
Medio ambiente Máis de 200 colectivos esixen transparencia sobre a mina Doade e piden a intervención do Parlamento Europeo
Organizacións de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, esixen a Bruxelas acceso á documentación sobre a explotación prevista, denunciando opacidade, privilexios empresariais e risco ambiental en zonas protexidas de Galiza.

Últimas

Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez piensa en un paréntesis legislativo para evitar roces con los socios tras una semana explosiva
El choque bronco por el caso de las compras de balas israelíes a cargo de Grande Marlaska puso sobre la mesa como nunca la ruptura de la coalición, aunque nunca fue una opción.
Opinión
Opinión “Tener correa” y la ridiculización del afecto
Existe una presión muy fuerte sobre los propios hombres para que no amen demasiado, no cuiden demasiado. El ideal de “libertad masculina” tradicionalmente se entiende como independencia, desapego, y muchas veces, desinterés.
Más noticias
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Opinión
Opinión Las sáficas también somos trans, deseamos trans y amamos trans
Resulta irónico que a quienes tanto nos han cuestionado la identidad de “mujeres de verdad” en función de nuestra expresión de género o la vida que decidimos emprender no levantemos antorchas al ver el mismo odio operando con estrategias similares.
Opinión
Opinión IA: un proyecto tecnosupremacista
La pregunta que me hice hace algunos años fue: ¿Por qué existe un evidente interés en “crear la cuestión de la IA”, cuando las tecnologías y las lógicas que la componen están ya operativas desde hace años?
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.

Recomendadas

Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Medio ambiente
Medio ambiente Que papel xoga Abanca no proxecto da celulosa de Altri en Galiza?
A sociedade público-privada Impulsa Galica, que cimentou os primeiros plans da multinacional papeleira e Greenalia está participada fundamentalmente pola Xunta e polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas de aforro galegas.