Cine porno
Salón Erótico de Barcelona: véndense principios

Adóitase dicir que non hai peor cego que o que non quere ver. Habería que cuestionarse se non é igual de perigoso o cego ó que lle fan crer que xa ve, con claros intereses lucrativos. Imos seguir pechando os ollos á explotación das mulleres?

Salón Erótico de Barcelona.
Publicidade do Salón Erótico de Barcelona.

2018 non foi unha excepción. O Salón Erótico de Barcelona mantivo a mesma liña publicitaria que tanto éxito tivo anos anteriores no vídeo de campaña que anuncia o seu evento para o próximo mes de outubro. É posible que che soe tras a polémica lograda en 2016, cando dirixentes como Pablo Iglesias e Íñigo Errejón difundiron o spot que presentaba Amarna Miller, que foi obxecto de polémica e debate público. O truco? Souberon aproveitar un discurso cada vez máis estendido que considera empoderante o exercicio do “traballo” sexual e que tanto callou entre aqueles liberais que rexeitan as posicións políticas máis conservadoras e retrógradas. O que empregando unha xerga máis común coñecemos como “progres”.

É unha estratexia moi sagaz e finamente calculada. A chegada da sociedade de consumo non é un cambio meramente de patróns consumidores nin de estrutura económica. Trouxo consigo unha evolución nas crenzas relixiosas, as relacións de socialización, o modelo de familia e a concepción da muller, entre outras múltiples consecuencias. Porén, non só quedan reminiscencias de todo o que acompañaba o modelo social previo, senón que aínda conta cun apoio social máis ou menos amplo especialmente entre as xeracións de maior idade, aínda existe unha certa confrontación de ideas nun proceso no que as anteriores van dando paso ás novas, que xa son hexemónicas a todos os niveis. E a todos os niveis inclúe o relativo á concepción da prostitución e a pornografía, cuxa nova forma de defensa se establece en base á suposta liberdade para decidir da muller, fronte a un pasado que censuraba calquera debate ó respecto da explotación sexual.

A cuestión entón é simple. Cal é o público ó que se dirixe o anuncio? O conservador, o da familia tradicional? Está claro que non. Por iso, e no contexto de apoxeo do feminismo (ou de apropiación do feminismo, vendendo como feminista calquera produto que non diste o máis mínimo do modo no que sempre funcionaron as cousas), un spot que se enfronte ás posicións máis conservadoras presentando a postura hexemónica como transgresora para compracer ós liberais “posmodernos” era un éxito asegurado, sen necesidade de poñer en cuestión o sistema prostitucional o máis mínimo, nin moito menos o sistema capitalista. E tanto que o foi.

Esta vez, porén, foron aínda máis lonxe, e lograron non só que se falase, e moito, do vídeo de campaña, senón conseguir un apoio social e dos medios moi amplo cun rexeitamento e unhas críticas desfavorables practicamente nulas, malia que as contradicións do anuncio dan o cante a leguas. “Nunha sociedade sen educación sexual o porno é o teu libro de instrucións [...] e mentres siga así seguiremos fabricando violadores en manada”, sentencia en alusión ó incremento de violacións grupais durante este ano, e particularmente ó caso de La Manada.

Conseguírono, lograron darlle un xiro final para negar as relación de poder que ata o momento parecían ter tan claras, para facer crer que é posible unha compra de sexo e mercantilización da muller na que ela non sexa explotada

O monólogo da muller que presenta o anuncio (ou de quen llo escribise) define a mercantilización do sexo e do corpo da muller como causa do patriarcado e da cultura da violación. Ata aí ben. Se non fose porque o que pretenden venderche é precisamente un evento de mercantilización do sexo e do corpo da muller. E é certamente alarmante que tanta xente non vexa nada de contraditorio niso.

O vídeo conclúe: “nunha sociedade sen educación sexual era obrigatorio que o porno cambiase”, mentres un cartel reza “agora mandamos nós [as mulleres]”, en defensa da pornografía “ética” ou “feminista”, coma se puidese haber maior oxímoro ca ese: o feminismo nunha situación intrinsecamente desigual na que se compra o acceso ó corpo doutra persoa, ou dito outramente, o consentimento sexual, para satisfacer e servir sexualmente a quen o paga. Conseguírono, lograron darlle un xiro final para negar as relación de poder que ata o momento parecían ter tan claras, para facer crer que é posible unha compra de sexo e mercantilización da muller na que ela non sexa explotada. O anuncio vén dicir: a compra - venta do consentimento sexual levounos a isto, e é horrible, pero, por certo, se queres empalmarte íspome para ti por diñeiro.

O exercicio de hipocrisía do Salón Erótico de Barcelona é aínda maior se temos en conta as empresas ás que concederon patrocinio e que, xa que logo, se lucraron con iso. Apricots, unha cadea de prostíbulos, foi a empresa patrocinadora de 2016, e foi denunciada por UGT por convocar unha selección de voluntarios para traballar no evento a cambio dun pase gratis, unha explotación da que quen leva o beneficio ó completo é a propia empresa. Apricots retirou a mencionada convocatoria despois do escándalo (hai que ter presente que foi o ano do anuncio de Amarna Miller).

Realizando unha procura en Google, o primeiro resultado que me dirixía á súa páxina web titulaba o sitio como “chicas de compañía muy putas”. Moi putas? Pódese ser electricista, moi matemática, moi psicóloga, moi estibadora? A propia empresa non trata á prostitución como un oficio, senón como unha degradación e cousificación sexual da muller. “Escorts y chicas de compañía. Elige tu chica favorita, llama y si te he visto, no me acuerdo”, lese na súa páxina de inicio. “Prostitución ética”, un pouco máis abaixo.

Tamén ó final da páxina leo que ofrecen cursos de prostitución, pero só para mulleres. Consultei o seu catálogo de prostitutas. De prostitutas, porque homes non venden, só mulleres. Pero oe, que son moi feministas, é un traballo tan empoderante, tan marabilloso e tan pouco degradante que non hai un só home en todo o catálogo. Na sociedade patriarcal a muller sempre foi relegada ó rol da sedución, de servir de obxecto sexual. De 41 mulleres que venden, tan só 2 son españolas.

Adóitase dicir que non hai peor cego que o que non quere ver. Habería que cuestionarse se non é igual de perigoso o cego ó que lle fan crer que xa ve, con claros intereses lucrativos. Imos seguir pechando os ollos á explotación das mulleres? De verdade imos seguir negando a relación entre a prostitución e a desigualdade e exclusión social?
Os lectores poderían considerar anecdótica toda polémica relacionada con Apricots, pero o certo é que o evento condecora ós mesmos que o Salón Erótico de Barcelona di rexeitar no seu anuncio. En cada edición, e desde 2013, nomean a unha serie de traballadores sexuais ou vencellados á pornografía, escenas, empresas e empresarios para a entrega dos coñecidos como Premios Ninfa.

Naquela primeira edición concederon o premio ó “Recoñecemento a toda unha carreira” a Torbe, que xa fora condenado en 2008 a un ano de prisión por corrupción de menores por gravar un vídeo conscientemente cunha adolescente de 16 anos, á que fixeron asinar un documento en inglés conforme tiña 18, e tamén pesaba sobre el unha condena en firme de 2012 da Audiencia Nacional a outro ano de prisión, confirmada polo Tribunal Supremo en febreiro de 2013, por estafa telefónica en “La Hora Chanante”, un concurso televisivo de Canal 7: os espectadores chamaban a un número, desde onde para recibir o premio se lles esixía chamar a un segundo teléfono, propiedade de Torbe, con tarifa adicional, e á súa vez esta chamada dirixía a un terceiro. Na seguinte edición a páxina web de Torbe, Putalocura.com, sería nomeada pola categoría “Mellor web española elixida polo público” e obtería un novo Premio Ninfa.

Cada ano, son nomeadas e premiadas grandes produtoras de pornografía convencional como Brazzers, premiada en 2014, ou Cumlouder, en 2015, así como actores e actrices de porno convencional, que este ano competirán nas categorías actor, actor gay, actriz e... sería esperable “actriz lesbiana”, pero resulta que o prisma desde o que o Salón Erótico de Barcelona concibe a pornografía é tan profundamente patriarcal e misóxino que considera o lesbianismo como unha parte do porno hetero, concretamente para o consumo de homes hetero, ela sempre ten que estar disposta a comerse un nabo, o seu desexo non se ten en conta, é un obxecto sexual, e polo tanto non hai categoría “actriz lesbiana”. O que si hai é categoría “MILF”. E eu pregúntome, en que se diferencia isto do “porno máis machista” que din rexeitar?

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Trabajo sexual
Anneke Necro “Es imposible hablar de porno sin analizar cómo hemos llegado hasta aquí en materia de placer”
Hablar de cómo se ha construido el deseo en nuestra cultura occidental es una de las motivaciones que Anneke Necro persigue en su primer texto, ‘Deseo disidente: las políticas del placer’.
Cine
VEINTE AÑOS DE PORNO FEMINISTA Erika Lust: “La pornografía es política”
Erika Lust es un referente del porno feminista y del porno ético, aunque ella hace algunas puntualizaciones sobre esas etiquetas. Celebra veinte años de carrera con la publicación de un libro que recoge su trabajo.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.