Cine
“Afortunadamente ou por desgraza, Cans nunca será unha franquicia que compre ninguén”

Conversamos con Alfonso Pato, director do Festival de Cans, sobre a recentemente concluída XX edición dun evento cultural pioneiro a nivel estatal que reuniu a máis de 13.000 persoas durante a pasada semana nesta parroquia do Porriño
Cans_Pato_1
O director do festival apresentando unha das curtas que se puideron ver no Invernadoiro. Bea Saiáns
27 may 2023 09:00

A XX edición do Festival de Cans, que se celebrou o pasado fin de semana nesta aldea do Porriño (Pontevedra), deixou cifras históricas. Máis de 13.000 persoas pasaron polo festival nos seus cinco días de duración, entre o martes 16 e o sábado 20 de maio. Ese derradeiro día, o considerado día grande do certame, pasaron por Cans máis da metade do total de asistentes.

A última hora do sábado deuse a coñecer o reconto final dos votos do público. A curta premiada foi o filme de animación Sandwich Cat, de David Fidalgo, un creador con ampla traxectoria no certame. Fidalgo completou así o elenco de premiados, onde o gran protagonista foi o marinense Ángel Santos, que levou catro galardóns coa súa curta Alicia fai cousas.

O Festival de Cans esgotou todas as entradas dispoñibles, tanto para o concurso de curtametraxes e os visionados públicos nos jalpóns como para espazos de lecer colectivo como o Invernadoiro ou a Leira do Río, epicentro dos concertos nocturnos que estivo a tope entre o venres e o sábado, con actuacións como Los Punsetes, Mr. Kilombo, The Limboos ou os espectaculares Serial Killerz.

Polo emblemático torreiro foron pasando as caras más coñecidas do panorama audiovisual galego e a cabida resultou insuficiente para acoller a todas as persoas que se achegaron ao encontro con Álvaro Gago, María Vázquez e Eduardo Rodríguez “Tatán” arredor do filme Matria durante a xornada festiva do mércores 17. Durante a mañá do venres 19 púidose visionar o filme Honeymoon, con Enrique Otero, Nathalie Poza e Javier Gutiérrez; mentres que na tarde do sábado houbo un coloquio especial sobre as dúas décadas do xa ilustre festival, que contou coa participación de Antonio Durán “Morris” e Mabel Rivera. Outro icónico momento foi a colocación no torreiro da estrela de Luis Zahera, Premio Pedigree desta edición. O público que abarrotaba o espazo adicoulle unha grande ovación. Cans recuperou tamén este ano as visitas de colexios e institutos. Polas matinais do festival pasaron arredor de 600 rapaces e rapazas para desfrutar da cultura.

Cine
CINE "Cando contas a vida de alguén, estás facendo política”
Álvaro Gago E María Vázquez son director e actriz, respectivamente, da película Matria. É difícil non sentirse cerca deles mentres conversamos sobre cinema, post-its, feminismo e a importancia de vernos reflectidos nas películas que nos chegan.

Porén, o Festival de Cans é moito máis que cinema e música: trátase dun evento cultural feito nunha aldea do rural galego onde destaca a colaboración interxeracional. Serve, ademais, para dinamizar o tecido asociativo da comarca durante todo o ano.

En relación a Cans fálase de agroglamour en contraposición ao elitista festival francés que se pronuncia do mesmo xeito. Conversamos con Alfonso Pato, creador e director do festival, así como veciño de Cans, sobre estes vinte anos de historia e os retos da xestión cultural, entre outras cuestións.

Como naceu o Festival de Cans?

A idea de facer o festival xurdiu unha tarde dun sábado na que casaban Felipe e Letizia en Madrid (un 22 de maio de 2004). Estabamos a ver na tele como alí caían chuzos de punta e en Cans, na casa da miña familia, facía calor e fóra tiñamos un sol espléndido. Esa tarde empezamos a chancear co tema de facer de Cans o escenario do festival. Penso que desde o primeiro ano caeu ben a idea.

Cal era a idea?

Facer do Cans de aquí un contracans, un contraCannes, que houbese chimpíns en lugar de limusinas, e promocionar e poñer en valor a obra de cineastas novos.

Conseguiuse?

Desde o primeiro ano tivemos en Cans curtametraxistas que acabaron facendo carreira nas longas. Alberto Vázquez, que vén de triunfar con Unicorn Wars, Ángeles Huerta, con O corpo aberto, Fernando Cortizo, que fixo longa de animación e documental, o propio Álvaro Gago, director de Matria, Xacio Baño, con Trote e outras. Penso que hai un anaquiño do festival en todo iso. Non tiñamos nin idea de festivais e aprendemos a base de golpes. Vinte anos despois, parece que mal non o fixemos. Por certo, que o periódico do festival é o Cancine e leva doce anos. Estivemos a pensar que debe de ser unha das publicacións xornalísticas en galego máis lonxevas.

Hai unha xeración que creceu co festival e moitos seguiron o camiño do audiovisual
Cal é o impacto e a pegada que deixa o festival no territorio e nas habitantes? Como evoluiu ao longo destas dúas décadas?

Hai un impacto económico evidente, pero que sempre é máis frívolo e que me interesa relativamente. Os bares traballan, os buses funcionan, os taxis, os hoteis… Está moi ben e é incuestionable, pero é moito máis importante que haxa 130 contratacións laborais e moitas de persoas da zona ás que o festival lle fai o seu primeiro contrato. Hai tamén un impacto artístico, en como a xente se vai formando en cine, vai estando en contacto directo con ese mundo, con esa cultura, ven curtas, o establecido, o experimental, coñecen novas formas de achegarse ao cinema. E cando pasa o festival, seguen vendo cine, indo a curtas que proxectamos nós… Hai unha xeración que agora de idade está na década dos 20 anos e creceron co festival, que fixeron de guías, formáronse no audiovisual e moitos elixiron seguir o seu camiño profesional por aí. Algúns traballan con nós no festival.

Hai un vínculo emocional?

O impacto emocional, de vínculo coa aldea, é moi importante. Un veciño díxome hai pouco: “Ti pronuncias agora Cans e non é a mesma palabra que hai vinte anos”. Non falamos só de que non é o mesmo para os de fóra senón para os de dentro, que son os que máis importan. O impacto maior é ese. Persoalmente é o que máis me gusta, pero tamén o que máis me ata.

Cans_Chimpin
O famoso chimpín de Cans que leva ás estrelas convidadas aos diferentes espazos do festival. Bea Saiáns
Atar nun sentido positivo ou negativo?

En todos os sentidos. Son moitos anos. Hai moito traballo detrás de Cans. Miles de cousas que non se ven e que tal vez outro festival non ten. Afortunadamente ou por desgraza, o festival de Cans non vai ser nunca unha franquicia que compre ninguén.

A integración do festival na aldea foi unha decisión planificada desde o principio?

Foi unha aposta moi consciente. Rara é a casa de Cans que non ten in vínculo co festival. Ten unha relación moi orgánica coa aldea. Por exemplo, acaba e morrer Carme, unha veciña. Case toda a familia está vinculada ao festival. É algo que afecta ao noso ánimo. Non creo que isto lle pase a moitos festivais.

Cans Interxeracional_vellas
Unhas das explicacións do éxito do festival é o traballo inerxeracional e de base que se fai durante todo o ano. Bea Saiáns
Cans presta atención desde o inicio a formatos audiovisuais tradicionalmente menos recoñecidos. As curtametraxes, mais tamén booktrailers, videoclips... Axuda isto a enganchar con públicos diversos e a fomentar a creación audiovisual fóra dos grandes orzamentos?

Está todo conectado. Buscamos un público alén das curtas. Somos o único concurso de videoclips en Galiza e un dos máis antigos de España. En Galiza estánse a facer cousas moi boas… Xaime Miranda, Javi Camino… moitos mozos e tamén mozas que pasaron polo viveiro do audiovisual que é Cans e o seu concurso. Nesta edición haberá un concerto de Fillas de Cassandra no torreiro, pero tamén presentaremos unha retrospectiva dos seus videoclips porque vimos que é un material audiovisual sobre o que paga a pena poñer un foco. Iso achega un público ao que lle gusta a música, igual que os booktraileirs achegan un público amante da literatura, da poesía… Así ampliamos disciplinas e públicos. De poesía fixemos este ano unha cousa chula con Rosalía Fernández Rial, que creou algo ad hoc para Cans. Queremos ser un escaparate interdisciplinar.

Cans Interxeracional_nenas
Un festival que vai máis alá do cinema, trátase dun evento multidisciplinar. Bea Saiáns
Despois da renuncia de Miguelanxo Prado á dirección do Viñetas desde o Atlántico fálase das dificultades pouco visibeis na xestión dos festivais. Por unha banda, é un imperativo xustificar con transparencia o emprego de fondos públicos, mais por outra, considérase que existe un sometemento burocrático desproporcionado desenvolvido por profesionais sen formación en cultura. Cal é a súa experiencia?

Identifícome co que di Miguelanxo Prado. As administracións xeran bloqueos. É unha maquinaria burocrática que parece que está feita para paralizar o traballo. Pasas un ano facendo de todo menos o festival. É un labirinto burocrático e son procesos de xustificación moi subxectivos porque a persoa que analiza iso nun excel moitas veces non sabe nada nada do teu sector cultural. É esgotador e un fiasco económico porque hai que lle pagar a asesores fiscais, avogados… É un secuestro burocrático que se retroalimenta. Hai que simplificar o método de comprobación e facelo máis racional.

As administración xeran bloqueos, é unha maquinaria burocrática que parece que está feita para paralizar o traballo. Pasas un ano facendo de todo menos o festival
Considera Cans un festival sostíbel e que pode perdurar polo menos vinte anos máis?

É un festival sostible, ás veces con custo persoal. Considérome gardián da esencia. Quero seguir a traballar organicamente cos espazos, aínda que se teña que poñer unha carpa para os concertos. Economicamente non facemos dispedios, o máis caro é o musical e tendemos a diversificar en actuacións pequenas, en espazos pequenos, que non estean máis de 1.500 persoas xuntas nunca. Estamos a desenvolver un protocolo interno para abordar a violencia de xénero. Ten que seguir sendo interxeracional, de cativos a maiores, que sexa popular en contidos, pero que teña cabida a experimentación, os novos creadores. Do que máis orgulloso estou é de que o festival medrou moito pero mantivo a súa esencia de conexión co territorio, e agardo que siga así.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Cultura Máis de 30 artistas esixen aos catro festivais galegos de KKR que cumpran coas demandas do pobo palestino
Bandas como Bala, Highpaw, O Leo de Matamá, Dakidarria, Zénit, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro apoian publicamente as demandas da maior coalición da sociedade palestina contra o fondo proisraelí.
Granada
Cómic 'La Revística': el caso de Juana Rivas, Remama contra el cáncer y más historias de la Granada rebelde en cómic
La asociación ‘La Tebeoteca’ publica el número 9 de su revista gráfica que incluye el caso de Juana Rivas, la iniciativa ‘Remama’ de mujeres pacientes oncológicas o el mítico festival granadino ‘Espárrago Rock’, entre otros temas
Euskera
Aresti 50 urte Mailukadaren oihartzuna Arestiren ahotsan
Ekidak bederatzi artisten abestiak bildu ditu disko batean, 'Bigarrenez Aresti' egitasmoaren baitan. Ez da omenaldi soila, ezta bilduma hutsa ere: Gabriel Arestiren berrirakurketa eta berreskuratze saiakera da. Poetaren heriotzaren urteurrenean aurkeztu zuten lana Bilboko Bira espazioan.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.