Cine
"Cando contas a vida de alguén e non a edulcoras, estás facendo política”

Álvaro Gago e María Vázquez son director e actriz da película Matria. É difícil non sentirse cerca deles mentres conversamos sobre cinema, post-its, feminismo e a importancia de vernos reflectidos nas películas que nos chegan.
foto matria
22 abr 2023 09:00
Muller fartura de loita
Que che hei dicer eu, muller
Se ti es coma a terra nosa
E a terra coma ti é
Se ti es coma a terra nosa
E a terra coma ti é

“Muller” da BSO de Matria, por Sés


Contan os antropólogos Sharon Roseman e Enrique Alonso Población na introdución do libro Antropoloxía das Mulleres Galegas. As outras olladas que os traballos feitos no século XX por Lisón Tolosana foron en parte un xerme para que estudosos de diferentes zonas do mundo se achegaran a Galiza. Que buscaban? Comprobar se as afirmacións de que o territorio galego eran un matriarcado eran reais.  

Aos traballos de varias desas antropólogas que viñeron na procura dese suposto matriarcado —entre elas, a propia Roseman, Heidi Kelley ou Anna Aalten— foi aos que chegou Álvaro Gago no ano 2012. “Eu vin por primeira vez o falso mito do matriarcado galego nun artigo de Montse Dopico que publicou en Praza e tamén no Diario Liberdade”, explica Gago cando se lle pregunta como naceu a semente de Matria.  “Foi ese artigo e as referencias bibliográficas que manexa (como Heidi Kelly, Sharon Roseman, Xabier Castro ou Lourdes Méndez) as que me levaron despois a investigar todo este tema”.

Antropología
"Hai presión por ser un emigrante exitoso”

A antropóloga canadense é autora de numerosas publicacións en torno á figura da muller na Galiza, o patrimonio galego, a crise demográfica ou a problemática do paro no país. En abril participa no XIV Congreso de Antropoloxía en Santiago de Compostela.


É máis tarde, no 2018, cando nace a curtametraxe Matria que conta a historia de Francis, a coidadora do seu avó e personaxe na que se basea esta nova longametraxe homónima estreada hai un mes e que ten por protagonista a Ramona, unha persoa que é case que un prototipo de muller galega de costa. “Eu, cando comezo a pensar na idea para a película de Matria, utilizo uns post-its que poño nun corcho”, conta o director cando falamos de como nos coñecemos nun coworking onde el preparaba o guión hai uns anos. “Ti coñeciches a terceira versión de post-its. Os primeiros púxenos na habitación da miña curmá, na casa da miña tía, que foi aí onde baleirei e vomitei a primeira versión de guión. Despois, eses post-its remataron na papeleira, empecei de novo, remataron no lixo outra vez... Ata a versión final”, explica Gago.

É a versión definitiva é un filme que parece reflectir a vida mesma e onde é sinxelo esquecer que non estamos diante dun documental, aínda que o pareza. “Cando lle puxen a Francis o tráiler, foi alucinante. Porque mira que falamos da película, leu o guión e tiña claro que era unha ficción. E, aínda así, cando rematou, díxome con toda sinceridade: «Pensei que era eu». Un súper cumplido!”, ri Gago. “Cando viu a película en Málaga estivo chorando de principio a fin, pero tamén saíu cunha reserva. Tiña medo de que outra xente identifique isto cun documental. Porque non o é, é unha ficción e é importante recalcar isto. Por exemplo, preocupáballe moito que a xente pensase que a súa filla lle roubaba, como acontece no filme”, explica o director. “Nunha actuación en Vilanova, de feito, unha espectadora dixo ao sair do cine: é que non sei que viñemos facer aquí porque isto témolo na vida mesma”, engade.

Cando lle puxen a Francis o tráiler, dixo con toda sinceridade: «Pensei que era eu». Un súper cumplido!

Matria conta a vida de Ramona, mentres a acompañamos no seu día a día saltando de traballo en traballo e enfrontándose a unha sociedade que nin a ten en conta nin a coida a ela. “Isto é unha das cousas coas que máis tiven que empurrar —a través da insistencia e o cariño— para que tanto a curtametraxe como a longametraxe chegasen a existir”, conta Gago. “Porque como lle pasa a Ramona —e a moitas mulleres galegas— a Francis tamén lle dixeron toda a vida que non valía para nada, entón ela non vía tampouco a importancia de contar a súa historia. O peor é que llo seguen dicindo, eh! Dinlle que non se crea actriz, que non é nada”. 

maría patria

É difícil ver Matria e non sentir unha asfixia que se acompaña con planos pechados. En ocasións, de feito, só se nos permite ver a expresión de Ramona, interpretada por María Vázquez, que enche a pantalla en todos os sentidos, facéndonos entrar de pleno na vida desta muller de Vilanova. “É que fixemos moito antes da rodaxe!”, conta Vázquez, mentres explica como traballou durante un ano, nas fins de semana, como recolledora de mexillóns ou limpadora, igual ca súa personaxe, e usaba a súa cociña. A idea é que todo fose o máis realista posible. “Creo que o filme funde as súas raíces no traballo previo, que tamén nos sumiu nun estado anímico concreto”, engade Gago. “Despois a rodaxe foron só cinco semanas. Non é nada, pero é porque xa fixeramos todo antes. Para cando rodamos, eu xa sentía a cociña de Ramona como a miña propia”, reflexiona a actriz.

Detrás de Matria, polo tanto, hai investigación, estudos, persoas e moito traballo que se ve reflectido no resultado final. “Eu conto coas opinións da xente que fai a película comigo. Porque se tes contigo xente que ademais sabes de primeira man que é mellor nas súas diferentes disciplinas do que es ti, como non vas contar coa súa aportación?”, di Gago sobre as persoas que fixeron posible Matria.

E ese traballo cooperativo vese reflectido neste filme, que ten moito de feminista. “Agora el vai dicir que non foi cousa súa que sexa tan feminista. Pero, aínda que todo o mundo aportou algo, o gordo da película xa estaba”, asegura Vázquez.  “Eu diría que, do que me chegou de primeiras, cambiaron detalles ou remarcamos cousas que igual no guión —porque el non pon moitas acotacións— non estaban. Cousas que falamos para asegurarnos de que estabamos no mesmo punto”. Un detalle, por exemplo, é que cando Álvaro Gago entrou en Berlín a xente esperaba ver unha directora subindo ao escenario. “Ao final tamén é certo que a mirada, por exemplo, é de Lucía. É ela quen ten a cámara, sinte con María e pon a súa empatía ao servizo da película”, recalca Gago. 

No momento no que contas a vida de alguén e es realista, non edulcoras, estás facendo política.

Pero, aínda que o feminismo engloba o filme de principio a fin, non é o único tema que se toca na película. A crise sanitaria, a precariedade laboral, a saúde mental, a soidade... Son algunhas das reflexións que Matria lanza en pequenos xestos. “Quería tocar estes temas pero sempre desde o íntimo. O cinema non pode ser didáctico nin apelar a unhas mensaxes pensadas previamente. Ten que aspirar a crear calafríos que despois si que che leven a reflexionar”, comenta Gago. “O posicionamente político está no foco. Todo o demais preciso subxugalo á historia persoal de Ramona e que sexa a través dela que veña o demais”, matiza. Con todo, Gago asegura que para lograr isto ten que facer un esforzo. “De feito, nas primeiras versións dos post-its de Matria eran moitísimo máis reivindicativos”, ri. “É que no momento no que contas a vida de alguén e es realista, non edulcoras, estás facendo política”. “A vida é política!”, engade Vázquez. “E ai está realmente o poder do cinema e a responsabilidade que temos ao crear imaxes”, remata Gago. “Dá igual o xénero da película, para min todas as historias teñen que contar algo. É indisociable a vida do cinema”.

Porque, en Matria, a propia Ramona fai política, aínda que faga mala política tamén. “Porque ela tamén é moi machista ás veces... non é perfecta e isto é moi guai. É moi necesario ver mulleres imperfectas e incorrectas como referentes na TV e no cine. Porque non pasa. Aínda hai xente que se sorprende e di, vaia carácter! E que Ramona como é!”, reivindica Vázquez sobre o papel da súa personaxe. 

alvaro patria

Unha reivindicación pola que Gago tivo que loitar, xa que moitas persoas tiñan medo de que Ramona chegara a caer mal e iso fose un problema para o filme. “A xente non está acostumada a que as mulleres se revelen. E que se Ramona cae mal ás veces? Eu hai días que tampouco me aturo, como a vida mesma!”, engade Vázquez.  “O peor é que, ao mesmo tempo de que se queixen de que ten moito carácter, tamén se estrañan de que, precisamente por ter carácter, non deixe ao marido”, di a actriz. “Pero é que non é tan sinxelo. Non se trata de ser forte, trátase de todo o que temos metido na cabeza”, engade Gago.

É indubidable que Matria dá para falar moito. A conversación continúa sobre o galego, a importancia de non deixarse levar pola fama ou o que pode facer un cinema propio pola autoestima das persoas que se ven reflectidas nel. Cando se lles pregunta por se o mito do matriarcado segue igual hoxe, os dous téñeno claro. “Na cidade está claro que non temos o poder porque traballamos dentro e fóra da casa; pero é que no campo e no mar se agrava porque os traballos son moito máis duros”, comenta Vázquez.  “Non é que non sexa un matriarcado, é que é escravitude absoluta! Porque non se valoran os traballos que se fan na casa e fóra traballan coma mulas. E no mar os traballos aínda son remunerados, pero as mulleres que traballan no campo, que en teoría é onde naceron os matriarcados... Aí as mulleres fan todo sen mandar nada e sen descansar nunca. É gravísimo. E con homes dicindo, como pasa na peli, que son elas as que mandan na casa”, denuncia Vázquez. “Por non falar doutros temas da película como as violacións dentro das parellas, etc. Queda moitísimo por facer. E aínda por riba se nos educa para aguantar e aguantar, algo que lle vén moi ben ao patriarcado”. Gago ve importante matizar que non pasa só coas mulleres galegas. “Téñenme preguntando como se ve a Ramona fóra, unha pregunta que leva implícita a crenza de que isto só pasa aquí. E non. A xente doutras zonas do mundo vese reflectida igual. É unha realidade que non entende de fronteiras”.

Non é que non sexa un matriarcado, é que é escravitude absoluta!

Chegamos ao final da entrevista —e do filme— e falamos desa Ramona que se libera. “O importante é que ela xa non vai ser a mesma, xa non hai retorno. E ademais a súa decisión vai afectar positivamente ás persoas ao seu redor: á súa filla, a futuras veciñas... Esa era a épica dese rachar coas fendas da súa contorna, coas normas establecidas. Rachar con todo iso é o que está no corazón da película”, di Gago. Para el, a cuestión é que Ramona non só marcha senón que comprende que para facelo ten que “sacrificar o control sobre a súa filla” e deixar de “facerse imprescidible” para o mundo que a rodea. “Este é un temazo. Porque antes de poder liberarse precisa deixar de autoxustificar que queda por unha razón. Nun momento da película ela di que non pode marchar «porque ten moito que facer». E aí radica o cambio, que cando se lle presenta a opción de volver ao inicio, —regresar á fábrica ou quedar co señor Pepe— rexéitaa e fai o que menos esperas”. A opción que ademais, comenta Vázquez, é pola que máis te alegras e non adoitas ver no cinema. “É necesario dar ese referente de que é difícil marchar, pero pódese. E poñer o foco tamén en como podemos axudar o resto nestas situacións”.

Para rematar, reflexionan sobre o éxito do filme, algo que tanto director como actriz aseguran que non é o máis importante, senón que a película chegue a moitas persoas. “Si que queres que a vexa moita xente, claro. Pero, no meu caso, se nalgún momento do proceso penso en se vai ter éxito, fago así e métoo nunha caixa. Porque este tipo de pensamentos condicionan a creatividade”. Vázquez engade que para ela xa foi un éxito por ser unha película “ moi gozosa que foi de facer”. A continuación, sorrí e comenta que unha muller que coñece pediu o divorcio xusto despois de vela. “En Berlín comentaran que ía provocar divorcios. Pois mira, un polo menos!”. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Antipunitivismo
Antipunitivismo Las malas víctimas responden
Este texto lo firmamos dos malas víctimas, comprendiendo con ello sujetos que deciden disputar tal categoría.
Literatura
Antonio Orihuela “En España existía un sujeto femenino radical y de cambio antes del movimiento sufragista”
A propósito de la publicación de su ensayo “Las sin amo”, repasamos con Antonio Orihuela la historia silenciada de unas escritoras de los años treinta comprometidas contra la lógica burguesa, el Estado, el capitalismo y la explotación.
Feminismos
Feminismo Solo el feminismo nos va a salvar de esta
El ascenso de líderes autoritarios pone en peligro las democracias occidentales. ¿Podrá el feminismo ser la clave para detener esta deriva?
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez resucita el decreto ómnibus con más ayudas a los propietarios
El Gobierno anuncia un acuerdo con Junts para reflotar el decreto que permite revalorizar las pensiones con nuevos avales estatales para caseros. El presidente se compromete a convocar una moción de confianza.

Últimas

Sanidad
Sanidad privatizada Óscar López vuelve a ceder al chantaje de las aseguradoras y aumenta un 41% el dinero para Muface
El gobierno aprueba en el Consejo de Ministros un aumento de las primas para las aseguradoras privadas del 41,2%, superior al que en un primer momento estas empresas demandaban.
Deportes
Liga F Nuevo convenio para las futbolistas: guarderías, mejoras en el protocolo antiacoso o subida salarial
Hace firme los aumentos salariales del acuerdo de salida de huelga de 2023 e incluye todos los puntos que quedaron pendientes entonces. Dos de los sindicatos del banco social se descuelgan de la firma por considerar insuficiente el convenio.
Economía
Fiscal Impuestos de Trump: subida a los consumidores y protección a Silicon Valley
Las primeras medidas fiscales anunciadas por el nuevo presidente de los Estados Unidos dejan bien claras sus intenciones, quiénes se van a beneficiar de ellas y quiénes las sufrirán.
Serbia
Balcanes Dimite el primer ministro serbio, Milos Vucevic, por las protestas estudiantiles contra la corrupción
El país balcánico entra en fase de Gobierno técnico después de que cientos de miles de personas precipitaran la caída de un Ejecutivo al que se acusa de ser responsable de la caída de una marquesina que causó la muerte de 15 personas.
Palestina
Genocidio El ejercito israelí sigue matando en Gaza pese al acuerdo de alto al fuego
Mientras cientos de miles de palestinos y palestinas del norte de Gaza regresan a sus tierras formando una inmensa columna, las fuerzas sionistas prosiguen con sus ataques sobre el pueblo gazatí.
LGTBIAQ+
Estudio Discriminadas en la educación, la sanidad y el trabajo: la situación de las personas LGTBIAQ+ con discapacidad
El 78% de las personas LGTBI+ ha experimentado algún tipo de discriminación en el ámbito educativo. Es una de las conclusiones del estudio ‘La situación de las personas LGTBI+ con discapacidad en España’ presentado este lunes.
València
Lawfare Mónica Oltra es absuelta de calumnias contra el presidente de Ribera Salud
Alberto de Rosa, responsable de la empresa que gestiona las concesiones de sanidad pública de gestión privada, retiró su demanda un día antes del juicio, por lo que ha sido condenado a costas.
Análisis
Análisis La vivienda, un problema democrático
La falta de políticas justas que equilibren las relaciones de poder entre propietarios-rentistas-bancos e inquilinos-consumidores da cuenta de un problema estructural de la democracia.
Barcelona
Barcelona Mossos y Guardia Urbana desalojan a la Antigua Massana sin notificación previa
La orden de expulsión por vía administrativa quedó suspendida el pasado 17 de octubre y los abogados del centro social denuncian que no han recibido ninguna orden judicial de desalojo.

Recomendadas

Medio rural
Reportaxe As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
A falta de servizos básicos no rural é a primeira pedra no camiño de quen quere vivir e desenvolver os seus proxectos fóra da cidade. Aínda así, o rural galego atópase á cabeza en canto a titularidade feminina respecto á media do Estado español.
Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Jaén
Andalucía Lopera no quiere que Greenalia especule con sus olivos
Decenas de pequeños olivareros de la Campiña Norte de Jaén podrían perder sus terrenos en beneficio de una empresa que quiere talar los árboles para instalar siete parques fotovoltaicos.
México
Fronteras Tijuana concentra los estragos del cerrojazo de Trump
Frente a la aduana de Estados Unidos se acumulan los migrantes que se han quedado sin cita para su tramitación de asilo, cuya esperanza merma al ver los grupos de deportados que son devueltos a México.