Cómic
Xaquín Marín negouno todo

O Museo do Humor de Fene acolleu a presentación do monográfico sobre a vida e obra de Xaquín Marín.
ilustración monográfico Xaquín Marín
Ilustración da capa do monográfico de Xaquín Marín.
Pablo Santiago
28 abr 2023 10:00

“Neste 2023, Xaquín Marín fai oitenta anos, dos que pasou a maior parte cun lapis ou un grafo na man. Sábeo ben toda persoa que o tratara en calquera momento da súa vida”. Así comeza o libro sobre a vida do humorista, debuxante, xornalista, pintor, activista, Xaquín Marín. O seu fillo, Alexandre Marín, coordinou o libro e moderou o acto da súa presentación, acompañado de persoas que conviviron co autor en diferentes etapas da súa vida.

acto Xaquín Marín

Á primeira delas transportounos Emilio Romero, compañeiro onde naquela altura estaban os compañeiros, en Astano. Alí, nunha pequena oficina, Xaquín debuxaba e pensaba o futuro:

—Non tiña malas palabras para ninguén —relatou Emilio—, sempre axudaba a quen o precisaba, fose unha asociación, un sindicato... o que fose. Abriunos a moitos todo un mundo cultural e político.
—Pois non ía botalos; eles viñan falar comigo e eu mentres tanto debuxaba — recoñecía o propio Xaquín confirmando os debuxos en horas laborais.

Nesa transitada oficina chegou a crearse un “sistema de distribución de libros” de Edicións do Castro: “Xaquín coordinaba os pedidos que faciamos todos os meses. Cada persoa ía pagando como podía. E non eran só libros en galego, tamén algúns de historia, de poesía, de teatro... Non era unha cousa pequena, que eramos 11.000 persoas  traballando. Era todo un mundo cultural e político dentro do mundo do traballo”.

Así funcionaba esa caixa B de Xaquín, segundo el mesmo contou: “Cada quen metía na caixa un papel onde poñía « debo tanto» e algúns que precisaban cartos en momentos de apuro, metían un papel poñendo «Levo tanto»”. Xaquín, sen sinos de arrepentimento, xustificouse argumentando que “Díaz Pardo facíanos un desconto do 20%”. Facenda nunca soubo nada, pero si a policía: “Acusáronme por esa caixa pensando que era de Socorro Rojo”. O público riu, sen saber se a afirmación era chiste ou recordo.

Emilio Romero rematou recoñecendo unha vez máis o traballo do seu amigo: “Foi importantísimo para a cultura deste país. Do que menos se pode falar e de se os barcos dependían do seu traballo.” Xaquín negouno todo agás algunha cousa: “O único certo de todo o que dixo hoxe aquí Emilio é que eu pouco fixen na produción de barcos”.

Entre risas e palmas continuou Siro López, debuxante e caricaturista que tamén comezou nos estaleiros, en Bazán. Xaquín e Siro coñecéronse no Círculo de Perlío, fixéronse amigos e foron precursores do humorismo gráfico en Galiza. En 1983 lanzaron o Manifesto en Defensa do Humor. “Defendiamos que o traballo de humoristas en prensa era exactamente igual que o xornalismo literario, algo que os xornalistas non entendían. Se chegaba unha noticia de última hora, quitaban a viñeta do debuxante ou a foto do fotógrafo”.

viñeta Xaquín Marín
Viñeta de Xaquín Marín de 1976

Siro López quixo imaxinar como naceu o Xaquín humorista: “Con catro anos mirouse nun espello e viu que era estrábico. Tivo que decidir se botarse a chorar ou botarse a rir, e decidiu rir”. Tamén explicou aprofundidade do seu humor, desde Gaspariño a Isolino: “Os debuxos de Xaquín non nos fan escachar de risa; provócannos melancolía e unha certa nostalxia, sácannos un sorriso. É un dos grandes humoristas gráficos do mundo enteiro.” Como era previsible, Xaquín negouno categoricamente: “Eu só tratei dignificar o noso oficio; por iso se fixo este Museo, para poder expoñer e que a xente poida ver obra”.

Do proceso de creación do Museo falou Daniel Romero, xestor cultural do Concello de Fene xa na altura da súa apertura, en 1984: “O manifesto de Siro e Xaquín de 1983 foi moi útil e a corporación municipal tivo sensibilidade co tema”. Romero contou varias anécdotas destes case 40 anos, como cando “Xaquín tivo que ir a un programa da TVG e compartir espazo con Carmina Ordóñez”, ou cando “viñeron gravar dun programa de Julia Otero e rematamos en Caaveiro con botes de fume”. Máis alá das anécdotas, Romero nomeou a ducias de humoristas que pasaron polo “núcleo irradiador do humor galego” e explicou a achega de Marín ao Museo: “Xaquín foi moi ambicioso nos seus proxectos e conseguiu moitos fondos grazas ao seu prestixio e contactos”.

Culturas
Cen anos de humor gráfico en Galicia

O neno Castelao, que emigrara cos seus país á Arxentina, ficou engaiolado cos debuxos de Cao, ante os que sentiu medrar a súa vocación de debuxante humorístico.

Seguiu o acto coa testemuña de Leandro Lamas, que de cativo foi alumno das aulas de debuxo de Xaquín en Piñeiros (Narón). Pero ata iso negou Xaquín: “Leandro non foi alumno meu; eu fun alumno de Leandro. Eu encargáballe debuxos imposibles. Dicíalle «fai a selva africana sen que apareza selva» , e sempre resolvía”.

A noite rematou coas intervencións institucionais da Xunta e do Concello de Fene, cofinanciadoras do monográfico, e coa súa entrega ás persoas asistentes. Xaquín non volveu falar. Non houbo máis gabanzas en voz alta. Só un xordo e fondo recoñecemento colectivo cara a un bo amigo, cara a —coma el di— “un vello que debuxa”. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.