Jueces para la Democracia impugna ante o CGPX o acordo do TSXG que apartou a Villares da sala de eólicos

A asociación alega que os maxistrados foron apartados sen audiencia previa e sen motivación suficiente. Pide ademais a suspensión cautelar dos acordos e advirte do risco para a independencia xudicial.
villares marea
O xuíz Luis Villares.
27 abr 2026 11:47

Jueces para la Democracia interpuxo un recurso de alzada ante o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial contra a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que separou a Luis Villares e outros tres maxistrados da sala competente para resolver os litixios sobre parques eólicos.

A asociación explicou nun comunicado que, ao seu xuízo, as resolucións “adoecen de graves defectos que poñen en cuestión a inamovibilidade dos maxistrados afectados e, con iso, a propia independencia xudicial”.

A entidade sostén que a decisión se adoptou sen dar audiencia aos catro maxistrados concernidos, entre os que se atopa Villares, membro de Jueces para la Democracia. A iso engade que a medida carece dunha motivación suficiente e que non se respectaron os trámites e contidos que a normativa esixe para este tipo de acordos.

Neste sentido, invoca a sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos no caso Bilinski contra Polonia e a do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 6 de marzo de 2025, que subliñan a necesidade de que decisións desta natureza se sustenten en motivos claros e criterios obxectivos, requisitos que a asociación considera ausentes neste suposto.

A organización advirte de que estes déficits se producen nun “contexto de presión por parte de representantes políticos e empresariais” que, ao seu entender, fai máis necesario aínda extremar as garantías. Lembra, ademais, que segundo a xurisprudencia do TEDH, as irregularidades na composición dos órganos xudiciais poden derivar na nulidade das súas resolucións.

Por iso, Jueces para la Democracia solicitou tamén a suspensión cautelar dos acordos impugnados, e subliñou que está plenamente lexitimada, conforme á Lei Orgánica do Poder Xudicial e á doutrina do TEDH, para actuar en defensa da independencia xudicial.

A asociación trasladou a súa confianza nas institucións e agarda que o Estado de Dereito conxure o que cualifica dun perigo obxectivo para a independencia xudicial e a integridade do sistema xurisdicional europeo.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...