Contaminación
O Goberno sinala a Xunta pola vertedura de pellets, pero soubo dela antes e ten a competencia no mar

Aínda que o Goberno español notificou o galego a potencial catástrofe hai semanas, nin uns nin outros tomaron medidas de contención da vertedura ata que se mediatizou. Galiza ten a competencia da costa, pero o Estado a do mar.
besteiro oscar puente
El candidato del PSdeG a la Xunta de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro y el Ministro de Transportes, Óscar Puente.

O Real Decreto 1695/2012 de 21 de decembro regúlao. O Sistema Nacional de Resposta é cristalino: a mar é competencia por completo do Estado, a través do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable. A costa, das Comunidades Autónomas. A limpeza das praias, até onde dean as súas forzas, dos concellos. Por moito que se encerellen uns e outros na precampaña galega empeñados en culparse polas irresponsabilidades á hora de conter a vertedura de millóns de microplásticos na costa galega. Por máis que diga Alfonso Rueda, o presidente da Xunta colocado a dedo por Alberto Núñez Feijóo cando emigrou a Madrid, por máis que lle responda Óscar Puente, o ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable ao que o presidente do Goberno lle reservou esa carteira tras perder a Alcaldía de Valladolid. Uns e outros menten e recoñéceno nas súas propias acusacións. Funcionarios de ambos os gobernos deron conta do que acontecía entre o 8 e o 13 de decembro e ningún moveu un dedo ata que a catástrofe se mediatizou o xoves 4 de xaneiro. A responsabilidade é compartida e a irresponsabilidade, tamén.

Este mércores fai un mes desde que o 8 de decembro o buque mercante CSAV Toconao, con bandeira do paraíso fiscal de Liberia e operado polo menos até 2022 pola multinacional do transporte marítimo Maersk, perdese media ducia de colectores fronte a Viana do Castelo, en Portugal, cheos de materiais contaminantes. O día 13 do mesmo mes, a prensa local galega xa daba reporte nas súas páxinas das primeiras chegadas de pellets de plástico ás praias de Ribeira (A Coruña), pero tanto o Goberno do Estado como o da Xunta de Galiza fixeron caso omiso tanto ás alertas de Salvamento Marítimo, dependente da carteira de Transportes, como dos primeiros concellos afectados. Agora ben, coas portadas de toda a prensa estatal clamando ante a catástrofe ambiental e cos comicios galegos a pouco máis dun mes de distancia, as estratexias cambiaron.

O principal partido da oposición en Galiza, o Bloque Nacionalista Galego, sen capacidade de acción máis aló dos gobernos que lidera nos concellos afectados, saíu a reclamar responsabilidades ao Goberno do Partido Popular da Xunta. Pero este, a pesar dos riscos ambientais, económicos e sanitarios aos que se está expondo ao litoral galego, resístese a declarar o seguinte nivel de emerxencia que facultaría á Administración estatal para enviar máis efectivos e recursos a limpar as praias, como si fixo Asturias.

Tamén sacou a súa artillaría dialéctica o PSdeG, os socialistas galegos, pero con menor fortuna. O seu líder e candidato para as eleccións do 18 de febreiro, José Ramón Gómez Besteiro, centrou os seus esforzos de precampaña en atizar a Alfonso Rueda: “Tivo que pasar case un mes para que a Xunta activase o seu plan de emerxencia para estas situacións. 23 días perdéronse por parte da Xunta ante un suceso de tal magnitude que os concellos se viron obrigados a resolver como poden e cos medios que poden”. Pero Besteiro era coñecedor da vertedura antes mesmo que o presidente galego, ou polo menos debería selo. A Delegación do Goberno en Galiza deu conta diso e o ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable tamén.

O Goberno, sempre segundo Puente, estivo á altura e fixo “seguimento vía satélite e con vixilancias aéreas” de pellets de plástico de cinco milímetros de diámetro

De feito, Óscar Puente é a punta de lanza que o PSOE mandou a Galiza para tratar de levantar a carreira de Besteiro á Xunta que, segundo todas as enquisas publicadas até o momento, manterase no seu chan electoral no que se colocou desde 2016, con ao redor de 15 escanos, só por diante de Sumar, cuxa entrada no Parlamento galego aínda non é segura. “Son contumaces na mentira (...) Que o señor Rueda non se escude en terceiros nin escorregue o vulto como adoita facer o PP a diario nas autonomías que goberna. O Goberno de España non pode actuar se non se lle reclama a través da activación do nivel 2 de emerxencia”, denunciou Puente estes días. Cabería preguntarse que é o que fixo o seu Goberno desde que o 8 de decembro os colectores caeron ao mar. O Goberno, sempre segundo Puente e sen ningunha documentación oficial, estivo á altura e fixo “seguimento vía satélite e con vixilancias aéreas” de pellets de plástico de cinco milímetros de diámetro e concluíu que “non están no mar”. Algo dificilmente acreditable en termos obxectivos.

En calquera caso, o artigo 149.1.20.ª da Constitución Española atribúe ao Estado as competencias exclusivas en materia de mariña mercante e o artigo 9 da Lei 27/2006, de 18 de xullo tamén é claro na comunicación das Administracións cara á cidadanía: “En caso de ameaza inminente para a saúde humana ou para o medio ambiente ocasionada por actividades humanas ou por causas naturais, as Administracións públicas difundirán inmediatamente e sen demora toda a información que obre en poder das autoridades públicas ou no doutros suxeitos no seu nome, de forma que permita ao público que poida resultar afectado adoptar as medidas necesarias para previr ou limitar os danos que puidesen derivarse da devandita ameaza”. Tanto a Xunta de Galiza como o Goberno español, coñecedores da vertedura, decidiron ocultalo e, con iso, saltarse a lei.

A dinámica do Goberno da Xunta de Alfonso Rueda na xestión de crises ambientais non é innovadora. Do mesmo xeito que aconteceu co afundimento do petroleiro Prestige en 2002, e a pesar de recoñecer o seu coñecemento ao pouco tempo da perda da carga, tal e como revelou este diario, seguiron os pasos de entón. Tras a presión social e mediática, alegar descoñecemento oficial. Despois, sinalar a responsabilidade dos concellos á hora de abordar a limpeza. Tras iso, culpar ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e ao de Transición Ecolóxica. Con iso, escenificar unha recollida oficial cun par de operarios da empresa pública Tragsa e a axuda inestimable da Televisión de Galiza, cuxa cúpula está hoxe asfixiada por un xuízo por acoso laboral e por unha folga que leva cinco anos denunciando a súa insólita manipulación informativa.

E por último, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, explicou que as primeiras conclusións dun suposto informe o centro especializado Cetim que ninguén viu sobre a composición do produto “apuntan a que non é perigoso” ao tratarse de polietileno. Algo que xa comezaron a desmentir desde as cátedras das universidades galegas e de todo o Estado: “Estas esferas presentan un rango de tamaño que fai que poidan ser confundidas por alimento e consumidas polos organismos mariños; unha vez inxeridos, os pellets poden producir danos físicos, como o xerado ao alterar a inxesta de alimento ou por abrasión e tamén a outros niveis, como alteracións endocrinas ou impactos derivados de sustancias tóxicas asociadas”, apuntaba estes días a Science Media Centre Carmen Morales, investigadora de excelencia da área de Ecología do Instituto Universitario de Investigación Marina da Universidad de Cádiz.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Convivencia de Berrocal II: Comunidad de acogida
Volvemos a la Convivencia Rural de Berrocal y, esta semana nos detenemos en la historia de dos familias, una palestina y otra israelí, que nos muestran que la convivencia es posible. Además, tecnosuelos y música. Creemos que merece la pena escuchar.
Sevilla
Medio ambiente La mina de Aznalcóllar volverá a producir en 2028: viejas heridas, nuevos vertidos
La Junta de Andalucía ha dado luz verde definitiva a la reapertura de la mina de Aznalcóllar a manos de la compañía Grupo México, un proyecto que pretende verter más de más de 17 mil millones de litros de aguas tóxica al río Guadalquivir.
Análisis
No a la mina de Cañaveral Las Navas, proyecto estratégico minero de la Comisión Europea sin transparencia ni participación pública
La designación del proyecto de mina de litio de Las navas (Cañaveral, Cáceres) como proyecto estratégico europeo está precedida de una larga historia cargada de opacidad administrativa y de múltiples intentos de limitar la participación ciudadana.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.