Cooperación internacional
Risas emancipadoras para as oprimidas

A asociación Pallasos en Rebeldía está a realizar o Festiclown Pela Terra percorrendo aldeas de
pobos orixinarios no Brasil, despois de pasar por Palestina en setembro. Falamos con Iván Prado,
membro fundador da asociación, sobre as accións que están a levar a cabo.

Pallasos en rebeldía_1
Iván Prado -á dereita- nunha performance no Brasil. Foto: Bernat Armirall

@ojodecondor

21 nov 2018 17:30

A risa como elemento curador para persoas acostumadas a mirar aos ollos da barbarie, humor como motor do cambio social. Esa é a idea que move á Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía, nacida no ano 2004 no seo do Festiclown —Festival Internacional de Clown de Galicia—. O obxectivo da asociación é tecer redes de colaboración internacional para xerar espazos de fraternidade e transformación política utilizando o clown e as artes circenses como ferramenta comunicativa. Dende a súa creación, a asociación comprometeuse con diferentes causas e movementos como a saharauí, a palestina, a dos pobos orixinarios americanos ou a zapatista. Este ano, coincidindo coa vixésima edición do Festiclown, puxeron en marcha diversas accións que os levaron a lugares coma os diferentes campos de refuxiados esparexidos polas fronteiras dos Balcáns, aldeas de pobos orixinarios no Brasil ou a propia Franxa de Gaza, onde tiveron a oportunidade de realizar diversos espectáculos o pasado mes de setembro.

Actualmente están a participar no Festiclown Pela Terra, que os levou ata distintas comunidades de pobos orixinarios e quilombos no Brasil. Iván Prado —Lugo, 1974—, membro fundador da asociación, cóntanos que o vínculo co Brasil xorde por mor dunha primeira xira que levaron a cabo da man de Leo Bassi no ano 2011. A partir dese momento non pararon de visitar o país carioca, realizando diversas caravanas a poboacións indíxenas, o que lles permitiu cristalizar un potente grupo de Pallasos en Rebeldía no país. No ano 2014 participaron do Festiclown Favela, en Rocinha, a favela máis grande do mundo, e no 2016 realizaron a primeira edición do Festiclown Pela Terra. “A experiencia está a ser extraordinariamente fermosa e dura ao mesmo tempo, estamos en comunidades que están a sufrir ataques constantemente”, dinos.

Estivemos en campamentos do MST e en quilombos onde se ve que a xente está organizada porque xa loitara contra a ditadura ou contra gobernos neoliberais, e agora estanse a preparar para a batalla contra Bolsonaro

Nesta edición contan coa compañía do grupo catalán Txarango. “A experiencia é moi potente porque traballar con Txarango en directo, e poder facer pallaso e música en comunidades onde a música é tan relevante e vívese dunha maneira espiritual pero tamén como forma de loita, fai que a conexión coa poboación dos pobos orixinarios se multiplique e sexa exponencialmente máis bela”, comenta. Tamén nos conta que nesta ocasión puideron presenciar como a realidade política do país está a afectar ás comunidades que visitan. “Estivemos en campamentos do MST e en quilombos onde se ve que a xente está organizada porque xa loitara contra a ditadura ou contra gobernos neoliberais, e agora estanse a preparar para a batalla contra Bolsonaro”, sinala.

Pallasos en rebeldía_2
Actuación de Zoo nun colexio na cidade de Nablus. Foto: Hector Carré

A asociación leva dende o ano 2011 realizando o Festiclown en Palestina, e este ano, ademais da súa visita anual a Cisxordania —na que contaron coa compañía do grupo valenciano Zoo—, puideron entrar por vez primeira a Gaza como colectivo. “ Foi brutal, fixemos cinco intervencións artísticas en 48 horas, e no emocional volver a esa praia e a esa franxa de dor e resistencia, de dignidade e esperanza, foi un soño cumprido”, comenta. A visita tamén lles permitiu ver en primeira persoa a situación á que se deben enfrontar os gazatíes diariamente. “Actuamos no hospital de Gaza, e cortouse a luz varias veces durante a función e a visita ás habitacións. O bloqueo enerxético israelí fai que os hospitais queden sen luz durante varias horas ao día. As condicións nas que traballa o persoal sanitario son terribles, xa que non soamente teñen que atender a unha poboación que vive baixo a ocupación a maior represión que se pode vivir no mundo, senón que os seus familiares tamén son asasinados e tamén os matan a eles. A súa actitude é heroica”, asegura.

Ao ser preguntado sobre o trato que reciben por parte da poboación palestina, as súas palabras énchense de emotividade: “a receptividade do público palestino é única. Hai cidades como Nablus nas que somos coñecidos, saúdannos pola rúa ou nos convidan a tomar algo na súa casa", afirma. "Cinco edicións visitando Cisxordania xeran vínculos e coñecemento do proxecto. E sempre dende esa xenerosidade que teñen as poboacións que non saben se mañá estarán vivos, encarcerados ou que lles deparará o futuro, unha entrega que é difícil atopar noutros lugares”.

En xuño visitaron por vez primeira os campamentos de refuxiados nos Balcáns coa caravana “Refuxiando Esperanzas”, da man de Txarango, e durante catro días puideron amenizar a realidade dunha poboación que vive nunhas condicións infrahumanas. “A experiencia nos Balcáns marcou un antes e un despois na nosa relación cos campamentos de refuxiados e co tsunami humanitario que xera o sistema global do terror, porque descubrimos o patio de atrás do universo dos refuxiados da UE, e descubrimos a parte clandestina ou a loita pola supervivencia fóra dos circuítos institucionais e fóra das cámaras, con xente que vivía en galpóns abandonados en metade do bosque para tentar saltar os valos e cruzar a Hungría, por exemplo”, conta. Con todo, a pesar da dura realidade que atoparon, congratúlase de ver “como hai unha especie de man branca, vermella ou azul solidaria que fai que todas esas persoas que tentan facer tránsitos clandestinos atopen algún tipo de refuxio e de abrazo”.

Preguntámoslle sobre cales foron as experiencias máis negativas ás que se enfrontou ao longo de todos estes anos nos que leva exercendo a profesión de clown. “O máis negativo que vivín foi un encarceramento nunha prisión de Tel Aviv preto de Ben Gurion, ademais de bombardeos en Gaza, persecucións con M16 en Palestina, ata o punto de sentir en momentos que talvez non sairía vivo dalgúns lugares”. Con todo, ás veces as situacións límites poden sacar o mellor de nós: “fundamentalmente son pallaso porque na Franxa de Gaza no 2003, mentres os israelís bombardeaban, os nenos puxéronse de pé a aplaudir e cantar para que fixésemos o show. Esa demostración de unidade, de valentía, de amor polo clown, cambiou a miña vida, e fixo que me dedicase en exclusiva a Pallasos en Rebeldía”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cooperación internacional
Otra cooperación Todo cambia
Las ONGD debemos afrontar estructuralmente un cambio de época, ante el asedio de los gobiernos autoritarios y la mutación del sistema de cooperación.
Cooperación internacional
Cooperación Para una respuesta política a los recortes en cooperación
La próxima cumbre de Sevilla pone en el centro la reforma de la cooperación internacional. ¿Qué papel debe jugar en un mundo desigual e interdependiente?
Pacifismo
Paz e internacionalismo La pancarta
Es la hora del movimiento internacionalista y de su movilización por la paz, en defensa de la democracia y la justicia global.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.