Coronavirus
Paralelismos pandémicos: as desigualdades na peste negra

Ao longo da historia, as distintas crises económicas acentuaron as desigualdades sociais existentes no seo de calquera sociedade. Neste texto achegamos a crise baixomedieval (S.XIV), nunha visión que trata de profundizar máis nas similitudes que nas diferencias coa situación actual.
triunfo da morte
'O triunfo da morte', de Peter Bruegel.
29 ene 2021 10:00

A historia, como a memoria, escríbese e rescríbese a luz das experiencias do presente. Non é de estrañar que a obra dun historiador diga case tanto —ou máis— do momento no que se escribe como do propio pasado que pretende describir. Os historiadores téñeno claro. Unha obra de investigación histórica, sexa da índole que sexa, está sempre condicionada por un contexto de produción determinado; e isto non debería supor nin o desprestixio nin o desprezo do coñecemento histórico. A fin de contas: “Somos fillos do noso tempo máis que dos nosos país”, afirmaba o filósofo italiano Benedetto Crocce, frase extensible a calquera produto cultural e, porén, ás narracións históricas.

Daquela, é preciso, en primeiro lugar, viaxar ao longo dos séculos XI-XIII. Unha época “esplendorosa” na que Europa experimentou un desenvolvemento sen precedentes; un crecemento que se manifestou cuantitativa e cualitativamente. A comezos do XI, a introducción dunha serie de melloras técnicas, como o arado romano ou o emprego de ferramentas de ferro, permitiron ampliar a extensión dos campos de labranza, incrementar de maneira exponencial a produción agrícola e diversificar os tipos de cultivo. O trigo e a vide foron os grandes beneficiarios deste período.

O gran crecemento da producción agraria estimulou a comercialización dos excedentes, a creación de pequenos mercados locais e a circulación monetaria. E floreceron as cidades medievais. Pequenos núcleos urbanos como Bruxas, Gante, Estrasburgo, Basilea ou Londres  se converteron, neste momento, en prósperas cidades. Este crecemento tamén tivo un impacto positivo na sociedade, pois a poboación aumentou o seu número de xeito considerable ata os 73 millóns; as condicións materiais de vida das persoas melloraron notablemente, incluso as dos sectores máis desfavorecidos da sociedade; e produciuse a aparición dos primeiros grupos urbanos: os burgueses.

Un caso paradigmático atopouse na cidade de Compostela. Os individuos agrupábanse en función da actividade profesional á que se adicaban nos chamados gremios: zapateiros, concheiros ou azabacheiros, cuxa herencia ainda pervive nas rúas da cidade vella compostelá.

A pesares destas innovacións nomeadas, no século XIII non existían os medios técnicos necesarios para abastecer á cada vez maior demanda alimenticia dos mercados urbanos e da poboación. Por mor disto, o incremento da produción agraria púidose lograr, unicamente, ampliando a superficie dos campos de cultivo xa existentes, que, a falta de novas terras dispoñibles, recurría a espacios marxinais e de escasa produtividade: montes, pastizais e baldíos, fundamentalmente. Un fenómeno nomeado por algún historiadores, como o catedrático da Universidade de Cantabria García de Cortázar, “fame de terras”, posto que a finais do XIII non quedaban prácticamente un só espacio dispoñible sen cultivar.

 “As enfermedades a desenvolverse e resultou unha mortandade tan forte que ningún ser vivo tivera visto nunca nada parecido”, escribiu o Abad de Saint Martin de Tournai

Agora, en segundo lugar, é preciso viaxar ao século XIV. Neste momento, estas novas terras de labranza, ademais de ser de escasa produtividade, eran de baixa calidade e esgotáronse rápido, polo que este ritmo de crecemento económico non tardou en dar síntomas de esgotamento. A finais do século XIII e comezos do XIV manifestáronse os primeiros indicios da crise. Unha serie de malas colleitas propiciaron lentamente a escaseza, o aumento dos precios do trigo —ingrediente básico para a elaboración do pan, esencial na dieta no Medievo—, a fame e, por último, a morte. A patir deste momento, a fame xeralizouse por todo o territorio europeo, especialmente entre os anos 1317 e 1337.

“Prodúxose unha escaseza de trigo e de sal (…) e a carestía aumentaba día a día (…) os corpos comenzaban a debilitarse e as enfermedades a desenvolverse e resultou unha mortandade tan forte que ningún ser vivo tivera visto xamais nada parecido”, escribiu o Abad de Saint Martin de Tournai na súa Chronique et annales de Gilles le Muisit (1271-1352).

“Os pobres morren de fame no mesmo lugar no que os ricos teñen a súa despensa ou a súa bolsa coa que saciarse”, dicía Jacques Le Goff

A caída da produción provocou o descenso da renda señorial e o aumento das esixencias dos mesmos señores sobre o campesiñado, dificultando, todavía máis, a precaria situación do estamento non privilexiado da sociedade, apuntaba García de Cortázar.

E que a crise baixo medieval, dicía o medievalista francés Jacques Le Goff, “agrava as diferencias e a oposición entre ricos e pobres (…) os pobres morren de fame no mesmo lugar no que os ricos teñen a súa despensa ou a súa bolsa coa que saciarse”.

A peste negra afectou con máis intensidade aos sectores máis vulnerables da sociedade

A mediados do século XIV, parafraseando a Marx, “unha pantasma percorría Europa”; pero non era o comunismo, era a peste negra. A epidemia, que entrou procedente de Asia polos portos de Marsella e Mesina no ano 1347, expandiuse en tres anos por todo o continente europeo, causando estragos entre a famenta poboación. Os gromos  sucedéronse periodicamente durante os anos seguintes:  1363, 1374, 1382, 1389…

A rápida velocidade de propagación, a intensa incidencia en todos os sectores sociais, o descoñecemento, a incapacidade para combatela e, sobre todo, a elevada mortandade causaron terror na sociedade, chegando a considerala un castigo divino. A cifra de falecidos estímase nun cuarto da poboación europea, un dato que causa vertixe con só leelo. Nese momento a morte apropiouse do imaxinario colectivo, como amosan algunhas miniaturas que se compoñian nos mosteiros medievais nestas datas.

Ciudadanos de Tournai enterrando as vítimas da Peste negra, 1353
Ciudadanos de Tournai enterrando as vítimas da Peste negra, 1353.

Non obstante, a peste, lonxe de igualar a todos na morte, como reza a expresión latina “Omni mors aequat”, afectou con maior intensidade aos sectores máis vulnerables da sociedade, acentuando aínda máis as diferencias sociais existentes. “Da xente baixa (…) o espectáculo estaba cheo de moita maior miseria, porque estes (…) enfermaban a milleiros por día, e non sendo nin atendidos nin axudados por ningún, sen redención alguna morrían todos”, escribiu Giovanni Bocaccio no prólogo da sua obra o Decameron (1352), no que describe o brote de peste negra na cidade florentina de 1348. Unha precaria situación que, por outra banda, non se recuperaría ata ben entrado o século seguinte.

En definitiva, a crise baixomedieval é a suma dunha crise económica e dunha crise demográfica, pero, ante todo, é unha crise estrutural. Afecta a todo o sistema, a un modelo produtivo que se sustenta na actividade agrícola e na súa integración nun comercio a pequena-media escala, cun exceso de concentración da terra en poucas mans e cunhas relacións de produción baseadas na coerción dos señores sobre os campesiños. A interrupción da circulación comercial ocasionada polas malas colleitas e o desequilibrio entre a oferta e a demanda orixinaron o aumento dos prezos e dos impostos señoriais. A súa consecuencia foi o aumento da fenda social nunha sociedade xa de por si desigual. A epidemia de peste, unicamente, faría o resto.

Coronavirus
Peche da hostalería galega e prohíbense as reunións entre non convivintes
Galiza pecha bares e restaurantes, confina os concellos e limita as reunión a convivintes. Con todo, o comercio non esencial pechará ás 18h.
Historia
A violencia e o corte de clase, o caso do marqués de Sargadelos
Antonio Raimundo Ibáñez é un exemplo mais dos casos que abundan nos libros de historia; unha testemuña que nos amosa que precisamos abandoar os prexuizos se queremos entender a problemática do fenómeno da violencia.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sevilla
Sanidad pública Sevilla protesta por una maternidad digna: “El dolor no es un daño colateral”
Decenas de mujeres y personal sanitario se han concentraron frente al Hospital de la Mujer de Sevilla para exigir una atención sanitaria pública digna durante el parto.
Junta de Andalucía
Sanidad pública Casi la mitad de los menores en Andalucía no tienen pediatra asignado mientras la Junta presume de inversión
Un informe apunta la falta de atención pediátrica para las niñas y niños andaluces mientras la consejería de salud anuncia que dejará a seis centros sin atención especializada en infancia.
#81935
5/2/2021 14:57

Excelente !

0
1
#81342
29/1/2021 14:45

Moi boa reflexión

0
0
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.