A Xunta aproba o peche da hostalería e prohibe as reunións entre non convivintes

Galiza pecha bares e restaurantes, salvo para recollida e consumo a domicilio. O goberno galego confina os concellos e limita as reunión a convivintes. Con todo, o comercio non esencial pechará ás 18h.
Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento galego. Foto cedida por Nós TV.
25 ene 2021 17:00

Tras o peche da hostalería do País Valencià, Galiza é a seguinte. Nesta terceira onda, a Comunidade decide botar a persiana en bares e restaurantes, así como limitar as reunións a conviventes. O comercio non esencial pechará as súas portas ás 18 h. e a mobilidade reducirase ao municipio, tal e como confirmou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa tras a reunión do comité clínico.

Galiza, cunha incidencia acumulada de 586,48 —inferior á media estatal de 795— amencía hoxe cunha forte presión hospitalaria, que xa supera os peores momentos da pandemia e Feijóo alertou de que os contaxios medran a un ritmo maior do esperado. Así, segundo os datos do Sergas, a día de hoxe hai 993 hospitalizados e 161 persoas ingresadas na UCI. Até o de agora o récord de hospitalizados ostentárase o pasado 6 de abril, con 939. O peor escenario vívese na Coruña, con 248 hospitalizados e 36 persoas na UCI. 

As novas medidas estarán vixentes, polo menos, durante tres semanas e entrarán en vigor a partir das 00h. do mércores

“A pandemia segue un comportamento cíclico desde o principio, mais os virus que circulan neste momento converten as cifras en inéditas, por iso en Galicia elevamos o nivel máximo de protección para reducir a porcentaxe de enfermos de  covid nos hospitais, nas UCI e salvar todas as vidas que se poidan”, asegurou o presidente da Xunta.

As novas medidas estarán vixentes, polo menos, durante tres semanas e entrarán en vigor a partires das 00h. deste mércores. Feijóo, quen pediu aos cidadáns que se autoconfinen, anunciou que os universitarios non volverán a clase até o 8 de febreiro e as primeiras semanas a docencia telemática será obrigatoria. Os centros comerciais permanecerán pechados as fins de semana, e, de maneira permanente, pecharán museos, bibliotecas e todos aqueles espazos adicados a espectáculos.

Coronavirus
Euskadi vuelve a confinar todos sus municipios perimetralmente
Las reuniones sociales pasan a limitarse de un máximo de solo cuatro personas.
Política
Feijóo, o PPdeG e a hegemonia
A esquerda galega parece conforma-se com ser a aristocracia cultural duns sectores subalternos aos que reganhar eternamente.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...