Corpos Incómodos
De excursión ao armario

“A cisapariencia non é máis que un parche mal posto polo que se segue a escapar a violencia, xa que só é posible arranxar este burato no sistema situando o feito trans como unha condición de igualdade.”
excursión armario
29 feb 2020 13:04

A excursión ao armario é unha viaxe que moi poucas persoas trans nos podemos permitir, un privilexio e unha ferramenta para evitar situacións incómodas nunha vida onde abundan. E é que o modo de poñela en práctica constitúeo algo tan sinxelo como non dicir que es trans, a coñecida “cisapariencia”, que é o mesmo que o desfrute de dereitos prestados por un curto período de tempo. Quizá por iso, a cisapariencia, malia ser un privilexio, é tamén unha condena, xa que permite ollar a través do cristal como sería o mundo no caso de non ter nacido trans. Permite asomarse polo rabiño da porta ao trato igualitario, ao cese dos cuestionamentos, ao recoñecemento como cidadás de pleno dereito, escapando de miradas, comentarios e prexuízos. Esa é unha das causas principais de que esta condena incomode tanto, ese cheiro tan doce do caramelo da tranquilidade que che lembra o que por agora, non é. Ese feito intermitente que che fai resoar no cerebro a voz de tantas compañeiras que sofren acoso constante polo simple feito de que se lles note quen son, e que son.

Para máis inri, esta sorte de lotería anatómica non ten unha base unicamente xenética, senón que ven marcada principalmente por aspectos de clase, dado que non todo o mundo se pode costear unha transición de xénero. Cabe mencionar que non se trata de que as persoas trans baseemos as nosas transicións na busca desta cisapariencia, xa que iso implicaría aceptar que rexeitamos a nosa condición trans tratando de agochala. Trátase, de que as ferramentas e os tratamentos existentes para avanzar na busca do corpo e a imaxe que nos representa —algo que tamén fan as persoas CIS— , non están na súa maioría dispoñibles pola seguridade social, nin son economicamente accesibles.

A cisapariencia, malia ser un privilexio, é tamén unha condena, xa que permite ollar a través do cristal como sería o mundo no caso de non ter nacido trans. Permite asomarse polo rabiño da porta ao trato igualitario.

Ademais, e como acontece con case todo, esta lóxica discriminatoria intensifica o seu impacto no caso das mulleres trans, grazas a que se alimenta do patriarcado para tal fin. Nun sistema que premia o masculino, o mero feito de renunciar a ser home está castigado coa perda do privilexio, esa varita máxica que, igual que a cisapariencia, torna máis doada a vida en sociedade para quen a desfruta. Ser muller trans implica, polo tanto, que se che impoña a carga estética que se lle impón a tódalas mulleres. Que o teu corpo estea no centro, que pase as probas, que non se rebele, e unha multitude de lupas que se suman unha tras outra, tamén co propio feito de ser trans.

Eu, persoalmente, decateime de todo isto ao pouco de comezar a transición, cando vin que ir sen camisola polo mundo no verán xa non ía ser tan doado. Deste xeito, dende o momento que me asomei ao mundo como muller, tiven outra vara de medir, conformada por unha serie de patróns sociais, códigos de vestimenta e todo un sistema de expectativas que me reclamaba constantemente pasar polo aro a cambio dunha aparente tranquilidade. Sometinme a todas esas lupas en moitas ocasións porque non me quedaban forzas para revelarme —tamén— contra iso. Pero tamén convivín coas testemuñas de tantas e tantas compañeiras que non superaban os exames, que non podían pagar láseres ou outros tratamentos, ou que, directamente, non tiveron a información para poñerlle nome ao que eran ata que xa foron máis maiores. Compañeiras que eran e son constantemente agredidas, berradas pola rúa, expulsadas de espazos e anuladas na vida en sociedade. Elas, lémbrannos, ás que podemos asomar a cabeza polo cristal da cisapariencia, que o que hai tras el non é a realidade, senón un espello do que debería ser. Sitúannos no mapa como trans, como receptoras da mesma violencia que nos nega e invisibiliza pola comodidade de non cuestionarse os seus prexuízos, e é que, a violencia que lles berra a elas, é exactamente a mesma que me impide ir sen camiseta polo mundo no verán. E estoulles e estareilles eternamente agradecida por todo iso, porque o armario da cisapariencia, ao igual que o resto de armarios, é un sitio estreito e incómodo onde é imposible estar ben.

O mero feito de renunciar a ser home está castigado coa perda do privilexio, esa varita máxica que, igual que a cisapariencia, torna máis doada a vida en sociedade para quen a desfruta.

E é que o armario non está exento de violencia, porque a súa existencia só ten sentido se comprendemos a magnitude da transfobia que atravesa todas e cada unha das situacións da nosa cotideaneidade. Isto fai que nas situacións tensas, nas que o armario pode ser un escudo e un refuxio, a seguridade nunca faga acto de presenza, xa que o medo sempre está aí. O medo a unha agresión, a unha acusación ou a un desprezo. A que se desfaga a capa máxica de invisibilidade que supón a cisapariencia, a non superar o exame e ter que enfrontarnos directamente con todo aquelo que queríamos evitar.

Por todo isto, pódese concluír que a cisapariencia non é máis que un parche mal posto polo que se segue a escapar a violencia, xa que só é posible arranxar este burato no sistema situando o feito trans como unha condición de igualdade. A solución non é que as mulleres trans pasemos desapercibidas adaptándonos a unha realidade patriarcal, senón que pasa por reconstruir esa realidade coa igualdade entre tódalas persoas como piar fundamental. Pasa por que se nos nomee, se nos valore e se nos teña en conta nos procesos sociais como o que somos, que non é máis que un motivo de orgullo. Porque malia as píldoras e as válvulas de escape que proporcione o armario, dentro é imposible atopar a felicidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

LGTBIAQ+
Concentración “Por Daniela y por todas”: medio centenar de personas pide dignidad para las personas trans fallecidas
Trans en lucha señala el absurdo jurídico de una normativa que deja en manos de la familia la protección de las personas trans fallecidas, incluso cuando es esta quién la vulnera.
Galicia
Discriminación Dos años a la espera de reparación tras sufrir lesbofobia en un registro en Galicia
Un funcionario de un registro de Pontevedra se negó a inscribir al hijo de Antía y su pareja. Un error de redacción en la ley trans está detrás de los argumentos que el funcionario esgrime para defender su actuación.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.