Corpos Incómodos
Quen ten medo do transfeminismo?

As persoas trans xa somos suxeito do (trans)feminismo. E non por capricho, senón por necesidade.

Collage transfobia
Arte de Gael Martins Gael Martins
25 jun 2020 10:23

Teño a sorte de ter, entre min e Twitter, unha aliada (unha muller cis) moi poderosa. Neste momento no que o odio contra as persoas trans (binarias e sen selo) inunda as redes, ela fai de filtro. Ensíname algunhas cousas e protéxeme de outras, axudándome a dosificar a cantidade de violencia que inevitablemente consumo, ao acompañar o debate establecido sobre quen é ou deixa de ser suxeito do feminismo. Este debate, que vén crecendo dende fai tempo, ultimamente intensificouse. E a mais recente ola de odio, xurdiu dun comunicado do PSOE no que se defende un feminismo transexcluínte, no que se patoloxiza ás persoas trans, e no que se ignora por completo a existencia das persoas nonbinarias, como se por non as mencionaren, elas puidesen simplemente desaparecer.

Neste panorama actual, precisamos moito de aliades. A aliada da que falaba antes, ademais de facer de filtro, fai tamén de escudo. En Twitter, facebook, etc, fai a escolla deliberada de perder o seu tempo contestando comentarios e artigos que resultan violentos, ofensivos e destrutivos para calquera persoa trans. Estoulle moitísimo agradecide. Máis non só a ela. Coma ela, e sobre todo desde esta última explosión de transfobia institucional, varias compañeiras feministas cis teñen probado ser grandes aliadas. Facendo uso do seu relativo privilexio nesta situación, elas estanse posicionando ao noso lado, parando golpes virtuais, non deixando sen resposta un discurso que exclúe, que manca, que mutila, que abandona, que mata. E ao facelo, están non soamente dicindo que as nosas existencias, cis e trans, son mais que compatibles, senón que se tocan a unhe, tocan, literalmente a todes. Grazas, compañeiras, por facer vosa a nosa voz.

Facendo uso do seu relativo privilexio nesta situación, elas estanse posicionando ao noso lado, parando golpes virtuais, non deixando sen resposta un discurso que exclúe, que manca, que mutila, que abandona, que mata

Feito este agradecemento, agora falemos de mínimos, e que ninguén no PSOE dubide: as persoas trans xa somos suxeito do (trans)feminismo. E non por capricho, senón por necesidade. O (trans)feminismo é un dereito a partir do momento no que se precisa del para sobrevivir. Somos suxeito do (trans)feminismo todes es que sufrimos violencias cisheteropatricarcais. Todes es que somos lides coma mulleres, séndoo ou sen selo, todes es que fomos discriminades polo que temos na entreperna (pene, vaxina ou outras combinacións igualmente válidas), es que nos asubían cando levamos saia, es que fomos acosades e violades, es que temos medo de volver a casa pola noite, es que facemos traballo sexual sen condicións que nos dignifiquen, es que non servimos nin para reproducir nin para foder, es que temos a un tempo cona e testículos internos, es que se espera que nos encarguemos de todos os traballos de coidados sen ningún recoñecemento a cambio.

De verdade no PSOE pensades que hai que ser unha muller cis para sufrir estas violencias? A “cona biolóxica” da que tanto falades, téñena moitos homes trans (non todos) e moitas persoas non binarias (non todas). E que grande falacia, isto da bioloxía, ou ao final biolóxiques non somos todes? Acaso as mulleres trans teñen unha “cona robot”? Cal é a liña que marca o fin dun xénero e o principio de outro? Unha muller cis que fixo unha mastectomía despois dun cáncer de mama é menos muller por non ter peitos? E un home trans xestante que sufra violencia obstétrica, non está sufrindo a mesma violencia que calquera muller cis embarazada?

A nosa autodeterminación non vos fai menos mulleres. Eu son unha persoa non binaria e teño ganas de berrar. Estou farte de ser invisibilizade, estou ata os “cojarios” de que se pretenda que non existo. Todo neste mundo está feito nun molde no que as persoas NB non encaixamos. Andades pola vida presumindo de igualdade máis sen mirarnos aos ollos. PSOE e demais feministas transexcluíntes: o cisheteropatriarcado é un bicho daniño que todes levamos dentro. Da mesma maneira que todes levamos dentro o bicho mao do racismo. E as persoas trans (binarias e non-binarias) non vos estamos botando a culpa. Pero estamos apelando á vosa responsabilidade.

O cisheteropatriarcado é un bicho daniño que todes levamos dentro. Da mesma maneira que todes levamos dentro o bicho mao do racismo. E as persoas trans (binarias e non-binarias) non vos estamos botando a culpa. Pero estamos apelando á vosa responsabilidade

Non deixedes que as estruturas e os mecanismos patriarcais operen ao través de vós. Facede o contrario do que vos ensinaron. Fomos socializades no conflito e na confrontación, practiquemos os coidados e o respecto. Non son estes valores (trans)feministas? Só para non deixar por contestar o argumento de que a lei de autodeterminación de xénero faría que moitos homes cis dixeran que son mulleres ou persoas NB só para cometer crimes machistas e escaparse impunemente: Os homes cis xa cometen moitísimos crimes de índole machista sen precisar de ningunha lei (trans ou sen ser). Eles teñen todo un sistema defendéndoos e toda unha estrutura que lles permite actuar violentamente sobre todas as persoas sobre as que senten que teñen poder. Porque é así que o sistema funciona. É unha cuestión de poder. E, estruturalmente, é o home cis, hetero, branco, de clase media/alta, sen ningunha neurodiverxencia, que ten o poder.

Calquera lei ou medida que poida axudar quen estamos en situacións de vulnerabilidade a conseguir un pouco máis de control sobre as nosas vidas, a un tempo que nos empodera a nós, tórnalos menos omnipotentes a eles. Ademais, aínda que houbera unha lei de autodeterminación de xénero, cambiar o nome ou o marcador de xénero no DNI, facer unha cirurxía ou tomar hormonas, non é exactamente tan sinxelo como ir a froitería. Aínda que houbera unha óptima lei de autodeterminación de xénero, todos estes procesos serían moi lentos, e, crédeme, ningún machista se esforzaría tanto só para facer o mesmo que pode facer con igual impunidade, sen cambiar nada. Para terminar, por favor, repensemos xuntes de que maneira queremos deconstruír os sistemas que nos oprimen a todes. E comecemos a ver un mundo mais aló do binario. En serio. Porque se non existo, non sei que levo facendo tantos meses saíndo á rúa con mascarilla.

Nota:
Este texto foi escrito xusto despois do primeiro comunicado transexcluínte do PSOE e dende a rabia, en parte, pero tamén dende o desexo de construír xuntes. Acredito que a miña rabia está máis que lexitimada e acredito que construír xuntes é posible. Unha cousa non exclúe á outra. Alégrome sempre que unha persoa cambia de opinión e deixa de defender o odio. Non só unha vez, non só en palabras, senón na forma dun intento constante, e con accións.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

LGTBIAQ+
Jueves 12 de junio Trans en Lucha convoca por la dignidad de las personas trans fallecidas
La ley da solo a la familia la responsabilidad de velar por la dignidad de sus familiares fallecidos. Pero, ¿qué pasa cuando es la familia quien atenta contra ellos?
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Reino Unido
Reino Unido La decisión del Supremo de Reino Unido da alas a la transfobia en un contexto antiderechos trans
Los términos “mujer” y “sexo” en la Ley de Igualdad se refieren únicamente a la mujer biológica y al sexo biológico, pese a que esta especificación no aparezca de forma literal en el texto.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.