Corrupción
Apartan a Pilar De Lara cando os maiores casos de corrupción que instrúe están nas últimas fases

A Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) sanciona á maxistrada con sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo, o que implica a perda de destino, isto é, apartala do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

Xuño de 2014. Pilar de Lara recibe un correo electrónico advertíndoa de que tiña varias frontes abertas en círculos políticos, unha “directamente relacionada co [ex] alcalde Orozco” e outra “máis preocupante” a raíz de estender as investigacións do caso Pokémon ós concellos de Santiago e A Coruña gobernados daquela polo PP, e tamén de movementos desde o ámbito xudicial operando para derrubala. O comunicado aconselláballe que se apartase voluntariamente da investigación das causas que estaba abrindo se non quería sufrir as consecuencias. “Xa sabe como empeza isto, primeiro a prensa vólvese en contra, empezan con ataques gratuítos, escarvan na vida privada, as conferencias dadas, anteriores resolucións, e logo vai subindo de intensidade, a fiscalía empeza a pedir cousas raras, a audiencia revoca e adopta resolucións pouco entendibles, empézanse a sufrir visitas da inspección e da noite á mañá atópaste sumido nun inferno mediático e xudicial en contra”.

A fiscalía empeza a pedir cousas raras, empézanse a sufrir visitas da inspección e da noite á mañá atópaste sumido nun inferno mediático e xudicial en contra

O remitente? Conde-Pumpido Varela, quen despois sería letrado de Besteiro no caso Garañón; fillo de Conde-Pumpido Tourón, ex Fiscal Xeral do Estado e actual maxistrado no Tribunal Constitucional tras o seu paso polo Supremo, casado en segundas nupcias con Clara Martínez de Careada, vocal do CXPX e maxistrada no Tribunal Supremo. O correo, denunciado por De Lara por coaccións, chega a ofrecerlle axuda do Consello para optar a algunha praza, e predí cunha precisión de cirurxán os acontecementos que se sucederían posteriormente e culminan coa sanción imposta polo Poder Xudicial, comunicada por vía telefónica na mañá de onte á maxistrada.

Frontes abertas

Naquel momento chegaban ao Poder Xudicial as primeiras denuncias contra Pilar de Lara, instrutora de casos que tocan tan de cerca o poder como o Carioca, Pokémon, Cóndor, Garañón, Cebra, Pulpo, Unika ou Monbús, algúns dos cales roldaban o centenar de imputados. O mes anterior, maio de 2014, o alcalde Orozco remitía ó CXPX unha denuncia anónima que recibira por parte dun axente das FCSE por ordenar “pinchazos telefónicos masivos e sen control”. Queixas coma esta acabaron por lograr que o servizo de inspección comezase a darlle seguimento a De Lara en 2015, que se mantivo suspendido durante máis de dous anos ata realizar unha inspección da súa actividade, entre o 21 e o 31 de maio de 2018, que paralizaría a actividade do xulgado e obrigaría á xuíza, que acababa de incorporarse dunha baixa médica por “estrés agudo por motivos laborais”, a investir o tempo en preparar a documentación e informes requiridos.

A raíz da inspección, o Promotor da Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) abriulle expediente por desatención ou retrasos inxustificados na instrución e por incrementos ficticios do volume de traballo por abuso procesal, algo que non tarda en celebrar Orozco nas súas redes sociais.

O ex edil xa manifestara uns meses antes a súa conformidade coa petición de arquivo da peza do clube Liverpool do caso Carioca por parte da Fiscalía, con conclusións tan desconcertantes como que se os axentes da Garda Civil non se decataran nunha inspección de que o pasaporte dunha prostituta, daquela menor de idade, estaba falsificado con bolígrafo azul sobre a tinta negra da impresión, moito menos celo e vixilancia se lle podía esixir ao dono do prostíbulo, que non contaba con ningún tipo de especialización, ou como que os agasallos do dono do clube aos axentes non supoñían máis ca un trato de cortesía que non comprometía o seu labor. Os delitos polos que se investigaba a catro axentes da Garda Civil ou ben prescribiran ou ben a Fiscalía considerou que debían arquivarse. Un destes axentes é o presunto cerebro da trama de prostitución ao que De Lara atribuíu este luns máis de 70 delitos na peza principal do caso Carioca.

A resolución do CXPX. “A única intención é sacala do xulgado”

Así as cousas, a maxistrada, defendeu detalladamente ante o Poder Xudicial que en ningún dos casos sinalados as dilacións foran responsabilidade súa, senón que dependían de trámites non resoltos ou pendentes de informes, dilixencias periciais e recursos de apelación, e que ela resolvía en dous ou tres días de prazo. O mesmo CXPX concluíra en 2013 que o xulgado de Lugo precisaba polo menos catro funcionarios e un xuíz de reforzo que non se cubriron. Pilar de Lara chegou a facer xornadas diarias de traballo de ata 16 horas e a adicar vacacións a redactar autos.

A abundante e exhaustiva documentación e as alegacións presentadas foron insuficientes a criterio do fiscal e do promotor da acción disciplinaria, que pediron a principios deste mes, respectivamente, tres e sete meses de suspensión de emprego e soldo. As peticións superiores a seis meses implican a perda de destino e polo tanto o traslado forzoso de xulgado. O promotor, Ricardo Conde, foi director xeral de Relacións coa Administración da Xustiza cos ministros do PP Ruiz-Gallardón e Rafael Catalá entre 2012 e 2016.

A chegada dun novo xuíz que se atopase con sumarios a piques de concluír de centos de miles de folios de volume suporía unha pedra moi grande para o peche dos casos que instrúe a maxistrada

O avogado da xuíza, Agustín Azparren, maxistrado e fiscal en excedencia, foi vocal do CXPX no seu período máis longo, durante sete anos, nos que traballou precisamente na Comisión Disciplinaria. Tras coñecer as peticións, declarou que daba a sensación de que “a única intención é sacala do xulgado”, e que por retrasos, que el considera inexistentes, é “inaudito” pedir penas tan elevadas, sendo o habitual a petición de un mes, ou excepcionalmente tres, sendo a primeira ocasión en que se daría un traslado de xulgado por este motivo. Ademais, denunciou, na proposta do promotor mantíñanse erros da inspección que xa foran corrixidos: de 88 retrasos tan só nun se mantiña a responsabilidade directa da maxistrada.

Na mañá do xoves 28 de marzo coñeceuse a decisión acordada polo CXPX de sancionar con sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo a Pilar de Lara por un delito de faltas moi grave, a pesares do escrito de alegacións presentado recentemente pola súa defensa que tería sido analizado nun lapso de tempo sorprendentemente breve. A resolución aínda non foi notificada ás partes, polo que aínda non se puideron examinar os argumentos esgrimidos pola Comisión Disciplinaria, pero a chegada dun novo xuíz ó xulgado de instrución número 1 que se atopase con sumarios a piques de concluír de centos de miles de folios de volume supoñería unha pedra moi grande para o peche dos casos que instrúe a maxistrada, e moi posiblemente absolucións que non deberían producirse.

A decisión da Comisión Disciplinaria será executiva unha vez esgotada a vía administrativa. Pilar de Lara ten o prazo dun mes para presentar un recurso perante o CXPX, se ben ata o de agora ningún dos recursos foi tido en conta polos seus superiores xerárquicos. Se se confirmase a sanción, á maxistrada tan só lle quedaría recorrer ante a Sala Terceira do Supremo.

Impunidade Carioca

Na mañá de hoxe, venres 29 de marzo, a Plataforma contra a Impunidade do Caso Carioca rexeitou a decisión do Poder Xudicial e convocou concentración para o vindeiro 3 de abril ás 20h ante os Xulgados. Ademais, instou á Xunta a exercer a acusación popular na peza principal do Carioca xa que, de non facelo, estaría “dando a entender que as mulleres inmigrantes en situación irregular e de prostitución non merecen a mesma protección social e pública que o resto de mulleres maltratadas”.
Trata
A xuíza do Carioca deixa a pelota no tellado da Xunta
Pilar de Lara emitiu o luns 25 de marzo un auto que conclúe dez anos de instrución da peza principal da maior rede de trata investigada en España.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Corrupción en Galicia El caso Carioca a través de una migrante explotada sexualmente: indemnización mínima y complot policial
El guardia civil Armando se aliaba con proxenetas y abusaba sexualmente de mujeres prostituidas haciendo uso de su capacidad para regularizar su situación.
Caso Carioca
Caso Carioca O caso Carioca a través dunha migrante explotada sexualmente: indemnización mínima e complot policial
O garda civil Armando aliábase con proxenetas e abusaba sexualmente de mulleres prostituídas facendo uso da súa capacidade para regularizar a súa situación.
Caso Carioca
Caso Carioca Unha violación, cinco abusos a prostitutas e dez delitos dun garda civil rebáixanse a catro anos de cárcere
Un axente e tres proxenetas benefícianse, na peza principal do caso Carioca, de chegar coa Fiscalía a acordos de conformidade encubertos formalmente baixo a celebración dun xuízo completo que non se produciu.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.