Trata
A xuíza do caso Carioca deixa a pelota no tellado da Xunta na peza principal

Pilar de Lara emitiu o luns 25 de marzo un auto que conclúe dez anos de instrución da peza principal da maior rede de trata investigada en España. A xuíza sitúa o Estado na condición de responsable civil subsidiario polos delitos cometidos por dous axentes da Garda Civil.

Operación Carioca
O Eros foi un dos clubes investigados durante a Operación Carioca Carmen PG Granxeiro

“Armando é unha bomba de reloxería, o día que estoupe xa verás”. Con estas palabras, caídas en saco roto, dirixíase un garda civil ao seu superior en relación a Armando Lorenzo Torre —daquela cabo primeiro e responsable case exclusivo da xestión do Equipo da Muller e o Menor (EMUME) da Comandancia da Garda de Civil de Lugo, malia non contar con ningún tipo de especialización—. Armando, presunto cerebro da maior trama de prostitución investigada no Estado, é o obxecto principal de investigación da peza separada número 1 do caso Carioca, dun total de 47 pezas: 274 tomos e un volume de folios que triplica os 43.000 do sumario do 11M dan conta da complexidade da causa.

A investigación da Carioca comeza en decembro de 2008, tras a denuncia interposta pola testemuña protexida 123-B, unha prostituta brasileira que tería sido agredida sexualmente polo cabo da Garda Civil. Segundo detallou, Armando realizaría unha inspección —irregular— no club no que exercía, e pediríalle o seu número facéndose pasar por Xefe de Estranxeiría. Despois chamaríaa para arranxarlle os papeis para permitirlle tres meses máis de estancia legal en España. Con este motivo o cabo primeiro acudiría ao seu domicilio, onde nada máis entrar pousaría a pistola sobre a mesa do salón e a forzaría a practicarlle unha felación e a consumar unha relación sexual. Tras isto, segundo ela, entregaríalle un documento aparentemente oficial que lle outorgaría permiso de residencia.

O auto recolle a vinculación do cabo con propietarios, xerentes e encargados dun total de trece clubes a cambio de diñeiro, favores sexuais e copas gratuítas

O auto, emitido o luns 25 de marzo pola maxistrada Pilar de Lara, explica a vinculación de Armando con mulleres en situación irregular adicadas á prostitución, maioritariamente brasileiras, ás que ofrecería axuda, blindaría protección fronte ás redadas e trasladaría aos clubes no seu propio vehículo oficial a cambio de relacións sexuais. Tamén se recolle a vinculación do cabo con propietarios, xerentes e encargados dun total de trece prostíbulos a cambio de diñeiro, favores sexuais e copas gratuítas. Estes vínculos levaron á apertura de pezas separadas para clubes como o Queens, La Colina, Eros, Liverpool ou Eclipse. Así a todo, aos proxenetas José Manuel García Adán, Marcos Grandío e Jesús González Varela tamén se lles imputan delitos de suborno continuado e aproveitamento de información privilexiada no marco desta peza.

Para favorecer a estes clubes Armando dirixiría redadas naqueles que non eran afíns co gallo de “buscarlles mulleres” e “eliminar a competencia”. Nalgúns casos, tras recibir as denuncias das mulleres prostitutas polas débedas coas que viñan a España, no canto de buscarlles casas de acollida e darlles protección trasladábaas ao clube Queens para exercer a prostitución, chegando a facer el mesmo as xestións cos proxenetas e mesmo a sacar as mulleres da casa de acollida para levalas a outro clube.

A Dirección Xeral da Garda Civil, responsable

Dúas axentes do EMUME denunciaron que presenciaron que Armando Lorenzo —encargado do equipo que xestionaba a asignación de pisos de acollida a mulleres que saían dunha situación de prostitución— facía comentarios machistas, tiña vínculos coa “madame” dun clube, comportaríase dun xeito sospeitoso e, presuntamente, tería inducido mulleres a volver exercer a prostitución. No mesmo sentido detallarían os tratos de favor de dous clubes cara a Lorenzo nos que el era habitual, e sinalarían que o cabo se facía pasar por Xefe de Estranxeiría para ameazar con expulsar a mulleres en situación irregular. Este escrito non sería a única denuncia ao respecto que tería chegado ás mans de Andrés Velarde, superior de Armando Lorenzo e Julio Baquero (inmediato superior a Armando que tería feito caso omiso ás denuncias orais das axentes). Porén, Velarde non só non fixo nada senón que presuntamente se negou a tramitar o escrito.

Ante esta negativa as axentes remitiron o texto á Unidade Central de Información, que dirixiría unha nota a partir desta denuncia ao Tenente Coronel Xefe da Comandancia de Lugo, quen tampouco emprendería accións ao respecto. As axentes tamén puxeron estes feitos en coñecemento da concelleira de Servizos Sociais, naquel momento Carmen Basadre, e información similar chegou á coordinadora da Casa da Muller, que realizou un informe sobre o traslado de dúas mulleres dos pisos de acollida a un clube para exercer como prostitutas. Ambas as dúas reuníronse co entón Subdelegado do Goberno Jesús Otero para comunicárllelo, quen se tería comprometido a investigar o caso, mais non iniciou ningún tipo de indagación.

A causa, que identificou máis de 200 mulleres vítimas de trata e tomou declaración a 377 testemuñas, estase vendo desinchada ante a ausencia de acusación particular e a liña que está seguindo a Fiscalía

De Lara atribúe a Armando Lorenzo un total de máis de 70 delitos (pese teren prescrito outra vintena deles). Agresión sexual, suborno, extorsión, revelación de segredos, tráfico de influencias, falsidade documental, omisión do deber de perseguir delitos e favorecemento da prostitución son algúns deles. A Julio Baquero atribúelle omisión do deber de perseguir delitos ao haber indicios claros de coñecemento destas irregularidades por parte de Armando, así como de diversos delitos relacionados coa prostitución e un de matrimonio de conveniencia, e atribúelle tamén delitos de suborno ou abuso de superioridade. Pola contra, sobresé os feitos relacionados con Jesús Otero e tres altos mandos da Garda Civil “non por inexistencia de feito delitivo senón por prescrición”, pero sitúa ao Estado como responsable civil subsidiario polos delitos cometidos por Armando Lorenzo e Julio Baquero, ao entender que os danos causados son consecuencia directa do funcionamento dos servizos públicos confiados a estes axentes.

A Xunta poderá exercer como acusación popular

Por outra banda, a maxistrada libra oficio para que se ofreza á Xunta de Galicia presentarse como acusación popular, algo que desde a sociedade civil se leva reclamando desde que os primeiros arquivos desconcertantes deixaban entrever o cariz que podía tomar o xuízo do resto das pezas. En xaneiro de 2018, o avogado Gerardo de Vera transmitiulle esta posibilidade á Administración en representación de Aliad, entidade integrada na Rede Galega contra a Trata, e é tamén unha das principais vindicacións da Plataforma contra a Impunidade do Caso Carioca.

O Ministerio Fiscal pediu o arquivo en máis de 20 pezas que compoñen a macrocausa, algunhas con conclusións tan sorprendentes como as relativas á peza do equipo de fútbol da Policía Nacional, a que investigaba ao inspector da Policía Local Vázquez Río por negociacións prohibidas, a do Liverpool ou a do Queens e La Colina, que neste último caso continúa exclusivamente contra os proxenetas García Adán e Marcos Grandío e a encargada Graziela Pereira, quedando libres os axentes da Policía Nacional e a Policía Local que foron investigados.

A causa, que identificou máis de 200 mulleres vítimas de trata e tomou declaración a 377 testemuñas, estase vendo desinchada ante a ausencia de acusación particular e a liña que está seguindo a Fiscalía. Así, o auto da xuíza deixa a pelota no tellado na Xunta ao darlle a posibilidade explícita de presentarse como acusación popular no prazo fixado para elaborar os escritos de acusación.

Trata
“Atopámonos cunha fiscalía que defende aos agresores e grupos de poder”
A plataforma cidadá continúa denunciando a deriva dunha macrocausa que investiga a trata e explotación sexual de mulleres na Galiza.
Trata
A Operación Carioca no foco

Unha plataforma cidadá esixe xustiza na recta final do maior caso de trata e explotación sexual de mulleres da Galiza.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Corrupción en Galicia El caso Carioca a través de una migrante explotada sexualmente: indemnización mínima y complot policial
El guardia civil Armando se aliaba con proxenetas y abusaba sexualmente de mujeres prostituidas haciendo uso de su capacidad para regularizar su situación.
Caso Carioca
Caso Carioca O caso Carioca a través dunha migrante explotada sexualmente: indemnización mínima e complot policial
O garda civil Armando aliábase con proxenetas e abusaba sexualmente de mulleres prostituídas facendo uso da súa capacidade para regularizar a súa situación.
Caso Carioca
Caso Carioca Una violación y cinco abusos a prostitutas de un guardia civil se rebajan a cuatro años de cárcel
Un agente y tres proxenetas se benefician, en la pieza principal del caso Carioca, de llegar con la Fiscalía a acuerdos de conformidad encubiertos formalmente bajo la celebración de un juicio completo que no se produjo.
Residencias de mayores
Residencias Fondos de inversión y residencias: la mano invisible que retuerce los cuidados
Mientras DomusVi, en manos del fondo de inversión ICG, ya es la empresa con más residencias privadas del Estado, residentes, familiares y trabajadoras explican lo que supone que las prácticas especulativas acunen la vejez de las personas.
Opinión
Opinión Bretón no es un monstruo, ni Martín el nuevo Capote
Frente a la libertad sin peros que defienden unos, la responsabilidad de muchos: la de ciudadanos y librerías que se niegan a comprar o vender, respectivamente, el libro que Anagrama ha tenido a bien materializar.
LGTBIfobia
Manifestación Plataforma Trans planta cara a la transfobia con una manifestación contra el odio
La convocatoria el 29 de marzo denuncia un contexto internacional antiderechos. La organización pide a partidos y sindicatos que se sumen a la marcha porque la transfobia es un problema social, y por lo tanto también político, explican.
Música
Música Pervertidos y puritanos, a los pies de Ethel Cain
Proyectos musicales como ‘Perverts’ de Ethel Cain son capaces de imponer silencio en medio de tanto ruido para pensar en un momento en que las redes sociales son herramientas tendenciosas para la difusión de propaganda de ultraderecha.
Gasto militar
Gasto militar “No nos resignamos a la guerra”: 70 organizaciones rechazan la deriva militarista de la UE y el Gobierno
Más de 70 organizaciones y personalidades de la cultura y el activismo firman un manifiesto que rechaza la escalada belicista y el rearme frente a una posible agresión rusa.

Últimas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
Palestina
Cisjordania Hamdan Ballal, codirector de ‘No other land’, agredido por colonos israelíes
Según los testigos que presenciaron el ataque, el cineasta está herido. Poco antes de las 14h el codirector de la cinta ha anunciado que Ballal ha sido puesto en libertad.
Obituario
Obituario Jesús Santos, el basurero que se ganó el corazón de Alcorcón
Alcorconero de toda la vida, teniente alcalde, activista social y sindicalista, Jesús Santos hizo que aquellos que le acompañaron en su camino se ilusionaran por la política.
Madrid
Madrid La Sareb amenaza con el desahucio a dos jóvenes activistas en Carabanchel
Cadete 7, el bloque en lucha del que el ‘banco malo’ prevé desalojarles de forma inminente este jueves 27, fue el primero recuperado por el movimiento de vivienda de Madrid en 2013 tras haber permanecido deshabitado desde 2008.
Palestina
Palestina Egipto abre la puerta a un nuevo alto el fuego en Gaza con el visto bueno de Hamás y EEUU
A cambio de la retirada gradual de la tropas de Israel en la Franja, serían liberados cinco rehenes cada semana. El Gobierno de Netanyahu no se ha pronunciado y siguen los ataques contra población civil.
Tribuna
Tribuna Carta aberta a José Soares de Pina, CEO de Altri: “Paren este proxecto que Galicia nin quere nin necesita”
Os argumentos para apoiar o que dicimos son moitos. Situaríanse nun terreo no bordo da ZEC Serra do Careón; provocarían un novo ciclo de plantación masiva de eucalipto ou de importación de países do Sur; e o máis importante: non teñen licenza social.
Memoria histórica
Extremadura 25 de marzo 25 marzo de 1936 / 25 Marzo de 2025: aniversario de la reforma agraria en Badajoz
Texto de Francisco Espinosa leído en la entrega del Premio 25 de Marzo celebrada en los actos conmemorativos de dicha fecha en Los Santos de Maimona.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Milleiros de persoas enchen A Pobra do Caramiñal para berrar contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
Unha grande multitude por terra e centos de embarcacións por mar esíxenlle ao Goberno de Alfonso Rueda que “recúe” ante o potencial desastre ambiental que sobrevoa Galiza.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Colegios underground en Járkov después de tres años de guerra
La ciudad ucraniana construye escuelas subterráneas, preparadas para aguantar ataques balísticos y nucleares.
Feminismos
Irene García Galán “La memoria feminista hay que construirla desde abajo, desde nuestras casas”
‘Hilaria’ (Errata Nature, 2025) es un libro dedicado a la tatarabuela de Irene García Galán, pero también un ensayo político que navega a través de la memoria feminista, el antipunitivismo y el anarquismo.
Argentina
Estela de Carlotto “Faltan todavía muchos nietos por encontrar”
Al cumplirse 49 años del golpe cívico-militar, la presidenta de Abuelas de Plaza de Mayo dialogó con El Salto y apuntó contra el Gobierno de Milei y su ministra de Seguridad, Patricia Bullrich, que encabeza la represión de la protesta social.