Costas
Golpe xudicial contra os plans da Xunta na costa: o Constitucional suspende a Lei do Litoral de Galiza

O tribunal de garantías admitiu a trámite o recurso presentado polo presidente do Goberno e pon freo a case a metade do texto.
alfonso rueda consello xunta
O presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda.
6 nov 2023 13:53

O Tribunal Constitucional decidiu aceptar o recurso presentado polo Goberno en contra da Lei 4/2023, datada o 6 de xullo, a cal trata sobre a ordenación e xestión integrada do litoral de Galiza. Ao mesmo tempo, o tribunal emitiu unha suspensión parcial da súa aplicación, tal como vén de anuncialo a corte de garantías este luns. A mencionada lei foi aprobada polo Parlamento de Galiza no pasado xullo, co respaldo do Partido Popular e a abstención do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido Socialista de Galicia (PSdeG). A lei pretende outorgar á Xunta competencias na xestión do espazo marítimo terrestre.

Ence
Pontevedra El Supremo avala que la fábrica de Ence continúe en la ría de Pontevedra hasta 2073
El Tribunal Supremo echa por tierra las sentencias de la Audiencia Nacional que acababan con la prórroga de 60 años dada por el Gobierno de Mariano Rajoy, cuando estaba en funciones, a la polémica fábrica papelera en la ría de Pontevedra.

A Xunta argumenta que estas competencias están claramente establecidas no Estatuto de Autonomía, mentres que o Goberno do Estado considera que a lei “interfere” nas súas competencias en varias áreas, chegando mesmo, din, a incluír o mar no territorio da comunidade autónoma de maneira unilateral. Por unha banda, a apropiación da competencia exclusiva do Estado para regular o réxime xurídico do dominio público marítimo terrestre; a falta de conformidade coa normativa estatal básica en relación ás limitacións da propiedade de terras adxacentes á costa; a negación de que o mar territorial sexa parte do territorio dunha comunidade; a afirmación de que a xestión dos títulos de ocupación non pode ser directamente asumida por unha comunidade autónoma a través dunha lei, salientando que rexións como Cataluña, Illes Balears, Andalucía e Canarias reformaron os seus estatutos para adquirir novas competencias; e a vulneración da competencia estatal exclusiva en materia de pesca en augas exteriores.

O Presidente do Goberno recorreu, entre outros, diversos apartados dos artigos 1,2,3,11,12, 21, 22, 23, 24, 25, 27, 29, 34, 35, 36, 40, 41, 46, 48, 49, 52, 53, 55, 57, 58, 59, 60, 62 e 64 da citada norma. Na súa demanda, sostén que os preceptos impugnados poderían vulnerar as competencias do Estado sobre o réxime xurídico do dominio público marítimo terrestre (art. 132.2 CE) así como a competencia sobre o procedemento administrativo común, a lexislación básica sobre contratos e concesións administrativas (art. 149.1.18ª CE), pesca marítima (149.1.19ª CE), mariña mercante (149.1.20ª CE) e competencia sobre medio ambiente (149.1.23ª CE).

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.