Culturas
Flores, ghuevos, rural: escribir e cantar as marxes do cotiá

Antía Otero e Su Garrido Pombo, voces gañadoras nos Premios Follas Novas do Libro Galego e nos Premios Martín Códax da Música, en diálogo.
25 jun 2023 07:00

Todo acontece na terraza da cafetería Espacio X do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Compostela. Sentamos conversando con cadanseu té e a emoción dos afectos nun espazo de luz. Antía Otero e Su Garrido Pombo naceron no mesmo ano, estudaron Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e ambas crean desde o cotiá e o doméstico, poñendo no centro o que ficou nas marxes.

Su Garrido Pombo resultou gañadora –por segunda vez, logo daquel 2019–, na 10ª edición dos Premios Martín Códax da Música, na sección Canción de autora, que se celebrou o 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra. “O importante dun premio é sentirte querida, que a xente te queira”, admite. Barroco (Apiario, 2022), da autoría de Antía Otero, vén de gañar os galardóns nos Premios Follas Novas do Libro Galego 2023 nas categorías de Poesía –xa O cuarto das abellas (Xerais, 2016) fora escollido en 2017– e Obra editada na gala que se festexou o 22 de abril no Teatro Principal de Compostela. A creadora destaca que os premios son importantes porque significan un recoñecemento, e valora de maneira positiva que Barroco fose finalista canda as obras de dúas grandes autoras no panorama poético galego, como son Yolanda Castaño e Lupe Gómez, sendo editado, ademais, por unha editora independente que a poeta ten xunto á escritora Dores Tembrás. En palabras de Otero, este galardón é “un premio colectivo”.

Desde as marxes

Antía Otero sinala que o feito de ter acceso á biblioteca do CGAC –espazo arredor do cal acontece a entrevista– foi moi importante na súa formación universitaria, a través da que obtivo as ferramentas necesarias para artellar a súa propia busca. Nesa procura aparece o oco das mulleres artistas. No Cuarto das abellas, escribe: “Fomos / dedos de Rubens, Leonardo, Klimt, Velázquez, Seoane, / Picasso”. En Barroco dá un paso máis alá e dialoga coas artistas que descubriu tras a universidade, a quen lle dedica o libro: “A todas as Lavinias, Artemisias e Claras; tamén a Antonietta Gonsalvus 'Tognina'”, destaca na nota final. “Creo que sempre me interesou o que queda na marxe”, recoñece, lembrando que xa no seu primeiro poemario, O Son da Xordeira (Espiral Maior, 2003), “as protagonistas eran as costureiras de economía somerxida que cosían para grandes modistos”.

SuGarrido Antia Otero detalle planta
A cantante, compositora e música Susana Garrido Pombo sorrí mentres escoita a Antía Otero nun momento da conversa. Elena Martín

Doutro lado da mesa, Su Garrido Pombo explica que, cando con dezaoito anos lle preguntaron por que quería estudar Historia da Arte, ela respondeu que “quería entender que leva a unha persoa a converterse en artista, a tomar ese camiño que está fóra do sistema”. Nesa viaxe cada artista ten as súas razóns e “a min fascíname entendelas e estar en contacto coa xente”, afirma. Vén de gañar a 10ª edición dos Premios Martín Códax cun discurso emotivo e reivindicativo, no que puxo en valor as que fican na marxe: as coidadoras, esas mulleres que, como no caso das artistas ás que fai mención Otero, non están no centro. Su e Antía colócanas nas nosas mans e ouvidos, para que, ao fin, as escoitemos.

O privilexio de crear

Na caloriña do sol de xuño falamos do privilexio de escribir, de crear, de cantar, de ter tempo. Nun mundo no que todo é velocidade e rapidez, escribir e cantar convértese, como recolle o poeta Ismael Ramos en Lumes (Apiario, 2017) “nun acto de resistencia”. No caso de Barroco, o libro concíbese ao longo de catro anos, período no que as crianzas de Antía son moi pequenas. Dese xeito, podemos ler na Carta á nai: “Cando collo horas para escribir e delego / o coidado das crianzas ao comezo síntome mal, / como se impuxese un privilexio. Logo o pracer é tan grande / que me prometo facelo máis veces”.

En Barroco asistimos a un cadro de xénero onde, como en Patios de luz, préndese o foco do cotiá e da noción de prole

Garrido Pombo asinte, canda Otero, en que estamos nun tempo no que crear é un privilexio e o mesmo feito de ter tempo é un privilexio. “O meu proceso creativo é caótico, as letras poden aparecer antes que a melodía ou ao revés, ás veces todo nace simplemente cunha imaxe, tendo en conta que non vai ser algo para ser lido, senón para ser interpretado”, recoñece. Afondando en Patios de luz, confesa que a idea inicial xorde na imaxe das veciñas, na noción de comunidade, no invisible. “O Patio de luz é o que queda dentro, o íntimo, o doméstico, mentres que a fachada e o que vai ao mundo é dos homes”. “As que asistimos aos patios de luz normalmente somos emigrantes do campo á cidade, como vin eu, e case non se fala diso”, reivindica. Su Garrido procura os patios de luz, os lugares abertos, baixar do escenario, estarmos de ti a ti, as foliadas, onde non hai diferenza de clase nin ascensión vertical. “Para min, a barreira da clase social é moi importante, contar a historia desde dentro do doméstico, levar a música a ese espazo. Na foliada non hai palco, estamos todas de pé a pé e a min iso é o que me fascina”.

En Barroco asistimos a un cadro de xénero onde, como en Patios de luz, se prende o foco do cotiá e da noción de prole. “O que quixen facer con este libro foi subverter o concepto, o barroco está no tenebrismo da lareira de meus avós, sempre digo que é un Zurbarán, é algo plástico, é o traballo coa luz e o fulgor”, declara Antía Otero. E isto condénsase nos versos: “Devorar o dogma / para salvar o fulgor”.

Entre a poesía e a música, o fulgor

Conectando coa idea do fulgor, e entrando na relación entre música e poesía, Otero engade: “Adoro as persoas que fan música porque sinto que camiñan con ese fulgor”. Así é como camiña Garrido Pombo polo seu barrio, entre as súas veciñas, nos concertos en solitario e acompañando a poetas, como fixo con Antía hai uns meses na presentación de Barroco no Ateneo de Vigo. “Para min a poesía é a arte máis mal pagada que hai”, denuncia a cantautora, quen confesa que se foi rodeando de poetas amigas, amigos, a súa parella Keith, e quen salienta que se tivese que escoller entre cantar ou ler tería que pensalo.

SuGarrido Antia Otero aérea

Desde a outra beira da cadeira, Otero sorrí cómplice. O seu Barroco abre, entre outras citas, cun anaco dunha letra tradicional galega “anque me vou non me ausento / anque me vou non me ausento / anque me vou da palabra / non me vou do pensamento”. “Buscaba unha cita que conectase realmente co que non está escrito, barallaba algo que pertencese ao imaxinario colectivo e popular e foi precisamente aquí ao lado, no Museo do Pobo Galego, escoitando a Faia Díaz e a Benxamín Otero cantar esa peza no ciclo O que non se escribe, cando souben que ía ser a cita do libro”.

Antes cantaba todo o mundo, fixérao ben ou mal, agora son os propios medios de comunicación os que marcan o que é cantar ben

A creadora subliña que o silencio, a pausa e o ritmo pertencen tanto á música como á poesía, e comenta que se sente moi cómoda partillando espazo con persoas que fan música, defendendo que “o canto e a danza son disciplinas coas que todas nacemos con capacidades para facelo”. Nese senso, Su engade que “antes cantaba todo o mundo, fixérao ben ou mal, agora son os propios medios de comunicación os que marcan o que é cantar ben”. Pero hai un lugar onde iso non sucede: na foliada. Alí a resistencia, o canto, o baile. A admiración.

Domingo, doce caseiro, rural

As flores e os elementos vexetais están moi presentes en Patios de luz e en Barroco –tanto no interior como no exterior–. Su recorda que cando era nena ía con súa avoa á igrexa facer ramos. Sempre lle fascinaron aquelas flores. Un día preguntoulle por que non utilizaban as flores silvestres para facer os ramos e a avoa confesoulle algo que recordará para sempre: “As flores silvestres non valen para ramos, as que valen para o camposanto son as mercadas, as perfectas, as que valen diñeiro”. “Esas si que valen para as institucións, as outras para adornar as cunetas”, subliña a cantautora na terraza do Espacio X do CGAC. Falando de avoas, o xesto que recolle Antía Otero no verso “Has levar ghuevos, nena?”. “Nesas palabras da miña avoa estaba todo o seu coidado, todo o coidado aí nesa pregunta”.

Como non imos falar do rural se toda a nosa cosmoloxía provén dese lugar? Negalo sería como negar a conformación dunha mirada de estar no mundo

A imaxe do domingo está presente nas obra de Otero e Garrido Pombo –é o título dunhas das cancións de Patios de luz e alúdese a el en Barroco–. Pero non só coinciden no día. Ambas fan referencia ao doce caseiro: “Por unha ducia tantas culleradas / de azucre e fariña / un soprido de lévedo / rela de limón / o segredo é bater as claras / tanto que graviten ao virar o prato”, di a poeta. A cantautora escolle Doce caseiro como título dunha das súas pezas e conta que no seu caso é a torta da avoa, de chocolate, galleta e Sansón: “Un día alguén, con razón, dixo que non estaba ben que os nenos tomasen Sansón e desde aquela comezouse a facer sen el, e a todos os primos pareceunos algo terrible porque asociamos ese sabor a momentos moi felices, porque nas tortas penso que é onde as avoas e as nais e a xente que te quere amasan todo o amor que moitas veces non son capaces de dicir con palabras”, sinala Su, quen afirma que para ela o doce caseiro levará, sempre, Sansón.

Na mañá dun mércores conversamos sobre o rural nunha terraza de luz, recordámolo e reflexionamos arredor del. “Como non imos falar del se toda a nosa cosmoloxía provén dese lugar? Negalo sería como negar a conformación dunha mirada de estar no mundo”, declara Otero. As artistas poñen sobre a mesa o valor de repensarnos no rural. Estes versos de Barroco recollen a esencia: “Vimos dun territorio devastado que miramos arder / mentres poetizamos o fume”. Se cadra as flores, os ghuevos e os doces caseiros sexan o que permanece.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Economía
Internacional El fondo proisraelí KKR se hace con los grandes festivales españoles de música
Controla eventos como Sónar, Viña Rock o Resurrection Fest mientras expande su negocio con la promoción inmobiliaria en territorios palestinos ocupados ilegalmente y la creación de centros de datos para las grandes tecnológicas.
Sorteo
Sorteo Llévate con El Salto una dosis doble de Manolo Kabezabolo
Participa entre el 12 y el 25 de mayo para llevarte uno de los cinco packs a sorteo con su último disco en doble vinilo y el libro biográfico que sobre él han escrito Kike Turrón y Kike Babas.
Sorteo
Sorteo Asiste con El Salto al concierto “Voces por la humanidad” para apoyar la labor de la UNRWA en Gaza
Desde hoy y hasta el próximo 15 de mayo participa en el sorteo de 5 entradas dobles a este concierto que reunirá a más de una decena de artistas sobre el escenario para recaudar fondos destinados al trabajo humanitario en la franja.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
LGTBIAQ+
Informe Estado del Odio Las agresiones físicas y verbales a personas LGTBI+ se han duplicado en el último año
El informe Estado del Odio: Estado LGTBI+ 2025 revela que el 20,3 % de las personas LGTBI+ encuestadas ha sufrido acoso. La discriminación en ámbitos como el empleo, el acceso a servicios o la vivienda, alcanza al 25,25 % del colectivo.
Más noticias
Personas sin hogar
Personas sin hogar “No todos somos conflictivos”: la otra cara de los sintecho en Barajas
Las personas que “viven” en el aeropuerto de Barajas, como en tantos otros, son el reflejo de un problema de fondo: el aumento constante del sinhogarismo ante el encarecimiento del acceso a la vivienda.
Eléctricas
Eléctricas Aagesen descarta el ciberataque y sitúa la desconexión que llevó al apagón en Granada, Badajoz y Sevilla
La vicepresidenta tercera y ministra para la Transición Ecológica explica en el Congreso que siguen investigando, pero avanza que no fue un problema de cobertura ni de reserva. El Ejecutivo no ha detallado qué tipo de energía fue la que falló.
València
València La instrucción de la dana determina que Pradas y Argüeso cometieron una “grosera negligencia”
La magistrada Ruiz Tobarra resalta en un auto la inoperancia de la ex consellera y el ex secretario de emergencias, y califica como “absurdas” sus explicaciones sobre el retraso del sms.
Opinión
Opinión Por qué es vital que el mundo (y Europa) se desarme
Mientras buena parte de los políticos mundiales nos hablan de las amenazas que suponen los Otros, la conclusión en el campo de la ciencia climática es que los problemas del siglo XXI son consecuencia del modo de vida desmesurado del mundo occidental.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.