Culturas
Algunhas citas autoxestionadas para un verán cultural

Non reciben cuantiosas subvencións e tampouco teñen lugar nas urbes galegas. Repasamos algunhas citas estivais coa cultura que vos permiten gozar a prezos populares fora dos circuítos convencionais. Un abano musical con ventos para todos os gustos: dende o pop ao metal pasando polo tradi ou polo indie.

Público do festival Arteficial na praza de Buján de Ribadavia (Ourense)
Público do festival Arteficial na praza de Buján de Ribadavia (Asociación Cultural Arteficial)
17 jul 2019 12:00

Xullo

Basticore (19 e 20 en Bastiagueiro)
Décima e derradeira edición deste encontro de música independente que se celebra no skatepark de Bastiagueiro, ao carón da praia. No bandcamp do Basticore tedes a lista de reprodución desta e das anteriores citas para ir abrindo orella. O 19 de xullo a Casa da Silva acollerá un mercado de autoedición, pinchada e os concertos de Black Coffe Band e Black&Blue. O sábado poderedes escoitar a Copa Turbo, Romance Banda, Cloaca, Mounqup, FAVX e mover as cadeiras coas pinchadas de Rapariga Dj e The Conas Dj.

Asnot (24 en Padrón)
A versión máis gamberra de Ascot é tamén unha declaración de amor ao burro, protagonista central desta cita. Unha excusa para rescatar as pamelas, os sombreiros de copa e as mellores galas do fondo do armario. Alén do xa internacionalmente famoso “derby asnal” haberá actividades para a pequechada, mercadiño e concertos.

Loro Facu (27, 28 e 29 en Miño)
Dúas rapazas e un rapaz de Miño comezaron a organizar esta cita en homenaxe ao loro Facundo. Ademais dun cartaz que inclúe a bandas como Toundra, Guadalupe Plata ou Mujeres, haberá espazo para a poesía co recital de voces galegas “Non quero rosas”. Conta tamén con mercadiño e un espazo gastronómico. O abono dos tres días ten un prezo de 20€.

Agosto

Festival Reina Loba (8, 9 e 10 en Os Blancos)
Impulsado polo Espazo Matrioska, colectivo artístico afincado nesta localidade da comarca da Limia. Grazas ás campañas de micromecenazgo que organizan podedes gozar gratuitamente de tres días de música, obradoiros, charlas e proxeccións. A acampada tamén é de balde e recoméndase gardar tempo para ir de ruta pola zona. Os escenarios feitos a man acollerán a música de Mounqup, o dúo Caamaño-Ameixeiras, Club del Río ou o Combo Guanabi.

Osa do Mar (14, 15, 16 e 17 en Burela)
O festival xa non se celebra na Marosa, senón en distintos espazos da vila, mais este animal continúa a ser o símbolo do encontro. As bandas repártense por diferentes recunchos e salas da vila, e Carolina Durante, Los jinetes del Trópico, Ortiga ou Kokoshca son algúns dos nomes do cartel. A maiores este ano o festival descentraliza parte da programación e Burela poderá gozar de concertos de balde os días 1, 8, 11, 18, 22, 25 e 29 de agosto.

Festival As Nosas Músicas (14 en Couso, A Estrada)
Un dos encontros de verán coa música tradicional. A asociación A Xesteira argalla este festival que xa vai pola súa 24ª edición. Os Melidaos, Os da Porfía, o Comando Curuxás ou Os Campantes da Baña son algúns dos grupos convocados para armar a festa. Entre os obradoiros da tarde poderedes asistir a un pensado para aquelas persoas que queiran aprender uns primeiros puntos antes de botarse a bailar. A Xesteira ofrece zona de acampada e foliadas até que saia o sol.

Festival Ao Compaz (16 e 17 en Saumede)
Festa organizada pola asociación El Pueblo Saumede, un grupo de persoas que procura “servir de punto de encontro para a cultura fóra do comercial”. O 16 de agosto a programación correrá a cargo do colectivo La Melona, coa presenza de Trifulca, Las Cruzes e Elba e Yuraq Walla. O sábado continuará cun concurso de petanca, obradoiros e pechará coas actuacións de señor Anido, Mundo Prestigio, Mounqup e distintas pinchadas. Saumede conta con zona de acampada gratuíta e na súa páxina de Facebook dan consellos para chegar á zona, compartir carro e recomendacións para xantar.

Festival Agrocuir da Ulloa (30 e 31 en Monterroso)
O Agrocuir abandona o seu espazo habitual, a granxa Maruxa, para desprazarse á vila de Monterroso. Cita referente da diversidade sexual e afectiva no rural que busca poñer en valor e fortalecer os lazos comunitarios da zona na que se celebra. A praza do Froito, o souto do Caracacho, a Área Natural da Peneda e o propio Monterroso énchense de concertos, obradoiros, actividades para a rapazada, teatro e postos de comida e artesanía.

Actualidad LGTBIQ+
O movemento LGTBIQ no rural galego
A sexta edición do Festival Agrocuir da Ulloa, un evento que xerou un punto de inflexión na visibilización da diversidade sexual no rural galego.

Entre Bateas (30 e 31 na Pobra do Caramiñal)
O colectivo “Xente ás leiras” botou a andar este festival, dedicado ao hardcore, o metal e o rock. Poderedes acampar na zona e escoitar de balde a Toundra, Koma, Escuela de Odio ou Aphonnic na praza Maio (non esquezades a roupa de baño na casa). Ademais, o colectivo organiza un percorrido musical en catamarán o venres 30, que este ano conta coa banda Sabela King& The Heartbreakers. As entradas, a un prezo de 30€, inclúen un xantar e unha cata de viños.

Festival de Poesía no Condado (31 en Salvaterra de Miño)
Encontro estival centrado na poesía, a súa 33ª edición fai homenaxe ao “internacionalismo e ternura dos povos”. Xespi, Quico Valeiras, Lara Rozados, Laura Ramos, Luz Pichel, Xiana Arias, Margarita Ledo, Carlos da Aira e Iolanda Zúñiga levarán os seus versos ata Salvaterra. Na banda musical, poderedes a Sés, Cinta Adhesiva, Flow de Toxo ou Familia Caamagno entre outros. Teatro, exposicións, palestras ou actividades deportivas completan o cartel.

Setembro

Arteficial (7 en Ribadavia)
“A música non pode non ser” é o lema desta romaría musical e artística no corazón do Ribeiro. Encontro organizado por xente nova da comarca con moitas ganas de facer cousas. A súa lista de reprodución amenizaravos a espera até setembro. No cartel: Chicharrón, Ambre, Lois ou Trajano!. A maiores, espazo para os postos de artesanía e gastronomía. Moi recomendable dar un paseo pola vila, poñer os pés a remollo á beira do Avia ou reservar tempo o domingo para unha ruta pola comarca. Preguntade á xente da organización, as súas recomendacións pagan a pena.

FestiVal das Brétemas (28 e 29 en Ponteareas)
Impulsado por unha asociación de persoas mozas de Ponteareas, este festival fai unha aposta “pola defensa, apoio e difusión da cultura, música e lingua galega”. A oitava edición leva por lema “Atravessadas” e contará cun mercadiño, obradoiros e concertos de artistas do país.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Instituciones culturales
Real Decreto Ley El BOE nombra varios “acontecimientos de excepcional interés público” y los patrocinadores se frotan las manos
El nombramiento como acontecimientos de excepcional interés público concede beneficios fiscales a patrocinadores, donantes y mecenas de eventos como el BBK Live o el Barcelona Mobile World Capital.
Opinión
Opinión Kneecap y Bob Vylan logran lo que el punk no pudo: aterrorizar a los medios británicos
Hasta ahora, que unos veinteañeros punkis dijeran un puñado de tacos se consideraba un escándalo, pero no un motivo para cambiar todo el modus operandi de una de las cadenas de televisión más importantes y prestigiosas del mundo.
#37558
23/7/2019 8:52

O "Asnot" de autogestionado nada. É umha vergonhenta festa organizada polo concelho no que o maltrato animal está no centro de todas as actividades. Compria bem um boicot por parte dum jornal como o Salto!

0
0
Miguel Anxo
22/7/2019 18:36

Desculpen mais a autoxestión non é simplemente que sexan un evento organizado por una asociación ou grupo de persoas e algo mais. Na autoxestión non se busca o lucro cobrando por entrar e as actuacións. Exposicións etc nomestan suxeitas ao que deciden os organizadores. Penso que seria bom non deturpar o significado das palavras polo ben dos movimentos de base. Un saúdo

0
0
#37410
20/7/2019 2:50

Falta o veranearte de Escuma en Ourense que levan xa, 10 años! (escua.org)

1
0
#37253
17/7/2019 15:42

Os grandes periódicos estatais silencian a exclusiva de ‘Público’ sobre o CNI e o imán de Ripoll

0
0
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.