Culturas
Iria Ares: “Cando pensas que o sabes todo, comezas a perder calidade”

“Ás veces no proceso artístico esquecémonos dun elemento fundamental: o público”

26 nov 2017 12:48

Iria Ares (A Coruña, 1988) queimou as fases moi rápido. Esta estudante de Comunicación Audiovisual xa traballaba coa xente de Matalobos (Voz Audiovisual) con vinte e un anos mentres conversaba sobre interpretación con Luís Iglesia, Luís Zahera e Aitor Mazo. Logo traballou na serie Piratas (Mediaset). En 2010 presentou a súa primeira curta, La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa. En 2011 creou a escola e sala de microteatro La Tuerka xunto a Daniel Currás, pola que pasaron ducias de actores e actrices, e hoxe recíbenos no local no que imparte un curso de interpretación ante a cámara.

Fainos unha actualización, que estás facendo agora?
Á parte deste curso que estou impartindo, teño unha produtora teatral co meu socio Xoán Carlos Mejuto, ‘Estudo do momento’. Estamos cun ciclo de teatro clásico universal adaptado a unha hora que se chama “Clásicos nunha hora” e este 30 de novembro estreamos no Ágora da Coruña Casa de bonecas, de Ibsen.

Por que teatro nunha hora?
A experiencia dos quince minutos do microteatro fixo decatarnos de que no proceso artístico ás veces podes deixar de lado un elemento fundamental: o público. Eu podo querer facer Ibsen ou un Macbeth, pero... a xente está realmente disposta a estar tres horas na butaca? O consumo rápido funciona, pero non te vas someter á ditadura estrita do público, así que o resultado desta negociación é o formato ao que chegamos dunha hora: moito máis asequible para o público pero sen perder a esencia do clásico.

E por que escollestes ‘Estudo do momento’?
‘Estudo do momento’ é o nome da nosa compañía. Gústanos estudar para tratar de mellorar, tanto no audiovisual coma no teatro. Momento vén porque cremos que toda manifestación artística sucede nun momento presente específico. O cine é eternamente presente, e o teatro se está ben feito é presente; está pasando aquí e agora.

Que é o ‘Método EDM de actuación fronte á cámara’?
Ensino ferramentas específicas de linguaxe audiovisual de Macarena Pombo para a actuación ante a cámara, pero non sería xusto dicir que o aprendín dela todo. Co estudo e coa posta en práctica co alumnado levei as súas conclusións ao meu terreo, evolucionei o que ela fixo engadindo cousas doutras disciplinas teatrais. O audiovisual ás veces está demasiado centrado na técnica específica da linguaxe audiovisual, pero ás veces os actores non se forman en teatro. Eu collín outras ferramentas específicas interesantes, como Meisner, Mamet ou Chéjov, e metinas dentro da teoría de Macarena, facendo unha metodoloxía que completase o que recibín dela.

Como valoras a escena galega neste momento concreto?
Hai unha base moi boa, que vén dun problema que antes era unha virtude: os mellores actores do momento non pasaron por ningunha escola, porque non a había. Morris, Susana Dans, Luísa Merelas, Luís Zahera… formáronse no oficio traballando moitísimo. Teñen un talento extraordinario, pero penso que cando chega o momento de dar un paso máis aló e de sumar técnicas a ese talento para mellorar e levar esas interpretacións a un nivel superior, non hai motivación. Aquí hai moito a crenza no oficio de cadaquén, no ‘eu xa sei, eu traballo así de toda a vida’. Penso que en calquera disciplina artística iso é un problema, porque cando pensas que o sabes todo, comezas a perder calidade.

Arquivado en: Cine Galicia Culturas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Culturas
Cultura Máis de 30 artistas esixen aos catro festivais galegos de KKR que cumpran coas demandas do pobo palestino
Bandas como Bala, Highpaw, O Leo de Matamá, Dakidarria, Zénit, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro apoian publicamente as demandas da maior coalición da sociedade palestina contra o fondo proisraelí.
Granada
Cómic 'La Revística': el caso de Juana Rivas, Remama contra el cáncer y más historias de la Granada rebelde en cómic
La asociación ‘La Tebeoteca’ publica el número 9 de su revista gráfica que incluye el caso de Juana Rivas, la iniciativa ‘Remama’ de mujeres pacientes oncológicas o el mítico festival granadino ‘Espárrago Rock’, entre otros temas
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.