Deportes
Adestrada para gañar aos homes

Gary Kasparov di que “o traballo duro é un talento, a capacidade de seguir tentándoo cando outras persoas abandonan tamén é un talento” para, así, explicar os esforzos e ganas de superación dalgunha xente. É unha mágoa que un tipo, como Gary, non estea sempre tan atinado nas súas palabras. Por exemplo; el opina que o xadrez, como o coñac para os vellos da vila, é unha cousa só de homes.

Judit Polgar
Judit Polgar. Foto: steenslag / CC BY-SA
12 mar 2020 12:00

Moscova, setembro de 2002. Gary Kasparov pensou, nese intre, que estaba moi claro que non tiña sentido seguir xogando. Despois do movemento 45, alarga o seu brazo, deulle a man á moza de 26 anos que tiña enfronte, levantouse e marchou como unha chispa. O xigante Kasparov, “O Ogro de Bacú”, estaba enfadado. Anoxado porque non dera unha boa batalla. E non era para menos: era a primeira vez que, o mellor xadrecista da historia, perdía cun David con forma de muller. Pouco antes un fanfurriñeiro Kasparov dixera: “Ela ten un talento fantástico para o xadrez; pero despois de todo, é unha muller. E ningunha muller pode soster unha batalla prolongada”. Claro, despois destas desafortunadas palabras, a Kasparov a derrota doíalle o dobre. Sen correr, pero marchou fuxindo da sala. Si sei que vos estades preguntando: Quen narices é a moza que gañou e fixo fuxir ao “Ogro de Bacú”? Judit Polgar, ese é o seu nome.

Mais falar de Judit Polgar equivale a falar do experimento pedagóxico dos seus pais, Laslo e Clara. Convencidos de que os xenios non nacen; senón que son produto do traballo, do adestramento e o esforzo. Convencidos, tamén, de que as mulleres poden xogar ao xadrez tan ben como os homes. Ambos decidiron poñer en marcha un experimento. Tentar crear xenios. Entre 1969 e 1976 tiveron tres fillas (Susan, Sofia e Judit) e coas tres puxeron en práctica o mesmo sistema: as nenas non foron escolarizadas, senón que foron educadas na casa, acudindo tan só para faceren os exames obrigatorios. Así o salón da súa casa en Budapest pasou ser unha improvisada aula chea de libros, sobre todo libros de xadrez. As autoridades húngaras, pola súa banda, tentaron obrigar aos Polgar para que escolarizasen as nenas. Mentras a familia comezou a recibir ataques antisemitas por parte dos seus veciños, tanto pola súa etnia como polas súas estrañas decisións.

Convencidos de que as mulleres poden xogar ao xadrez tan ben como os homes. Ambos decidiron poñer en marcha un experimento. Tentar crear xenios.

A maior, Susan Polgar, con 12 anos gañou o Campionato do Mundo sub-16 para mozas e con 15 anos, xa era a muller con maior ránking do mundo. Sofia, a segunda filla, gañou un torneo internacional en Roma con 14 anos. Pero foi, sen dúbida, a pequena Judit a que rachou tódolos moldes. Con 10 anos derrotou ao mestre internacional Dolfi Driner e con 11 anos ao gran mestre Lev Gutman. A infancia de Judit daría para un debate nun congreso de pedagoxía. As súas irmás, Susan e Sofia, eran encerradas nunha habitación da casa familiar en Budapest, provocando ciúmes en Judit. Entón a súa nai, Clara, aplicaba o estímulo: “Se queres entrar aí, tes que aprender antes a xogar ao xadrez”. E non hai evidencias de que  experimento fose negativo, e si indicios do contrario: as tres irmás son extravertidas, cultas e políglotas.

O salto á fama das Polgar foi clamoroso. Os xornalistas que cubrían a Olimpíada de Tesalónica en 1988 deron un brinco ao ver que tres irmás de 12, 14 e 19 anos formaban parte da aliñación titular de Hungría. E a sorpresa foi asombro cando as maxiares gañaron a medalla de ouro, rachando a hexemonía da URSS. Se non fose suficiente, as irmás fixeron pública a peculiaridade da súa educación, así como o principio básico da súa carreira deportiva: “Só aprende unha xogando contra os homes”. Porque ningunha das tres irmás aceptou nunca competir exclusivamente torneos femininos, sempre competiron en torneos absolutos, onde importa o ELO, non a idade ou o sexo. O ELO é unha medida en xadrez que reflexa a importancia competitiva dun ou dunha xogadora. Se un xogador gaña torneos oficiais, sobe a súa puntuación; se perde baixa o seu ELO. En 1987, Judit foi obrigada a xogar o Campionato do Mundo sub-14 feminino, e gañouno. Tiña 11 anos e o seu ELO era de 2355, feito realmente excepcional. Cando tiña 19 anos, Judit chegou ter un ELO de 2735, e ocupou o posto número 8 do mundo. É a única muller que conseguiu estar entre os dez primeiros xadrecistas da clasificación xeral.

Só aprende unha xogando contra os homes. Porque ningunha das tres irmás aceptou nunca competir exclusivamente torneos femininos, sempre competiron en torneos absolutos.”

Un dos aspectos máis interesantes na súa biografía é a necesidade de enfrontarse a rivais de maior xerarquía. Unha aprende das derrotas, este é o xeito de obter leccións e medrar. Proba, erro. Quen pecha estas posibilidades, enfrontando a rivais inferiores, só para gañar partidas e torneos, nunca progresa no seu xogo. E isto é válido tanto para homes como para mulleres, nenos e nenas. Por esta razón Judit Polgar decidiu non participar nos torneos exclusivamente femininos. Asumindo enfrontarse a un escenario masculinizado e machista, mais cunha diferenza e vantaxe sobre outras precursoras a ela: gañaba a maioría dos homes. Esta circunstancia permitiulle defender con firmeza a súa negativa a participar en campionatos femininos. Pois consideraba que as mulleres non son inferiores.

Comparte a súa tese Pia Cramling, outra das mellores xogadoras da historia. “Sempre pensei que unha muller pode xogar igual de ben que un home se ten as mesmas posibilidades”. Leontxo García, unha das referencias xornalistas máis recoñecidas, aporta unha visión distinta. El opina que as mulleres e os homes somos distintos por un tema hormonal e iso explica (segundo el) o comportamento dispar nun taboleiro de xadrez. “Cando chega a puberdade, a testosterona enche os cerebros dos mozos, o cal incentiva a capacidade competitiva. Coa mesma idade, os estróxenos enchen o cerebro das mozas, incitando abrir as súas redes sociais”. Segundo Leontxo, cando as mulleres comezan ter unha mentalidade competitiva, xa é demasiado tarde.

O caso de Judit Polgar non avala esta teoría. Foi en plena puberdade, aos 15 anos cando acadou o título de Gran Mestra, arrebatándolle ao sen outro igual Bobby Fischer a honra de ser a persoa máis moza en conseguilo. A nomeada anteriormente Pia Cramling avoga por outro tipo de explicacións, baseadas na discriminación secular sufrida polas mulleres. “Durante séculos o xadrez foi xogado exclusivamente polos homes. Hai só 100 anos aínda existían clubs que non aceptaban mulleres. Hoxe hai máis mulleres competindo. Cando o número de mulleres aumenta, o machismo diminúe”.

Durante séculos o xadrez foi xogado exclusivamente polos homes. Hai só 100 anos aínda existían clubs que non aceptaban mulleres.

A profesora María Cubel encabezou un estudo apoiado nunha ampla base de datos de torneos online que deu unha conclusión reveladora. Cando unha muller enfronta un home ten, aproximadamente, un 45% de posibilidades de gañar. Porén, se a muller descoñece o sexo do seu adversario, as posibilidades de vencer ao 50%. Este estudo apunta a que as mulleres conseguen peores resultados que os homes porque o xogo é desenvolvido nun ambiente masculinizado. Na súa opinión, acontece o mesmo que nos postos de traballo moi cualificados, nos que as mulleres teñen máis problemas para prosperar. Judit Polgar non foi allea a esta presión. “Agora xa non acontece, pero no pasado escoitaba comentarios noxentos”.

Durante a década dos noventa Judit Polgar non parou de progresar, a súa carreira foi impresionante. En 1991 conseguiu ser campioa absoluta de Hungría con quince anos. Destacando polo seu xogo ofensivo, agresivo e de ataque. Nunca foi experta en aperturas, a fase do xogo da que menos gusta. Pero unha vez chegado o medio xogo, é cando ía ao ataque con tódalas pezas. En 1992 houbo un episodio no que ante Kasparov puxo en dificultades a Gary, o cal acabou gañando a partida, aínda que hai quen di que ese día “O Ogro de Bacú” necesitou facer incluso trampas para gañar. En 1993, con 17 anos, decidiu aspirar ao Torneo de Candidatos, ficando no posto 18 entre os 74 mellores xadrecistas do mundo. En 1994, con 18 anos, gañou o Torneo da Comunidade de Madrid acabando invicta, acadando o mellor resultado obtido por unha muller nun torneo oficial.

Todo o mundo, por esas datas, quería coñecer a este fenómeno que desafiaba ao mundo masculino do xadrez. No ano 2000, conseguiu colocarse na oitava posición no ranking xadrecista. Sufriu unha crise no seu xogo, un tempo despois, ata que coñeceu a Gustav, un veterinario que hoxe é o seu marido. “Non podo asegurar unha relación directa entre a miña estabilidade emocional e os meus resultados. Pero o certo é que a miña vida privada vai ben, que son feliz, e iso coincide con boas actuacións. Síntome equilibrada e con seguridade”, declarou cando foi preguntada.

En 1992 houbo un episodio no que ante Kasparov puxo en dificultades a Gary, o cal acabou gañando a partida

Despois aconteceu algo que nunha deportista de alta competición resulta unha decisión difícil: a maternidade. Así, en 2004, naceu o seu primeiro fillo Olivier. E Judit deulle outra lección aos machistas, a penúltima. Retirouse provisoriamente dos taboleiros só por un ano e, aínda que minguou un chisco na preparación teórica, seguiu disputando torneos ao máis alto nivel. En 2006 Judit volveu ser nai dunha pequerrecha chamada Hanna. Polgar tamén ten dedicado tempo e atención ao ensino do xadrez e, paradoxos, á súa utilización nas escolas, ela que non asistiu a unha escola para a súa aprendizaxe. En 2012 defendeu fronte ao Parlamento Europeo  a introdución do xadrez como materia obrigatoria na UE. E no seu país, Hungría, conseguiu que o goberno incluíra o xadrez nas escolas como materia optativa. En agosto de 2014, Judit Polgar anunciou o seu retiro do xadrez de alta competición.

E co seu retiro deixou un legado impresionante. Unha herdanza que provoca apetito, ou como din en Hungría: cando comezas a comer, entra a fame. É a única muller que superou a barreira dos 2700 puntos no ranking ELO, estando entre as persoas na historia co ranking máis alto. Entre 1989 e 2014 foi a número un entre as mulleres. A listaxe de números 1 absolutos aos que derrotou ten de todo: cantidade e calidade. Magnus Carlsen, Vladimir Kramnik, Boris Spassky, Vasily Smislov, Veselin Topalov, Viswanathan Anand, Ruslan Ponomariov. Xogou contra Anatoly Karpov, e gañou. Xogou contra Gary Kasparov, e tamén gañou. A maioría de xadrecistas do mundo soñan só con poder mover un peón fronte a un destes dous monstros. Ela xogou contra os dous, e a ambos venceu. Adestrada para gañar aos homes: Judit Polgar.

Non! Non é unha cuestión de xénero, senón de educación, de cultura, de estímulo e de interese. Por favor, repita comigo: non existe diferencia entre un home e unha muller, tampouco nun taboleiro de xadrez.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sevilla
Extrema Derecha Denuncian la vandalización de un mural por la igualdad en un colegio de Sevilla por parte de grupos ultras
Los colectivos sociales y las familias del centro educativo se manifestaran la tarde del jueves para mostrar su repulsa al ataque perpetrado por grupos de extrema derecha
Heteropatriarcado
Masculinidades sin deconstruir En la calle, el Che...
Sobre maltrato, machismo, masculinidades sin deconstruir y el largo camino por recorrer, también, entre los hombres de una izquierda con los mismos comportamientos que la derecha.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.