Deportes
Fútbol gaélico: o deporte que fixo campioa de Europa a Galiza

No país dispútanse dúas competicións dun deporte que chegou de Irlanda para quedarse: o fútbol gaélico. Nunha delas, a Liga Gallaecia, homes e mulleres xogan xuntos sen distinción. Noutra, a recoñecida polos irlandeses, xogan as que converteron a Galiza campioa de Europa desta disciplina.

Fútbol gaélico 1
Intre dun partido entre as Fillas de Breogán e o Auriense da Liga Feminina da Asociación Galega de Fútbol Gaélico.
7 jun 2019 10:00

Cae a tarde en Galiza. En varios puntos do país, mozas e mozos xúntanse para adestrar en diferentes campos. Comezan a darlle golpes a unha bola. Golpéana co pé, pero non están a practicar fútbol. Cóllena coa man e bótana, pero non están a xogar ao baloncesto. E bátena co puño sen estar nun adestramento de voleibol. Están a facer unha sesión dun dos deportes máis xogados en Irlanda, o fútbol gaélico. Modalidade na que os galegos son referencia mundial logo de teren participado e acadado títulos internacionais.

No país existen dúas ligas: a Liga Galega de Fútbol Gaélico e a Liga Gallaecia. A primeira está organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) e está recoñecida pola Asociación Atlética Gaélica (GAA), a máxima autoridade deste deporte e doutros como o hurling, outro deporte irlandés que se xoga cunha pelota e un pau. Tanto este como o gaélico superan por moito aos practicantes e ás audiencias do que eles dan en chamar fútbol británico. Sete equipos femininos e doce masculinos disputan as competicións da AGFG. As lalinenses Herdeiras de Dhais son as vixentes campioas, mentres no lado masculino venceu o Estrela Vermelha que adestra nas Cancelas. Deste sistema saen os elixidos para formar parte do combinado galego, a “Irmandiña”, que naceu en 2012 e representa de xeito oficial a Galiza nos torneos internacionais.

As xogadoras da Irmandiña acadaron o campionato de Europa no 2018

España non ten un equivalente á Liga Galega, xa que a maioría de deportistas de gaélico son galegos. Existen outros equipos en Andalucía, Madrid ou no Levante contra os que os da AGFG disputan o Torneo Ibérico. Clubs sempre relacionados coa emigración irlandesa. Unha das peculiaridades do gaélico galego é que todos os xogadores son autóctonos. Este estilo tan propio levou á “Irmandiña” a acadar un subcampionato mundial en 2015 na categoría masculina e o campionato de Europa en 2018 na feminina, entre outros recoñecementos. É preciso indicar que Irlanda non xoga esta competición. Son Arxentina, Alemaña ou Bretaña algúns dos rivais dos galegos nestas competicións. No caso desta última rexión dáse a curiosa circunstancia de que ten xogado en torneos contra Francia.

Fútbol gaélico 4
O Estrela Vermelha é o actual campión da división masculina da liga oficial de gaélico.

Para entender dun xeito rápido o sistema de xogo: en Irlanda o fútbol gaélico dispútase entre dous equipos con quince xogadores, aínda que en Galiza os equipos son de nove. Existen dous xeitos de conseguir puntos anotando nas porterías en forma de ‘H’, semellantes ás do rugby. Na parte baixa hai un porteiro, como no fútbol británico. Os tantos nesta zona valen tres puntos. Se pola contra se envía o balón entre os paus de arriba, o equipo marca un punto. A bola pesa máis que a do fútbol. Pódese conducir e anotar tanto coas mans como cos pés. Non se pode dar máis de catro pasos sen botar o esférico ou sen darlle unha patada. Isto fai que sexa un deporte moi vistoso e dinámico no que ademais se admite o contacto físico.

A Liga Gallaecia, una iniciativa nacida ó redor do asociacionismo galego

No 2013 fundouse a Liga Gallaecia, iniciativa xurdida ao redor do tecido asociativo e cultural de varias cidades e vilas galegas. Unha das principais diferenzas coa competición da AGFG é que os equipos son mixtos. Isto é algo que contravén as normas oficiais da GAA. “Non lle viamos lóxica a esta segregación. Todas temos os mesmos dereitos e capacidades. De igual xeito, a separación ía en contra de popularizar o deporte”, conta Antón Somoza, xogador e fundador dos Torques de Lugoslavia, conxunto lugués que vén de conseguir a súa terceira Liga Gallaecia de xeito consecutivo.

Non queremos a competitividade que se inculca en gran parte do fútbol británico

Alén dos equipos mixtos, Somoza explica como a Gallaecia quixo dende o principio apostar por uns valores que están inscritos no seu regulamento: “Non queremos a competitividade que se inculca en gran parte do fútbol británico, no que se tenta gañar a toda costa. De igual xeito, non permitimos que existan actitudes machistas, xenófobas ou de discriminación entre os xogadores e os árbitros”.

O sistema de sancións baséase en tres cartóns. O amarelo, cunha pena dun punto. Derivado de accións dun deporte que é de contacto, xa que están permitidas as cargas para imposibilitar os avances do rival, ao estilo, pero sen a forza do rugby. O negro ten como consecuencia a expulsión do partido, mais o equipo que perde o xogador pode substituílo. Perderá 1,5 puntos. Recibirano, por exemplo, aqueles que protesten as decisións dos colexiados. O vermello supón a sanción máis dura: expulsión, sen posibilidade de cambio, perda de tres puntos máis dous partidos sen poder xogar. O vermello levarao calquera que faga comentarios “motivados por distincións de xénero, orientación sexual, aspecto físico ou procedencia xeográfica ou cultural” ou sexa autor dunha agresión. Por último, calquera que durante máis de tres partidos teña xogadores sancionados con cartón vermello “deberá presentar ante a Coordenadora da Liga Gallaecia unha batería de medidas para corrixir a problemática e confirmar o seu compromiso colectivo cos valores da competición. “Se non contribúe con ditas medidas ou se logo de presentalas, incorre novamente na mesma sanción e por iguais motivos, debaterase a permanencia do equipo na Liga”.

Fútbol gaélico 2
Lance dun encontro da Liga Gallaecia, onde os equipos son mixtos, a diferenza do que ocorre no resto de competicións.

Como se escollen os árbitros? “Están establecidos dende que se fixa o calendario. Prímase que arbitre o equipo da casa (cada xornada, na que participan todos os equipos, dispútase nunha vila). Por exemplo, se temos dous partidos en Lugo. Un arbitrariámolo nós e outro un membro doutro conxunto”. En anos anteriores fixéronse xornadas de formación para os membros da Gallaecia en materia de arbitraxe. Na última edición competiron os Torques de Lugoslavia, O Condado de Ponteareas (segundo clasificado), o Cascarilha da Coruña, o Fusquenlha de Pontedeume, as Afiadoras de Ourense, os Grovios do Baixo Miño, o Suevia de Compostela e o Ambílokwoi de Vigo. Na nomenclatura de cada equipo hai unha historia detrás. No caso lugués, a razón está nunha xoia como é o Torque de Burela. Lugoslavia explícase só: a reinterpretación balcánica do nome da cidade, usada tamén por outras organizacións. Tamén teñen argumentos as cores dos equipamentos. Os lugoslavos visten de verde e vermello, ó igual que un dos equipos da GAA, o Mayo.

“É o condado da zona máis occidental de Irlanda. Rural e na que se fala máis gaélico. Seguimos tamén os seus partidos”. Deste xeito explica Somoza a simpatía por un dos conxuntos máis curiosos do gaélico, famoso por unha maldición que lle ‘impide’ gañar o All-Ireland (o torneo máis prestixioso de Gaélico). En 1951 volvían á casa logo de gañar ao prestixioso Meath. Ían na parte de atrás dunha camioneta celebrándoo. Nun pobo chamado Foxford pasaron de longo nun enterro sen amosar respecto. A lenda que os arrodea di que non volverán gañar un título até que morran todos os compoñentes daquel equipo. Quedan varios vivos aínda… O feitizo non afectou aos seus homólogos lugueses, xa bicampeóns Gallaecia.

Acéptanse novos xogadores

Lugo e o gaélico están intimamente ligados, xa que a cidade amurallada foi sé en 2012 da xornada inaugural que rematou por agromar na Gallaecia. Celebrouse no campo de Nadela, ás aforas da cidade, onde adestran os Torques dúas veces á semana: martes e xoves, ás 21:30, para que sexa compatible coas obrigas laborais. “Neste campo xa se xogara ao rugby e ao béisbol. Foi o único que nos deu o Concello no seu día. É un terreo que polas súas medidas non é válido para determinadas competicións de fútbol 11”, relata Somoza, quen apunta varias sabotaxes que sufriu o feudo. Así, no primeiro inverno que os Torques xogaron en Nadela uns descoñecidos estragaron o cadro de luces.

Fútbol gaélico 3
Foto de familia dunha xornada da Liga Gallaecia, con membros do Torques de Lugoslavia, O Condado FG, e As Afiadoras de Ourense.

Tamén era habitual que entrasen motos a derrapar no campo ou que as ventás dos vestiarios acabasen estragadas, sobre todo se coincidía con que houbera algunha festa na zona. “O Concello vai facendo os amaños que poden, pero é ben sabido tamén como se rebaixaron os servizos públicos na cidade. Malia todo, é un campo, que ao estar afastado do centro, non é solicitado por case ninguén e por tanto ofrécenos total dispoñibilidade a diferenza do que ocorre con outros equipos”. As peculiaridades dos campos, máis pequenos que os de Irlanda, fixeron que tanto na AGFG como na Gallaecia se introducise a fórmula de nove xogadores.

Na Gallaecia teñen como obxectivo fomentar o deporte de base

Os equipos e a liga en si autofináncianse. “Nós chegamos a un acordo de patrocinio cunha empresa para que nos fixera desconto no material. Cada balón custa sobre 17 euros e en cada temporada usamos unha decena deles. Ao final da mesma, renovamos a metade. Cada xogador merca a súa camisola, alén de catro ou cinco que compramos entre todos para os que comezan a probar”. Entón, aceptan novos xogadores os actuais equipos? “Por suposto, poderían vir adestrar con nós ou con outros equipos en calquera momento. Hai unha cota de dez euros, para quen entre nun equipo, cos que se axuda aos desprazamentos e as arbitraxes”. Na Gallaecia teñen como obxectivo consolidar os equipos actuais e tamén fomentar o deporte de base.

Fútbol gaélico 5
A Liga Gallaecia celebrou unha xornada de formación para os máis novos en Marrozos (Compostela).

O pasado 1 de xuño tivo lugar unha concentración en Compostela destinada para mozos de menos de 12 anos. Estiveron titorizados polos equipos técnicos do Suevia e do Ambílokwoi. “É algo que nos anda na cabeza dende hai tempo. Temos claro que para popularizar o deporte é preciso fomentalo entre os máis cativos, para que non quede como unha xeración illada que xogou ao Gaélico”, sentencia o xogador do Torques de Lugoslavia. Por se aínda ten dúbidas, saiba que os da Liga Gallaecia importaron do rugby os ‘Terceiros tempos’, onde os rivais no campo convértense en amigos de barra logo do encontro. Os dos Torques, sempre no lugués Bodegón A Fouce, a súa sé, engalada por todos os recunchos coas camisolas e imaxes históricas do club. E sempre que se terza, co gaélico na televisión. Un templo galego deste deporte para iniciados e non tanto. “Porque para nós o importante é crear comunidade ao redor do equipo, non facer por facer un deporte”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Más de 200 colectivos exigen transparencia sobre la mina Doade y piden la intervención del Parlamento Europeo
Organizaciones de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, exigen a Bruselas acceso a la documentación sobre la explotación prevista, denunciando opacidad, privilegios empresariales y riesgo ambiental en zonas protegidas de Galicia.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.
Medio ambiente
Medio ambiente Máis de 200 colectivos esixen transparencia sobre a mina Doade e piden a intervención do Parlamento Europeo
Organizacións de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, esixen a Bruxelas acceso á documentación sobre a explotación prevista, denunciando opacidade, privilexios empresariais e risco ambiental en zonas protexidas de Galiza.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.

Últimas

Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.
Israel
Israel Nuevos contratos de compra de armamento a Israel tensan la situación del Gobierno
El incumplimiento del compromiso al “embargo total” por parte del PSOE deja críticas de Sumar y la opción de romper la coalición por parte de Izquierda Unida. El Ejecutivo asegura que está buscando la manera de rescindir el contrato.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio A dos velas
El documental “A dos velas”, de Agustín Toranzo indaga en las causas de los cortes de suministro eléctrico sistemáticos e indiscriminados que varios barrios obreros de Sevilla vienen denunciando desde hace años.
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Que papel xoga Abanca no proxecto da celulosa de Altri en Galiza?
A sociedade público-privada Impulsa Galica, que cimentou os primeiros plans da multinacional papeleira e Greenalia está participada fundamentalmente pola Xunta e polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas de aforro galegas.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.