Deportes
Liberi Nantes, fútbol como refuxio

Nun contexto social convulso, con grandes crises migratorias e conflitos latentes en diversas partes do globo, o esférico tórnase un elemento crucial de influencia para moitísimas persoas que fuxen da barbarie. Nas grandes urbes é onde podemos atopar máis variedade de contextos e proxectos de diversa índole que unen fútbol e conciencia social para mudar as cousas.

Liberi Nantes 1
Desde 2007, o barrio oriental de Pietralata en Roma conta cun conxunto pioneiro: o Liberi Nantes Football Club. Lucas Méndez Veiga
12 nov 2019 12:00

Desde 2007, o barrio oriental de Pietralata en Roma conta cun conxunto pioneiro. Esa zona da capital italiana xogou un papel importante nos diversos conflitos que asolaron á cidade e hoxe trátase dun barrio acolledor con diversas actividades que paga a pena salientar. O Liberi Nantes Football Club é todo un exemplo. Veñen desenvolvendo sen descanso un labor solidario con milleiros de migrantes e refuxiados que piden asilo político no país transalpino, malia o grave problema que vive o país por mor da políticas represivas dos seus mandatarios.

Trátase de xogar á pelota para esquecelo todo. Os integrantes son única e exclusivamente persoas que foxen das guerras. Hoxe contan cun grupo maioritariamente formado por africanos que escapan do terrorismo fundamentalista, a trata de persoas ou a represión violenta e a corrupción dos gobernos do continente. Ao chegaren a Roma atópanse cun proxecto no que desenvolver as súas aptitudes deportivas pero non só. Amais do equipo masculino, no Nantes veñen de implementar con éxito unha equipa feminina e contan xa con diversas seccións que nada teñen que ver co balón, como por exemplo clases de italiano, rugby, excursionismo ou labores comunitarias de recuperación de espazos públicos deteriorados en Roma.

África, o continente esquecido

Hoxe, a barbarie está deslocalizada. Tamén o están os refuxiados. Son moitos os focos que asolagan o planeta, aínda que tres nacións principalmente agrupan case a metade do total: Siria, Afganistán e Somalia. A inmensa maioría de emigrantes forzados pertencen a países en vías de extinción. Hai moitos con estudos e con circunstancias de vida estable, pero o patrón xa mudou. Fuxen os que consiguen reunir o pouco que aforran para ter unha vida digna. Hoxe, o refuxiado é unha persoa non europea: sen estima, perseguida, maioritariamente sen estudos e, tamén aquí, fuxe dunha guerra.

Nunca houbo tantos refuxiados coma hoxe. Nunca houbo tantos refuxiados en nacións pobres coma hoxe. Trátase do momento histórico con máis persoas fóra das súas propias casas a causa da violencia segundo datos de UNHCR. Nunca houbo tantas crises humanitarias consecutivas no tempo. África eríxese coma un continente multicultural e diverso ao que moitísimos factores foron desangrando e facendo mudar a súa realidade. O colonialismo, a corrupción o a ineptitude dos seus dirixentes -moitos convertidos en tiranos- acabou por desdibuxar un continente que se debería destacar polas súas variedades: de cores, lingüísticas, de tradicións, de culturas, xeolóxicas ou políticas.

Nunca houbo tantos refuxiados coma hoxe. Nunca houbo tantos refuxiados en nacións pobres coma hoxe

O Mediterráneo supón o grande problema neste conflicto de dimensións globais. Converteuse nun burato imposible de tapar e de solucionar para gobernos e institucións mundiais e europeas. As cifras son confusas e non existe un consenso claro. O peor: só o fondo do mar sabe as cifras reais. A crueldade e a inhumanidade dos europeos e das mafias que acumulan persoas nas barcazas como elemento de compra-venda non ten igual. Supón mercantilizar con vidas e persoas. A iso súmase outra incertidume: non todos os que cheguen lograrán obter asilo nos países de acollida. Pasan a ser persoas sen nación. Obviamente unha inmensa maioría busca chegar a Europa por motivos económicos, na búsqueda de prosperidade e o mellor para as súas vidas e familias.

O racismo no fútbol: o caso de Italia

Ao longo dos últimos meses asistimos a un perigoso aumento dos casos racistas rexistrados nos campos italianos. En pleno século XXI, constitúe unha das maiores e máis vergoñentos problemas do país da bota. Dende grandes estadios no que se pasean estrelas do esférico ata os casos máis amadores onde os dereitos humanos se ven atacados e as persoas de cor son discriminadas ante a completa e inepta pasividade de autoridades, clubes e, en moitas ocasións, outros xogadores.

En Roma falamos co corresponsal do diario El País, Daniel Verdú, quen comenta que é algo que non escapa á opinión pública nin aos medios daquel país e, malia todo, é algo ao que non conseguen pór remedio. “É outro dos males endémicos. Foi das cousas que máis me sorprenderon. Vés pais xunto aos seus cativos facendo sons de simio e animándoos a que o fixesen. Aínda non se ve coma un problema moral”, incide. Cre que parte do problema é o grande poder que teñen as gradas e os grupos ultras de índole fascista que campan ás súas anchas na inmensa maioría do país. E isto é un grave problema. “Están fóra de control. Teñen un atraso moi importante con respecto a países comparables a Italia e é absolutamente lamentable”, comenta Verdú.

Parte do problema é o grande poder que teñen as gradas e os grupos ultras de índole fascista que campan ás súas anchas na inmensa maioría do país

Outra das voces autorizadas que atopamos no país transalpino é o entrenador e activista político de esquerdas, Renzo Ulivieri. Na súa primeira faceta dirixiu clubes tan importantes como aquel Parma que logo gañaría unha Copa da UEFA no 99 e, na segunda das súas ocupacións, concurriu a unhas eleccións ao Senado polo movemento de esquerdas Potere Al Popolo! –Poder ao pobo–. Sempre se posicionou en contra do racismo nas bancadas porque di que é un problema co que xamais se topou nos vestiarios e que di que non existe. “O mundo do deporte reflicte o que ocorre fóra. É máis sinxelo ser racista. Italia ten unha constitución que nace do traballo da resistencia e ten principios e valores de respecto á persoa. Fóra dos vestiarios vén alimentado para agochar outros problemas. O problema principal é a desigualdade no noso país”, incide Ulivieri.

Liberi Nantes, a resistencia do fútbol fronte ás desigualdades

No campo XXV Aprile de Pietralata teñen as cousas clarísimas. O proxecto naceu cunha premisa inamovible: permitir xogar a todo aquel que queira e para facer esquecer as desigualdades e os problemas. Eles, inciden, non constitúen unha entidade de acollida como tal senón que traballan man a man con asociacións que recepcionan os migrantes na gran capital do país. Dende aí, póñense en contacto, anunciando as diversas actividades que realizarán esa campaña e os interesados pasan a formar parte da familia do Nantes. Os grandes cambios aos que se ven sometidos os migrantes fan que a súa estancia en Roma sexa puntual e por iso se trata dun proxecto que conta con moitas entradas e saídas de xogadores e participantes. “Tentamos organizarnos, sempre entran rapaces novos para os que temos un recambio. Entristécenos que marchen pero entendemos o fútbol coma un instrumento para acoller e relacionarnos cos outros, somos moi acolledores cos que chegan novos”, alega Rino di Costanza, mestre e adestrador do primeiro equipo masculino.

Entendemos o fútbol coma un instrumento para acoller e relacionarnos cos outros

O presidente, Alberto Urbinati, incide na liberdade que se lles da aos inscritos no equipo, xa que se conseguen unhas mellores circunstancias vitais ou deportivas non deben sentirse atados ao Liberi Nantes: “Deixamos liberdade absoluta. A nosa felicidade e ambicións son as dos rapaces e rapazas. Non temos ambicións deportivas porque, para nós, o deporte é o medio, non o fin. É o medio co que tentamos que trascorran momentos de serenidade e unión para rapaces que son normalísimos e queren xogar como xoga calquera en calquera parte do mundo. Se atopan un equipo ou situación mellor, nós realmente non os retemos”, explica dende o seu modesto despacho no campo que rexenta o clube.

Liberi Nantes 2
Imaxe dunha xornada de entrenamento no campo XXV Aprile de Pietralata en Roma. Lucas Méndez Veiga

No tocante a este espazo, o clube tivo que facer un grande esforzo. De primeiras xogaron a préstamo nas dependencias doutro clube amigo pero chegou un momento no que o crecemento do proxecto fixo que debatisen outra solución: alugar un estadio propio. Sempre no barrio de Pietralata, atoparon o modestísimo campo de terra chamado XXV Aprile, o cal recuperaron e acondicionaron “coma unha labor para o barrio e non só para o equipo”, segundo comenta Urbinati. “Moitos dos traballos de acondicionamento foron feitos coa axuda dos propios migrantes que tamén fan voluntariado. Isto invirte o pensamento xeral en Italia acerca dos migrantes. Permitíronnos desenvolver este proxecto”, comenta ledo.

O paso de tempo, o continuo deterioro e necesidade de melloras, amais da falta de axudas, fixo que o clube decidise implicarse activamente na busca de axudas económicas que hoxe en día seguen sen chegar e afectan á viabilidade deste. A pesares de ser un espazo público en mans do Concello romano, a institución non achega nin un só euro ao mantemento do campo e é o propio clube quen, amais do pago do alugueiro, mantén e acondiciona un terreo de xogo que utilizan outras equipas do barrio e a contorna. “O normal é que as institucións públicas tenten apoiar estes traballos, xa que nalgún momento deixaremos este lugar e ficará para a comunidade”. Trátase, polo tanto dun interése común.

A pesares de ser un espazo público en mans do Concello romano, a institución non achega nin un só euro ao mantemento do campo

A nivel técnico, as equipas do Nantes levan anos cun problema de base: non poden competir en igualdade de condicións. O problema radica nos permisos que non son concedidos ás persoas refuxiadas, cuxa maioría non conta con facilidades para conseguir o permiso de acollida ou de estancia no país transalpino. Polo tanto, todos os equipos do clube competían, ata este mesmo outubro, fóra da clasificación: xogaban pero non puntuaban. “Cando saltas ao terreo de xogo e asubía o árbitro, xa hai unha discriminación que non nos sirve para nada. O proxecto deixa de ter sentido”, alega o presidente.


Os voluntarios constitúen unha parte básica para o correcto funcionamento do clube e é por iso que, para esta mesma campaña que arrancou o pasado 20 de outubro, conseguiron o soño: competir á beira de todas as equipas da súa liga amador. O gran paso foi grazas ao traballo de xente como Salvatore Lisciandrello ‘Toti’ quen alega cuestións de humanidade básicas para defender o seu traballo no Liberi Nantes. “Se fago unha análise profunda ata me avergoño. Ten que ver co sentido da vida. Se non intentamos mellorar un pouco este mundo, sen ese percorrido, creo que a vida perde un pouco o sentido e sempre tentei adicarme a traballos con máis sentido vital que laboral”, explica.

As equipas do Nantes levan anos cun problema de base, debido aos permisos que non son concedidos ás persoas refuxiadas, polo que non compiten en igualdade de condicións

A realidade do Liberi Nantes non deixa de mellorar e abarcar máis e máis seccións. A feminina, a cargo da ex xogadora profesional da AS Roma entre outros, Maria Iole, cada ano chega a máis mulleres que se animan a xogar ao balonpé. “Actualmente xogamos a fútbol cinco e conseguimos un gran sentimento de pertenza, o crecemento da sección e os coñecemos da rapazas que queren xogar cada vez é maior. Esta equipa é un dos nosos maiores orgullos”, comenta. A nivel de acollida, o futuro pinta cada vez mellor nun país que retrocede a pasos axigantados. Pero, mentres exista esperanza, no Nantes van pelexar por un mundo mellor. “Penso con optimismo que a nosa equipa, nun futuro cercano, será algo diferente: na clasificación, terá moitos migrantes, diversos italianos e non se preocupará de ter que garantir ser o único sitio onde poder xogar. Unha equipa máis multiétnica porque haberá xente de todo o mundo e as persoas solicitantes de asilo poderán irse a ser felices a calquera parte”, comenta Lisciandrello.

Xa van camiño de conseguilo. Será a maior das vitorias do Liberi Nantes.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Iritzia
Migranteak Pobreek molestatu egiten digute
Zer egin orain kalean lotan daudenekin? Nola aurre egin klase begirada politiko eraldatzaile batetik?
Análisis
Análisis Trump no ha inventado nada o ¿qué hacemos frente al mundo-frontera?
Así opera la frontera: deshumaniza a las personas migrantes, abre así las puertas a una deshumanización que acaba despojando de dignidad a cualquiera que se considere problemático o sobrante.
República del Sudán
Externalización de fronteras Refugiados sudaneses en Níger: una tragedia humanitaria en el corazón del desierto
En Agadez, en un campo de refugiados alejado de toda población, cientos de personas refugiadas, en su mayoría provenientes de Sudán, esperan poder avanzar durante meses y años, en condiciones indignas.
Dependencia
Dependencia Los cuidados necesitarán entre 300.000 y 600.000 trabajadores más en cinco años
Las empleadas de residencias y ayuda a domicilio reclaman mejoras en esas nuevas plazas. “Debemos tener un sistema de cuidados universal y público, debe ser un derecho y no un negocio”, piden desde el sindicato ELA.
Cómic
Cómic Un gran poder conlleva una gran responsabilidad: ¿los superhéroes de cómic son de derechas o de izquierdas?
¿Encarna Superman a la socialdemocracia liberal, es Batman un militante anarcocapitalista y el Capitán América la bandera del nacionalismo? La respuesta no es tan sencilla si se repasa la historia del género.
Comunidad de Madrid
Sanidad Universal Sociedades sanitarias critican el SMS amenazante que el Gobierno de Ayuso está enviando a personas migrantes
Cuatro sociedades científicas denuncian un texto amenazante en el que se indica al destinatario que dispone de 30 días para seguir de alta en la Tarjeta Sanitaria, lo que está generando “incertidumbre” y “desprotección”.
Memoria histórica
Manuel Pérez, ‘camarada Arenas’, tras salir de prisión “Cordón trató de escaparse, se cayó y se mató”
El militante histórico del PCE reconstituido y, según la Justicia, líder de los Grapo, mantiene su inocencia en todos los casos que le han llevado a pasar 32 años en prisión.

Últimas

València
Dana 20:11, Ni oblit ni perdó: los pueblos de la Dana amanecen con pintadas contra Mazón
Tras cinco meses de catástrofe, aparecen numerosas pintadas en los municipios afectados por la riada para señalar la tardía gestión de la Generalitat.
Economía
IPC La inflación interanual cae hasta el 2,3% en marzo gracias a las lluvias
Las precipitaciones han reducido el precio de la electricidad.La subyacente también se reduce dos décimas hasta situarse en el 2%.
México
México El Coyul, un ejemplo de resistencia indígena frente al despojo en el Istmo de Oaxaca
La Sociedad Agrícola y Ganadera El Coyul continúa apelando la sentencia por despojo agravado y secuestro interpuesta a 21 de sus miembros
Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar llegan a un acuerdo para que el SMI no tribute el IRPF
Pese a adelantar la ministra de Trabajo que se habían roto las negociaciones, finalmente las personas que cobren el salario mínimo no tendrán que declarar en 2025.
Opinión
Opinión Sobre la cancelación de Georgina Orellano en el Foro ESPAL 2025
La cancelación de Georgina redunda en esta incapacidad para escuchar a las trabajadoras sexuales y en el pánico que tienen de que se las escuche. Denota inmadurez política, cerrazón dialéctica y pacatería moral.
Madrid
Derecho a la vivienda Consumo abre expediente a Alquiler Seguro por prácticas abusivas contra los inquilinos
La decisión del Ministerio de Pablo Bustinduy, según el Sindicato de Inquilinas, “abre la puerta a la devolución de millones de euros a las inquilinas que reclamen sus derechos”.

Recomendadas

Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.
América del Sur
América del Sur La batalla por el litio: pueblos originarios resisten un “genocidio medioambiental y cultural”
Sudamérica se ha convertido en la proveedora mundial de materias primas para la transición energética. Las comunidades afectadas se rebelan ante una actividad que genera desposesión de tierras, contaminación, sequía y conflictos internos.
El Salvador
Ivania Cruz “El estado de excepción se está utilizando en El Salvador para gobernar en base al miedo”
A esta defensora de derechos humanos y comunitarios le allanaron su casa mientras se encontraba en un viaje internacional. Desde el exterior, denuncia la persecución del gobierno salvadoreño hacia su organización y hacia las comunidades que defiende.
Yemayá Revista
México Sobrevivir en la frontera: el cuerpo como moneda de cambio
En Tapachula, punto clave de la frontera sur de México, miles de mujeres migrantes permanecen atrapadas sin poder seguir su camino hacia Estados Unidos.