Deportes
Con dobre K, de xadrez, Kasparov contra Karpov

Esta é a historia dunha confrontación que foi máis alá do axustado marco dun taboleiro de xogo. Dous xeitos de combater, de sentir, de vivir; nunha batalla ideolóxica, incluso política. A rivalidade máis grande de tódolos tempos. No deporte máis violento. Señoras e señores, damy i gospoda, por favor póñanse en pé: con dobre k, de xadrez, Kasparov contra Karpov.


Con dobre K
Imaxe dunhas das 144 partidas que xogaron nos 20 anos que durou a súa rivalidade.
24 oct 2018 17:15

A rivalidade entre Garry Kasparov e Anatoly Karpov foi épica, longuísima, sempre desapiadada e salpementada de liortas políticas. Como curiosidade; o tráfico de Moscova era cortado cando os seus vehículos, coas sereas prendidas, conducían a ambas as sedes dos dous primeiros match polo título mundial, en 1984 e 1985. Pero igual que houbo un día no que foi posta a primeira pedra da Catedral de San Basilio en Moscova, tamén houbo un día onde a dobre K atopou nun taboleiro de xadrez o seu primeiro punto de encontro. Cara a esa data viaxamos na nosa particular máquina do tempo.

Estamos en novembro de 1975, no Pazo dos Mozos Pioneiros en Leningrado. Karpov acababa de ser proclamado campión do mundo con 24 anos, despois da renuncia de Bobby Fischer a defender o título gañado contra Boris Spassky; recupera o título para a URSS; Karpov era un heroe nacional, tranquilo, educado, frío, era o protexido do vello politburó soviético, chegando Leonidas Brezsnev a nomealo o “Rei do xadrez” en 1975. Kasparov, pola contra, era un mozo de 12 anos que chegou acompañado da man pola súa nai, Clara Shagenovna Kasparian, a arquitecta do Ogro de Bacú que chegou a renunciar ao seu traballo como enxeñeira despois da morte do pai de Garry para adicar os seus esforzos co seu fillo á aprendizaxe do xadrez ao máximo nivel.

Nese primeiro encontro a partida foi gañada por Karpov, froito da súa maior madurez e axudado por algún erro infantil de Kasparov. Tolia (alcume de neno de Karpov) tivera unha crianza chea de enfermidades, pero xa de adulto era duro, calculador e cerebral; dicían del que era capaz de sacar auga dunha pedra porque adoitaba destruír os seus rivais pouco a pouco, aproveitando calquera mínima vantaxe. Ese día, é seguro, ningún dos dous podía imaxinar que os camiños de ambos irían xuntos, seguindo os mesmos itinerarios. E aínda así, Clara Kasparian sempre dixo que a primeira vez que se atoparon as súas olladas, un brillo, unha faísca saltou no Pazo dos Mozos Pioneiros.

Karpov era un heroe nacional, tranquilo, educado, frío, era o protexido do vello politburó soviético, chegando Leonidas Brezsnev a nomealo o “Rei do xadrez” en 1975

Despois deste primeiro encontro, durante uns anos, os camiños de ambos transcorreron paralelos. Karpov puido probar que era o xadrecista máis forte do mundo defendendo con éxito o título contra a exiliado soviético Victor Korchnoi en dúas ocasións (1978 e 1981). Kasparov foi medrando, mellorando e evolucionando o seu estilo de xogo; até que en 1984 gañou o dereito para disputar como aspirante o título de campión do mundo contra o propio Karpov. Dous estilos fronte a fronte, xa na súa plenitude ambos: Karpov era o xogador académico, que agardaba agochado e á defensiva a súa oportunidade para facer dano cando ollaba unha debilidade no seu rival; Kasparov era o xogador exuberante que non aceptaba táboas, e que arriscaba e marchaba cara a conquista do seu rival desde o primeiro movemento. Auga e aceite.

O primeiro match polo título mundial entre ambos comezou o 10 de setembro de 1984 en Moscova. As táboas non valían, tiñan que gañar 6 partidas, sen límite de tentativas. Polo civil ou polo penal. E Kasparov empezou pagando caro a novatada, ás 9 partidas Anatoly gañaba por 4-0. A Sala de Columnas da Casa dos Sindicatos estaba presenciando un filme de terror. Na partida 27, o marcador sitúa a Karpov a unha vitoria de revalidalo título; mais entón aconteceu o milagre. Kasparov amosou unha capacidade de resiliencia non coñecida até a data e, unhas partidas despois, lograba o seu primeiro punto. Meses máis tarde, xa en 1985, sumaba o terceiro (5-3). O que prometía ser un torneo extraordinario estaba mudando a un maratón infernal. E, de súpeto, o presidente da Federación Mundial de Xadrez, Florencio Campomanes, cancelou o match sen un gañador e emprazou a ambos a comezaren un novo encontro en 1985 con Karpov como campión. Esta decisión provocou unha polémica que aínda hoxe continúa, ambos xogadores acusaron o outro de ser favorecido porque confiaban na vitoria propia. Os alicerces da súa rivalidade foron postos nese intre, e cimentouse un odio mutuo que iría medrando.

Ese mesmo ano, en 1985, foi o segundo match entre ambos polo título mundial. Comezou o 3 de setembro de 1985 en Moscova, e recuperou o antigo formato ao mellor de 24 partidas. A Sala de Columnas, sede do primeiro match, quedara pequena para acoller a nova final así que o escenario en 1985 foi o Teatro Tchaikovski. O ambiente no patio era a mellor metáfora do que significaba o encontro: unha metade era xente loira e eslava que apoiaba a Karpov, a outra metade era xente morena e caucásica do lado de Kasparov. E diante dos ollos do Teatro Tchaikovski, Kasparov derrotou a Karpov. Garry era o novo campión do mundo, o máis mozo da historia con 22 anos. Conta a lenda que cando Kasparov gañou a última partida, a xente que estaba ao seu favor comezou a festexar a vitoria no Teatro Tchaikovski. Os berros de ledicia das persoas morenas e caucásicas foron respondidos con golpes e porrazos por parte da Policía Soviética. A finais deste ano, 1986, a difícil relación entre ambos estivo a piques de costarlle á URSS a derrota nas Olimpíadas de Xadrez de Dubai; falaron entre eles e a alianza, impensábel, entre os dous xenios fixo que a URSS acabara gañando a Olimpíada por medio punto de vantaxe sobre o Reino Unido na última xornada.

A Sala de Columnas da Casa dos Sindicatos estaba presenciando un filme de terror. Na partida 27, o marcador sitúa a Karpov a unha vitoria de revalidalo título; mais entón aconteceu o milagre

As condicións do encontro en Moscova en 1986 estipulaban que se o campión perdía o título, tiña dereito ao desquite no prazo dun ano. O novo encontro comezou o 28 de xullo de 1986. Un torneo dividido entre dous mundos: Londres e Leningrado. Kasparov comezou forte e cun 3-0 poñía terra de por medio; pero nunha reacción marabillosa, Karpov igualou a 3 o marcador. Nesta situación os nervios de Kasparov estouraron e fixo caer unha treboada de acusacións contra un analista do seu equipo, Vladimirov, ao que despediu. Kasparov estaba tocado e fundido, pero de xeito incomprensíbel Karpov pediu un aprazamento que constituíu o tempo necesario para recuperarse a Kasparov, que sumou un punto máis (4-3) definitivo no final do match. O Ogro de Bacú retivera o título, e amosou que era un digno campión.

Mais a disputa debía continuar, Sevilla, 1987 e o Teatro Lope de Vega foron os escollidos para a ocasión. Karpov conseguira o dereito a participar ao gañar o torneo de candidatos. Tamén sería o mellor de 24 partidas ou a quen acadase antes 6 vitorias. A estas alturas a rivalidade entre ambos xa tiña mudado a odio mutuo, nin un bo desexo para o outro. O favorito era Kasparov, mais a historia dirá que Karpov sacou o mellor do seu xogo e, despois de arranxar un coñecido e anecdótico erro cunha das súas torres nunha partida, a falta dunha soa partida estaba un punto por diante. Kasparov necesitaba gañar a última partida; estaba na beira do abismo e, outra vez, obrou o milagre. Xa ninguén contaba con que puidera reter o título, pero Garry fixo o que outros dicían que era imposíbel e retivo o título.

En 1988 chegou á Presidencia de estado da URSS Mijail Gorvachov e Kasparov era o símbolo deportivo perfecto para promocionar as reformas, a glastnost e a perestroika promovida pola nova elite política soviética. Mozo, apaixonado, inquedo, xesticulaba nas partidas. A súa linguaxe corporal dicíao todo, coa testa invadía o campo contrario antes que as súas pezas. A súa nai sempre dixo que o día que naceu houbo un tremor de terra en Bacú, unha forza da natureza. E houbo que agardar até 1990, outro campionato do mundo xogado entre dúas cidades: Nova York e Lion. Kasparov volveu gañar o campionato, os 12 anos de diferencia entre ambos pesaban demasiado nun taboleiro de xadrez e, a pesar diso, Karpov entregou a culler por un só punto. Alma de gañador.

Kasparov e Karpov xogaron 144 partidas polo título mundial, 104 foron táboas, 21 vitorias para Kasparov, 19 para Karpov. Rivalidade total, igualdade absoluta. Odiábanse, así tiña que ser, odio lóxico e sincero. E con todas as súas particularidades a confrontación entre eles non é algo novo no mundo do deporte. É un déjàvu, un relato mil veces repetido. É a historia de dúas almas antagónicas enfrontadas nun terreo de xogo como se fose un campo de batalla. Son Fausto Coppi contra Gino Bartali. Joe Frazier contra Muhammad Ali. Son John McEnroe contra Bjorn Borg. Ayrton Senna contra Alain Prost.

Kasparov e Karpov xogaron 144 partidas polo título mundial, 104 foron táboas, 21 vitorias para Kasparov, 19 para Karpov. Rivalidade total, igualdade absoluta

Ademais, cos xadrecistas, está o tema da maldición da memoria: se son capaces de lembrar milleiros de xogadas e as súas variantes, ¿Como esquecer un desagravio ou unha falta de educación? Con todo, entre Kasparov e Karpov, o tempo foi limando asperezas. As olladas de odio, os xestos de rancor foron mudando a formas máis amábeis. Hoxe, cando falan deses días, os dous utilizan palabras de respecto e admiración para o outro. Incluso, no máis fondo das súas pupilas, é posíbel ver unha imaxe con: 1 mesa, 2 reloxos, 32 pezas en branco e negro, 64 escaques e dous xenios chegados desde galaxias lonxanas que tiveron a ben xogar nun mundo que nunca máis estaría tan atento do que acontece nun taboleiro de xadrez.
Dk2++. Dama k dous, si si, xaque mate.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Deportes
Deporte contra el racismo “Hay que estar”: el día histórico de Top Manta que no quieres perderte
El sindicato mantero organiza en Barcelona la Primera Carrera Antirracista para combatir los discursos de odio.
Ayuntamiento de Madrid
Fórmula 1 en Madrid Madring: el gran evento de la “marca Madrid” que no respeta trámites ni esperas
El Ayuntamiento ha aprobado la licencia de obras del futuro circuito de Fórmula 1 mientras el plan urbanístico del mismo está recurrido en el Tribunal Superior de Justicia de Madrid y sin resolver a las alegaciones de la oposición ni vecinales.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.