Derechos Humanos
Os nosos maiores e o seu dereito á palabra escrita

Atender a realidade lingüística dos nosos maiores permítenos comprometernos coa profunda relación que existe entre xustiza e uso da palabra.
Estas manos trabajaron en tiempos muy duros
.
7 abr 2021 10:56

Como se dun xogo de inversión se tratase, nas conversas coa miña nai, eu procuro falar en galego mentres ela conserva o seu castelán. Leva máis de trinta anos vivindo en México e alí nunca foi preciso empregar o galego agás no ámbito privado. Con todo, cando decidimos comunicarnos vía Whatsapp, ela tamén se resiste a empregar o galego, pero o motivo é diferente: “É que eu non son capaz de escribilo correctamente. Non coñezo as normas”, contesta.

As estatísticas son claras neste sentido: a maior parte das persoas maiores que viviron e viven na Galiza teñen moi poucas competencias na lectura e escritura da súa propia lingua. É dicir que non se poden comunicar de forma escrita en galego e tamén presentan dificultades ao ler.

Segundo indica o Instituto Galego de Estatística, ata o 2018, só o 7,51% de persoas maiores de 65 anos escribían habitualmente en galego. O 5,69% percibe que escribe mellor en galego e o 11,15% recoñece ter as mesmas competencias en ambas linguas. Na escrita a situación é aínda máis desigual, apenas o 4,66% recoñece escribir mellor en galego, o 6,6% recoñece as mesmas competencias en ambas linguas e o 88,67%  recoñece facelo mellor en castelán. Ata o 2018, o grupo de persoas maiores de 65 anos é a que menos competencias amosa en escritura e lectura do galego.

O resultado das enquisas non resulta sorprendente se se toman en consideración os procesos históricos que posibilitaron ese marco de desigualdade. A Ley de Enseñanza Primaria, que permaneceu vixente durante a ditadura, excluía a aquelas outras linguas que non fosen o castelán do ámbito educativo. Polo tanto, a súa transmisión e ensino quedou imposibilitado desde o final da Guerra Civil e durante o réxime.

“Resulta pertinente recuperar a palabra «dereito» para atender con profundidade un tipo de privación concreta que necesariamente implica unha comunidade de suxeitos”.

A información estatística e a carencia de procesos educativos que tomasen en consideración o galego demostran un certo nivel de analfabetismo na primeira lingua das persoas maiores. Aínda que xa se ten sistematizado o problema do analfabetismo no Estado español1, o caso das linguas minorizadas merece unha atención especial. A carencia en competencias é moi alta e innumerables testemuños amosan unha inseguridade latente no seu achegamento á palabra escrita.

Neste caso, interesa situar este debate no marco dos chamados dereitos lingüísticos. É dicir que resulta pertinente recuperar a palabra “dereito” para atender con profundidade un tipo de privación concreta que necesariamente implica unha comunidade de suxeitos. Xa que logo, os nosos maiores carecen de dereitos no marco do seu acceso á comunicación escrita. Un dereito que lles pertence polo mero feito de ser galegos.

Para atender unha perspectiva como esta é importante escoitar e coñecer experiencias e conflitos colectivos que garden similitudes coa nosa historia. Sobre todo aqueles casos en que a carencia de dereitos lingüísticos está relacionado con comunidades culturais minorizadas asociadas a un determinado territorio. Probablemente,  a rede de esforzos colectivos máis importante se estea a construír fóra da Europa, onde o debate polos dereitos lingüísticos está a exceder certos marcos institucionais de reflexión.

 “A lingua é un ben de carácter cultural ao que se debe garantir o seu acceso”.

Experiencias tan importantes como as de Virginia Unamuno no territorio wichi botan luz sobre as formas e estratexias de entender unha tipoloxía posible dos dereitos lingüísticos.  Na súa intervención no “I encontro internacional: dereitos lingüísticos como dereitos humanos”, Virginia propón tres marcos de comprensión e aplicación dos chamados dereitos lingüísticos. Para o caso galego, interesa destacar as últimas dúas dimensións. Unha está asociada cos chamados dereitos culturais e, nesa lóxica, a lingua pasa a se converter nun ben de carácter cultural ao que se debe garantir o seu acceso. Para Virginia, este principio tamén está asociado cunha ideoloxía lingüística “patrimonialista”, que, por exemplo, comprende as linguas como sistemas lingüísticos estables asociados necesariamente a unha determinada tradición. Quizais, moitos dos procesos de normalización e defensa de dereitos lingüísticos na Galiza están fundados nese principio e se encontran vinculados co nacionalismo máis tradicional, pero asumilo precisaría dunha análise máis detallada. A terceira perspectiva que expón Virginia atopa o seu sentido na relación necesaria entre lingua e territorio, onde “os suxeitos de dereito son os colectivos”.  A lingua estaría estritamente vinculada cun modo de ser-estar no presente, na forma de xestionar o espazo colectivo da vida. Así a lingua deixa de ser un obxecto de carácter cultural  e pasa a implicar “un vínculo co pasado e entraña —proxecta— as relacións profundas cos xeitos de vivir-ser no mundo”.

Aínda que a situación lingüística e cultural analizada por Virginia non resulta necesariamente equivalente coa nosa, axúdanos a entender o tipo de compromiso que podemos adoptar cos dereitos lingüísticos que construímos no noso contexto. Especialmente o caso das persoas maiores aos que se lles negou (nega) a posibilidade de experimentar o seu ser-vivir a través da comunicación escrita.

 “Unha didáctica que se comprometese coa alfabetización dos nosos maiores podería asumir un compromiso maior que o de transmitir as normas dun determinado código escrito”

Asumir esta perspectiva tamén nos permite recoñecer a profunda débeda histórica que esconde esta carencia de dereitos. Negamos aos nosos maiores a súa relación co pasado escrito en galego. Retiramos así a idea, tan importante, de que a súa experiencia de vida está vinculada cun conxuntos de prácticas moito más amplas. Estas últimas non necesariamente relacionadas cun precedente patrimonial que merece unicamente ser preservado.

Tamén baixo esta perspectiva, unha didáctica que se comprometese coa alfabetización dos nosos maiores podería asumir un compromiso maior que o de transmitir as normas dun determinado código escrito. O pleno acceso aos seus dereitos lingüísticos implicaría coñecer esa orde de cousas que ofrece a lingua escrita no ámbito comunitario: a súa historia, a súa literatura, o nome das cousas que acompañan o seu día, o pleno coñecemento da variedade coa que medraron, as potencias que ofrece a escrita en diversos ámbitos da vida pública e privada. Dalgún modo, é un proceso de re-territorialización máis profundo. Unha forma de aprender a construír sentido para certa dimensión da vida.

Esta perspectiva do dereito que, como sinalou Virgina Unamuno, é reivindicada xeralmente por comunidades indíxenas, contrasta cos procesos que, de forma moi estimable, sosteñen certos espazos da academia galega.  O ánimo constante pola estandarización é unha mostra diso, pero máis importante aínda é a confusión, as veces habitual, de que é a lingua a que posúe dereitos e, en segundo termo, os colectivos de falantes. Unha óptica como a que se propón nesta  reflexión sitúa no centro do dereito á colectividade. Xa non é a lingua, como artigo cultural, a entidade de maior interese, senón as persoas, novas ou vellas, que falan ou poderían falar galego. Mais, se esa perspectiva muda, os compromisos tamén o fan e obríganos a pensar certos procedementos. Como podemos organizarnos para dialogar cos nosos dereitos e o das persoas maiores?

 “Xa non é a lingua, como artigo cultural, a entidade de maior interese, senón as persoas, novas ou vellas, que falan ou poderían falar galego”

Certamente, isto supón un debate pendente, pero relevante. Trátase de asumir en que medida procesos de traballo popular e comunitario poderían cumprir un papel clave na mediación entre a  comunicación escrita e as persoas. Ou máis importante aínda, a posibilidade de atender unha realidade colectiva altamente variable na súa escrita, na súa fala e na súa forma de ser-estar colectivamente. Afastada da idea de que o proceso de alfabetización  é equivalente á transmisión dunha certa variedade normativa na escritura. Confrontando así eses principios xeralizados que xa observara José del Valle desde o ano 2003 e que responden a unha cultura lingüística monoglósica3 na que se «conciben as linguas como gramáticas altamente focalizadas, ben definidas e minimamente variables».

As posibilidades que nos ofrece atender este problema no marco dos dereitos lingüísticos supón unha volta á comunidade falante como eixe do debate e invita a imaxinar formas de traballo comunitario que respondan aos problemas do presente. Alén de asumir unicamente a responsabilidade na defensa dun posible obxecto cultural, resultaría vital recoller un compromiso que involucre directamente aos falantes na súa propia heteroxeneidade, na súa propia forma de recoñecerse como territorio.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galego
Manifestación Miles de persoas enchen Compostela cun berro único en defensa da lingua galega
A plataforma Queremos Galego conseguiu aglutinar voces diversas da Galiza social, política e cultural para “parar a emerxencia lingüística” que sofre a lingua propia e así esixir á Xunta “un cambio de actitude”.
Galicia
Galicia Exámenes en castellano en la CRTVG: un retroceso histórico tras 40 años de consenso
La cadena que dirige Alfonso Sánchez-Izquierdo permite por primera vez elegir entre gallego y castellano en los exámenes de acceso, generando dudas sobre el futuro de la lengua gallega en los medios públicos de Galicia.
Comunidad de Madrid
Sanidad Universal Sociedades sanitarias critican el SMS amenazante que el Gobierno de Ayuso está enviando a personas migrantes
Cuatro sociedades científicas denuncian un texto amenazante en el que se indica al destinatario que dispone de 30 días para seguir de alta en la Tarjeta Sanitaria, lo que está generando “incertidumbre” y “desprotección”.

Últimas

Salario mínimo
Salario mínimo PSOE y Sumar llegan a un acuerdo para que el SMI no tribute el IRPF
Pese a adelantar la ministra de Trabajo que se habían roto las negociaciones, finalmente las personas que cobren el salario mínimo no tendrán que declarar en 2025.
Opinión
Opinión Sobre la cancelación de Georgina Orellano en el Foro ESPAL 2025
La cancelación de Georgina redunda en esta incapacidad para escuchar a las trabajadoras sexuales y en el pánico que tienen de que se las escuche. Denota inmadurez política, cerrazón dialéctica y pacatería moral.
Madrid
Derecho a la vivienda Consumo abre expediente a Alquiler Seguro por prácticas abusivas contra los inquilinos
La decisión del Ministerio de Pablo Bustinduy, según el Sindicato de Inquilinas, “abre la puerta a la devolución de millones de euros a las inquilinas que reclamen sus derechos”.
Más noticias
Notas a pie de página
Notas a pie de página Mansiones encantadas y casas sin cocina
La casa encantada como símbolo de la opresión del espacio doméstico recorre la literatura de muchas escritoras. Pero hubo un tiempo en el que algunas feministas trataron de imaginar otro hogar posible, en el que se liberase el trabajo doméstico.
Economía
Análisis Europa, ¿última defensora del liberalismo o cómplice de un orden fracasado?
El peligro no proviene únicamente de líderes externos “autoritarios”, sino de la erosión interna de la democracia bajo un sistema que pone al mercado por encima de la gente.
Comunidad de Madrid
Comunidad de madrid El taxi advierte de que las nuevas licencias a Cabify van a “reventar el mercado”
El Tribunal Superior de Justicia de Madrid da la razón a las plataformas de VTC y obliga a la Comunidad de Madrid a concederles más de 2500 nuevas licencias en la comunidad.
Sevilla
Proyectos estratégicos Ilegalidades pasadas y peligros futuros de la mina que la Unión Europea quiere revivir en Sevilla
Las Cruces tiene un historial de más de 6,5 millones de euros en sanciones e indemnizaciones por extracciones ilegales de agua. El espaldarazo de la UE y del Gobierno al proyecto podría empeorar los vertidos que ya realiza la mina en el Guadalquivir.

Recomendadas

Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.
América del Sur
América del Sur La batalla por el litio: pueblos originarios resisten un “genocidio medioambiental y cultural”
Sudamérica se ha convertido en la proveedora mundial de materias primas para la transición energética. Las comunidades afectadas se rebelan ante una actividad que genera desposesión de tierras, contaminación, sequía y conflictos internos.
El Salvador
Ivania Cruz “El estado de excepción se está utilizando en El Salvador para gobernar en base al miedo”
A esta defensora de derechos humanos y comunitarios le allanaron su casa mientras se encontraba en un viaje internacional. Desde el exterior, denuncia la persecución del gobierno salvadoreño hacia su organización y hacia las comunidades que defiende.
Yemayá Revista
México Sobrevivir en la frontera: el cuerpo como moneda de cambio
En Tapachula, punto clave de la frontera sur de México, miles de mujeres migrantes permanecen atrapadas sin poder seguir su camino hacia Estados Unidos.