Desastres ambientales
Traballadores da empresa de marketing encargada de xestionar os pélets: “Levamos unha semana sen contrato”

Mentres a Xunta manobra para defender a “legalidade” de encargar a unha empresa afín e non especializada a formación do voluntariado para a recollida de pélets, as persoas contratadas denuncian a vulneración dos seus dereitos laborais.
pellets ss
Mensaje de alta en la Seguridad Social de una de las trabajadoras contratadas por la empresa afín al PP. Arte El Salto

Mentres a Xunta de Galiza de Alfonso Rueda trata de manobrar para defender a “legalidade” de encargar a unha empresa de marketing afín ao Partido Popular e non especializada na formación do voluntariado para a recollida de pélets, as persoas contratadas para tal fin alzaron a voz para denunciar a vulneración dos seus dereitos laborais. Así o fixeron saber algúns deles cando esta redacción se puxo en contacto con eles e elas, aínda que prefiren preservar o anonimato para previr potenciais reprimendas: “Empezamos a traballar o sábado 13, hoxe é venres 19 e aínda non temos contrato”, denuncia unha das persoas que leva desde o comezo do operativo de “56 informadores en 28 concellos” anunciado pola Xunta. Ademais, aproveitan para afondar nos detalles do traballo encargado e do papel “de dubidosa solvencia” da empresa como intermediaria coa Consellería de Política Social.

Desastres ambientales
Desastre na costa A Xunta encarga a unha empresa de márketing vinculada ao PP parte da limpeza dos pellets
VV.AA.
Unha investigación d'O Salto Galiza en base ao achado de audios da empresa, ao histórico de contratos da Xunta e ao relato de testemuñas, revela como o Goberno galego encargou á empresa Silman 97 parte da loxística contra a contaminación.

“Fundamentalmente, o que fixemos foi autoorganizarnos. Da empresa só recibimos información telemática. Non coñecemos a ninguén en persoa”, denuncia unha das persoas coas que puido contactar O Salto e que exerce aínda hoxe de formadora no litoral do norte de Galiza. Grazas á documentación á que accedeu esta redacción vinculada ás altas na Seguridade Social, púidose constatar de novo, pero por outras vías, que foi unha das empresas do entramado Noventia Corporación Empresarial SL, da familia Roca, quen finalmente se encargou da tramitación das contratacións: Gestugal SL, outro dos brazos empresariais vinculados á empresa de mercadotecnia e comunicación Silman ' 97 SL que inicialmente se puxo en contacto con eles e elas, pero que pertence ás mesmas persoas, como revelou este diario. Noventia Corporacion Empresarial SL é propietaria tanto de Silman ' 97, quen contactou cos traballadores e xestionou as súas supostas preparacións; como de Gestugal, quen finalmente foi a sociedade que lles deu de alta na Seguridade Social.

Segundo denuncian as mesmas fontes dadas de alta na Seguridade Social por Gestugal SL, pero contactadas e informadas por Silman ' 97, tras a publicación desta exclusiva, desde a empresa limitan a información que comparten con traballadoras e traballadores até o extremo: “De feito, cambiaron de estratexia e vannos facer asinar un acordo de confidencialidade”. Ás preguntas sobre a solvencia da devandita corporación de empresas para formar a quen logo preparará ás persoas voluntarias o denominador común é un pequeno riso: “Déronnos un tríptico idéntico ao que a propia Xunta colga nos contedores que están na entrada das praias. É bastante rechamante”, denuncia outra das persoas cunha relación laboral con Gestugal SL.

Ás preguntas dos traballadores sobre os prazos para entregarlles os contratos que, denuncian, aínda non viron, a resposta é silencio e “escusas” sobre atrasos “inexplicables”. Case unha semana despois da posta en contacto do Salto coa Xunta de Galiza e coa empresa encargada da formación do voluntariado, nin uns nin outros responderon ás preguntas referidas á contía total do contrato, a pesar de que a licitación xa debería estar publicada no Portal de Transparencia; nin ás que abordan os criterios técnicos que levaron á consellería a facer esta contratación sen concurso previo; nin tampouco a experiencia previa que acredita á empresa para este traballo. Polo de agora, persiste o silencio.

Soamente foi quen de rompelo  o presidente da Xunta de Galiza e candidato do Partido Popular ás eleccións galegas Alfonso Rueda para defender na tarde do xoves a solvencia do encargo do seu Goberno a unha empresa de marketing para formar aos centos de voluntarios. “Todas as contratacións a Xunta faias dentro da máis estrita legalidade”, dixo tras as preguntas dos xornalistas na rolda de prensa do Consello logo da información publicada este mércores.

O presidente galego, posto a dedo por Alberto Núñez Feijóo tras a súa marcha a Madrid, tratou de regatear as preguntas dos xornalistas con pouca fortuna tentando describir o traballo destes “informadores” que, segundo o seu testemuño, dedícanse “a orientar aos voluntarios”: “Eu pido un respecto. Xa sei o que están a dicir os partidos da oposición. Que levantan bulos e non lle piden ao Goberno que faga o seu traballo. Primeiro van contra o sector do mar e agora xa contra os traballadores”, denunciou.

A afinidade da empresa cos gobernos do PP

A historia de vinculación da empresa Noventia Corporación Empresarial (Silman ' 97 e Gestugal) conseguindo adxudicacións millonarias por parte de institucións gobernadas polo Partido Popular vén de longo. Aínda que varios indicios apuntan á existencia de lazos persoais desde tempos do primeiro presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, de Alianza Popular, é polo menos desde 2009, ano no que Alberto Núñez Feijóo gañou as súas primeiras eleccións, o momento no que se atopa o primeiro rexistro de libre acceso no portal de transparencia da Xunta de Galiza.

Desde entón, soamente esta parte da empresa matriz recibiu polo menos 13 millóns de euros en contratos con obxectos extremadamente heteroxéneos. Desde ofrecer servizos sociais e asistenciais no medio rural mediante unidades móbiles, até a xestión integral da Escola Infantil do Concello de Castro de Rei, gobernado tamén polo Partido Popular. Esas dúas licitacións, xuntas, rozan o dez millóns de euros e malia sacalas a concurso público, esta empresa, definida a si mesma como especializada en marketing, foi a única que se presentou e conseguiu ambas as adxudicacións, ademais doutra media ducia, esta vez si, centradas en campañas de comunicación de organismos públicos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Altri
Altri Milleiros de persoas secundan unha enorme marcha contra as celulosas de Altri e Ence
A manifestación arrancou de forma paralela desde Pontevedra e Marín, finalizando fronte á planta de Ence, onde se leu un manifesto que reclamaba un modelo de desenvolvemento sustentable para Galicia.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Últimas

Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.