Desastres ambientales
A Xunta encarga a unha empresa de márketing vinculada ao PP parte da limpeza dos pellets

Unha investigación d'O Salto Galiza en base ao achado de audios da empresa, ao histórico de contratos da Xunta e ao relato de testemuñas, revela como o Goberno galego encargou á empresa Silman 97 parte da loxística contra a contaminación.
Xunta
Formadores de voluntarios sobre terreo que a Xunta subcontrata a empresas non especializadas.

A Xunta de Galicia decidiu ceder a unha empresa de comunicación e márketing vinculada ao Partido Popular a formación das persoas voluntarias e parte da limpeza das praias pola vertedura de millóns de pellets de plástico que aínda hoxe arrasa as rías galegas. Non o ocultaron ou polo menos non moito. O persoal da empresa galega Silman ' 97 SL, histórica adxudicataria de ducias de contratos con administracións gobernadas polo PP en Galiza, leva días enviando por grupos de traballo de voluntarias e voluntarios a mesma oferta de traballo: “Contrataravos Silman 97, 150 euros netos por día (...) con desprazamento e dieta. Darémosvos un ‘chalequito’ da Xunta e uns trípticos para que aprendades e cando cheguedes á praia, se queredes recoller, moito mellor, e orientar e formar á xente que alí se atope”. O que fala é Manuel Roca, conselleiro da empresa matriz Noventia Corporación Empresarial SL, nun audio ao que tivo acceso O Salto Galiza e no que convida a facerse formadores de voluntariado a calquera persoa sen experiencia previa e, de paso, a limpar praias.

Ao peche desta edición, nin a Xunta de Galicia nin a empresa encargada da formación e limpeza dos areais galegos tiveron a ben responder as preguntas desta redacción sobre os pormenores deste encargo: nin a contía total, malia que a licitación xa debería estar publicada no Portal de Transparencia; nin os criterios técnicos que levaron á Consellería de Política Social, dirixida por Fabiola García (PP), a facer esta contratación sen concurso previo; nin tampouco a experiencia previa que acredita a empresa para este traballo. Soamente confirmaron o encargo.

De feito, a propia empresa, radicada en Bergondo, tanto no Rexistro Mercantil como en toda a súa información pública, non cita en ningún momento a súa solvencia para formar voluntarios especializados en limpeza de verteduras contaminantes nin tampouco para acometer as propias limpezas nos areais. Defínense como empresa de comunicación e márketing: “En Silman97 creamos proxectos 360º a medida segundo os obxectivos da campaña, desde o alugueiro do vehículo expositivo ata a súa xestión integral. Atopar a fórmula do éxito na comunicación da súa campaña é o noso reto. A capacidade de crear experiencias extraordinarias. E niso somos especialistas”. Nin rastro de especialización en desastres ambientais. Tampouco en ningunha das empresas que compoñen a matriz Noventia Corporación Empresarial.

Segundo a testemuña dalgunhas das persoas que se postularon como candidatas aos postos de traballo que ofrecen “a formación é deficiente”. “En ningún momento preguntan a túa formación, soamente se tes coche”, explica ao Salto unha das persoas que está nunha sorte de lista de espera agardando a ser chamada para acudir á oferta e que prefire manter o seu anonimato. “A formación que se necesita suponse que cha dan eles” e baséase nun tríptico da Xunta cun manual de boas prácticas. A partir de aí, explican, quedan á súa sorte. “Daranche un peto da Xunta e alí haberá voluntarios. Tes que coordinar o que limpa a xente e supoño que ver que zonas se limparon máis e que zonas se limparon menos”, explica o xerente noutro dos audios aos que tivo acceso esta redacción.

Unha das voluntarias que leva días traballando na comarca de Ferrolterra explica as carencias que ela e as súas compañeiras ven a pé de praia nestes supostos informantes: “Son xente que carece de formación algunha en materia de medioambiente, xestión de residuos ou contaminación”, explica a voluntaria ecoloxista Aldara Castro. “No segundo día de traballo, entregaron a unha persoa luvas e unha bolsa, material insuficiente, sen darlle máis información e sen indicarlle como debe facerse a limpeza: sen retirar materia orgánica e sen pisar os restos. No primeiro día de traballo, indicóuseme que tirase os demais plásticos retirados 'ao contedor amarelo, o dos plásticos'”, relata.

Unha historia de contratos millonarios con gobernos do PP

A hsitoria de vinculación da empresa Silman 97 conseguindo adxudicacións millonarias por parte de institucións gobernadas polo Partido Popular vén de lonxe. Aínda que varios indicios apuntan á existencia de lazos persoais desde tempos do primeiro presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, de Alianza Popular, é polo menos desde 2009, ano no que Alberto Núñez Feijóo gañou as súas primeiras eleccións, o momento no que se atopa o primeiro rexistro de libre acceso no portal de transparencia da Xunta de Galicia.

Desde entón, só esta parte da empresa matriz recibiu cando menos 13 millóns de euros en contratos con obxectos extremadamente heteroxéneos. Desde ofrecer servizos sociais e asistenciais no medio rural mediante unidades móbiles, ata a xestión integral da Escola Infantil do Concello de Castro de Rei, gobernado tamén polo Partido Popular. En dúas licitacións, xuntas, rozan os dez millóns de euros e a pesar de sacalas a concurso público, esta empresa, definida a si msma como especializada en márketing, foi a única que se presentou e conseguiu ambas adxudicacións, ademais doutra media ducia, desta vez si, centradas en campañas de comunicación de organismos públicos.

É máis, o servizo prestado no medio rural con unidades móbiles foi motivo de queixa da oposición no Parlamento de Galicia hai algo máis dun ando cando a empresa levou a adxudicación dos 9,3 millóns á que accedeu sen competidor ningún. A raíz dalgunhas queixas de usuarias, o BNG recriminou formalmente ao Goberno do entón presidente Núñez Feijóo que a empresa non dispoñía de persoal sociosanitario para prestar de xeito directo o servizo de audición e podoloxía así como o de persoal de psicoloxía, terapia ocupacional ou traballo social que debía compoñer cada unha das unidades móbiles. A resposta da Xunta foi de que non lle constaba ningunha desas queixas e que era a empresa a encargada de ditas subcontratacións, facendo caso omiso ás cuestións de control que suxería o principal partido da oposición. 

As organizacións ecoloxistas forman ás súas persoas voluntarias

A ningunha das tres principais organizacións ambientalistas de Galiza lles consta nin o traballo desta empresa nin a súa presenza sobre o terreo. En conversacións con O Salto, nin Adega nin Greenpeace nin Ecoloxistas en Acción afirman ter noticia algunha sobre esa coordinación e formación do voluntariado. Ao revés, as tres propias organizacións son as que lles ensinan aos centos de persoas voluntarias que xestionan loxisticamente ao marxe da Xunta de Galicia e como resposta á ausencia de velocidade na reacción ante a crise medioambiental qie se vive nestes momentos no país.

“Non é de recibo que a xente se autoorganziara para ir ás praias xa no primeiro fin de semana de xaneiro, co Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Camgal) activado o día 5, pero sen protocolo ningún de recollida de pellets e coidado da contorna. Os primeiros documentos foron publicados o día 10“, denuncia Manoel Santos, coordinador de Greenpeace en Galiza. “Iso non é actuar con rapidez e demostra a incapacidade do Camgal de dar unha resposta rápida. Urxe disociar a activación dos plans de emerxencia da política. Debería ser un comité técnico e científico quen os active”, remata.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.