Despoblación
Teñen wifi nas Pallozas do Piornedo?

Malia seren consideradas como BIC, o abandono institucional aumentou o despoboamento nas Pallozas dos Ancares (Lugo). Achegámonos até as casas dos que quedan para escoitar as súas demandas.
Avelino pallozas
Avelino, un dos veciños das Pallozas dos Ancares. Miguel Núñez
26 abr 2021 07:30

Semella que todo ocorre a nivel de asfalto, no cemento de onde brotan os votos, aí onde se poden colleitar almas a mancheas, onde a densidade de votantes é das mais numerosas do estado. Nese “centro de gravidade permanente” onde todo sucede onde parece, que se cae unha árbore e non é en Madrid, non existe, nin tampouco o seu estrondo ao caer. E por non existir non existe nin o bosque.

Estaría ben que advertisen que ese bosque entre Balouta e Suarbol do que non hai rexistro en Madrid, podería estar nos Ancares, un dos territorios máis despoboados de Europa. Cunha densidade minguante —que vai desde unha media 5,51 e que nalgúns lugares chega a ser de 2,14 habitantes por quilómetro cadrado— e unha poboación dependente e envellecida, o hospital máis próximo localízase a 57 quilómetros de Cervantes, un dos municipios “mellor comunicados” das montañas Galaico-leonesas. Este “pequeno detalle”, entre outros moitos, explica o abandono total das zonas de montaña, que no parque Nacional de Ancares —reserva da biosfera— é máis que evidente. Onde resistir é unha heroicidade e fixar poboación unha proeza inalcanzable nestes momentos.

Por moito que a UE indique aos seus países membros que a súa prioridade debe ser tratar de paliar o despoboamento, que deben destinar o uso dos fondos FEDER para evitar o risco severo de declive demográfico, o denominado “deserto demográfico”, o abandono total do Ancares é evidente e ninguén pon remedio.

As Pallozas son o símbolo dunha identidade castrexa que aínda conservan os seus herdeiros malia ter todo en contra: o envellecemento dos seus habitantes, a emigración e o abandono das institucións que lles fan estar dobremente illados

O “animal” que realmente está en perigo de extinción é aquel habitante das montañas, descendente das tribos Astures e zoelas —as etnias máis antigas da península—, que compartiron costumes, tradicións, deuses e territorio, evolucionando cara a unha cultura adaptada a estas terras e o seu clima. Habitaron aquelas Pallozas que son o símbolo dunha identidade castrexa que aínda conservan os seus herdeiros malia ter todo en contra: o envellecemento dos seus habitantes, a emigración e o abandono das institucións que lles fan estar dobremente illados.

“Os ancareses non entenderon nunca de fronteiras, de diferentes linguas nin autonomías”, comentan os veciños unha vez nos achegamos por alí. “Unha vaca de Balouta pode pastar en Piornedo, en Suarbol ou nos prados do porto de Ancares fronte ao pico Cuiña”, explican. Nada vai cambiar entre un pastor de Vilarello e outro de Teijeira, os dous son dos Ancares e queren o mesmo: sentirse en paz, manter con orgullo a súa identidade, a súa forma de vida milenaria onde se percibe aínda a ausencia dos que xa non están pero que forman parte deste lugar único e remoto.

Un hábitat doutro tempo, un espazo onde a vida xira ao redor da palloza e o seu microcosmos no cal convivían homes e animais baixo os seus teitos de palla. Colmos de centeo trenzado por artesáns, dos que apenas quedan. E este é outro dos problemas importantes cos que se atopan os seus poboadores, porque “teitar” é unha arte que se está a perder. Segundo explica a veciñanza, fican poucos teitadores que saiban escoller o centeo de calidade xa que pouco se sementa nestas terras. Hai que mallalo ben para que non queden sementes que atraian os ratos e atar ben os colmos para formar un teito impermeable e resistente. O obxectivo é lograr que o teito dure mais de cinco anos, o que dura actualmente. O centeo que se sementa autoctono non é suficiente e hai que traer outro de Astorga que, segundo os teitadores, é de peor calidade.

Dada a consideración da palloza como Ben de Interese Cultural (BIC), existía un convenio que estivo en vigor até o 2010 para o seu mantemento con carácter anual, o que permitía aos veciños de Piornedo arranxalas. Teitalas por partes, substituíndo o centeo máis deteriorado por “colmos novos”. Pero hai xa doce anos que para a Xunta só existen as Pallozas do Cebreiro que restauran cada ano. “Queda patente que só existen as pallozas que atravesa o camiño de Santiago”, critica Jose María, veciño da zona. “Esquécense das zonas de montaña así como do seu estado de conservación”, afirma. Trátase de xoias neolíticas que permitirían, grazas aos visitantes, impulsar a economía da zona e fixar ou atraer poboación.

Piornedo é a aldea prerrománica máis importante de Europa. Conserva aínda 17 construcións tradicionais, algunhas están xa en estado critico. Ante esta penosa xestión e sen tan sequera seren escoitados, os preto de 20 veciños (algúns mais nas fins de semana), creraon a Asociación  Teitos  do  Piornedo, liderada por Isolina. Fuco e máis ela rexentan a palloza-museo “Casa do Sesto” e, grazas ao seu empeño e con axuda das súas veciñas, crearon a asociación co obxectivo de manter o patrimonio cultural da zona. “Resistir fronte o abandono total das institucións”, declaran. Para iso recuperan tres parcelas de aproximadamente dúas hectáreas que teñen que valar para evitar as desfeitas do xabaril, e tamén acondicionar para sementar con centeo autóctono adaptado ao clima frío destas montañas.

Seméntase antes das choivas , entre finais de setembro e principios de outubro. Cando a espiga está madura ségase. “Antes mallaban o centeo en setembro, pero este ano queren facelo en agosto aproveitando que é o mes no que hai mais veciños que regresan á aldea”, explica Isolina. A maior parte dos que regresan fano desde Barcelona e Euskal-Herria, lugares a onde emigraron. “Tamén se involucran nas tarefas de mallado, separar o gran da palla e  escolmar -seleccionar a mellor para teitar cos colmos mais apropiados”, continúa.

“Xa ninguén quere vivir aqui, todos se van… Desde fóra é moi bonito, pero é duro. Quen vai a querer vivir aquí?”, comenta desganado Avelino.

Cada metro cadrado de teito precisa tres ou catro colmos. Chégase como moito a unha produción de 120 colmos no mellor dos casos. “Non se trata de substituír todo o tellado dunha palloza, senón de ir mudando de forma circular cada ano as partes mais deterioradas, doutra forma seria imposible”, puntualiza Insolina.

Sen axuda institucional, teitar unha palloza enteira pode superar os 60.000 euros (aproximadamente 170 euros por metro cadrado). Tal e como explican os veciños, nalgunha das pallozas onde se uniron a vivenda coa palleira chegan a alcanzar os 300 metros cadrados: por menos de 90.000 euros non se substitúe o teito. Isolina asegura que da forma que se fixo sempre non é necesario cambiar todo o teito, nin de todas as pallozas. “Con cambiar entre 20 ou 30 metros por palloza das que están en mellor estado sería suficiente, e iso non son mais de 100.000 euros ao ano de mantemento para toda a aldea”, puntualiza.

Os veciños de Piornedo aínda resisten con “moito esforzo”. Mais pouco poden facer en lugares como Corneantes onde viven Avelino e outro veciño mais. Os dous son gandeiros e contan con tres pallozas envoltas en chapa como única alternativa para evitar que se esborrallen. Avelino, desde un ventanuco no alto dun dos desproporcionados muros de pedra da súa vivenda e mirando resignado aspallozas, solta desganado: “Xa ninguén quere vivir aquí, todos se van… Desde fóra é moi bonito, pero é duro. Quen vai a querer vivir aquí?” Non o di, pero un intúe polos seus silencios a súa soidade. Trago o meu discurso de urbanita, subo ao coche, despídome e marcho. Cégame un reflexo do retrovisor: o brillo sideral dos afiados tellados de chapa descolócanme e, non sei por que, o primeiro que me vén á mente é: canto tardará en chegar a Balouta a máxima velocidade de conexión, o 5G?.

As Pallozas desde o exterior en Pereda de Ancares.
O teito chapado dunha Palloza en Corneantes.
O estado de abandono dalgunhas das Pallozas
Pallozas Miguel Núñez - 9
Ampliar
O hórreo e a Palloza coma conxunto histórico clave da zona.
O hórreo e a Palloza coma conxunto histórico clave da zona.
Miravalles dos Ancares, Reserva da Biosfera
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Convivencia de Berrocal: Comunidad, no rebaño
Señales de Humo vuelve a la Convivencia Rural de Berrocal, que este año se celebra bajo el lema “Comunidad, no rebaño". Una jornada donde compartir la risa, la cultura, el debate… y también los dolores y esperanzas del mundo.
Galicia
Galicia La lucha por los montes gallegos: incendios, eucaliptos y amenazas a la propiedad colectiva
Galicia concentra un tercio de los incendios forestales registrados en el Estado. Mientras la Xunta apunta a los montes vecinales, comuneros y ecologistas denuncian una estrategia política que favorece la privatización y a la industria maderera.
Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.