Economía social en Galiza_1
Pablo Santiago Encontros de consumo responsable 'Entre lusco e fusco', en Belvís (Santiago de Compostela)

Anos atrás, non hai tanto tempo, a economía social no país non era case nin un concepto. Houbo pioneiras, xente que con convicción e intuición foron creando diferentes proxectos que pouco a pouco conformaron o lugar sobre o cal se apoiaron moitas outras. Algunhas delas xa non nos acompañan, e outras son a base sólida e a referencia sobre as que se asentan os colectivos emerxentes.

Hoxe en día xa a economía social está viva e busca as súas propias solucións, condicionada pola realidade económica, a ríxida lexislación ou as necesidades vitais das persoas impulsoras de cada iniciativa. Polo tanto, salientaremos as iniciativas que destacan por perseguir obxectivos sociais máis aló dos económicos e da súa vocación colectiva e aberta.

En cooperativa

Comezaremos pola alimentación, un dos sectores máis numerosos. Nas cidades existen proxectos vivos e con boa saúde: Árbore en Vigo, Zocamiñoca na Coruña, Panxea en Compostela, Fonte da Uz en Ferrol, A Gradicela en Pontevedra ou Semente en Ourense. Cada unha co seu modelo, que varía desde tenda aberta e socias traballadoras até local compartido e traballo repartido entre as consumidoras. En localidades máis pequenas existen outros proxectos que tamén se van abrindo camiño: Karrikanta en Viveiro, As Grelas en Foz, Agrelar en Allariz, Tarabela en Lalín, Loaira en Redondela ou DesPensa no Val Miñor. Ou coma o caso do Morrazo, onde existe unha biodiversidade moi rica de pequenos grupos que traballan colectivamente.

Tamén xurdiron outros proxectos que complementan a oferta dalgunhas cidades, como a unión de Fabas Lobas máis Nabiza Ceibe en Compostela, ambas e dúas nacidas coa colaboración da desaparecida Eirado. O grupo de Amarante e Boa Vida en Pontevedra, que convive coa Gradicela e buscan o mellor xeito de colaborar ou complementarse. O Proxecto Integral de Compostela ademais dun grupo de consumo tamén xestiona unha moeda social. E finalmente, Aldea en Vigo, que destaca por ser unha cooperativa de consumidoras e produtoras.

Hai outros exemplos particulares, coma o caso da Asociación Millo Miúdo, no concello de Oleiros, que é socia da Cooperativa Zocamiñoca. Xestiona o seu propio pedido en fresco pero para outro tipo de produtos consome en Zocamiñoca coma se todo o grupo de consumo fose unha familia máis da cooperativa. Sinerxías que cada vez agroman máis neste tipo de proxectos e son a esencia do espírito da economía social. 

Existen tamén tendas xestionadas por persoas concienciadas e con intención de contribuír desde proxectos de vida persoais. É o caso das cooperativas Bico de Grao en Lugo e Legumia en Compostela ou a tenda Eu Consumo Responsable en Ourense. 

E tamén existe o modelo tradicional dos mercados de venda directa de agricultoras. É un campo ao que lle custou arrancar, pero agora mesmo ten un potencial moi grande. Hai que destacar o pioneiro Mercado da Terra en Lugo, froito do traballo colectivo das produtoras locais e a Asociación O Bandullo Ecolóxico. En Belvís (Compostela) leva anos funcionando o Mercado Entre Lusco e Fusco, xestionado agora pola Asociación Raíces do Lusco. En Pontevedra, a Asociación 4Ponlas organiza un mercado semanal. Na Coruña a Asociación Labrega Natura organizan un mercado semanal no Mercado de San Agustín, pero teñen intención de seguir medrando.

Ao abrigo destas asociacións de agricultoras están a xurdir Sistemas de Garantía Participativos (SPG), cos que se pretende establecer modelos de garantía de orixe, cultivo e calidade do produto máis aló dos certificados oficiais, e no que participen agricultoras, consumidoras, grupos de consumo e pequenas tendas. Agora mesmo está a funcionar o SPG A Gavela en Pontevedra, pero xa están en construción sistemas similares vinculados ao Mercado da Terra ou a Labrega Natura. Outro espazo que reúne moitas agricultoras é a Rede Galega de Sementes, colectivo que organiza feiras periódicas de sementes en diferentes localidades do país.

E para finalizar o espazo alimentación, podemos destacar algún proxecto con idiosincrasia propia no lado produtivo, aínda que moitos serían os que merecerían ser mencionados. O Colectivo Xebre, Amarelante, Lentura, Ribeiregas, Raínha Lupa ou Milhulloa son proxectos de referencia, mais é un sector en clara expansión no que día a día xorden colectivos moi interesantes.

Espazos, cultura, xestión

No ámbito produtivo máis aló da alimentación tamén existen importantes proxectos de economía social. No téxtil destaca MOV3, colectivo que agrupa tendas, marcas e deseñadoras de téxtil consciente. Cestola na Cachola inclúe téxtil e arte no seu proxecto e Lorenzo Design céntrase na arte e na artesanía. En canto á arquitectura e  construción, atopamos a Asociación de Bioconstrución A Espiga e ás Cooperativas Hábitat Social e Outra Forma de Vivenda.

Economía social en Galiza_3
Actividade nas rúas de Compostela do Proxecto Integral
Comunidades de Montes. Destacan entre todas as Comunidades de Montes de Frouxán (Lousame) e a de Santiago de Covelo, internacionalmente recoñecidas pola súa exemplar xestión do monte, e a rede Montenoso, espazo de traballo colectivo de comunidades de montes onde empoderar as comuneiras e pór en valor a propiedade comunitaria. Tamén hai moito traballo detrás dos grupos de desenvolvemento rural, como a ADR Montederramo e Castrocaldelas, aínda que, non todos os GDR funcionan de xeito suficientemente aberto, colaboracionista e desvinculado do poder político de cada zona, o que, ás veces, minimiza a súa potencialidade.

A cultura tamén é un espazo no que a economía social está a abrirse camiño con forza. En xestión cultural atopamos cooperativas de traballo dinámicas e en crecemento como MaOs Innovación Social e O Cable Inglés, e outras entidades coma o Proxecto Cárcere que, desde unha asociación sempre aberta, xestiona colectivamente a cesión dun espazo público como é o antigo cárcere da Coruña. No sector audiovisual destacan Illa Bufarda que traballa no campo da creación audiovisual, Numax, que xestiona unha sala de cine e libraría en Compostela, ou Catro Ventos no campo da edición. Nas radios comunitarias temos a Cuacfm na Coruña como o proxecto máis sólido e potente, moi ben asentado despois de máis de 20 anos de historia, pero seguen a funcionar Radio Piratona en Vigo, Radio Filispín en Ferrol, A Kalimera en Compostela, Radio Roncudo en Corme e a recentemente creada Rádio Liverdade en Ourense. O sector da prensa é diverso, no que destacan Praza Pública e O Salto, pero tamén hai outros medios máis vencellados ao mundo da lusofonía como Novas da Galiza e Diário Liberdade.

Apartado especial merecen os centros de dinamización cultural e social, con gran tradición no país. Proxectos históricos como o Mil Lúas na Coruña abriron camiño pero actualmente A Cova dos Ratos en Vigo é un dos proxectos con máis anos de traxectoria, un centro no que destaca o seu comedor vegano. En Vigo tamén existen o Bou Eva, Revolta do Berbés e Faísca. Tamén destacan a Gentalha do Pichel en Compostela, con multitude de proxectos sociais nados no seu interior, ou a Fundación Artábria en Ferrol, con grande actividade máis aló do seu centro social na defensa dos dereitos lingüísticos do país. Noutras localidades atopamos o Gomes Gaioso, A Insumisa e A Comuna na Coruña, A Galleira en Ourense, O Fresco en Ponteareas, Fuscalho na Guarda e Xebra en Burela. Destacamos tamén A Casa Colorida en Nigrán, laboratorio para o desenvolvemento de cultura libre, ligada a outros proxectos nese eido como Alg-a Lab, campo no que tamén podemos mencionar a Saramaganta ou Ítaca Software Libre.

Saúde do modelo

O mundo educativo foi pouco a pouco fortalecéndose con colectivos como Semente, Andaina, Nova Escola Galega, O Bosque de Beni e na educación ambiental Feitoría Verde e Cem.

A economía social é un xeito de entender a economía que non ten barreiras, polo que tamén hai proxectos noutros eidos menos habituais ou esperados, como no ámbito dos consultorios con Xeira, Promove ou Cidadanía, todas cooperativas de traballadoras, ou no ámbito das xestorías, nas que podemos atoparnos con proxectos como En Común Proxectos, Xedega e Étikas. E xa no ámbito da igualdade e dos servizos sociais conviven proxectos tan diversos como Mulleres Colleiteiras, Rexenerando ou a Rede de Solidaridade Popular de Vigo (con proxecto de crearse tamén na Coruña).

Evidentemente non poden faltar os proxectos de enerxía como Nosa Enerxía ou Som Energia (cooperativa catalá mais con ámbito de actuación tamén en Galiza), ou os de banca ética como AIS O Peto, Coop57 e Fiare.

Afortunadamente existen redes que agrupan a todos estes colectivos. Espazo Coop, Reas Galiza e Rede SAL encárganse de optimizar a visibilización, interlocución coa administración e outros traballos que fan a economía social máis forte no país. O traballo por diante é moi grande, a cantidade e diversidade de iniciativas convida ao
optimismo, mais a maioría son proxectos en fase de consolidación que van necesitar un importante pulo para fortalecerse e seguir achegando á sociedade os valores dunha economía para a xente. Nós seguimos a traballar niso, contamos contigo.

Cargando valoraciones...
Ver comentarios 4
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

Medio rural
Un grupo de xornalistas e fotógrafos lánzanse a documentar os baleiros do rural galego para que non esmoreza
Logo do éxito da exposición itinerante ‘Habitar o baleiro’, o fotoxornalista Brais Lorenzo e a xornalista Cláudia Morán arrincan o proceso de gravación dunha peza documental xunto coa produtora Metropolis.coop.
Ourense
As embarazadas de Ourense esixen dar a luz con seguridade mentres a Xunta manobra para trasladar o paridoiro
Demandan que se deteña o traslado á ubicación temporal e que o Sergas teña en conta as súas demandas.
Danza
Todo o que podería ser o xénero e como desfacelo dende o escenario
A compañía Disiden.cia rompe os moldes da identidade con 'Bipedestrución' na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que cumpre 41 edicións cunha aposta radical pola diversidade, a memoria e o pensamento crítico.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.

Últimas

Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
El Salto n.79
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios 4

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...