Educación pública
Filosofía para analizar o teu uso do móbil

Alumnado dun instituto compostelán analiza no Instituto de Gadgets Tecnolóxicos o emprego da tecnoloxía móbil e internet

Alumnado do Instituto de Investigación de Gadgets Tecnolóxicos do Lamas de Abade (Compostela)
Alumnado do Instituto de Investigación de Gadgets Tecnolóxicos do Lamas de Abade (Compostela) Raquel C. Pérez
26 jun 2019 07:00

Que acontece cos datos que facilitamos a plataformas como Instagram, Facebook ou Whatsapp? Por que compartimos as nosas imaxes nas redes sociais? A onde van parar os teléfonos que renovamos cada dous anos na procura do derradeiro modelo? O alumnado da materia de Filosofía do IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) traballou durante un curso para tratar de dar resposta a estas e outras preguntas.

David Casillas, Mariña Caamaño e Xabier Iglesias forman parte do Instituto de Investigación de Gadgets Tecnolóxicos (IIGT) xunto con seis compañeiros e compañeiras máis. O proxecto naceu no curso 2017  da man do seu profesor de Filosofía Javier Pérez Carrasco. A materia, impartida en 4º da ESO, transformouse nun espazo de análise e reflexión do impacto da tecnoloxía no noso día a día. Coordinados polo seu docente, o alumnado analizou os datos das case mil enquisas realizadas a compañeiros e compañeiras do propio centro, do IES de Cacheiras, Pontepedriña e do Colegio La Salle.

Quen nos engancha á pantalla?

Xabier explica que todos partiron cun interrogante similar en mente: empregamos o móbil de forma excesiva? “Analizas os datos, tamén os do uso de redes sociais, e é unha barbaridade”, engade. Practicamente o 100% do alumnado enquisado ten teléfono móbil e o 40% recoñeceu ter problemas para controlar o seu uso. Ademais, un 20% das persoas empregan o móbil máis de cinco horas en días lectivos. O IIGT sinala que a base para crear moitas das app que usamos é “enganchar” ás persoas usuarias. Con todo a cualificación de adicción ao uso excesivo do móbil aínda é criticada e posta en dúbida.

“Cando preguntamos pola primeira e a última vez que as persoas empregan o teléfono no día, moitas fixéronse as graciosillas. Tivemos que descartar respostas como ‘úsoo 40 horas ao día’. Eu penso que hai vergonza ou medo de pararse a pensar en dar unha resposta”, afirma Mariña.

“As familias din que os fillos están enganchados, pero elas mercan o teléfono

Xabier, David e Mariña xustifican en parte o emprego que se fai da telefonía e internet. “Foi algo que se nos inculcou. As familias din que seus fillos están enganchados, pero son elas as que nos mercan o teléfono, as que nolo cambian cando xa é vello! Creo que iso é bastante hipócrita”, di Mariña. Os 12 anos é a idade máis habitual para estrear teléfono móbil, segundo as enquisas, e como sinala a alumna son os pais e os nais quen fan a compra. Cada 2-3 anos ese teléfono pasa a un caixón, cemiterio tecnolóxico presente en case todas as casas, e chega un novo do trinque.

Os teléfonos son ferramentas empregadas claramente para o ocio, lonxe do ideal educativo dalgúns gurús. Nin procurar información para un traballo, nin localizar un museo en Google Maps. Gañan whatsappear (82%) o uso de Instagram (76%) , a rede social maioritaria da adolescencia, e escoitar música (69%). Respecto as redes sociais, Mariña explica que máis da metade das rapazas sinalan a cámara como un factor decisivo na escolla dun móbil: “Decátaste de que hai unha presión moi forte pola apariencia. Cada vez maior nos rapaces, pero está claro que as rapazas síntena máis”. “Tamén analizamos a envexa que provocan as redes sociais. Ves como a xente viaxa, compra cousas...e ti tamén queres iso”, engade Xabier.

Big Brother Zuckerberg

No IIGT tamén houbo tempo para debater sobre a natureza das chamadas redes sociais. “Eu lera sobre o xuízo a Zuckerberg, sabía que Google tamén nos controlaba, pero non ata que punto: a túa localización, que buscas, que consumes”, di Xabier. El e os seus compañeiros explican un caso que observaron na aula: unha rapaza enviara un audio por whatsapp falando dunhas zapatillas que quería mercar, explicitando marca e modelo. Nada máis enviar o audio e acceder ao buscador de Google apareceron anuncios desas mesmas zapatillas. “Faite sentir moi incómodo, canto saben de min sen eu sabelo?”, segue Xabier.

David afirma que o traballo no IIGT convenceuno para borrar a súa conta de Facebook. “Xa sabía que gañaban cartos con algúns dos nosos datos, pero non sabía que vendían datos persoais”, di. Con todo as reticencias para abandonar Instagram ou Whatsapp, tamén propiedade de Facebook, son moito maiores. “Eu emprego a rede para mirar fotos, non comparto a miña información”, explica Xabier. “Aparte de para o ocio precisas o teléfono para moitas cousas, por iso é tan difícil deixalo”, engade Mariña.

Unha das propostas que lanzou o docente da IIGT foi deixar de empregar o teléfono móbil durante unha semana, mais finalmente non se levou a cabo. David, Xabier e Mariña debaten sobre a posibilidade de poñelo en práctica “Eu penso que non tería problema”, di Xabier. Mariña engade que unha profesora lle explicara como durante un mes do verán deixaba todos os trebellos tecnolóxicos a un lado. O reto queda no aire.

O debate nas aulas

David, Mariña e Xabier comparten o seu estrañamento inicial ao comezo da materia. “Ao principio a idea do IIGT pareceunos moi chocante”, di David. “O profesor explícache que vas analizar as enquisas, que vas publicar o resultado nunha páxina web creada por ti, que vas presentar o proxecto. Parece demasiado, pero cando vai avanzando e comezas a ver os resultados ves que é posible”, engade Xabier. “A filosofía está para debater sobre temas que nos afectan. A conexión coa materia está en todos os artigos que analizamos, nas conclusións do proxecto. Foron xurdindo dúbidas sobre o uso do móbil, plantexámonos cousas que non nos plantexaramos até agora e que debatemos entre todos”, afirma Mariña.

“A filosofía está para debater sobre temas que nos afectan

“Paréceme moi interesante o que fixemos neste curso, penso que podemos aprender máis así”, di David. Os tres amosan a súa satisfacción polo método de traballo no IIGT. “Noutras clases dannos unha explicación de dous días sobre o sistema das eleccións, por exemplo, pídenche un traballo de corta e pega e xa está”, engade Xabier. Mariña conclúe a entrevista denunciando que non se ensina a debater ou a expresar as ideas persoais nas aulas: “Para o profesorado ese sistema é un problema, porque se poden atopar con opinións contrarias ás súas”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Infancia
PANTALLAS E INFANCIA Despantállame
La guía elaborada por Somos Conexión tiene el objetivo de concienciar a las familias y cuidadores de los impactos negativos de exponer a las pantallas a niñas y niños.
Artes escénicas
Artes Escénicas ‘iSlave’: tecnología, esclavos y consumo
En ‘iSlave’, el compositor Alberto Bernal propone, junto a Mar Gómez y Pablo Ramos, reflexionar en el escenario sobre la esclavitud que la tecnología provoca en este sistema a un lado y otro de la pantalla.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.