Educación
A configuración dos sistemas educativos no estado: coa Igrexa fomos topar

Nesta serie de tres artigos que comezo pretendo procurar algunhas claves explicativas dos sistemas educativos actuais, seguidores dun modelo político e económico neoliberal, que están a promover a conformación de personalidades neoliberais, neo-coloniais e pos-facistas na Europa.

8 may 2019 08:00

Por que falamos de “auxe do fascismo”? Implicitamente asumimos que sempre estivo aí, mais sen apoios suficientes e, o máis importante, sen “adecuar” ou modernizar o seu aparello discursivo e o seu imaxinario para falar dos temas que preocupan á cidadanía. Ese discurso que representaba tempos que na actualidade resonan a tempos e xeracións pasadas e vellas. Ao Blas Piñar de Fuerza Nueva, ao Jean-Marie le Pen da Fronte Nacional francesa ou a partidos falanxistas e sen atractivo, con mensaxes antigas, pasadas.

Porén, na actualidade, os líderes da extrema dereita son claramente diferentes. Persoas novas, sen un pasado que disimular ou que ocultar, con discursos e formas tamén “novos”, nos que falan de problemas reais e vitais para a xente, que os partidos políticos democráticos non afrontaban exitosamente, ou que mesmo ignoraban.

A dama de ferro afirmou que a economía é o método, a metodoloxía cuxo obxectivo é cambiar a alma

Hai tempo que intelectuais como Antonio Gramsci (senso común), Pierre Bourdieu (habitus) ou Michael Focault (biopoder/biopolítica) subliñan a importancia das subxectividades e do senso común para aceitar procesos de dominación sen apenas resistencias, considerando coma obvio ou lóxico que o mundo é dunha determinada maneira, que non pode ser doutro xeito. Este énfase na conformación dunhas “adecuadas” subxectividades era un dos principais eixos das políticas de Margaret Thatcher. A dama de ferro afirmou explícitamente no Sunday Times, un 3 de maio do 19821, que “a economía é o método, a metodoloxía” cuxo obxectivo é “cambiar a alma”.

As políticas educativas no estado español

Facendo un rápido repaso á historia da educación podemos ver como, no século XIX, a construción dun novo senso común é sempre unha tarefa prioritaria que gobernos e grupos ideolóxicos dominantes atribúen aos sistemas educativos. A conformación de mulleres e homes en man de obra para as grandes fábricas é un cometido fundamental para consolidar a sociedade nacionalista, industrial, urbana e suburbana; ignorando e silenciando paralelamente ao mundo rural.

A Segunda República procurou construír un ser humano republicano. Para ese labor apostou polo pensamento e ideais ilustrados, relegando a relixión e negando as explicacións que concibían ao ser humano como predestinado, unha marioneta dos desexos e do reparto desigual de talentos por parte dun determinado “Deus verdadeiro” do que o Vaticano era albacea. O obxectivo da educación centrouse entón en conformar seres libres, cultos, democráticos, xustos e felices; as mesmas metas da Ilustración.

Unha das primeiras medidas da ditadura franquista foi a de mudar o sistema educativo republicano

Tralo levantamento militar Fascista do 1936, unha das primeiras medidas da ditadura franquista foi a de mudar o sistema educativo republicano para construír un senso común acorde coa “personalidade fascista, autoritaria, acrítica, dogmática, crente e practicante católica”. Ao mesmo que tempo á muller encargóuselle o mundo dos coidados, a educación dos fillos e fillas. Foi sometida ao home, a través de políticas patriarcais e machistas; que xa avanzaban os Evanxeos interpretados polo fundamentalismo Vaticano e a Igrexa española, apoio da sublevación fascista.

A conquista da democracia, logo da morte do ditador Francisco Franco a mediados dos 70, precisou volver a redefinir e reformar o sistema educativo. Apostouse por conformar e educar un novo tipo de personalidade e un novo senso común, adecuados a unha sociedade de seres libres, iguais e democráticos. Un ser humano que se considera “cidadán e cidadá”, que asume que debe interrelacionarse con todas as persoas como iguais, con idénticos dereitos, á vez que recoñece que somos diferentes.

Asúmese que somos iguais, pero diferentes. Unha cidadanía “Ilustrada, Informada, Activa, Democrática, Xusta, Crítica, Inclusiva, Sustentábel e Optimista”. A LOGSE, aínda que moi imperfecta e obsesivamente psicoloxicista, ía nesa dirección. O primeiro PSOE tivo que asumir as reivindicacións dos partidos políticos á súa esquerda, dos movementos veciñais e dos Movementos de Renovación Pedagóxica. De aí que se comezara apostando polo ensino público gratuíto e democrático, pola Educación Infantil (non preescolar nin maternal) de 0 a 6 anos, que se lograse a obrigatoriedade da escolarización até o 16 anos, ou que se apostase pola educación inclusiva para as crianzas con discapacidades.

A educación nos sistemas neoliberais

Mais a medida que se inicia a crise económica na década dos 80, e coincidindo coa caída do Muro de Berlín, outra rede encargada de conformar subxectividades e reorientar e reconstruír o chamado senso común, os poderes mediáticos e as grandes editoras, tratarán de convencernos de que chegamos ao fin da Historia, como argumentou o economista político Francis Fukuyama. Que non hai alternativas ao modelo de sociedade capitalista, conservadora e neocolonialista, como afirmou co seu slogan “There is No Alternative” Margaret Thatcher.

Este neoliberalismo precisa apoiarse no sistema educativo; ten a necesidade urxente de instrumentalizalo

O capitalismo puro e duro asume que, se non hai alternativas a este modelo, non ten sentido soster e ampliar un Estado de Benestar (unha resposta do capitalismo para tratar de frear ao comunismo e ao socialismo). Xorde así un neoliberalismo que instrumentaliza ao seu servizo as dinámicas da globalización, para así estender e consolidar un novo modelo de sociedade. Mais este neoliberalismo precisa apoiarse no sistema educativo; ten a necesidade urxente de instrumentalizalo. E conta para isto coa axuda dun enorme tecido de medios de comunicación, que os propio sistema financia e coloca ao servizo dos seus intereses.

A LOCE do goberno do PP de José Mª Aznar, algunhas “innovacións” erradas do PSOE, e logo a LOMCE do PP de Mariano Rajoy crearon as condicións adecuadas para reeducar a alma e as subxectividades individuais do alumnado, e así converter en hexemónica a ideoloxía neoliberal. Entre esas “innovacións” podemos mencionar a introdución das competencias, pregonadas pola OCDE, da materia de Educación Financieira ou encargo realizado polo ministro Ángel Gabilondo de engadir as competencias financieiras ás probas PISA, realizadas por alumnado de quince anos.

A LOMCE, e en especial os Decretos Lei de desenvolvemento e concreción na práctica do seu articulado, contribuíron decisivamente a conformar un novo tipo de personalidades coherentes coas novas políticas económicas, co capitalismo financeiro e os modelos produción posindustrial, os bens inmateriais e o coñecemento capaz de xerar riqueza económica. A meta é reorientar e conformar novas personalidades economicistas neoliberais, neocolonialistas e ultra conservadoras católicas.

As leis educativas e as prácticas escolares “oficiais” obsesiónanse agora en redefinir e consolidar catro idiosincrásicas características dos seres humanos: o “Homo Económicus, Consumens, Debitor e Numericus”. O resultado destas políticas educativas é un ser humano de-socializado, egoísta, que se orienta só pola procura dos maiores beneficios económicos e de recoñecemento social co fin de acadar a súa exclusiva felicidade e benestar persoal. Instrumentaliza todo e a todos para procurarse maiores beneficios e vantaxes persoais.

A Igrexa pon ao servizo da causa o monopolio das ordes relixiosas católicas, propietarias de numerosísimos colexios e universidades privadas

Súmanse a este traballo os medios de comunicación, domesticados polos poderes económicos, as editoras de libros e revistas que estes controlan e colocan ao seu servizo. Contan tamén co apoio dunha Igrexa Católica fundamentalista que constrúe o arcebispo e vello aspirante a Papa, monseñor Rouco Varela. A maiores esta Igrexa pon ao servizo da causa o monopolio das ordes relixiosas católicas, propietarias de numerosísimos colexios e universidades privadas. Ordes tamén donas das editoras de libros de texto e lectura, así como materiais educativos que recomendan para o alumnado.

Non esquezamos que nesta rede de colexios privados e concertados relixiosos escolarízanse as fillas e fillos das clases sociais altas, medias altas e medias, na súa práctica totalidade. Sen esquecer que tamén suman neste traballo a aqueles colexios concertados católicos, destinados e educar ás clases populares e de familias pobres cristiás; xa que hai ordes relixiosas dedicadas a estas capas da poboación, mais sen misturar este alumnado co pertencente ás clases privilexiadas.

Esta compacta e poderosa rede conforma un armazón moi poderoso e condicionante das políticas dos nosos días. Aí está o famoso Concordato co Vaticano que até o presente ningún goberno, do signo que fora, logrou nin modificar, nin cancelar.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.

Últimas

Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Vecinas de Madrid convocan otra gran manifestación por la sanidad pública
El próximo 25 de mayo la plataforma Vecinas y Vecinos de Barrios y Pueblos de Madrid organiza otra gran marcha contra la política sanitaria del Gobierno de Ayuso.
Palestina
Palestina Imputan a dos capitanes de buque implicados en el comercio de armas con Israel
El Juzgado de Instrucción nº 6 de Barcelona investiga la implicación de la naviera Maersk en el suministro de armas al ejército israelí y le requiere que identifique a dos capitanes.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.
València
Lawfare La Audiencia de València dicta que la causa contra Mónica Oltra llegue a juicio
Aunque la Fiscalía y el juez instructor descartaron que existiera indicios de delito contra la ex consellera y el resto de acusados, la Audiencia ratifica la celebración del juicio.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.